Saltar ao contido

Metafísica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metafísica
 Instancia de
 Estuda
 Historia
 Practicado por
 Oposto a
Identificadores
Freebase/m/04s0m Editar o valor en Wikidata
MeSHD008678 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC182744844 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
Enciclopedia Galega Universal: 152180 BNE: XX525256
Wikidata C:Commons

A metafísica (do latín "metaphysica", que vén do grego metá que significa “tras, máis aló”, e phýsis que significa “natureza”) defínese como algo que está máis aló do físico, dedicando o seu estudo ao abstracto do Ser e de Deus. É unha parte fundamental da filosofía que trata o estudo do Ser e das súas propiedades, principios, causas e fundamentos de existencia. Subdivídese en ontoloxía (estudo do ser en xeral) e teoloxía (estudo do ser divino).

Cales son os principios e causas do mundo? Gravado de Camille Flammarion: L'Atmosphere: Météorologie Populaire (París, 1888).