Saltar ao contido

Xosé Manuel Beiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Manuel Beiras Torrado»)
Modelo:BiografíaXosé Manuel Beiras

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de abril de 1936 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento de Galicia
13 de novembro de 2012 – 21 de outubro de 2016
Circunscrición electoral: A Coruña
Deputado do Parlamento de Galicia
24 de novembro de 1985 – 19 de xuño de 2005
Circunscrición electoral: A Coruña
Voceiro nacional do BNG
1982 – 2002 – Anxo Quintana → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
London School of Economics
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista, político, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoANOVA-Irmandade Nacionalista (2012–)
Bloque Nacionalista Galego (1982–2012)
Partido Socialista Galego Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAurichu Pereira
Teresa García-Sabell Tormo Editar o valor en Wikidata
FillosRicardo Beiras
 () Teresa García-Sabell Tormo Editar o valor en Wikidata
PaiManuel Beiras Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm2786462 Facebook: xose.manuel.beiras2012 Twitter: xmBEIRAS BNE: XX1719773 Bitraga: 2232 AELG: 76 BUSC: beiras-xose-manuel-1936 Dialnet: 620954 Editar o valor en Wikidata

Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, máis coñecido como Xosé Manuel Beiras, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936[1], é un político e economista galego de ideoloxía nacionalista galega e de esquerdas.

Foi membro fundador e líder do Partido Socialista Galego (PSG), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova). Impulsou coalicións electorais con representación parlamentaria como Galeusca, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ou En Marea. Nese tempo, foi tamén portavoz no Parlamento de Galicia do BNG (1985-2005) e AGE (2012-2016).

No eido profesional estivo á fronte da cátedra de Estrutura Económica da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de importantes figuras do Partido dos Socialistas de Galicia - PSOE (PSdeG-PSOE) como Emilio Pérez Touriño ou Abel Caballero e en 1999 pediu a excedencia como docente.[2] En 1976 foi escollido membro de número da Real Academia Galega, mais renunciou ao cargo en 1986 sen chegar a tomar posesión do mesmo.

En 2022 foi premio Luís Porteiro Garea da USC polo seu “labor activo a prol da lingua galega”.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xosé Manuel Beiras é fillo de Manuel Beiras e sobriño de Antón Beiras. Licenciouse en Dereito pola USC en 1957, ano no que se trasladou a París para se matricular na Facultade de Dereito e Ciencias Económicas na Universidade da Sorbona, na que tamén estudou Lingua e Literatura francesa[1].

En 1960 impartiu o seu primeiro curso de Economía Política na Universidade Complutense de Madrid. En 1961 trasladouse a Londres para ampliar os seus estudos en Ciencias Económicas na London School of Economics.[1]

Outros biógrafos[quen?] sitúan os estudos de Beiras nos anos 1964/65 en Inglaterra do que a posteriori viría uns meses a Galiza (1965/66) para impartir aulas na Escola de Economía Política da Facultade de Dereito de Santiago.

Para o ano académico 1966/67, grazas a unha bolsa de estudos da Fundación Juan March, seguiu un curso de especialización avanzada e investigación con François Perrou no Institut de Science Economique Apliquée (ISEA) de París[1], nos seus anos franceses entrou en contacto coas teses do colonialismo interior desenvolvida por Robèrt Lafont.

No 1967 recibiu o Premio da Casa Galicia de Nova York polo seu libro, publicado ese mesmo ano: O problema do desenrolo na Galiza rural[1]. Xa no ano 1968 volve vivir, xa definitivamente, a Galiza, e comeza a traballar coma profesor de Estrutura e Institucións Económicas na Facultade de Económicas. No 1969, colabora nunha obra colectiva Introducción á economía galega de hoxe publicada en Vigo.

No ano 1970 estando uns meses en Madrid, no Colexio Maior Universitario César Carlos, publica a súa tese doutoral sobre o desenvolvemento económico e demográfico en Galiza entre o 1900 e o 1960 co título Estructura y problemas de la población gallega,[1] co que gaña o Premio Extraordinario de Doutoramento e consegue, tamén, ser profesor adxunto na Cátedra de Estrutura Económica.

