Aguiño, Ribeira
Coordenadas: 42°31′26″N 09°01′07″O / 42.52389, -9.01861
Aguiño | |
---|---|
![]() Aguiño e Sálvora | |
Concello | Ribeira[1] |
Provincia | A Coruña |
Poboación | 2.875 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nosa Señora do Carme de Aguiño[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2018 tiña 2.875 habitantes (1.435 mulleres e 1.440 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, 7 máis que o ano anterior.
A esta parroquia pertence a illa de Sálvora.
Historia[editar | editar a fonte]
Ata 1959 pertencía a parroquia de Carreira. Nese mesmo ano comezou a construírse a igrexa parroquial, deseñada por Antonio Tenreiro Bonachón e sendo o primeiro templo da era moderna con inscricións en galego[2]. Foi consagrada o 14 de xullo de 1967 polo cardeal Quiroga Palacios, dando ese día a súa primeira misa en galego. O templo presenta unha disposición moi funcional, sendo máis larga que longa. Nel caben 500 persoas.
Festas gastronómicas[editar | editar a fonte]
Desde 1997 celébrase no mes de xullo a festa do percebe[3].
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Aguiño, Ribeira.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Aguiño[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Aguiño no concello de Ribeira (A Coruña) | |
---|---|
Aguiño | O Carreiro | Os Castelos | A Catía | A Cerca | Couso | A Covasa | A Cruz de Aguiño | O Lagarto | Listres | As Pedras Miúdas | Penisqueira | O Pinar de Martín | Rascacú | A Ribeira | O Robalo | Sálvora | A Tasca | Trasporto |
Parroquias de Ribeira[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Aguiño pasó a ser una parroquia". La Voz de Galicia. 9 de maio de 2018.
- ↑ "Festa do percebe". Deputación da Coruña.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aguiño, Ribeira |