Tierra Gallega (A Coruña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tierra Gallega foi un periódico editado na Coruña entre 1903 e 1917. Tivo unha segunda etapa en 1933.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Diario republicano que apareceu o 1 de setembro de 1903[1], órgano do partido republicano da Coruña continuador de El Combate[2] e portavoz do republicanismo en Galicia. Foron os seus directores Eladio Fernández Diéguez e Adolfo Lahorra (1910[3]-1914[4]). Antonio Carballo Tenorio foi un dos redactores e entre os seus colaboradores figuraron Leandro Carré Alvarellos (co pseudónimo "L. de S.") e Antón Villar Ponte. En 1914 Santiago Casares Quiroga asumiu a dirección do periódico, que defendeu o autonomismo galego, renegando do vello federalismo. Mantivo unha liña neutral ante o conflito da I Guerra Mundial, o que provocou un enfrontamento cos partidarios de que o periódico apoiase os aliados.

Segunda etapa[editar | editar a fonte]

En 1933 a dirección da Organización Republicana Gallega Autónoma acordou editar de novo o xornal. Saiu á luz o 25 de xaneiro con Julio Wonenburger como director[5], aínda que en febreiro aparece como director Avelino López Otero[6]. Non conseguiu consolidarse e pechou o 4 de xuño dese ano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Norte de Galicia, 2-9-1903, p. 2.
  2. El Noroeste, 2-9-1903, p. 1.
  3. El Noroeste, 4-5-1910, p. 2.
  4. El Noroeste, 20-1-1914, p. 1.
  5. Alfonso Bozzo, Alfonso (1976). Los partidos políticos y la autonomía en Galicia, 1931-1936. Madrid: Akal. p. 105. ISBN 84-7339-135-7. 
  6. Faro Villalbés, 11-2-1933, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.