Wikipedia:Efemérides destacadas/Abril
1 de abril (ver • editar)
- 1188, colócanse os linteis do Pórtico da Gloria, na Catedral de Santiago de Compostela.
- 1929, nace Milan Kundera, escritor checo.
- 1939, Francisco Franco anuncia o fin da guerra civil española (na imaxe), dando comezo a ditadura franquista.
- 1976, Steve Wozniak e Steve Jobs fundan Apple Computer.
- 1979, Irán convértese nunha República Islámica.
Hoxe é o Día dos enganos en Galiza e noutros países. Refrán: "O un de abril van os burros onde non deben ir" e o Día das Artes Galegas, que en 2024 está adicado a Francisco Asorey.
2 de abril (ver • editar)
- 1805, nace Hans Christian Andersen, escritor, etnógrafo e lingüista danés.
- 1840, nace Émile Zola, escritor francés.
- 1930, Haile Selassie é proclamado emperador de Etiopía.
- 1982, a Arxentina invade as illas Malvinas, dando inicio á Guerra das Malvinas.
- 2005, morre Karol Wojtyla (Xoán Paulo II, na imaxe), primeiro Papa non italiano nos últimos 455 anos (elixido o 16 de outubro de 1978).
Hoxe é o Día Internacional do Libro Infantil e tamén o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.
3 de abril (ver • editar)
- 1441, morre Branca I de Navarra, raíña de Navarra e raíña consorte de Sicilia.
- 1897, morre Johannes Brahms (na imaxe), compositor (n. 1833).
- 1924, nacen Marlon Brando, actor estadounidense, e Iuri Nagibin, escritor ruso.
- 1975, Bobby Fischer recusa xogar contra Anatoly Karpov, dando a Karpov o título do xadrez.
- 1979, teñen lugar as eleccións municipais de 1979, as primeiras democráticas despois do franquismo.
- 1989, nace David Añón González, futbolista coruñés.
- 2004, sospeitosos dos atentados do 11 de marzo fan estoupar un piso de Leganés.
4 de abril (ver • editar)
- 1809, as "Alarmas do Morrazo", lideradas por Juan Gago de Mendoza, asaltan o forte de San Fernando en Marín e renden a gornición francesa.
- 1814, Napoleón Bonaparte abdica pola primeira vez.
- 1904, nace Herminia Fariña Cobián, escritora galega.
- 1914, nace Marguerite Duras, escritora francesa.
- 1949, sinatura en Washington do Tratado do Atlántico Norte por 12 estados que dá orixe á OTAN.
- 1968, Martin Luther King (na imaxe) é asasinado en Memphis.
5 de abril (ver • editar)
- 1882, nace Ramón Rey Baltar, escritor e xornalista padronés (m. 1969).
- 1936, a revista cultural bilingüe Cultura Gallega comeza a publicarse na Habana.
- 1942, nace Peter Greenaway, director de cine británico.
- 1955, dimite Winston Churchill, Primeiro Ministro británico.
- 1989, a Consellería de Agricultura recoñece a Denominación Produto Galego de Calidade á Pataca de Galicia (na imaxe).
- 1994, suicídase Kurt Cobain, vocalista do grupo Nirvana (n. 1967).
6 de abril (ver • editar)
- 1483, nace Rafael, pintor e arquitecto italiano.
- 1528, morre Albrecht Dürer (na imaxe), pintor alemán.
- 1896, comezan en Atenas os primeiros Xogos Olímpicos da Era Moderna.
- 1971, morre Igor Stravinskii, compositor ruso.
- 1981, promúlgase o Estatuto de Autonomía de Galicia.
- 1992, morre Isaac Asimov, escritor de ficción científica norteamericano.
7 de abril (ver • editar)
- 1831, abdica o emperador Pedro I do Brasil en favor do seu fillo, Pedro de Alcántara (futuro Pedro II do Brasil).
- 1936, nace Xosé Manuel Beiras, economista e político galego.
- 1939, nace Francis Ford Coppola, director de cine estadounidense.
- 1945, o navío xaponés Yamato (na imaxe) é afundido polos estadounidenses nos arredores de Okinawa, no final da II Guerra Mundial.
- 1989, celébrase a Asemblea Constituínte da Federación Galega de Municipios e Provincias.
- 1990, comeza a emitir a Radio de Cerceda.
8 de abril (ver • editar)
- 217, o emperador romano Caracalla é asasinado polo prefecto da súa garda pretoriana e sucesor, Marcus Opellius Macrinus.
- 1929, nace Jacques Brel, cantautor belga (m. 1978).
- 1938, nace Kofi Annan (na imaxe), Secretario Xeral das Nacións Unidas.
- 1953, o líder Mau Mau Jomo Kenyatta é condenado polas autoridades británicas de Kenya.
- 1957, Exipto reabre o Canal de Suez.
- 1973, morre Pablo Picasso, pintor español (n. 1881).
Hoxe é o Día Internacional do Pobo Xitano.
9 de abril (ver • editar)
- 193, Septimio Severo é proclamado emperador romano polo exército na Iliria, provincia balcánica.
- 1553, morre François Rabelais, escritor francés.
- 1821, nace o poeta francés Charles Baudelaire (na imaxe).
- 1842, nace o compositor Pascual Veiga, autor da música da Alborada gallega e do Himno galego.
- 1928, o islamismo deixa de ser recoñecido como relixión estatal na Turquía.
- 1916, as tropas alemás lanzan a terceira ofensiva na Batalla de Verdún (Primeira Guerra Mundial).
- 2003, na Guerra de Iraq, Saddam Hussein, presidente do Iraq, foxe de Bagdad para o norte do país.
10 de abril (ver • editar)
- 1789, nace Leona Vicario, unha das figuras máis destacadas da Guerra de Independencia de México.
- 1865, teñen lugar os sucesos da noite de San Daniel en Madrid.
- 1912, o transatlántico Titanic parte para a súa primeira e derradeira viaxe do porto de Southampton, Inglaterra.
- 1919, morre Emiliano Zapata, revolucionario mexicano.
- 1941, Segunda Guerra Mundial: Alemaña, Italia e Bulgaria invaden Iugoslavia.
- 1970, Paul McCartney (na imaxe) anuncia a separación dos Beatles.
11 de abril (ver • editar)
- 711, morre Khildeberto III, rei dos francos.
- 1814, Napoleón Bonaparte abdica en Fontainebleau en favor do seu fillo.
- 1899, España cede Porto Rico ós Estados Unidos despois da derrota na guerra Hispano-Americana.
- 1972, morre Manuel García Barros (na imaxe), escritor galego (n. 1876).
- 1979, é deposto Idi Amin Dada, ditador de Uganda.
- 1985, morre Enver Hoxha, líder comunista de Albania.
12 de abril (ver • editar)
- 65, morre Séneca, filósofo, dramaturgo e estadista romano (n. 4 a.C.).
- 1204, a Cuarta Cruzada saquea Constantinopla.
- 1530, morre Xoana de Castela, raíña rival de Castela e raíña consorte de Portugal.
- 1961, o cosmonauta soviético Iuri Gagarin convértese no primeiro home no espazo, ao realizar un voo a bordo da nave Vostok 1.
- 1965, morre A Bela Otero (na imaxe), actriz e bailarina, nada en Valga en 1868.
- 1981, realízase o primeiro lanzamento dunha nave espacial tipo "lanzadeira espacial": o Columbia lánzase para a misión STS-1, con dous homes a bordo, culminando con éxito o seu primeiro voo espacial.
Hoxe é o Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados.
13 de abril (ver • editar)
- 1570, nace Guy Fawkes, conspirador inglés (m. 1606) no que está baseado o personaxe principal de V de Vendetta de Alan Moore.
- 1906, nace Samuel Beckett, escritor irlandés, gañador do Premio Nobel de Literatura (m. 1989).
- 1939, nace Seamus Heaney, escritor irlandés.
- 1972, morre Avelino Cachafeiro, o Gaiteiro de Soutelo (na imaxe), en Soutelo de Montes, Forcarei (n. 1899).
- 1987, Portugal e China asinan un acordo para transferiren a soberanía de Macau aos chineses en 1999.
14 de abril (ver • editar)
- 70, Tito rodea Xerusalén por catro lexións durante o sitio da cidade.
- 1930, morre Vladimir Maiakovski, escritor ruso (n. 1893).
- 1931, proclámase a Segunda República (na imaxe) en España.
- 1941, nace Julie Christie, oscarizada actriz británica.
- 1947, Alexandre Reimúndez transmite o primeiro programa regular de radio en galego de alcance mundial, a través da BBC británica
- 1949, morre Eladio Rodríguez (n. 1864), membro fundador e presidente da RAG.
15 de abril (ver • editar)
- 1452, nace Leonardo da Vinci (m.1519), artísta polímata do Renacemento.
- 1846, constitúese en Compostela a Xunta Superior do Reino de Galiza.
- 1858, nace Émile Durkheim, un dos fundadores da socioloxía moderna (m. 1917).
- 1912, o Titanic, afunde na súa viaxe inaugural. Morren máis de 1500 persoas.
- 2019, un incendio (na imaxe) queima a Catedral de Notre-Dame de París.
16 de abril (ver • editar)
- 1581, Filipe II de España (na imaxe) é proclamado rei de Portugal baixo o nome de Filipe I.
- 1828, morre Francisco José de Goya y Lucientes, pintor español.
- 1850, morre Marie Tussaud, artista francesa coñecida polas súas esculturas de cera e que deu nome ao museo Madame Tussauds.
- 1889, nace Charles Chaplin, actor de cinema.
- 1917, Vladimir Lenin retorna do exilio a Petrogrado (actual San Petersburgo).
- 1924, nace Henri Mancini, compositor norteamericano.
- 1993, comeza a emitir a Radio Municipal de Tui.
17 de abril (ver • editar)
- 1521, Martiño Lutero é excomungado pola Igrexa católica debido ás súas críticas ao Papa.
- 1790, morre Benjamin Franklin (na imaxe), político e científico norteamericano (n. 1706).
- 1894, nace Nikita Khrushchev, líder da Unión Soviética (m. 1971).
- 1937, morre Johán Carballeira (fusilado), xornalista e político galego.
- 1961, exiliados e mercenarios apoiados pola CIA tentan invadir Cuba por Baía de Cochinos.
- 2004, José Luis Rodríguez Zapatero toma posesión como Presidente do Goberno de España.
18 de abril (ver • editar)
- 1480, nace Lucrecia Borxia, filla de Alexandre VI e unha das figuras máis controvertidas do Renacemento italiano.
- 1772, nace David Ricardo, economista inglés.
- 1842, nace Antero de Quental, escritor portugués (m. 1891).
- 1955, morre Albert Einstein (na imaxe), físico de orixe alemá.
- 1980, constitúese a República de Zimbabwe (antiga Rodesia do Sur).
- 1994, comeza a emitirse na TVG o Xabarín Club.
19 de abril (ver • editar)
- 1825, desembarcan no Uruguai os 33 orientais procedentes da Arxentina para recuperar a independencia do país, baixo dominio brasileiro nese momento.
- 1882, morre Charles Darwin (na imaxe), naturalista inglés é o pai da teoría da evolución (n. 1809).
- 1916, nace Delio Rodríguez Barros, ciclista galego gañador dunha Vuelta a España en 1945 (m.1994).
- 1940, as tropas da Alemaña nazi invaden Dinamarca durante a Segunda Guerra Mundial.
- 1952, nace Darío Xohán Cabana, escritor galego orixinario de Roás na Terra Chá de Lugo.
- 1967, morre Konrad Adenauer, chanceler alemán (n.1876).
- 1971, Serra Leoa convértese nunha república.
20 de abril (ver • editar)
- 1808, nace Napoleón III, emperador de Francia (m. 1873).
- 1878, morre Francisco Añón, poeta galego do Rexurdimento.
- 1889, nace Adolf Hitler, político nazi alemán de orixe austríaca. (m. 1945).
- 1893, nace Joan Miró (na imaxe), pintor catalán (m. 1983).
- 1902, Pierre e Marie Curie illan o radio.
- 1999, Masacre do instituto de Columbine, en Littleton, Colorado (15 persoas morren e 23 fican feridas).
21 de abril (ver • editar)
- 1211, o arcebispo Pedro Muñiz consagra a catedral de Santiago de Compostela.
- 1509, Henrique VIII ascende ao trono inglés.
- 1907, nace Enrique Líster, militar republicano galego.
- 1910, morre Mark Twain, escritor estadounidense.
- 1926, nace a Raíña Isabel II do Reino Unido (na imaxe).
- 1960, fúndase Brasilia, capital do Brasil.
22 de abril (ver • editar)
- 1724, nace en Königsberg Immanuel Kant, filósofo (m.1804).
- 1870, nace Vladimir Lenin, político e revolucionario soviético.
- 1909, nace Rita Levi-Montalcini (na imaxe), neuróloga e senadora italiana, Premio Nobel de Medicina en 1986.
- 1993, sae a versión 1.0 de Mosaic, o primeiro navegador web gráfico deseñado por un equipo dirixido por Marc Andreessen no National Center for Supercomputing Applications (NCSA) para o X Window System de UNIX.
- 1994, morre Richard Nixon, presidente dos Estados Unidos implicado no escándalo do Watergate.
- 1996, a antiga Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a Federación de Concellos Galegos (FCG) e a Federación Galega de Concellos Rurais (FCR) únense baixo as siglas da Fegamp para defender os intereses da Administración Local galega.
Hoxe é o Día da Terra.
23 de abril (ver • editar)
- 1616, morre Miguel de Cervantes Saavedra (na imaxe), novelista, poeta e dramaturgo castelán, autor de Don Quixote da Mancha (n. 1547).
- 1616, morre William Shakespeare, dramaturgo inglés; aínda que segundo o calendario gregoriano é o 3 de maio (n. 1564).
- 1846, son fusilados os Mártires pola Liberdade ou Mártires de Carral sobreviventes da batalla de Compostela, na que unha parte do exército se levantou en armas para defender a unidade de Galiza ante o pronunciamento de Solís.
