Sic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Goggles prevent axidents (sic). Axidents (sic) give aid to the enemy.

Sic é unha palabra latina que se coloca ao lado dunha palabra ou frase incorrecta ou incomprensible para indicar que non se trata dun erro de transcrición, senón que é así como figura no texto orixinal.

Provén da frase en latín sic erat scriptum, "así fora escrito", onde sic é un adverbio que significa "así, deste xeito".

Uso[editar | editar a fonte]

Por regra xeral prefírese o uso deste adverbio entre corchetes [sic], aínda que é frecuente atopalo tamén entre parénteses (sic).

  • «Agora [engade] van a saver [sic] o tolo que eu estou[1]
  • No ano 1764, o visitador da diocese «halló la hermita (sic) de san Antonio (...)"[2]

Emprégase cando se reproducen erros, tipográficos ou doutra clase, ou inconveniencias ao citar textos, para informar ao lector que o uso indebido atópase na fonte orixinal e non é obra do que cita. Exemplos:

  • Lembro que che ollou fixamente [sic]
  • O sol púñase no hourizonte [sic]
  • Regresamos o domingo de Balencia [sic]

Tamén pode usarse cando aparecen palabras pouco comúns cuxa grafía é similar á de outras moi coñecidas, e quérese evitar que o lector as interprete como erros. Por exemplo:

  • A venencia [sic] non é Venecia.

Pode levar unha aclaración extra ou unha corrección explicativa:

  • "O Congreso rexeitou os presupostos xerais do estado [sic, con inicial minúscula]"[3]

Ten un uso común en entrevistas de carácter médico ou legal, para citar ao entrevistado:

  • E termina dándolle os seus datos: "Creo que xa é todo, espero que che sirva. O outro cando chegue a casa direicho, aínda estou por Corea e chego o día 6 de setembro. De hematocrito xa che comentei que non baixo de 45..46-47, de hemoglobina 15,5-16...o outro xa mirarei en casa"(sic).[4]

Locucións latinas[editar | editar a fonte]

Podemos atopar tamén este adverbio en varias locucións latinas. Exemplos:

Notas[editar | editar a fonte]