No 1972 publica en Vigo O atraso económico de Galiza[4], nese mesmo ano ofrécenlle o posto de Decano en funcións durante as revoltas estudantís e obreiras; posto que reafirmaría anos mais adiante. Dentro das súas colaboracións colectivas xorden no ano 1975, publicadas en Vigo, dúas obras; A Galiza rural na encrucillada e Contaminación industrial e desenvolvimento.

En 1977 encargouse da dirección dunha investigación sobre o proceso de modernización da agricultura galega, cos fondos achegados pola Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Universidade de Montpellier.

En 1980 accedeu definitivamente á Cátedra de Estrutura Económica na USC. En 1982 sae a súa publicación O atraso e Nós. Aportación para un debate encol o atraso económico; en febreiro deste mesmo ano é elixido Decano da Facultade de Ciencias Económicas.

Xa metidos no ano 1984, Beiras, na compañía doutros autores, saca ao prelo a obra Dende Galiza: Marx. Homenaxe a Marx no 1º centenario da súa morte. Por si só publica outro libro, Por unha Galiza liberada, obra na que viña traballando dende 1976; neste mesmo ano, xaneiro, é reelixido como decano da facultade.

En 1985 publicou Constitución española e nacionalismo galego: unha visión socialista. No transcurso dese ano, Beiras, despois dunha discrepancia coa presidencia da RAG sobre da Lei de Normalización Lingüística, abandona a institución.

No 1987 traduce ao galego a peza teatral Os xustos de Albert Camus, xa tivera varias experiencias neste ámbito da tradución. Froito disto está Cartas a un amigo alemán, tamén do mesmo autor, e as obras de teatro traducidas xunto con Xosé Luís Franco Grande arredor dos anos 1958/59: Antígona, de Jean Anouilh e Non haberá guerra de Troia de Jean Giraudoux. Tamén, e dentro deste mesmo ano, prestou a súa colaboración na Homenaxe ao Mestre Sampedro. Estivo como profesor convidado na Universidade de Tolosa, xa anteriormente estivera na de Coímbra (1976).

No 1988 traduciu do francés a obra de Anne Philipe O tempo dun salaio. Entrados no ano 1991, Beiras publica outro libro: Prosas de combate e maldicer.

Beiras, xunto con Xaime Isla Couto, tamén foi un dos promotores das coleccións Enquisa, Agra aberta e Os percusores da Editorial Galaxia, na que foi director da colección Alén-Nós; desta experiencia fixo a participación na creación de Edicións Laiovento. Colaborou como columnista dominical no xornal Galicia Hoxe, e nas publicacións Grial e A Nosa Terra.

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

1963-1982: Etapa no Partido Socialista Galego e Transición

[editar | editar a fonte]

No ano 1963 foi membro fundador do PSG na clandestinidade[5]; tamén se fai cargo da subdirección da Revista de Economía de Galicia (cargo que deixaría no percorrer do ano 1968). Xa no ano 1964 asume Relacións Internacionais, este posto volveríao asumir no 1970; nesta etapa relaciónase con outras formacións europeas socialistas e co Moviment Socialist de Catalunya de Josep Pallach e Joan Raventós[6]. En 1969 foi relator na elaboración do Documento Conxunto PSG-UPG.

No 1971 asume o cargo de secretario xeral do PSG. No 1977 deixa o cargo de secretario xeral no PSG e abandona o partido[7], despois de encabezar as listas pola provincia da Coruña nas primeiras eleccións xerais da Transición española nas que non conseguiu o escano, para ser designado Académico numerario da RAG, cargo ao que renunciaría tempo máis tarde.

1982 - 2012: Etapa no Bloque Nacionalista Galego

[editar | editar a fonte]
Xosé Manuel Beiras no final da XII Asemblea Nacional do BNG, en 2006.

Corre o ano 1982 e participa na constitución do BNG do cal entra na súa Dirección Nacional e Permanente. Tras as eleccións do 24 de novembro do 1985, Beiras sobe coma deputado ao Parlamento Galego;[8]

O 17 de decembro de 1989 vólvese presentar ás eleccións, e de novo gaña o escano pola provincia da Coruña, xunto con outros 4 representantes, e asume o cargo de portavoz do grupo. Sobre o seu pensamento político e a traxectoria os escritores Francisco Pillado Mayor e Miguel Anxo Fernán-Vello publican un libro titulado Conversas con Xosé Manuel Beiras.

Xosé Manuel Beiras no Día da Patria de 2009, en Compostela.

Xa no 1990, en xaneiro, o BNG non secunda unha proposición non de Lei sobre a autodeterminación do PSG-EG por non verlle sentido xa que a Cámara non tiña soberanía por haber grupos españois. Na lexislatura do 1989/1993 foi expulsado varias veces da Cámara por oporse e, mesmo, tentar facerlle unha moción de censura a Manuel Fraga. Nese mesmo período, na proposta do pleno extraordinario de incendios forestais, presentou unha proposta de independencia para Galiza e a reforma da Constitución, votando en contra da proposta de Manuel Fraga sobre a administración única.

O 10 de marzo de 1993 non se amosou de acordo ante a iniciativa do Partido Popular, gobernante en Galiza, de modificar o Regulamento do Parlamento e amosou o seu descontento petando na mesa cun zapato. Amosou unha actitude non conformista durante os debates de relatorio e comisión sobre deste tema que o levaron a ser expulsado da Cámara o 15 e o 17 do mesmo mes cunha sanción dun mes sen dereitos parlamentarios. Beiras recorreu ao Tribunal Constitucional o 12 de xullo do 1993, quen admitiu o recurso o 4 de novembro do mesmo ano. Ademais mantivo unha longa polémica co executivo de Fraga pola compra de dereitos das marcas do Xacobeo'93, ao que acusou de falsidade en documento público, prevaricación e malversación de fondos.

O 17 de outubro de 1993 presentouse por terceira vez na cabeza da candidatura pola Coruña e como candidato a Presidencia da Xunta de Galiza. Consegue a renovación e o seu grupo pasa de 5 a 13 candidatos. Xa metidos de cheo no 1995, Beiras é proposto como Portavoz Nacional do grupo, cargo no que resulta elixido na VII Asemblea; isto viña a apoiar a súa presentación en xaneiro do 1991 e marzo do 1993, nas que obtivo un bo apoio. En decembro do 1995 fai unha viaxe duns días á Arxentina e o Uruguai, nas que fai algunhas reunións con representantes de centros galegos, dirixentes políticos e sindicais e ofrece algún discurso en varias universidades. Froito disto, publica no 1996 un libro co título O estado da nación, no cal engade os seus discursos dende o ano 1989 ao 1995.

O 19 de outubro de 1997 preséntase de novo como candidato do BNG á Presidencia da Xunta, renova o escano e ve medrar o seu grupo a 18 deputados pasando a ser a segunda forza en Galiza. No 1998 volve a renovar o cargo como voceiro nacional do BNG, así mesmo levou a unha irmandade do seu partido con outras forzas nacionalistas a través da Declaración de Barcelona[9][10]. Isto tivo como consecuencia o pacto co Partido dos Socialistas de Galicia - PSOE nas municipais do 13 de xuño de 1999 para a repartición de alcaldías nalgúns concellos e o primeiro escano do BNG no Parlamento Europeo.

Beiras nun mitin en Ourense co gallo das eleccións á Xunta de Galicia do ano 2012.

Nas autonómicas do 2001 renova outra volta o seu escano, pero ve como o seu grupo baixa un deputado quedando en 17. O 27 de abril do 2004 asina, xunto co seu compañeiro de grupo, Anxo Quintana, en representación do BNG para dar desenvolvemento ao documento base asinado polo BNG, CiU e EAJ-PNV o 6 de abril dese ano.[Cómpre referencia] O que daría a nova presentación do grupo de formacións políticas "Galeusca-Pobos de Europa" para a celebración das eleccións ao Parlamento Europeo do 13 de xuño de 2004, nas cales este grupo conseguirá 3 escanos.

