Muíños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Muíños (homónimos).
Muíños
Escudo de Muíños
Muíños.jpg
Casa consistorial
Situación
Situacion Muíños.PNG
Xentilicio[1]: Muiñense (non oficial)
Xeografía
Provincia: Provincia de Ourense
Comarca: Baixa Limia
Poboación: 1.821 hab. (2009)
Área: 109,7 km²
Densidade: 17,21 hab./km²
Entidades de poboación: 12 parroquias
Capital do concello:
Política (2011)
Alcalde: Plácido Álvarez Dobaño (PPdeG)
Concelleiros: BNG: 0
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 0
Outros: -
Eleccións municipais en Muíños
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 98,93 %
Sitio web oficial
www.concellomuinos.com

Muíños é un concello do sur da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Segundo o padrón municipal, en 2009 tiña 1.821 habitantes (2.012 en 2003).

Evolución da poboación de Muíños - desde 1900 ata 2009 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009
 4.579  4.436  4.341  4.291  1.985  1.824
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Xeografía

O concello, de 109 km², abrengue 12 parroquias. Está a uns 680 metros de altitude, sobre os vales do río Limia (encoro das Conchas) e do río Salas, á beira da fronteira portuguesa. Comparte con este país veciño o Parque Natural Baixa-Limia, na Serra do Xurés.

Desde 1997, a capitalidade municipal está situada no lugar de Mugueimes, na parroquia de Muíños [3].

Censo Total 1.821
Menores de 15 anos 111 (6,09 %)
Entre 15 e 64 anos 962 (52,83 %)
Maiores de 65 anos 748 (41,07 %)

[editar] Turismo

Amais da gandería e da agricultura, de vital importancia en toda a Baixa Limia, Muíños despunta polo turismo, con casas de turismo rural e un albergue á beira do encoro das Conchas a carón da praia fluvial. Alí hai instalacións para practicar deportes acuáticos como o piragüismo ou a vela. Preto deste lugar hai unhas pozas de augas termais.

A primeira fin de semana de agosto celébrase a festa das sopas do burro cansado.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Muíños.

[editar] Lugares de Muíños

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muíños vexa: Lugares de Muíños.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Muíños

Barxés (Santa María) | Cados (Santa María) | Couso de Salas (Santiago) | Farnadeiros (San Pedro) | As Maus de Salas (Santa Baia) | Muíños (San Pedro) | Parada de Ventosa (San Pedro) | Porqueirós (Santo André) | Prado de Limia (San Salvador) | Requiás (Santiago) | Souto de Limia (Santa María) | Xermeade (San Miguel)

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. Decreto 316/1997, polo que se aproba o cambio de capitalidade do concello de Muíños a Mugueimes (DOG nº 221, 14.11.1997). No decreto explican que a casa consistorial xa estaba situada neste lugar, "desde hai moitos anos", pero sen especificar data.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


Concellos da Comarca da Baixa Limia Comarca da Baixa Limia
Bande
Bande
Entrimo
Entrimo
Lobeira
Lobeira
Lobios
Lobios
Muíños
Muíños


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas