Andrés Torres Queiruga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 5 como mortas.) #IABot (v2.0
Maria zaos (conversa | contribucións)
retiro marcador lig. morta
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 22: Liña 22:
{{End box}}
{{End box}}


== Obra en galego<ref>{{Cita web|título=Recuperar la salvación: para una interpretación liberadora de la experiencia cristiana|url=http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=3236|páxina-web=bibliotraducion.uvigo.es|data-acceso=2019-11-27|lingua=|apelidos=}}{{Ligazón morta|data=febreiro de 2020 }}</ref>==
== Obra en galego<ref>{{Cita web|título=Recuperar la salvación: para una interpretación liberadora de la experiencia cristiana|url=http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=3236|páxina-web=bibliotraducion.uvigo.es|data-acceso=2019-11-27}}</ref>==
=== Ensaio ===
=== Ensaio ===
Estas son as súas principais obras<ref>As datas de publicación das obras están recollidas de [[Dolores Vilavedra]] (coord.), ''Diccionario da Literatura Galega'', Vol I, Vigo, 1995, páx. 579 e da [https://web.archive.org/web/20150105134416/http://vello.vieiros.com/biografias/biografia.php?txt=bio_queiruga biografía que aparece en Vieiros]</ref>:
Estas son as súas principais obras<ref>As datas de publicación das obras están recollidas de [[Dolores Vilavedra]] (coord.), ''Diccionario da Literatura Galega'', Vol I, Vigo, 1995, páx. 579 e da [https://web.archive.org/web/20150105134416/http://vello.vieiros.com/biografias/biografia.php?txt=bio_queiruga biografía que aparece en Vieiros]</ref>:

Revisión como estaba o 22 de marzo de 2020 ás 23:14

Infotaula de personaAndrés Torres Queiruga

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de maio de 1940 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Aguiño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaRoma Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalTeoloxía, Filosofía
EducaciónUniversidade Pontificia Comillas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo , tradutor , catedrático , escritor , editor literario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela, catedrático Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEnsaio
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Bitraga: 2799 AELG: 94 Dialnet: 15143

Andrés Torres Queiruga, nado en Aguiño, Ribeira, o 28 de maio de 1940, é un teólogo e escritor galego.

Traxectoria

Realizou estudos de teoloxía no seminario de Santiago de Compostela e na Universidade Pontificia Comillas. Licenciado en Filosofía (1962) e Teoloxía (1966). Posteriormente, tras dous anos en Roma, realizou a súa tese sobre Ángel Amor Ruibal, en 1973. É tamén doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela no 1988, coa tese Noción, religación, trascendencia. O coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri.

A súa actividade como docente levouno á Universidade de Santiago, onde foi profesor de Filosofía da Relixión, Clásicos da Metafísica e Filosofía Alemá na Época da Ilustración na Facultade de Filosofía. Foi tamén profesor de Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán.

Membro da Real Academia Galega (1980) e do Consello da Cultura Galega, foi ademais un dos fundadores e director da revista de pensamento cristián Encrucillada.

A súa obra divulgou a miúdo posturas discordantes co que postulaba a Igrexa católica, en particular sobre os conceptos do Espírito Santo e a interacción de Deus sobre a creación. Esta visión discrepante levou a diversas tensións co goberno da Igrexa, e a que en 2012 a Comisión da Doutrina da Fe da Conferencia Episcopal Española o apercibise publicamente por "distorsionar elementos da fe da Igrexa" como "a clara distinción entre o mundo e o creador e a posibilidade de que Deus interveña na historia e no mundo alén das leis que el mesmo estableceu" ou a distinción entre "creación e salvación", así como "a necesidade da graza sobre natural para alcanzar o fin último do home"[1]

Ante esta nota, a Real Academia Galega fixo público un comunicado expresando a súa protesta contra o que cualificaba de "conculcación da liberdade de pensamento" do intelectual galego.[2]


Predecesor:
Francisco Fernández Rei
 Vicesecretario da RAG 
2013-
Sucesor:
No cargo

Obra en galego[3]

Ensaio

Estas son as súas principais obras[4]:

  • Teoloxía e sociedade, 1974, SEPT.
  • Recupera-la salvación, 1977, SEPT. Foi traducida ao castelán.
  • Nova aproximación a unha filosofía da saudade, 1981, Real Academia Galega.
  • A revelación como maieútica histórica, 1984.
  • Rolda de ideas, 1984, SEPT.
  • A revelación de Deus na realización do home, 1985, Galaxia. Traducida ao español (1987), ao italiano (1991[5])[6] e ao alemán (1996).[7]
  • Creo en Deus Pai. O Deus de Xesús e a autonomía humana, 1986, SEPT.
  • Noción, religación, trascendencia. O coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri, 1990, Fundación Barrié.
  • O inferno a revisión, 1995, Irimia.
  • Recupera-la creación. Por unha relixión humanizadora, 1996, SEPT. Foi traducida ao alemán.[8]
  • Do Terror de Isaac ó Abbá de Xesús, 1999, SEPT.
  • Repensar a resurrección. A diferencia cristiá na continuidade das relixións e da cultura, 2002, SEPT. Traducido ao castelán como Repensar la resurrección, publicado en Trotta, no 2003.[9]
  • Para unha filosofía da saudade, 2003, Fundación Otero Pedrayo.
  • Diálogo das relixións e autocomprensión cristiá, 2005, SEPT.
  • Repensar o mal. Da poneroloxía a teodicea, 2010, Galaxia.
  • Alguén así é o Deus en quen eu creo, 2012, Galaxia.

Obras colectivas

Premios

Obra en castelán

Ensaio

  • Constitución y evolución del dogma: la teoría de Amor Ruibal y su aportación, 1977, Marova, Madrid.
  • Opción por los pobres: La justicia del Dios cristiano, 1988, Editorial S. M.
  • El Dios de Jesús. Aproximación en cuatro metáforas, 1991, Sal Terrae, Santander.
  • La constitución moderna de la razón religiosa. Prolegómenos a una Filosofía de la Religión, 1992, Verbo Divino, Lizarra.
  • El cristianismo en el mundo de hoy, 1992, Sal Terrae.
  • El diálogo de las religiones, 1992, Cuadernos Fe y Secularidad, Madrid.
  • Confesar hoy a Jesús como el Cristo, 1995, Cuadernos Fe y Secularidad, Santander/Madrid.
  • La democracia en la Iglesia, 1995, S. M.
  • Repensar la Cristología. Ensayos hacia un nuevo paradigma, 1996, Verbo Divino.
  • Un Dios para hoy, 1997, Cuadernos Aquí y Ahora, Sal Terrae.
  • El problema de Dios en la Modernidad, 1998, Verbo Divino.
  • Creer de otra manera, 1999, Cuadernos Aquí y Ahora, Sal Terrae.
  • Fin del cristianismo premoderno. Retos hacia un nuevo horizonte, 2000, Sal Terrae.
  • Por el Dios del mundo en el mundo de Dios. Sobre la esencia de la vida religiosa, 2000, Sal Terrae.
  • Esperanza a pesar del mal. La resurrección como horizonte, 2005, Sal Terrae.
  • Filosofía de la religión en Xavier Zubiri, 2005, Tirant lo Blanch, Valencia.
  • Repensar la revelación. La revelación divina en la realización humana, 2008.

Obras colectivas

  • Los gallegos, 1976, Istmo, Madrid.
  • Galicia. Realidade económica e conflicto social, 1978, Banco de Bilbao.
  • 10 Palabras clave en Religión, 1992, Verbo Divino, Estella.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas