Quico Cadaval
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Quico Cadaval (Ribeira,1960) é actor, director, adaptador teatral e o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia na década dos noventa.
Aprendeu a contar contos dende moi neno grazas a unhas vellas que se encargaron de transmitirlle historias, e tamén grazas ás persoas, da máis variada índole, que pasaban pola taberna de súa nai. Comezou na interpretación teatral a finais dos setenta no Centro Dramático Galego, e xa nos oitenta fundou a súa propia compañía: "O Moucho Clerc". Traballou en diferentes producións da TVG, así como en curtametraxes e longametraxes, e recibiu diferentes premios polo seu traballo no teatro. Foi profesor de interpretación da "Operación Triunfo" portuguesa no ano 2003.
[editar] Traballos que realizou
- A miña sogra e mais eu (2004) / Dirección.
- Máxima audiencia (2004) / Actor.
- Entre bateas (2001) / Actor.
- Amor Serrano (1999) / Actor.
- Apaga a luz (1999) / Guionista.
- A rosa de pedra (1999) / Actor.
- Cabeza de boi (1996) / Actor.
- Matías, juez de línea (1995) / Actor.

