A Trabe de Ouro (revista)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Trabe de Ouro.
A Trabe de Ouro é unha revista galega de pensamento crítico, publicada por Sotelo Blanco Edicións desde 1990 con periodicidade trimestral.
Nas súas páxinas hai artigos de análise sociopolítica e pensamento, textos literarios inéditos, crítica de libros, e actualidade cultural. O seu director é o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, e no seu Consello de Redacción aparecen profesores, novelistas, poetas e xornalistas de direrentes xeracións e intereses.