Xosé Luís Méndez Ferrín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Méndez Ferrín")
Xosé Luís Méndez Ferrín
Ferrin.jpg
Méndez Ferrín durante a entrega do Premio Trasalba en 2007.
Datos persoais
Nacemento 7 de agosto de 1938
Lugar Ourense Galicia Galicia
Falecemento
Lugar
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Galego
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Narrativa, ensaio, poesía
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938[1], é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000[1], e presidente da mesma dende o 23 de xaneiro de 2010 [2][3] até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente [4] O 13 de marzo renunciou definitivamente á sua cadeira de académico. [5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa infancia reside en Ourense con estancias en Vilanova dos Infantes. Na cidade de Ourense fai o primeiro curso de Bacharelato e trasládase despois (1949) coa súa familia a Pontevedra. É alí onde remata os estudos de grao medio. Na Pontevedra dos anos 50 vai tomando conciencia da realidade lingüística e cultural e do papel que o galeguismo de preguerra, coa silenciada figura de Castelao ao fondo, desempeñara na reconstrución nacional.

En 1955 el e a súa familia trasládanse a Vigo. Neste momento comeza a estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Alí toma contacto co galeguismo cultural nucleado na Editorial Galaxia en torno á figura de Ramón Piñeiro, pero non tardará en reclamar unha nova articulación da oposición política ao franquismo e do propio nacionalismo, o que provocará a súa expulsión, xunto con outros mozos, do Consello da Mocedade. En 1956 foi primeiro premio de poesía nas Festas Minervais de Santiago. En 1957 vai a Madrid onde tres anos despois licénciase en Filoloxía Románica. Nesta cidade mantén estreito contacto cos focos galeguistas e de esquerda alí localizados. Así, en 1958, créase o grupo Brais Pinto, constituído en torno á editorial do mesmo nome. En 1961 segue un curso de cultura inglesa na Universidade de Oxford. Entre os anos 1963 e 1965 realiza diversas viaxes por Europa. Tras facer o servizo militar en Canarias, pasa dous anos (1962 e 1964) en Lugo exercendo de profesor no Colexio Fingoi até que en 1965 obtén a Cátedra de Lingua e literatura Española do Instituto Santa Irene de Vigo instalándose finalmente nesa cidade.

Debido á súa actividade política foi procesado en tres ocasións -a última, cando xa estaban en vigor as institucións democráticas españolas-, sufrindo torturas e varios ingresos no cárcere.

Recentemente xubilou e retirouse do seu posto de profesor de literatura no Instituto Santa Irene. Tamén é columnista no xornal Faro de Vigo e dirixe a revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro, que ten marcado de xeito notábel na última década o devir da nosa cultura coa difusión de problemas e investigacións sobre cuestións diversas con aproximacións interdisciplinares e baixo unha dupla perspectiva nacional e universal. Ferrín é membro da Real Academia Galega e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. É Doutor en Filoloxía.

Xosé Luís Méndez Ferrín foi proposto ó Premio Nobel de Literatura no ano 1999 pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e vai ser proposto outra vez en breve.[6] Foi galardoado con moitos premios coma o Premio da Crítica, Premio da Crítica Española, Premio da Crítica de Galicia, Premio Losada Diéguez ou o Premio Eixo Atlántico. No 2008 recibiu o Premio Nacional de Literatura,[7] que integra os Premios Nacionais da Cultura Galega.

Actividade política[editar | editar a fonte]

Xa en 1958 forma parte do grupo plástico-literario Brais Pinto, de tendencia nacionalista e moi influído pola estética beat. Nas súas viaxes por Francia e Inglaterra toma contacto co marxismo, un feito transcendental para a súa biografía mais tamén para a evolución do nacionalismo galego na segunda metade do século XX. En sintonía con exiliados coma Luís Soto, Méndez Ferrín xulgará única saída posible para a Galicia contemporánea a fusión entre galeguismo radical e marxismo-leninismo, consonte os movementos de liberación nacional que triunfaban en Cuba, Vietnam ou Alxeria. Este proceso ideolóxico culminará, en 1964, na creación da Unión do Povo Galego. Debido á súa actividade política, Ferrín foi acusado de propaganda ilegal en 1967 e estivo detido na prisión do Príncipe de Vigo. En 1968 foi procesado por rebelión militar pero a causa finalmente foi sobreseída. En 1969, durante o estado de excepción, volve ser detido, xulgado e condenado a dous anos de cárcere por propaganda ilegal, dos que cumpriu parte en diversos penais.

En 1972, debido ás folgas de maio e setembro en Vigo, houbo contra el unha orde de busca e captura o que o obrigou a pasar á clandestinidade. En 1977 participa na formación da Unión do Povo Galego-liña proletaria, que se converterá en 1978 no Partido Galego do Proletariado, e en 1979 na Organización de Liberación Nacional Galicia Ceibe. En 1980 é detido baixo a acusación de tenza de armas, pasou tres meses no cárcere de Segovia antes de ser posto en liberdade, xulgado pola Audiencia Nacional quedou absolto. Na actualidade sostén iniciativas políticas e sociais como as Redes Escarlata e é membro destacado da organización política FPG (Frente Popular Galega).

Estilo literario[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Toda a narrativa de Ferrín réxese, en xeral, por uns mesmos principios que lle conferen certa unidade: no transcorrer da mesma vanse repetindo temas, personaxes, espazos e técnicas narrativas. Asemade toda ela liga coa tradición literaria galega e coa literatura universal do século XX. As principais características son:

  • Preocupación crítica e revolucionaria polos problemas de Galiza.
  • Intertextualidade: repítense personaxes e espazos, e incorpóranse tamén outros pertencentes a outras obras literarias de todos os tempos.
  • Flutuación entre o real e o ficticio.
  • Recorrencia ó mundo onírico, ás veces difícil de distinguir do real.
  • Presenza do misterioso, do inexplicable, e predominio da violencia e a morte.
  • Creación de espazos literarios (Tagen Ata, Terra Ancha...), e abundancia de espazos pechados.
  • Nas tres primeiras obras as personaxes son antiheroes, mentres que a partir de Retorno a Tagen Ata aparecen con frecuencia o heroe revolucionario e os seus antagonistas: o traidor e o inimigo.
  • Ás veces as personaxes sofren metamorfoses e transfórmanse.
  • Desenlaces sorprendentes e paradoxais.

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Arnoia, Arnoia, 1985, Xerais. Traducida ao castelán en Anaya, no 1990, por Xavier Rodríguez Baixeras

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • De Pondal a Novoneyra, 1984, Xerais.
  • Vigo: fronteira do alén, 1988, Ir Indo.
  • A poesía galega vista desde os relanzos derradeiros do século XX, 2000, Real Academia Galega.
  • Co son honrado das antigas falas, 2001, Fundación Otero Pedrayo.
  • Un escritor nos xornais: artígos periodísticos (2000), 2001, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, 2007, Xerais.
  • Nós, Galiñeiro, 2012, Instituto de Estudos Miñoranos.

Edición[editar | editar a fonte]

Conversas[editar | editar a fonte]

Tradución[editar | editar a fonte]

