Universidade de Oxford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lema: Dominus illuminatio mea,
"The Lord is my light"
(«O Señor é a miña luz»
, Salmo 27)
Fundación 1096 aproximadamente
Tipo de institución Pública
Presidente (Reitor) Christopher Patten
Localización Oxford, Reino Unido
Alumnado 12.106 pregraduados; 7.380 postgraduados (2008)
Páxina web Universidade de Oxford
OUCOAcolourCopyrightKaihsuTai.png

A Universidade de Oxford, situada na cidade de Oxford, en Inglaterra, é a máis antiga universidade do mundo anglófono.

A Universidade de Oxford e a Universidade de Cambridge son ás veces referidas colectivamente como "Oxbridge". As dúas universidades manteñen unha longa historia de rivalidade, xa que son as dúas máis antigas e máis coñecidas escolas de Inglaterra.

A Universidade de Oxford é membro do Grupo Russell de entre 19 universidades de investigación intensiva.

Oxford, así como Cambridge e outras, é membro do Grupo Coimbra tamén, unha rede das principais universidades europeas, e do LERU (Liga de Universidades Europeas de Investigación). Tamén forma parte do Europaeum.

Christ Church College

Lingua galega[editar | editar a fonte]

A Universidade de Oxford foi a segunda do mundo en contar cun lectorado de galego. O Centro de Estudos Galegos de Oxford está localizado no Queen's College dende a década dos noventa.