Ademuz
Ademuz | ||
---|---|---|
Localización | ||
País | España | |
Comunidade autónoma | País Valenciano | |
Provincia | Valencia | |
Comarca | Rincón de Ademuz | |
Xeografía | ||
Altitude | 660 msnm | |
Superficie | 100,4 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 1 269 hab. (2008) | |
Densidade | 12,37 hab./km² | |
Xentilicio | Ademuceiro/a | |
Outros datos | ||
Código postal | 46 140 | |
Alcalde | Fernando Soriano Antón (PSPV) | |
www.ademuz.es |
Ademuz é un concello valenciano situado no interior da provincia de Valencia. Ademuz é a capital da comarca do Rincón de Ademuz, un exclave valenciano rodeado completamente por terras de Aragón e de Castela-A Mancha.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Emprazada en chanzos nas pronunciadas vertentes da montaña dos Zafranares. Por esa causa, esta vila ten como característica particular unhas longas e estreitas rúas en pendente, que comunican entre elas por canellóns, e rúas máis estreitas, moitas sendo escaleiradas, mentres as casas parecen superpoñerse as unhas ás outras. O pobo goza dunha magnífica vista da Veiga do Turia, como xa describiu o botánico Cavanilles á finais do século XVIII, ao seu paso por esta vila.
Demografía[editar | editar a fonte]
Dende a década de 1940 do século XX a emigración despoxou de habitantes a Ademuz. Os veciños marchábanse cara grandes centros industriais como Barcelona ou Valencia. Tamén foi significativa a emigración temporal cara as vendimas de Francia.
Evolución demográfica de Ademuz[1] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1842 | 1877 | 1900 | 1920 | 1940 | 1960 | 1981 | 2001 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | ||||||||
3 033 | 3 339 | 3 415 | 4 092 | 3 866 | 2 827 | 1 545 | 1 115 | 1 157 | 1 183 | 1 242 | 1 269 |
Actualmente a tendencia negativa invértese pola chegada de emigrantes provenientes principalmente do Magreb ou de Romanía.
Historia[editar | editar a fonte]
O castelo musulmán de Al-Damús foi conquistado polos cristiáns en 1210, sendo recuperado polo Islam, até que foi definitivamente reconquistado polo rei Jaume I en 1259, que o incluíu entre as terras do Reino de Valencia.
Ademús tivo importancia estratéxica durante a Idade Media, pois o val do río Turia que serve de paso a Aragón, baña Ademuz. Unha das máis antigas liñaxes da zona foi o dos Blasco.
Patrimonio histórico-artístico[editar | editar a fonte]
Arquitectura relixiosa[editar | editar a fonte]
- Igrexa Arciprestal de San Pedro e de San Pablo, do século XVII.
- Ermida de Nuestra Señora de la Huerta, do século XIV.
- Ermida de San Joaquín, do século XV.
- Ermida de Santa Bárbara, do século XVII.
- Ermida de Nuestra Señora del Rosel, do século XVIII.
Arquitectura civil[editar | editar a fonte]
- Castelo de Ademuz, con grande importancia histórica.
- Casa da Vila, do século XVII.
- Forno medieval, do século XIII.
- Cámara Vella do Millo.
- Porta de San Vicente.
- Fonte Vella ou de los siete caños.
- Muíño Real do século XIII.
- Muíño Novo do século XVIII.

Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ Fonte: Raúl Eslava Blasco, Heráldica histórica de Ademuz y Castielfabib, en la revista ABABOL, nº52 Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Eslava Blasco, Raúl: Ademuz y su patrimonio histórico-artístico. Ademuz, 2007. ISBN 978-84-606-4251-0.
- Gargallo Gil, J.E.: Habla y cultura popular en el Rincón de Ademuz. Madrid, 2004.
- Rodrigo Alfonso, Carles: El Rincón de Ademuz, análisis comarcal. Valencia, 1998.
- ABABOL. Revista do Instituto Cultural e de Estudos do Rincón de Ademuz (ICERA), dirixida por Ángel Antón Andrés e publicada trimestralmente en Ademús dende 1995.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Concello de Ademuz
- Arte e patrimonio no RincónArquivado 14 de abril de 2015 en Wayback Machine.
- Sociedade Musical de Ademuz
- Novas de Ademuz
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ademuz |