Leandro Carré Brandariz
Leandro Carré Brandariz | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1913 |
Lugar de nacemento | Porto |
Falecemento | 21 de maio de 1937 |
Lugar de falecemento | Principado de Asturias |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Pai | Leandro Carré Alvarellos |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Leandro Carré Brandariz, nado en Porto o 15 de febreiro de 1913 e finado o 21 de maio de 1937, foi un escritor, xornalista e militante libertario galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Leandro Carré Alvarellos, foi profesor na Escola de traballo da Coruña. Era partidario da actuación política da CNT e defensor en solitario do Estatuto de Autonomía no sindicalismo. En 1934 abandonou a CNT e ingresou no Partido Sindicalista. Un ano despois afiliouse ao Partido Galeguista. Colaborador de Solidaridad Obrera, Trabajo e A Nosa Terra, asinaba as súas colaboracións co pseudónimo Fausto Brand (abreviatura do seu segundo apelido Brandariz).
Foi mobilizado polo exército franquista en outubro de 1936 e destinado a Asturias, onde morreu en estrañas circunstancias. O seu pai procurou o cadáver sen éxito, sendo detido ao volver á Coruña en agosto de 1937.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Maceira Fernández, Xosé Manuel (2004). "Leandro Carré Brandariz: Dramático final dunha saga". Grial (163): 116–125. ISSN 0017-4181.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Leandro Carré Alvarellos (pai)
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Leandro Carré Brandariz na páxina web Nomes e Voces.