Xosé Chao Rego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xosé Chao Rego, nado en Vilalba o 23 de abril de 1932, é un teólogo e escritor galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Estudou filosofía en Salamanca e Madrid e teoloxía en Roma. Consagrouse sacerdote en 1956 na basílica de San Pedro de Roma. Foi profesor do seminario de Mondoñedo e párroco de Santa María de Vilar en Ferrol (1959-1976), tras secularizarse foi profesor de instituto en Vilalba e a partir de 1982 en Santiago de Compostela. Foi un dos propulsores das revistas Irimia e Encrucillada e do movemento de renovación cristiá e galeguismo que se artellou en torno a elas.

É irmán do escritor residente en Francia Ramón Chao. Desde 2002 é socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

[editar] Obra en galego

[editar] Ensaio

  • As relacións Eirexa-Mundo en Galicia, Vigo, SEPT, 1972.
  • Introducción ao Xénesis, Vigo, SEPT, 1973.
  • Historia do pobo de Xesús: en procura da boa nova, 8 volumes, Edicións do Castro, 1980-2000.
  • Eu renazo galego, Sada, Edicións do Castro, 1983.
  • O misterio do lume, SEPT, 1985.
  • Para comprendermos Galicia, Vigo, Galaxia, 1987.
  • Camiñando a Compostela, Santiago de Compostela, Irimia, 1992.
  • A Meiga e os frades: lenda do pedregal de Irimia, Santiago de Compostela, Castromil, 1993.
  • ¿A onde vai a igrexa?, Santiago de Compostela, Irimia, 1994.
  • O libro da auga, Sada, Edicións do Castro, 1995.
  • Na fronteira do misterio: credo para xente non crédula, Vigo, SEPT, 1995.
  • ¿Por que nos sentimos culpables?, Vigo, SEPT, 1995.
  • Camiño verde: ecoloxismo e creación, Santiago de Compostela, Irimia, 1996.
  • Deus tenvos moita gracia: creo no divino humor, Santiago de Compostela, Irimia, 1997. Asinado como Pepe, o Chairego.
  • A condición homosexual, Vigo, Galaxia, 1999.
  • Prisciliano: profeta contra o poder, Vigo, A Nosa Terra, 1999.
  • O queixume das orixes e tres salaios máis, Noia, Toxosoutos, 2000.
  • Da Ceca á Meca. Diñeiro e profecía, Vigo, SEPT, 2001.
  • Itinerario da conciencia galega, Santiago de Compostela, Laiovento, 2001.
  • O relato hebraico. A Biblia contada dende a Lareira, A Coruña, 3C3, 2001.
  • O sexo, a muller e o crego, A Coruña, Espiral Maior, 2001.
  • Prisciliano, A Coruña, Baía Edicións, 2002.
  • Biblia popular galega, Vigo, Xerais, 2004.
  • O demo meridiano: lembranzas dun transgresor, Vigo, Xerais, 2004.
  • A muller ¡que cale! Raíces do antifeminismo, Santiago de Compostela, 3C3, 2004.

[editar] Obras colectivas

  • As relacións Eirexa-Mundo en Galicia, 1972, SEPT.
  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990.
  • Manuel María, Ophiusa, 2001.
  • Conversa con Xosé Chao Rego: dende a Serra de Meira á Guarda mareira, de Daniel López Muñoz, Vigo, Xerais, 2002.
  • Un futuro para a lingua, Xunta de Galicia, 2002.
  • A homosexualidade a debate, Xerais, 2002.
  • Sobre o dereito a unha morte digna, Espiral Maior, 2005.
  • Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, 2010.

[editar] Obra en castelán

[editar] Ensaio

  • La Iglesia en el franquismo, Madrid, Felmar, 1976.
  • La Iglesia que Franco quiso, Madrid, 1976.
  • Marcel Lefevbre, un integrismo histórico, Madrid, 1977.
  • Iglesia y franquismo: 40 años de nacional-catolicismo (1936-1976), 3C3, 2007.
  • Iglesia y posfranquismo: 17 años de transición (1976-1992), 3C3, 2007.

[editar] Premios

[editar] Fontes

  • Dolores Vilavedra (coord.) Diccionario da Literatura Galega, Vol. I, 1995, pax. 136

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas