Frente Popular Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "FPG")
Frente Popular Galega (FPG)
Partido político de Galiza
Líder Mariano Abalo
Fundación 1987
Ideoloxía Independentismo galego
Socialismo
Filiación internacional Non
Mocidades Adiante
Publicación oficial Espiral
Páxina web frentepopular.gl
Manifestación do Día da Patria de 1991 en Compostela

A Frente Popular Galega é unha organización política galega situada ideoloxicamente no socialismo e no independentismo, que traballa pola consecución dunha República Galega[1].

A súa acción política guíase polos principios de: independencia nacional, socialismo, anticolonialismo, democracia popular, anti-imperialismo, solidariedade internacionalista e auto-organización[2].

Índice

[editar] Historia

Cando en 1986 a UPG acepta a participación do BNG no Parlamento Galego, 13 membros do seu Comité Central, liderados por Mariano Abalo, secretario xeral, e Xan Carballo, secretario xeral da INTG, deixan o partido, constituíndo o Colectivo Comunista 22 de marzo, que o 25 de xullo de 1986 transfórmase no Partido Comunista de Liberación Nacional. A III Asemblea Nacional do BNG expulsa ao PCLN porque pedían o voto para HB nas eleccións europeas.

En 1987 o PCLN e Galiza Ceive-OLN xunto con outras organizacións menores de carácter local como os Colectivos Nacionalistas de Trasancos e Vigo, Grupos Independentistas Galegos de Compostela e o colectivo Iskeiro de Ferrol forman a FPG que celebrou a súa asemblea constituínte en xuño de 1988. A súa presentación pública prodúcese o 10 de marzo de 1988

En xuño de 1989 sufriu a escisión dos sectores nucleados en torno a Galiza Ceive-OLN que apoiaban a loita armada do EGPGC que constitúen a Assembleia do Povo Unido (APU). En 1992, o grupo editor da vella revista Espiral, liderado por Méndez Ferrín, incorpórase á FPG, que en 1994 abandona o seu carácter frontista converténdose en partido.

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2001 obtivo 3.176 votos (0'3%), nas eleccións xerais de 2004 tivo 2.257 votos (0'12%) e 1 concelleiro por Cangas nas eleccións municipais de 2003. Nas eleccións autonómicas de 2005 conseguiu 2.982 votos (0'2%).

Nas eleccións municipais de 2007 presentouse en Vigo, onde contou con 549 votos (0,36%) e en coalición con outras forzas de esquerda en Cangas na candidatura da Alternativa Canguesa de Esquerdas que contou con 1890 votos (13,1%) e 3 concelleiros, o que supuxo a entrada no goberno municipal, converténdose o líder da FPG, Mariano Abalo en concelleiro de urbanismo de Cangas.

Nas eleccións nacionais 2009 presentaron a Xosé Luís Méndez Ferrín como candidato a presidente da Xunta[3], mentres que para as eleccións europeas de 2009 integrouse na candidatura Iniciativa Internacionalista – A Solidariedade entre os Pobos, indo doutra volta Xosé Luís Méndez Ferrín no número 6 da mesma[4]. Porén, o Tribunal Supremo, a instancias do goberno do PSOE, ilegalizou esta candidatura por estar, na opinión deles, promovida pola esquerda abertzale (considerada pola xustiza española como "contorno" da banda terrorista ETA)[5]. Tras ser recorrida a sentenza, o Tribunal Constitucional volveu legaliza-la candidatura[6].

[editar] Evolución do voto

Dende as eleccións municipais do 2007preséntase coaligado con Esquerda Unidae co Partido Comunista do Povo Galego, no concello pontevedrésde Cangas do Morrazobaixo a denominación de Alternativa Canguesa de Esquerdas(ACE). Nos resultados que se mostran a continuación súmanse os votos de ACE cos de FPG noutros concellos. Nas eleccións municipais do 2011presentouse por primeira vez no concello pontevedrés de Redondela, obtendo 613 votos e moi preto de conseguir un concelleiro. Nestas eleccións presentouse por segunda vez na cidade de Vigo, mellorando os seus resultados anteriores.

Eleccións Votos  % Deputado(s)
Eleccións ao Parlamento de Galicia 1997 3.395 0.22 0
Eleccións ao Parlamento de Galicia 2001 3.176 0.21 0
Eleccións ao Parlamento de Galicia 2005 2.982 0.18 0
Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009 2.903 0.17 0
Eleccións Votos  % (en Galiza) Concelleiro(s)
Eleccións Municipais 1999 645 0.04 1
Eleccións Municipais 2003 967 0.06 1
Eleccións Municipais 2007 2.434 0.14 2
Eleccións Municipais 2011.[7] 2.924 0.19 2

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas