Lois Carré Alvarellos
Lois Carré Alvarellos | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Luis Carré y Alvarellos |
Nacemento | 22 de xaneiro de 1898 |
A Coruña | |
Falecemento | 26 de abril de 1965 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | etnógrafo e escritor |
Pai | Uxío Carré Aldao |
Irmáns | Gonzalo Carré Alvarellos, Uxío Carré Alvarellos e Leandro Carré Alvarellos |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Lois Galo Vicente Carré Alvarellos, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1898 e finado o 26 de abril de 1965, foi un etnógrafo e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Uxío Carré Aldao, fixo o servizo militar en Madrid, onde se matriculou en Maxisterio pero abandonou a carreira e comezou a traballar como administrativo nunha empresa de electricidade.
Carré fixo algunhas achegas relacionadas coas investigacións etnográficas, breves incursións na novela curta (publicadas co pseudónimo de Luís G. Vicencio), estudos ao abeiro da literatura popular e o ensaio Manuel Curros Enríquez: A súa vida e súa obra, editado en 1953 por Ediciones Galicia, do Centro Gallego de Buenos Aires.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega[1] e pertenceu como especialista no conto popular á asociación alemá Märchen der europäischen Völker.[2]
Obra[editar | editar a fonte]
- O consentimento, 1926 (novela), Lar.[3]
- Alevamento, 1928 (novela), Lar.[4]
- Manuel Curros Enriquez. Súa vida e súa obra. Ensaio bio-bibliográfico, 1953.[5]
- Romanceiro popular galego de tradizon oral, 1959, Junta de Provincia do Douro Litoral, Porto.
- Contos populares da Galiza, 1968.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Membros da Academia. Correspondentes
- ↑ Vilavedra 1995.
- ↑ Iglesias, Xabier (27/10/2012). "O consentimento". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
- ↑ Iglesias, Xabier (28/4/2013). "Alevamento". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
- ↑ Carré Alvarellos, Luis (1953). Manuel Curros Enriquez. Súa vida e súa obra. Ensaio bio-bibliográfico. Buenos Aires: Ediciones Galicia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lois Carré Alvarellos ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Carré Alvarellos, Lois Galo Vicente". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 192.
- "Carré Alvarellos, Lois Galo Vicente". Enciclopedia Galega Universal 4. Ir Indo. 1999-2002. p. 485. ISBN 84-7680-288-9.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 231.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 77. ISBN 84-7492-465-0.
- García de Lucas, Esther (2014): Aproximación teórico-crítica al mecanoscrito inédito de Lois Carré: O patriarca, estudio bio-biográfico do grande home. UDC.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 115. ISBN 84-8288-019-5.