Manuel Facal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Facal
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1943 Editar o valor em Wikidata
Carballo, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de abril de 2024 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , escultor , gravador , fotógrafo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: 196553120362739 Editar o valor em Wikidata

Manuel Facal Ponte, nado en Carballo o 20 de xullo de 1943[1] e finado en Benagalbón (provincia de Málaga) o 6 de abril de 2024,[2] foi un gravador e pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nos seus inicios dedicouse ao debuxo, con inspiración en Pablo Picasso, Salvador Dalí ou Urbano Lugrís. Achegouse a tendencias máis convencionais un breve espazo de tempo que viviu en Vigo. A mediados da década dos setenta trasladouse a Barcelona, para estudar e traballa no deseño gráfico e téxtil.

A súa dedicación ao gravado empezou durante a súa estancia en Londres, nos anos setenta, onde aprendeu a técnica de man da arxentina Carmen García. Interesoulle a textura e a morfoloxía dos materiais. Viaxou por Grecia, Turquía e Italia e cultivou un cinetismo emparentable con Victor Vasarely e Eusebio Sempere, exacto, xeométrico, case mecánico.

Coñeceu Nova York, onde afondou en novos modos de expresión, e foi ao norte de Europa para ensaiar representacións abstractas de animais. O seu dominio das técnicas do gravado levárono a realizar obras para artistas como Joan Miró; tamén ensaiou a pintura de gran materia, afastada da representación formal, e os seus cartafoles de gravados sobre Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro e outros escritores galegos.

O movemento aglutinado polo Grupo Atlántica nos anos oitenta proxectou a súa visión da arte, que derivou cara a modos "pobres" do cartón e a colaxe. Non abandonou a estampación e un dos traballos máis notables foi a serie de augafortes titulada "As cinzas do amor", sobre textos de poetas españois. En 1987 instalouse nunha vila da serra de Málaga.

Fixo exposicións en todo o mundo: Nova York, Londres, Porto Rico, Noruega, Galiza e Suramérica e con presenza en importantes colectivas de pintura e sobre todo, gravado. Está representado en museos de Galiza, Centro e Suramérica, Estados Unidos de América, España, países escandinavos e Portugal.[Cómpre clarificar]

Colaborou en Luzes de Galiza e A Nosa Terra.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 191. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. "Falece o artista bergantiñán Manuel Facal". Nós Diario. 7 de abril de 2024. 
  3. Enciclopedia Galega Universal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]