Historia de Serbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia de Serbia

Bandeira de Serbia.
Prehistoria de Serbia
Era romana ( século II a.C)
Imperio bizantino (século VII)

Serbia no ano 850.
Idade Media
Os estados serbios altomedievais
Serbia baixo a dinastía Vojislavljević
Desenvolvemento dos estados serbios
O Imperio
Caída de Serbia
Inicio da Idade Moderna
Serbia otomana (1402–1912)
Serbia dos Habsburgo
Grandes Migrazóns Serbias
Do Principado ao Reino de Serbia (1804-1918)
(Primeira Revolta Serbia e Segunda Revolta Serbia)
Serbia moderna
O Principado autónomo de Serbia (1817-1878)
O Reino de Serbia (1882-1918)
Serbia na Primeira Guerra Mundial (1914-1918)
Serbia no seo da primeira Iugoslavia (1918-1941)
Serbia na segunda guerra mundial (1941-1945)
A Iugoslavia de Tito (1945-1980)
Os anos de Milošević (1992-2000)
A Serbia democrática (2003-2006)
A República Serbia independente (desde 2006)

Mapa actual de Serbia, sen Kosovo
(país aínda non recoñecido pola ONU)
Santo Estevo Nemanja, ou San Simeón (Estevo Nemanja). Pintura mural no Mosteiro de Studenica, (1313-1314).[1]
Milan I, primeiro rei de Serbia (1854-1901).

Aínda que a orixe dos serbios se perde no pasado remoto, a historia de Serbia pode considerarse que comeza co primeiro estado serbio, Raška, que foi fundado no século IX pola Casa de Vlastimirović; desenvolveuse despois como Reino e logo Imperio serbio baixo a Casa de Nemanjić.

Na época moderna, e despois da ocupación otomá, Serbia foi un principado autónomo (1817-1878), aínda baixo soberanía otomá, un principado e un reino independente (1878-1918), parte do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (1918-1941), denominado Reino de Iugoslavia desde 1929, un estado monicreque ocupado polos nazis (1941-1944), unha república socialista na República Federal Socialista de Iugoslavia (1945-1992), unha república na República Federal de Iugoslavia (1992-2003), unha república na Unión de Estado de Serbia e Montenegro (2003-2006) e, nos nosos días, a República de Serbia, independente desde o 5 de xuño de 2006.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O neolítico en Europa.

Prehistoria[editar | editar a fonte]

No Neolítico, dominando os Balcáns (así como outras partes da Europa central e de Asia Menor) desenvolvéronse, hai uns 8 500 anos, as culturas de Starčevo e de Vinča.[2][3]

Algúns estudosos cren que os prehistóricos signos de Vinča representan unha das primeiras formas coñecidas de sistemas de escritura (que datan de 6 000 a 4 000 anos a. C.)[4]

A estratéxica situación de Serbia entre dous continentes sometérona ás invasións por moitos pobos. Os gregos colonizaron o sur do país no século XI a. C., sendo a cidade de Kale-Krsevica o punto máis setentrional do Imperio de Alexandre o Grande.[5] Os tracios dominaban Serbia antes da inmigración dos ilirios no suroeste.[6]

Era romana[editar | editar a fonte]

Provincias romanas de Illyricum (que comprendía Dalmacia e os SO de Panonia ou baixa Panonia), Panonia, Mesia, Dacia, Tracia e Macedonia.
Artigos principais: Mesia, Panonia, Dalmacia, Dacia e Macedonia, Grecia.

Os romanos conquistaron partes de Serbia no século II a. C. En -167 conquistaron o oeste, establecendo a provincia de Illyricum (Iliria), e o resto da Serbia Central no -75, establecendo a provincia de Moesia (Mesia). Srem foi conquistada no -99 e a Bačka e o Banato no ano 106 d. C. por Traxano, despois das Guerras dacias.

A Serbia contemporánea comprende as rexións da Grecia clásica de Mesia, Panonia, partes de Dalmacia, Dacia e Macedonia. No norte de Serbia, a cidade de Sirmio (Sremska Mitrovica) foi unha das catro principais vilas do Baixo Imperio romano, que foron as súas capitais durante a tetrarquía.[7] As principais cidades de Mesia superior foron Singidunum (Belgrado), Viminacium (ás veces denominada Aelium municipium, moderno Kostolac) e Remesiana (Bela Palanka).

Dezasete emperadores romanos naceron en territorios da actual Serbia[8]. Crese que Belgrado sufriu 140 guerras dende a época romana.[9]

Imperio bizantino[editar | editar a fonte]

Ao redor do século VII apareceron nas fronteiras bizantinas un gran número de eslavos.[10] Estes pobos estiveron baixo goberno nominal serbio desde o século VII. O emperador Heraclio permitiulles asentarse no Imperio Bizantino, trala súa vitoria sobre os ávaros.[11]

A orixe dos serbios[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Pobos eslavos.
Migracións dos serbios entre os anos 50 e 1000.
Lenda: Liña vermella: Migración hipotética desde o norte do Cáucaso até a Europa central dentro das migracións eslavas.
Liña azul: Migración desde a Serbia Branca contra o ano 600.
Liña verde: Intercambios de poboación entre o Imperio bizantino e a Gran Moravia, nos que os serbios se instalan no val do río Morava ocupando o lugar deixado polas poboacións valacas que foron en 990 até o oeste de Praga.

Pouco é o que se coñece sobre a orixe e as primeiras etapas da historia dos pobos eslavos. A partir das fontes clásicas e das evidencias arqueolóxicas, propóñense diversas hipóteses un tanto vagas que sitúan o seu hábitat primitivo nalgún punto das vastas chairas que se estenden entre os ríos Elba e Dniéper.

Arqueólogos polacos e checos localizan o seu berce nun amplo espazo da Europa oriental, limitado de oeste a leste polo Vístula e o Dniéper e, ao sur, polos contrafortes setentrionais dos Cárpatos. Alí, ao longo da Idade de Bronce, as xentes da cultura de Trzciniec e da súa sucesora, a puxante cultura lusaciana dos Campos de Urnas, configuraran un substrato étnico no que, conforme a estas teses, sería posíbel rastrexar a orixe dos pobos eslavos.

A idea de que os pobos eslavos teñen moito en común, en canto á súa orixe, das súas linguas e dalgúns aspectos culturais, deriva máis ben do nacionalismo romántico, do paneslavismo e da noción de raza como unha base biolóxica para as nacións, aínda que moitos estudosos comprobaron as múltiples semellanzas histórico-xenéticas, xeo-culturais e fonético-idiomáticas entre os pobos protoindoeuropeos.

Tampouco a orixe dos serbios está establecida con certeza. A raíz do nome Srbi probabelmente non é de antigos dialectos eslavos. Xurdiron algunhas teorías para explicalo, apoiándose nos escasos documentos escritos de Tácito, o historiador romano, que menciona a presenza dun pobo do Cáucaso, ao comezo da nosa era, chamado "Serboi" ou "Serbia". A maioría destas teorías afirman que este pobo protoserbio non era de estirpe eslava, senón de orixe caucásica ou sármata. Posteriormente sería dominado por algunhas tribos eslavas despois dunha migración cara ao oeste, probabelmente en Transcarpatia. Mesturados cos eslavos destas tribos, os protoserbios serían gradualmente "asimilados".

Sexa o que for, o que é certo é que, entre os séculos I e o IV os serbios abandonaron o territorio orixinal dos eslavos para establecerse en Moravia setentrional, máis exactamente entre o Elba e o Saale (actual Alemaña), nunha rexión chamada Serbia Branca (a cor branca simboliza o oeste entre os eslavos). Alí permaneceron até o século VII, cando o emperador bizantino Heraclio pediu a axuda dos eslavos do norte, incluíndo os serbios, para que o axudasen a rexeitar aos ávaros fóra dos territorios do Imperio.

Os serbios asentáronse no que se coñece como as terras serbias no século VI no curso da gran migración dos eslavos. En 649 o emperador Constantino III (612-ca. 641) realoxou aos eslavos conquistados "do Vardar" no Gordoservon (Fogar serbio). En 822 os serbios menciónanse como "habitantes da maior parte de Dalmacia" (as "terras serbias").

O emperador Constantino VII (913–959) escribiu na súa obra "Da administración do Imperio" (De Administrando Imperio) sobre os serbios, dicindo que os serbios brancos "emigraran de Βοĩκι" e formaran un principado" (cos horions de Rascia, Bosnia medieval, Duklja, Travunija, Paganija e Zahumlje), así como a lista cronolóxica dos monarcas serbios desde o século VII.

Oe serbios desenvolveron unha cultura bizantino-eslava, parecida á dos seus veciños búlgaros, e estableceron o cristianismo como a relixión do Estado contra 869, durante o reinado do emperador Basilio I (867–886). O župa era unha confederación de comunidades encabezadas por un župan, maxistrado ou gobernador.[12]

Idade Media[editar | editar a fonte]

Os serbios entraron no seu territorio actual no século VII, establecéndose en seis delimitacións tribais diferenciadas, que formaron estados ocasionalmente independentes, outras veces unidos:

Os estados serbios altomedievais[editar | editar a fonte]

Serbia baixo a dinastía Vlastimorović[editar | editar a fonte]

O primeiro estado serbio unificado apareceu baixo Ćaslav Klonimirović a mediados do século X, en Rascia. Porén, na primeira metade do século XI, a familia máis poderosa era a Vojislavljević, de Zeta. O Principado de Serbia foi un estado medieval dos serbios, gobernado pola dinastía Vlastimirović, que existiu desde ca. 768 a 969.[13] Estableceuse mediante a unificación de varios clans baixo o supremo goberno dun certo Višeslav, primeiro gobernante serbio de nome coñecido (ca. 768–814).

En 822 parece que os serbios gobernaban "a maior parte de Dalmacia" e que, ao mesmo tempo, os búlgaros tomaran as terras ao leste, preparándose para a conquista de Serbia. Vlastimir de Serbia derrotou o exército búlgaro nunha guerra de tres anos (839-842), e os dous países viviron en paz durante algunhas décadas. Tres fillos de Vlastimir gobernaron despois Serbia, aínda que non por moito tempo. Serbia convertérase en peza clave na loita polo poder entre os bizantinos e os búlgaros, o que deu lugar a guerras civís dinásticas en Serbia (aliada moitas veces ao Imperio bizantino) durante tres décadas. Serbia foi anexionada polos búlgaros durante tres anos (924-927), até o regreso do Príncipe Ćaslav, que uniu varias provincias, converténdose no máis poderoso dos Vlastimirović.

Un acontecemento importante foi o establecemento do cristianismo como relixión do Estado no ano 869 e a fundación da primeira eparquía serbia, a Eparquía de Ras. A última información sobre a dinastía Vlastimirović aparece en Sobre a administración do Imperio (ca. 950-960).[14][15] Serbia foi anexionada polos bizantinos en 969.

Serbia baixo a dinastía Vojislavljević[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Doclea.
Territorios serbios no século XI, segundo De Administrando Imperio.

Ao redor de 1040 un exército bizantino enviado por Constantino Monómaco foi destruído polo exército serbio dirixido por Vojislav, do que resultou a liberación de Duklja. Duklja asumiu entón a dominación sobre as terras serbias entre os séculos XI e XII baixo a dinastía de Vojislavljević (rama da dinastía Vlastimirović, a primeira dinastía serbia).

No século IX formouse un estado co nome de Dioclea ou Diocleia que estaba ao sur de Travunia (e esta ao sur de Zahumlje que, á súa vez, estaba ao sur de Pagania). (Véxase mapa da cabeceira).

Un descendente de Vlastimir, o príncipe Časlav de Klosmir, independizouse de Bizancio e fíxose co dominio de Dioclea. Kotor, Bar e Ulcinj quedaron como enclaves bizantinos que tiñan que pagar tributo aos gobernantes de Dioclea.

No ano 1077 Duklja converteuse no primeiro reino serbio (con Mihailo I (Miguel I),[16] tras o establecemento do bispado católico de Bar.

O territorio foi incorporado por Stefan Nemanja ao estado serbio que en 1217 se transformou no Reino de Serbia e, tras o desmembramento do Imperio serbio integrouse definitivamente no Principado de Zeta (aproximadamente o actual Montenegro).

Segundo o emperador Constantino VII o Porfiroxénito, na súa obra De Administrando Imperio, o documento máis fiábel da época, os serbios habitaban as terras de Doclea, Travunia, Zachlumia, Pagania e Rascia.[17]

O período en que a zona foi coñecida como Doclea (desde o século IX ata o final do século XII) considérase moitas veces como o máis próspero na historia dos montenegrinos.[18]

Desenvolvemento dos estados serbios[editar | editar a fonte]

Serbia baixo a dinastía Nemanjić[editar | editar a fonte]

Estevo Nemanja[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Estevo Nemanja.

A mediados do século XII predominou novamente Rascia coa dinastía de Nemanjić, que levou o Reino de Serbia a unha idade de ouro que durou máis de tres séculos. O unificador dos pequenos estados que deron orixe ao reino foi Estevo Nemanja (véxase imaxe noa cabeceira), que ostentaba o título de gran župan de Rascia, que era o máis importante de todos eles.

Despois de loitar polo trono contra os seus irmáns, Estevo Nemanja fíxose co poder en 1166 e comezou a renovar o estado na rexión de Rascia. Á veces co apoio de Bizancio, e outras na súa contra, o Veliki župan (literalmente, xefe de familia, equivalente a príncipe) Nemanja ampliou o seu estado conquistando territorios no leste e no sur, anexionando o litoral adriático e a rexión de Zeta. Xunto ás súas tarefas de goberno, o veliki župan dedicou esforzos para a construción de mosteiros, como o de Djurdjevi Stupovi e o de Studenica, na rexión de Rascia, e o de Hilandar no monte Athos.

Ao longo do século XI, Nemanja obtivo o goberno de Zeta, Dioclea, Zahumlia e Travunia, ben por anexión, ben por herdanza familiar,[19] para formar o primeiro grande estado serbio.[20] Así mesmo, ostentaba os títulos de Príncipe de Ibar, Toplica, Rasina e Reke, Príncipe de Dubočica, Príncipe de Doclea e Príncipe de Moravia Occidental.

O reino[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Reino de Serbia (medieval).

Stefan Prvovencani[editar | editar a fonte]

Estevo II Nemanjić, O Primeiro Coroado.

Nos derradeiros anos da súa vida, Nemanja consagrouse á vida relixiosa, abdicando, o 25 de marzo de 1196, de todos os seus estados, agás Zeta, no seu segundo fillo Estevo Nemanjić, dando o goberno de Zeta ao seu primoxénito, Vukan. O fillo máis novo de Nemanja, Rastko Nemanjić, fíxose monxe e tomou o nome de Sava, poñendo todos os seus esforzos en estender a relixión entre a súa xente.

Dado que a Curia tiña xa ambicións para estender a súa influencia nos Balcáns, Estevo II usou estas circunstancias propicias para obter a súa coroa real, converténdose así no primeiro rei serbio. En Bizancio, o seu irmán Sava conseguiu asegurar a posición autocéfala para a Igrexa serbia, e converteuse no primeiro arcebispo ortodoxo serbio. Así, os serbios adquiriron ambas as formas de independencia: temporal e relixiosa. Foi coroado en 1217 polo papa Honorio III, sendo o seu título completo "Rei das terras de Raška, Duklja, Travunia, Dalmacia e Zachlumia", aínda que a versión máis curta foi "Rei dos serbios", elevando o estado á categoría de reino independente, recoñecido internacionalmente. Cando recibiu o título de rei adoptou o nome de Estevo II Nemanjić,[21] Aínda que tamén é coñecido como Estevo Prvovenčani (O Primeiro Coroado), como primeiro monarca da dinastía.

A xeración seguinte de reis serbios -os fillos de Estevo Prvovencani- foron máis ou menos dependentes dalgún dos estados veciños, Bizancio, Bulgaria ou Hungría.

Radoslav, Vladislav e Uros Nemanjić marcaron un período de estancamento da estrutura do estado. Os tres reis sucesores de Stefan Prvovenčani foron tres dos seus fillos, entre eles Estevo Radoslav (1228-1233), que desempeñou un reinado carente de acontecementos importantes, sendo tutelado politicamente polo Despotado de Epiro,[22] e outro, o medio irmán deste, Vladislav (1233-1243), que aproveitou a impopularidade de Radoslav para derrocalo e instaurar un goberno moi influído polo Segundo Imperio búlgaro, cuxo emperador Iván Asen II de Bulgaria era o seu sogro.[23]

O terceiro fillo de Estevo II Prvovenčani que accedeu ao trono foi Estevo Uroš I (12431276), que tamén derrocou ao seu irmán aproveitando a debilidade de Bulgaria, o seu principal apoio. Ademais, beneficiouse do declive dos búlgaros en Epiro para intentar expandir os seus territorios, alcanzando os seus confíns a Dubrovnik e Hungría, aínda que non logrou variacións substanciais nos seus dominios.

Estevo Dragutin[editar | editar a fonte]

Moeda coa efixie do rei Estevo Dragutin (1276-1282).

Uroš I foi desposuído do trono polo seu fillo Estevo Dragutin (1276-1282), que levou a cabo unha política de amizade con Hungría. Tras un accidente, debeu renunciar ao trono sendo sucedido polo seu irmán Estevo Uroš II Milutin (1282-1321), aínda que mantivo o título de rei de Sirmia, zona que lle fora concedida polos húngaros. Milutin impulsou un gran desenvolvemento económico e cultural de Serbia, ademais de conquistar novos territorios e de mellorar as relacións co Imperio bizantino.[24] Porén, nos seus primeiros anos de goberno atacou precisamente as posesións bizantinas, logrando conquistar o norte de Macedonia, coa cidade de Skopje, que se converteu na súa capital. Continuou as súas anexións de territorios bizantinos cara a Kavala, obtendo en 1284 o control do norte de Albania e a cidade de Dyrrachion.

En 1299 firmou a paz cos bizantinos, aos que a partir de entón axudou a deter o emerxente Imperio Otomán.[25] Porén, non logrou a anexión do reino de Sirmia gobernado polo seu irmán, xa que non foi permitida polo rei Carlos I de Hungría, aínda que logrou o control de Braničevo. Á súa morte, Serbia era, despois do Reino de Hungría, o estado máis poderoso da zona.

A Milutin sucedeuno o seu fillo Estevo Uroš III Dečanski (1321-1331), contra o que Bulgaria e Bizancio estableceron unha alianza que, en 1330, organizou a invasión de Serbia. Pero o exército de Dečanski conseguiu abortar a operación coa súa decisiva vitoria na Batalla de Velbazhd, onde ademais morreu o emperador búlgaro Miguel Shishman.[26] As súas conquistas permitíronlle estender as fronteiras de Serbia cara ao sur, cara á Macedonia bizantina.

Nas relacións cos húngaros tivo un papel decisivo o feito de que Estevo Uroš I (Uroš I) fora deposto e substituído polo seu fillo Estevo Dragutin, cuxa esposa era unha princesa húngara. Máis tarde cando Dragutin abdicou en 1282 en favor do seu irmán máis novo, Estevo Milutin, o rei húngaro Ladislau deulle terras situadas ao nordeste de Bosnia, a rexión de Mačva e a cidade de Belgrado, mentres el conseguía conquistar e anexionar terras no nordeste de Serbia: así, algúns destes territorios pasaron a formar parte do estado serbio por primeira vez, aínda que como reino independente.

Denominouse ao novo estado Reino de Srem. Neste tempo o nome Srem era unha designación para dous territorios: o Srem Alto (actual Srem) e Srem Baixo (actual Mačva). O reino baixo o goberno de Stefan Dragutin era o Baixo Srem, en realidade, pero algunhas fontes históricas din que Dragutin tamén gobernou o Srem Alto e Eslavonia.

Despois de que morrese en 1316, o goberno do novo reino de Srem recaeu no seu fillo, o rei Ladislau II, que gobernou até 1325.

Milutin[editar | editar a fonte]

Baixo o goberno do irmán máis novo de Dragutin, o rei Estevo Uroš II Milutin, Serbia estabilizouse a pesar de ter que combater de cando en vez en tres frontes diferentes. Milutin inclinouse ao uso dun expediente diplomático medieval: os matrimonios dinásticos. Estivo casado cinco veces con princesas húngaras, búlgaras e bizantinas. É tamén famoso como construtor de igrexas, algunhas das cales son os exemplos máis brillantes da arquitectura serbia medieval: o mosteiro de Gračanica en Kosovo, a catedral no mosteiro de Hilandar no Monte Athos, a igrexa do Santo Arcanxo en Xerusalén, e outras. Debido ás súas dotacións ás igrexas, o rei Milutin foi proclamado como santo a pesar da súa vida tumultuosa. Sucedeulle no trono o seu fillo Estevo.

Estevo Uroš III[editar | editar a fonte]

Foi chamado Stefan Uroš III Dečanski. Tras estender o reino cara ao leste tomando a cidade de Nis e os condados circundantes, e cara ao sur en Macedonia, Estevo Decanski seguiu o exemplo de seu pai construíndo o mosteiro de Visoki Decani en Metohija, un dos mellores exemplos de arquitectura medieval serbia.

O Imperio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Imperio serbio.

Uroš IV Dušan[editar | editar a fonte]

Estevo Uroš IV Dušan, O Magnífico.
Rei de Serbia (1331-1355)
Emperador de Serbia (1346-1355).

Algúns dos cortesáns de Dečanski, porén, estaban descontentos coa súa política e conspiraron para destronalo en favor do seu fillo Estevo Dušan, que reinou como Estevo Uroš IV Dušan (1331-1346). Baixo o liderado de Dušan, Serbia conseguiu o seu máximo esplendor e apoxeo, aínda que o seu reinado transcorreu nun panorama político complicado e turbulento polo avance dos otománs por Anatolia. Ademais, rompeu a alianza cos bizantinos, e estendeu as súas posesións a costa dos seus territorios de Prilep, Ohrid, Vardar e Kastoriá, no seu avance cara a Macedonia polo sur. Polo norte, venceu aos húngaros e conquistou a rexión de Mesia.

Por iso, en 1346, Dušan foi nomeado tsar de Serbia e proclamou o Imperio, converténdose no primeiro emperador de Serbia e Grecia, cuns dominios que alcanzaron a maior extensión da historia de Serbia. Durante o mandato do emperador Estevo Dušan, chamado Silni (O Poderoso) o Imperio serbio cubría gran parte da Iugoslavia do século XX e da Grecia actual.

Nos primeiros anos do seu reinado loitou contra o Imperio bizantino (1334), continuando a guerra con interrupcións até a súa morte en 1355. Viuse implicado dúas veces en conflitos cos húngaros, derrotándoos en ambas as ocasións. Mantivo a paz cos búlgaros, casando con Helena, a irmá do seu emperador, Iván Alexander. Dušan interveu na guerra civil bizantina, apoiando a Xoán V Paleólogo mentres que o seu cuñado Iván Alexander o facía con Xoán VI, aproveitándose ambos: Dusan connquistou todos os territorios bizantinos dos Balcáns occidentais até Kavala, a excepción do Peloponeso e Tesalónica.

Proclamouse en 1345 emperador (tsar) en Serres, e foi coroado solemnemente en Skopje o 16 de abril de 1346 como "emperador dos serbios, gregos, búlgaros e albaneses" polo patriarca serbio Joanikie II, acabado de nomear coa axuda do patriarca búlgaro Simeón e do arcebispo de Ohrid, Nicolao. Previamente elevara á igrexa ortodoxa serbia dun arcebispado autónomo a patriarcado, asumido o control. Por estes actos foi excomungado polo patriarca ecuménico de Constantinopla.

En 1349 aprobou o Dusanov Zakonik (Código de Dusan), un logro xurídico único entre os estados europeos da época. O emperador abriu novas rutas de comercio e fortaleceu a economía do Estado. Serbia converteuse nun dos países máis desenvolvidos de Europa, cunha cultura florecente. Algunhas das maiores obras de arte medieval construíronse durante este período, como o nomocánon de San Sava.

O emperador Stefan Dušan, que duplicara o tamaño do seu reino, foi sucedido polo seu fillo Uroš, chamado O Débil, un termo que podería tamén aplicarse ao estado do reino que, baixo o seu mandato, esvaraba lentamente até caer na anarquía feudal. É un período marcado, ademais, pola aparición dunha nova ameaza: o sultanato turco otomán, que se estende de Asia a Europa e conquista Bizancio e, despois, invade os estados balcánicos gradualmente.

Caída de Serbia[editar | editar a fonte]

Estados serbios procedentes da disolución do Imperio serbio no século XIV (1373-1395).
Reino do príncipe Lazar (Moravia Serbia)
Reino de Zeta
Reino do rei Marko
Reino of Constantino Dragaš (Principado de Velbazhd)
Reino de Vuk Branković

A morte do tsar Dušan desencadeou a desintegración do seu vasto imperio, pois o seu fillo Estevo Uroš V viuse impotente para manter o grande estado creado polo seu pai. Uroš V non soubo repeler os ataques de inimigos estranxeiros, nin a loita contra a independencia da súa propia nobreza.

O Imperio serbio de Dušan fragmentouse nun conglomerado de principados, algúns dos cales nin sequera recoñecían o seu goberno.[27]

Dous poderosos señores serbios, os irmáns Uglješa e Vukašin Mrnjavčević, reuniron un grande exército para rexeitar aos otománs. Marcharon a territorio turco en 1371 para atacar o inimigo. Instalaron un campamento cerca do río Maritza en Chernomen, na actual Bulgaria e comezaron a beber para celebraren a que eles crían sería a súa vitoria, polo que chegaron ao campo de batalla bébedos. Durante a noite, un destacamento das forzas otomás atacaron aos cabaleiros serbios en estado ebrio e empurráronos cara ao río. A maioría dos cabaleiros foron asasinados ou afogaron. Esta batalla, coñecida como a Batalla de Maritza, tivo como resultado que os serbios perderon o control sobre a metade sur do seu antigo Imperio.

Na Batalla de Pločnik, en 1386, as forzas serbias derrotaron o exército otomán. Pero a batalla de Kosovo de 1389 foi o punto de inflexión da guerra entre serbios e turcos. Un potente exército serbio, comandado polo príncipe Lazar, o nobre máis poderoso de Serbia nese momento, tiña vantaxe na batalla. Un vasalo de Lazar, Obilić, matou o sultán otomán Murad I. O fillo de Murad, Bayezid I, retirou o resto das súas tropas do campo de batalla, polo que parecía unha vitoria serbia, aínda que en realidade foi unha terríbel derrota que, segundo lendas pouco críbeis, debeuse á traizón de Vuk Branković.

A realidade é que as perdas foron tan grandes que esta batalla foi unha catástrofe para os serbios. A batalla de Kosovo definiu o destino da fin da Serbia medieval. Despois da batalla, non houbo ningunha forza nos Balcáns capaz de enfrontarse aos turcos. Kosovo foi tomado polos otománs nos anos seguintes e o reino serbio trasladouse cara ao norte, transformándose no Despotado de Serbia.

Este inestábel período estivo marcado polo goberno do fillo do príncipe Lazar, o déspota Estevo Lazarević, un cabaleiro de estilo europeo e un poeta, e o do seu curmán Djuradj Branković, que se trasladou ao norte da capital á nova cidade fortificada de Smederevo. Os otománs continuaron a súa conquista até que finalmente tomaron a Serbia medieval do norte en 1459, cando Smederevo caeu nas súas mans, quedando como únicos territorios serbios libres algunhas zonas de Bosnia e o principado de Zeta. Tras a caída do reino de Bosnia en 1496, o Imperio Otomán gobernou Serbia durante case catro séculos.

Idade Moderna: Os serbios baixo o Imperio Otomán e o Imperio austríaco[editar | editar a fonte]

A conquista otomá[editar | editar a fonte]

Artigos principais: Imperio Otomán e Imperio Austríaco.

No ano 1354 iniciouse, coa caída de Galípoli, a conquista turca da Europa balcánica e, en tan só unha centuria, a práctica totalidade da península pasou a mans dos invasores asiáticos. A ameaza turca era máis sensíbel en Serbia, desintegrada durante o reinado de Esteban X Uroš V (1355-1371). Tal situación materializouse coa derrota do príncipe Lázaro Hrebeljanović á fronte dunha coalición de pobos balcánicos en Kosovo Polje (1389).[28]

Murad II.

A finais do século XIV Bulgaria, Tracia, Macedonia e o norte de Grecia foran xa ocupadas, e Serbia e Bosnia pagaban tributo ao Sultán. O sucesor de Lázaro, Estevo Lazarević (1389-1427), proclamouse déspota e, aliado de Hungría, estableceu a súa capital en Belgrado (14l2). Este esforzo efémero contra a presión otomá foi continuado por Xurxo Branković (1427-1456), que trasladou a Semendria a capital da zona serbia por el controlada, e propuxo a unión de Bosnia, Serbia e Hungría contra os turcos.