  • Canción galega: comedia en prosa dividida en tres actos, de José G. Posada-Curros e Luis de Gálvez Rodríguez, 1991, Vigo.
  • A raposa e as uvas, de Guilherme Figueiredo, 1994, Teatro Keyzán.
  • Nin me abandonarás nunca, de José G. Posada Curros e Luis de Gálvez, 1995, Xunta de Galicia.
  • Taronja de cel de novembre. Laranxa de ceo de novembro, de Lluis Alpera, 1999, 7 i mig, Valencia. Edición bilingüe.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • O porvir da lingua galega, 1968, Círculo de las Artes, Lugo.
  • Catro narracións, 1977, Edicións do Castro.
  • Antoloxía da poesía galega actual. Nordés, 1978, Edicións do Castro.
  • I Festival de Poesía no Condado, 1981, S. C. D. Condado.
  • II Festival da Poesía do Condado, 1982, S. C. D. Condado.
  • III Festival da Poesía no Condado, 1983, S. C. D. Condado.
  • VI Festival da Poesía no Condado, 1986, S. C. D. Condado.
  • VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1988, S. C. D. Condado.
  • Sede central. 1, 1988, Clube Cultural Adiante.
  • IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1989, S. C. D. Condado.
  • Celanova, 1989, Ir Indo.
  • Celso Emilio Ferreiro (1912-1979: unha fotobiografía, 1989, Xerais.
  • Sede Central. Relatos 2, 1990, Clube Cultural Adiante.
  • XI Festival da Poesia no Condado, 1991, S. C. D. Condado.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Edicións do Castro.
  • Relato contemporáneo, 1995, Xerais.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
  • 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara contra a súa morte (1967-1973), 1997, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Alguén agarda que volva alí, 1998.
  • Clásicos e modernos: tres leituras poéticas, 1999, Universidade da Coruña.
  • Novos exercicios de estilo, 2000, Universidade da Coruña.
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
  • Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, 2003, Tris Tram. Edición ao coidado de Arturo Casas.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Xuro que nunca volverei pasar fame, 2003, Difusora.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
  • De Manuel María a Ferrín: a grande xeración, 2006, Real Academia Galega. Con Darío Xohán Cabana.
  • Poemas pola memoria (1936-2006), 2006, Xunta de Galicia.
  • Poetízate. Antoloxía da poesía galega, 2006, Xerais.
  • 25 anos. Mostra Internacional de Teatro Ribadavia, 2009, Difusora. Con Inma López Silva e Roberto Pascual.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.
  • Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
  • Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo do 1975, por Sibila.
  • Premio da Critica no 1976, por Con pólvora e magnolias.
  • Premio Álvaro Cunqueiro (1983), concedido pola Xunta de Galicia e rexeitado polo autor por motivos políticos.
  • Premio Celanova, Casa dos Poetas (1985).
  • Premio Pedrón de Ouro en 1987.
  • Premio da Crítica de Galicia de creación literaria no 1988, por Bretaña, Esmeraldina.
  • Lista de honor do IBBY no 1988, por Arnoia, Arnoia.
  • Premio Losada Diéguez de creación literaria no 1991, por Arraianos.
  • Premio da Crítica de narrativa galega (1991) e (1999).
  • Premio da Crítica de poesía galega (1994).
  • Premio Losada Diéguez de creación literaria no 1995, por Estirpe.
  • Premio Eixo Atlántico no 1999, por No ventre do silencio.
  • II premio Roberto Blanco Torres de Xornalismo de Opinión (2000), por Un escritor nos xornais: artígos periodísticos.
  • Premio Trasalba en 2001.
  • Premio Losada Diéguez de creación literaria no 2006, por Contra Maquieiro.
  • Premio Nacional de Literatura en 2008.
  • Premio Fernández Latorre 2010 [1].
  • Premio Ramón Otero Pedrayo no 2013.
  • Premio Brais Pinto no 2013.


Predecesor:
Xosé Ramón Barreiro Fernández
Presidente da RAG
2010 - 2013
Sucesor:
Xesús Alonso Montero

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Páxina adicada a Méndez Ferrín na RAG" (en galego). Real Academia Galega. http://www.realacademiagalega.org/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=showAcademic&_ManageChairs_WAR_ragportal_tableDate=1342167845861&id=588. Consultado o 13-07-2012.
  2. "Mendez Ferrín opta polo continuísmo" (en galego). Vieiros. Consultado o 13 de xullo de 2012
  3. "Organización da Real Academia Galega" (en galego). Real Academia Galega. http://www.realacademiagalega.org/organizacion. Consultado o 13-07-2012.
  4. "Méndez Ferrín dimite como presidente da RAG", artigo en Praza Pública, 25 de febreiro de 2013.
  5. Ferrín consuma a súa dimisión e denuncia que a RAG está en perigo
  6. Piden el Nobel para Ferrín, alegando que "sufrió prisión por la defensa del gallego" (en castelán)
  7. "Méndez Ferrín gana el Premio Nacional de Literatura" (en castelán). El País. Consultado o 13 de xullo de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]