- 1937, ten lugar o asalto do bou Eva, tráxico episodio da represión do bando nacional en Galiza durante a guerra civil.
- 1975, morre en Ourense Xesús Ferro Couselo, historiador e investigador galego, ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas de 1996 (n. 1906).
Hoxe é San Xurxo e o Día Internacional do Libro.
24 de abril (ver • editar)
- 1731, morre Daniel Defoe, escritor inglés (nado cara a 1660).
- 1800, inaugúrase a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos en Washington, DC.
- 1856, nace Philippe Pétain, militar e político francés (m. 1951).
- 1898, España declara a guerra aos Estados Unidos (Guerra Hispano-Estadounidense).
- 1916, comeza en Dublín o Levantamento de Pascua, que remata cinco días máis tarde coa rendición sen condicións dos insurxentes.
- 1990, a NASA lanza para o espazo o telescopio espacial Hubble (na imaxe) empregando a Transbordador espacial Discovery.
25 de abril (ver • editar)
- 1228, morre Iolanda de Xerusalén, raíña de Xerusalén e emperatriz consorte do Sacro Imperio Romano Xermánico.
- 1467, é arrasado o Castelo Ramiro, primeira fortificación en caer na Gran Guerra Irmandiña.
- 1941, nace Bertrand Tavernier, director de cine francés.
- 1954, nace Melvin Burgess, escritor británico.
- 1956, nace Xosé Ramón Gayoso, presentador da Televisión de Galicia.
- 1969, morre en Montevideo a actriz Margarida Xirgu (na imaxe).
- 1974, triunfa en Portugal a Revolución dos caraveis, coa que volta a democracia tras anos de ditadura.
Día da liberación en Italia.
26 de abril (ver • editar)
- 1846, fusilamento dos Mártires de Carral (imaxe do monumento).
- 1933, fúndase a policía política nazi, a Gestapo.
- 1937, avións alemáns bombardean Gernika durante a Guerra Civil Española.
- 1968, primeiro concerto, en Santiago, do que se coñecería como Voces Ceibes.
- 1986, ocorre o accidente nuclear de Chernóbil.
- 2005, baixo presión internacional, Siria retira os derradeiros 14.000 militares do Líbano, terminando así 29 anos de ocupación militar dese país.
27 de abril (ver • editar)
- 1521, Fernão de Magalhães (na imaxe) morre xunto con outros cuarenta homes durante unha guerra tribal en Mactan mentres tenta dar a primeira volta ao mundo.
- 1759, nace Mary Wollstonecraft, filósofa, escritora inglesa e defensora dos dereitos das mulleres.
- 1930, VI Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala.
- 1937, morre Antonio Gramsci, político marxista italiano
- 1941, Segunda Guerra Mundial: as tropas alemás entran en Atenas.
- 1960, Togo alcanza a independencia de Francia.
- 1961, Serra Leoa tórnase independente do Reino Unido
28 de abril (ver • editar)
- 1889, nace António de Oliveira Salazar (na imaxe), ditador de Portugal.
- 1937, nace Saddam Hussein, ditador iraquí.
- 1945, Benito Mussolini e a súa amante Clara Petacci son capturados e asasinados por membros do Movemento de Resistencia Italiano cando tentaban fuxir de Italia.
- 1952, morre Manuel Dopazo Gontade, gaiteiro galego.
- 1969, Charles de Gaulle dimite como Presidente de Francia.
- 2003, Apple Computer, lanza iTunes Music Store, vendendo 1 millón de cancións na primeira semana.
29 de abril (ver • editar)
- 1661, a Dinastía Ming, chinesa, ocupa Taiwán.
- 1863, nace Konstantinos Kavafis, poeta grego.
- 1945, as tropas alemás réndense en Italia na Segunda Guerra Mundial.
- 1952, morre Manuel Portela Valladares, xornalista e político galego.
- 1970, nace Uma Thurman (na imaxe), actriz de cine estadounidense.
Hoxe é o Día Internacional da Danza.
30 de abril (ver • editar)
- 1803, os Estados Unidos cómpranlle a Luisiana a Francia por quince millóns de dólares.
- 1864, nace Amador Montenegro, escritor e xornalista galego, fundador do periódico A Monteira.
- 1883, morre Édouard Manet, pintor impresionista francés.
- 1945, morre Adolf Hitler, suicidándose no seu búnker en Berlín xunto á súa muller Eva Braun.
- 1972, morre en Lausana, a política española, Clara Campoamor (na imaxe).
- 1975, remata a Guerra de Vietnam coa ocupación de Saigón polos Vietcong.
- 1977, as Nais de Praza de Maio inician a súa primeira marcha en fronte á Casa Rosada.