Xosé Ramón Barreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Ramón Barreiro.

Xosé Ramón Barreiro Fernández, nado en Ribeira o 2 de decembro de 1936, é un historiador galego e foi o presidente da Real Academia Galega no período 2002-2009.

Índice

[editar] Traxectoria

Licenciouse e doutorouse en Dereito Canónico pola Universidade Gregoriana de Roma. En 1974 obtivo a licenciatura en Filosofía e Letras, con premio extraordinario. Doutorouse en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese O campesino galego no século XIX: economía e sociedade e é catedrático de Historia Contemporánea de Galicia na mesma universidade. Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia. Desde o 20 de decembro de 2001 até o 23 de xaneiro de 2010 foi presidente da Real Academia Galega, substituíndo a Francisco Fernández del Riego.

Entre as súas achegas ao campo xurídico destacan, entre outras, El origen litúrgico del Derecho Canónico ou La estabilidad del beneficio mentres que a súa obra histórica repártese en numerosos libros e estudos. Barreiro Fernández participou en diversos congresos nacionais e internacionais, dirixindo os organizados sobre Estudos Xacobeos (1970), Rosalía de Castro (1985) e Otero Pedrayo (1988).

Os seus traballos de investigación céntranse sobre todo na historia contemporánea de Galiza e están recollidos en artigos e obras publicadas en castelán e en galego. Destacan: El carlismo gallego (1976), Historia Contemporánea de Galicia (1981), obra pola que recibiu o Premio da Crítica 1982, La imprenta en Galicia (1982), Historia de la imprenta en Galicia (1990) ou os catro volumes dedicados ós séculos XIX e XX que publicou dentro do proxecto editorial Galicia (1991).

[editar] Recoñecementos

Ademais do Premio da Crítica co que foi galardoado en 1982, Barreiro Fernández recibiu o Premio Televisión Española en Galicia (1988). É membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, do Centro de Estudios Xacobeos, do Instituto José Cornide, do Seminario de Estudios Galegos e do Consello da Cultura Galega.


Predecesor:
Francisco Fernández del Riego
presidente da RAG
2001-2009
Sucesor:
Xosé Luís Méndez Ferrín

[editar] Obras

[editar] Obras colectivas

[editar] Obras en homenaxe á súa figura

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas