Bautista Álvarez
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bautista Goyel Álvarez Domínguez nado en Loucia, Las (San Amaro), o 30 de marzo de 1933, é un político galego.
[editar] Traxectoria
Estudou no seminario de Ourense, e foi estudar a Madrid, onde fixo amizade entre outros con Xosé Luís Méndez Ferrín e Xosé Fernández Ferreiro, fundadores do grupo Brais Pinto.
En 1964 foi membro fundador da Unión do Povo Galego, ocupando a presidencia desde 1977 até 2008, data na que se celebrou o XXII Congreso Nacional da UPG. Participou na fundación do BNG e foi deputado no Parlamento de Galicia en 1981 e dende 1989 ata 2005.