Antón Capelán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antón Capelán Rey, nado en Mesoiro, no concello da Coruña, é un profesor e historiador galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Exerce como profesor de ensino secundario no IES Monelos (A Coruña). Ten publicado traballos sobre literatura galega en distintas publicacións periódicas de Galiza, como A Nosa Terra, Luzes de Galiza, A Trabe de Ouro, o Boletín Galego de Literatura ou Sarmiento (Anuario Galego de Historia da Educación).

Na actualidade está a elaborar a súa tese de doutoramento sobre a narrativa de Xosé Luís Méndez Ferrín.

[editar] Obra

[editar] Investigación

  • Contra a Casa da Troia, 1994, Laiovento.
  • Contra a Casa da Troia (E II), 1996, Laiovento.
  • Da violencia que non condenan: o centenario da folga xeral de maio na Coruña, 2003.
  • Diatribas manuelinas, 2004, Laiovento.
  • Silva de varia recensión, 2005, Laiovento.
  • Luís Seoane en Compostela e outros ensaios, 2011, Laiovento.

[editar] Como editor literario

  • Prosas completas / Dosinda Areses, de Xosé Luís Méndez Ferrín, 1998, Xerais.
  • O Culto dos heroes, de Arturo Cancela, traducido por Eduardo Blanco Amor, 2001, Laiovento.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas