Diccionario galego-castelán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Diccionario galego-castelán
Detalle da cuberta do tomo I
Autor/aLeandro Carré Alvarellos
Lingualingua galega e lingua castelá
editar datos en Wikidata ]
Para o dicionario de Xosé Luís Franco Grande vexa Diccionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego.

O Diccionario galego-castelán é un dicionario bilingüe galego castelán de aproximadamente 16.800 voces definidas en castelán elaborado por Leandro Carré Alvarellos. A obra publicouse en dous volumes, o primeiro que contén as letras A-D en 473 páxinas editouse en xullo de 1928; o segundo, de 447 páxinas, apareceu en xuño de 1931.

Elaboración[editar | editar a fonte]

Carré incorporou os dicionarios anteriores e deu entrada a numeroso léxico, en especial cultismos, do portugués aínda que non sempre ben adaptados[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Santamarina, A.: "Norma e estándar", en Monteagudo, H. (ed.): Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Galaxia, 1995, p. 82.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]