Chapapote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chapapote nas rochas de Muxía, resultado do accidente do Prestige.

O chapapote (palabra que provén do náhuatl chapopotl e que significa fuel), tamén chamado ghalipote ou piche, é un líquido moi viscoso, asimilable ó alcatrán, entendéndose por chapapote o alcatrán quente, por exemplo. Nos dicionarios vén como acepción, á parte de alcatrán, asfalto ou substancia oleosa moi viscosa.

En Galiza, dende o accidente do Prestige (13 de novembro de 2002), enténdense por chapapote as diversas expresións de contaminación por petróleo que chegan á costa dun xeito condensado. Así mesmo, tamén se emprega o nome chapapote para o petróleo ou aceite mineral ilegalmente soltado polos barcos, en ocasións procedente dos seus tanques de combustible ou maquinaria.

O barco monocasco Prestige ao accidentarse derramou o petróleo e provocou unha gran marea negra en Galiza, que lle afectou tamén ao resto da costa norte de España (Asturias, Cantabria e País Vasco) e ao sudoeste de Francia. O desastre ecolóxico mobilizó miles de voluntarios para limpar as costas e deu lugar á creación do movemento Nunca Máis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]