Arraiano Maior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O recoñecemento como Arraiano Maior e Arraiano Universal, véñense concedendo dende o ano 2009, pola Asociación Arraianos. Sendo o Arraiano Maior de carácter anual e o Arraiano Universal entrégase de xeito extraordinario.

Descrición[editar | editar a fonte]

A distinción como Arraiano Maior non ten dotación económica, e a persoa premiada recibe unha Aguillada, que simboliza a autoridade da xente da raia, e unha boina ou pano da cabeza, prendas imprescindibles da xente arraiana. A aguillada mantense no poder da persoa recoñecida durante un ano, e ao seguinte faille entrega á quen sexa recoñecido Arraiano Maior nese ano.

Arraiano Universal é o recoñecemento que se fai a persoas, xa desaparecidas, institucións, ou á simboloxía ou mesmo lugares que teñen un especial significado na cultura e o arraigo arraiano. Entregase un diploma obra de Baldo Ramos.

Historia[editar | editar a fonte]

A Asociación Arraianos decidiu, no ano 2009, conceder un recoñecemento anual ás persoas que destaquen polo seu traballo en prol da cultura arraiana compartida entre Galicia e Portugal.

O primeiro homenaxeado foi Xosé Luís Méndez Ferrín,[1][2] autor do libro Arraianos, obra de cabeceira do colectivo. Esa primeira homenaxe decorreu o 26 de xullo de 2009 en Ludeiros e na fronteira da Madalena en Lobios. Comezou coa lectura do Manifesto Arraiano,[3] no Corete do carballo do Santo na aldea da parroquia de Manín e continuou cun rota polos camiños do contrabando na serra de Santa Eufemia ata a fronteira da Madalena, aproveitando a celebración anual transfronteiriza da virxe da Madalena, que se mantén dende tempo inmemorial. a seguir, houbo unha comida fraternal e discurso do homenaxeado na carballeira da Madalena rematando cunha plantación dunha árbore na área de recreo e descanso ao pé da fronteira.

Méndez Ferrín entregoulle a Aguillada ao Padre Fontes,[4] nesta ocasión noutro lugar simbólico da unión arraiana, a fronteira da Meixueira entre Entrimo e Castro Laboreiro. Continuouse cunha rota polas Brandas de Castro Laboreiro, e rematando cunha comida fraternal no mítico lugar da Pena de Anamán.

No ano 2011, o recoñecemento recaeu en Bento da Cruz.[5] Os actos celebráronse na Terrachán, Entrimo, coa subida ata o Pedreiriño.

Ao ano seguinte os actos celebráronse en Celanova, onde Xesús Alonso Montero[6] recibiu a Aguillada das mans de Bento da Cruz. E nese ano concedeuse o primeiro Arraiano Universal á figura de Celso Emilio Ferreiro.

En 2013 a aguillada viaxou a Gres para homenaxear a Xosé Neira Vilas.[7]

No ano 2014 recoñeceuse ao colectivo cultural Porta Treze de Vila Nova de Cerveira.

No ano 2015, recibiu a aguillada Isaac Alonso Estraviz,[8] nun acto celebrado na Igrexa da Virxe do Xurés, onde se recoñece á figura da virxe arraiana como Arraiana Universal.

No ano 2016 recoñeceuse ao enxeñeiro de montes e escritor Xosé Benito Reza,[9] nun acto celebrado no centro de interpretación de Aquis Querquennis, de Bande.

Dende o ano 2017 véñense entregando en Entrimo, e estas son as figuras recoñecidas: Paula Godinho,[10] Quico Cadaval,[11] Xurxo Souto,[12] Manuela Ribeiro,[13] Mercedes Vázquez Saavedra.[14]

Premiados[editar | editar a fonte]

Ano Arraiano/a Maior Arraiano/a Universal
2009 Xosé Luís Méndez Ferrín
2010 António Lourenço Fontes (Padre Fontes)
2011 Bento da Cruz
2012 Xesús Alonso Montero Celso Emilio Ferreiro
2013 Xosé Neira Vilas
2014 Porta Treze
2015 Isaac Alonso Estraviz Virxe do Xurés
2016 Xosé Benito Reza
2017 Paula Godinho[10]
2018 Quico Cadaval[11]
2019 Xurxo Souto[12]
2020 Manuela Ribeiro[13]
2021 Mercedes Vázquez Saavedra[14] José Lamela Bautista, Toño do Val (O Cesteiro)
2022 Xosé Manoel Núñez Seixas[15] Xosé Velo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Méndez Ferrín, arraiano maior". Faro de Vigo. Consultado o 09-03-2021. 
  2. "Méndez Ferrín, nombrado 'Arraiano Maior'". El Progreso. Consultado o 09-03-2021. 
  3. "Manifesto Arraiano 2009". Caderno Arraiano. Consultado o 09-03-2021. 
  4. "Unha aguillada para o Padre Fontes". La Región. Consultado o 09-03-2021. 
  5. "El escritor Bento da Cruz será nombrado arraiano maior en el monte Pedreiriño". Faro de Vigo. Consultado o 09-03-2021. 
  6. "Xesús Alonso Montero será nombrado «Arraiano Maior de la Raia Seca»". La Voz de Galicia. Consultado o 09-03-2021. 
  7. "Xosé Neira Vilas será nombrado Arraiano Maior 2013 por su obra y compromiso vital". Faro de Vigo. Consultado o 09-03-2021. 
  8. "O profesor Isaac Alonso Estraviz vai recibir o premio Arraiano Maior 2015 no Xurés". Dende a Limia.com. Arquivado dende o orixinal o 21-10-2020. Consultado o 09-03-2021. 
  9. "Xosé Reza, Arraiano Maior 2016". Nós diario. Consultado o 09-03-2021. 
  10. 10,0 10,1 "La antropóloga portuguesa Paula Godinho, Arraiana Maior 2017". Faro de Vigo. Consultado o 09-03-2021. 
  11. 11,0 11,1 "Quico Cadaval será nomeado “Arraiano Maior” o 4 de agosto en Entrimo". O Sil. Consultado o 09-03-2021. 
  12. 12,0 12,1 "El escritor y músico Xurxo Souto, Arraiano Mayor 2019". La Región. Consultado o 09-03-2021. 
  13. 13,0 13,1 "Xurxo Souto entregará a Manuela Ribeiro o premio de Arraiana Maior". La Voz de Galicia. Consultado o 09-03-2021. 
  14. 14,0 14,1 "Entrimo albergará el nombramento de Mercedes Vázquez como “Arraiana Maior”". La Región. Consultado o 10-07-2021. 
  15. "O historiador Xosé Manoel Núñez Seixas será o Arraiano Maior 2022". 26-07-2022. Consultado o 26-07-2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]