O 11 de abril do 2005 presentou ante os compañeiros do BNG a súa dimisión coma Presidente do Consello Nacional do BNG e a súa renuncia a formar parte das listas electorais do BNG á Xunta[11]. Todo o panorama político galego amosou a súa mágoa por esta perda.

En 2007, e xunto cun grupo de militantes, Beiras funda o Encontro Irmandiño, colectivo que defendía unha volta aos principios fundacionais do BNG, como a democracia interna, o asemblearismo e a comunicación fluída entre os estamentos da organización. En 2009, logo da perda de poder que supuxeron os resultados das eleccións ao Parlamento galego, esixiu a dimisión de Anxo Quintana como Portavoz Nacional e de todo o Consello Nacional e amosou a súa disposición de volver liderar o BNG.[12]

2012 - Actualidade: Etapa en Anova Irmandade Nacionalista

[editar | editar a fonte]
Entrevista en Nós TV.

Tras o congreso de Amio en 2012, abandonou canda outros militantes o BNG[13] para fundar Anova. Concorreu ás eleccións galegas do 2012 como cabeza de lista pola Coruña e candidato á presidencia da Xunta, dentro de AGE. Esta fórmula, froito da alianza con Esquerda Unida e outros grupos, acadou 9 deputados, se ben ao longo da lexislatura dúas deputadas se escindirían para pasar ao grupo mixto. En 2013 foi reelixido portavoz nacional de Anova.[14]

Na mesma liña, en anos posteriores Beiras apoiou a alianza da súa formación con forzas de esquerda estatais, ademais de con EU, con Podemos, resultando así a coalición En Marea. En marzo de 2016 volveu ser expulsado do Parlamento Galego logo dunha discusión co deputado do PP Miguel Tellado, foi ademais castigado a 15 días sen soldo[15]. En xullo de 2016, a coalición transformouse en partido, permanecendo Podemos á marxe. O 7 de agosto de 2016, Beiras anunciou o seu aval á candidatura de Luís Villares para presidir a Xunta e a súa retirada da vida parlamentaria.[16]

Logo da III Asemblea Nacional de Anova, celebrada o 18 de marzo de 2017, foi relevado no cargo de Portavoz Nacional por Antón Sánchez.[17]. En abril dese mesmo ano Beiras declarárase traizoado pola líder de EU Yolanda Díaz após a constitución de En Marea como partido político[18].

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Estivo casado con Teresa García-Sabell[19] e con Aurichu Pereira.

Adicatoria e sinatura de Xosé Manuel Beiras nun exemplar da obra O atraso económico de Galicia, da biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade da Coruña.
  • El problema del desarrollo en la Galicia rural, 1967, Galaxia.
  • Estructura y problemas de la población gallega, 1970, Banco del Noroeste.
  • O atraso económico de Galicia, 1972, Galaxia. 2ª edición de O atraso económico da Galiza (2005) en Laiovento.
  • La economía gallega en los escritos de Pedro Antonio Sánchez (edición), 1973, Galaxia.
  • Constitución española e nacionalismo galego: unha visión socialista, 1985, Asociación Cultural Alexandre Bóveda.
  • Prosas de combate e maldicer, 1991, Laiovento.
  • O Estado da Nación, 1996, Laiovento. 2ª edición aumentada no 2001.
  • A catástrofe do "Prestige". Santiago de Compostela. Edicións Laiovento. 2003. ISBN 978-84-8487-024-3. 
  • Economía galega e autonomía política, 2006, Universidade de Santiago de Compostela.
  • De nunca máis a máis alá, 2007, Editorial Compostela.
  • Por unha Galiza liberada e novos ensaios. A Coruña. Espiral maior. 2008. ISBN 978-84-96475-84-7.  Primeira edición, de 1984, en Xerais.
  • Exhortación á desobediencia, 2013, Laiovento.
  • O proxecto común da nación galega, 2016, Laiovento.
  • Nuredin o taxista e Amedine o pintor, 2019, Laiovento. 116 páxs. ISBN 978-84-8487-440-9.
  • Retratos en fite, 2022, Laiovento.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • ¿Patria ou Terra Nai? Ensaios sobre a cuestión nacional, 1999, Laiovento. Con Antonia Tato Fontaíña e Estrella Tato Fontaíña.
  • A poboación galega no século XX, 2000, Laiovento. Con Abel López Rodríguez.
  • Avilés de Taramancos: A paixón pola terra, 2004, Consello da Xuventude de Galicia.
  • O Tratado da Constitución Europea. Visións desde Galiza, 2005, Baía Edicións.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • 15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento.

Tradución

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Xosé Manuel Beiras. Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 26/6/2017. 
  2. "Beiras solicita a excedéncia no ensino". A Nosa Terra. 7 de outubro de 1999. p. 5. 
  3. "Xosé Manuel Beiras, premio Luis Porteiro Garea da USC polo seu “labor activo a prol da lingua galega”". Nós Diario. 28/6/2022. Consultado o 30/6/2022. 
  4. Rivas, Manuel (16/12/2011). "Análisis: A odisea de Beiras nun país náufrago". El País (en castelán). Consultado o 26/6/2017. 
  5. "Xosé Manuel Beiras Torrado". vello.vieiros.com. Arquivado dende o orixinal o 05/12/2021. Consultado o 26/6/2017. 
  6. Maceda, Víctor. ""Ahora mismo, en España, hay un golpe de Estado"". CTXT (en castelán). Consultado o 26/6/2017. 
  7. MCNBiografias.com. "Beiras Torrado, Xosé Manuel (1936-VVVV)". www.mcnbiografias.com (en castelán). Consultado o 26/6/2017. 
  8. ""II lexislatura (17-12-85 ó 24-10-89) - Resultados das eleccións ó Parlamento de Galicia"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2021. Consultado o 07 de marzo de 2016. 
  9. "Especial ETA: la dictadura del terror". El Mundo. Consultado o 26/6/2017. 
  10. Xavier Navaza - El Correo Gallego. "Galeusca, el retorno de la 'triple alianza'" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24/9/2019. Consultado o 26/6/2017. 
  11. AGENCIAS (11/4/2005). "Beiras dimite como presidente del Consello Nacional del BNG y rechaza ir en las listas". El País (en castelán). Consultado o 26/6/2017. 
  12. P. M. - La Opinión de A Coruña. "Beiras se ofrece a liderar de nuevo el BNG tras exigir la dimisión de Quintana". Consultado o 26/6/2017. 
  13. "Beiras abandona co Encontro Irmandiño o BNG". www.europapress.es. 12/2/2012. Consultado o 22/4/2020. 
  14. Mario Beramendi (10/6/2013). "Beiras, reelegido portavoz nacional de Anova". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26/6/2017. 
  15. Confidencial, Galicia. "Beiras, castigado sen soldo 15 días tras ser expulsado do Parlamento". Galicia Confidencial. Consultado o 7/7/2017. 
  16. Xosé Manuel Beiras en Twitter (7/8/16). "Hoxe presentarei o meu aval á candidatura de @VillaresLuis". Consultado o 8/8/2016. 
  17. "Beiras entrega a Antón Sánchez o relevo á fronte de Anova co encargo de unir a esquerda e o nacionalismo". Praza Pública. Consultado o 26/6/2017. 
  18. "Yolanda Díaz trata de enfriar las críticas de Beiras, que la acusó de traición". La Voz de Galicia (en castelán). 29/4/2017. Consultado o 7/7/2017. 
  19. noitabrega (9/3/2015). "Conversas bárbaras con Xose Manuel Beiras: “A Transición foi unha trapallada”". Noitábrega. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2016. Consultado o 26/6/2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
-
Portavoz Nacional do BNG
1982–2002
Sucesor:
Anxo Quintana