Pero as súas peticións, e os esforzos de Hungría por galvanizar os cristiáns balcánicos e promover unha cruzada europea contra o islam, foron anulados polo desastre de Varna (1444), que abriu definitivamente aos otománs a posesión dos Balcáns ao derrotar as tropas de Murad II ás de Ladislau III de Polonia e a Janós Hunnyadi de Hungría.[29]

Serbia converteuse nun baxalato otomán (1459), mentres que o último déspota se retiraba a Bosnia que, catro anos despois (1463), tamén pasou a mans turcas, a pesar de que o seu voivoda se proclamara vasalo do Sultán. Hercegovina caeu en 1482 e, nese mesmo ano, outro baxalato uniu esta rexión con Bosnia. Croacia foi aniquilada na batalla de Krbasko Polje (1493), o que orixinou un desprazamento de croatas a Eslovenia e Hungría, onde tamén se refuxiaran numerosos serbios. Finalmente, Zeta, denominada agora Crna Gora (Montenegro), pasou despois (1499) de mans venecianas a otomás, e foi posto baixo a autoridade administrativa do rangag (distrito) de Escútari.[30]

Imperio Otomán coas conquistas entre 1481 e 1683.

Tras estas campañas otomás só quedou en relativas condicións de seguridade a República de Ragusa, enclave comercial que ostentaba o monopolio do sal e que se converteu en foco cultural e político do eslavismo. Esta cidade, fundada en 614 por uns fuxitivos de Epidauro, chegou a ser o centro dunha república aristocrática independente e saída ao mar dos eslavos dos Balcáns.

Aínda houbo unha terceira vaga de conquistas turcas, no século XVI. Tras a caída do reduto de Belgrado (1521), formouse un estado "tapón" para protexer a fronteira húngara que, porén, non puido conter as emigracións de serbios a dito país. Finalmente, chegou o desastre húngaro de Mohács (1526), que provocou a perda de Eslavonia (parte oriental de Croacia) e a maior parte da propia Hungría. Despois da derrota de Mohács, os croatas preferiron pasar a ser súbditos dos Habsburgo de Austria, como vimos. Da península Balcánica, só Ragusa (Dubrovnik) conseguiu manter unha autonomía relativa mediante o pagamento dun tributo anual ao Sultán.

Este estado de servidume prolongouse até 1683, data do sitio de Viena e do comezo da decadencia do poder otomán en Europa.[31]

Consecuencias da ocupación otomá[editar | editar a fonte]

A conquista turca tivo profundas e duradeiras consecuencias para os eslavos balcánicos. Os vencedores non só eliminaron a súa organización política, senón que transformaron as relacións sociais e económicas e provocaron considerábeis movementos de poboación. Como os restantes cristiáns do Imperio, os balcánicos convertéronse en reaia, súbditos propiedade do Sultán, que dispoñía libremente das súas vidas e facendas. Grandes extensións da península foron entregadas en feudo (timar)[32] a soldados otománs que, a cambio do servizo de armas, recibían os beneficios da explotación da terra e do traballo dos campesiños a ela adscritos.

O sistema social sufriu cambios importantes. Aínda que no mundo rural se mantivo o modelo de comunidades campesiñas gobernadas patriarcalmente por xuíces que respondían ante o baxá otomán, a vida urbana sufriu un importante retroceso en case todos os Balcáns occidentais. Desapareceu a vella aristocracia feudal, e o patriarcado grego de Constantinopla recuperou a súa privilexiada posición entre a cristiandade eslava ortodoxa, en prexuízo do clero dos desaparecidos patriarcados nacionais serbio e búlgaro.[33]

Isto trouxo consigo un considerábel retroceso da vida cultural das comunidades eslavas, que perderon practicamente a tradición literaria na súa propia lingua. Porén, o proceso de islamización foi mínimo e circunscribiuse ao asentamento de campesiños anatolios nalgunhas zonas de Tracia e Macedonia e á conversión ao islam de gran parte da poboación de Albania e de parte da de Bosnia (os bogomilos).[34]

O que si que tivo unha gran transcendencia foron os desprazamentos de poboación provocados pola conquista e despois polas reiteradas sublevacións contra o dominio otomán. Durante os séculos XIV e XV foron moitos os cristiáns, fundamentalmente católicos romanos de Bosnia e Eslavonia, que buscaron refuxio en Croacia, Hungría, a República de Ragusa e as posesións venecianas en Dalmacia. Tamén os serbios coñeceron grandes migracións. No norte, miles deles cruzaron o Danubio fuxindo da conquista turca establecéndose na rexión húngara de Voivodina (hoxe provincia "autónoma" de Serbia), poboada por romaneses e maxiares, e nas zonas orientais de Eslavonia, entre Osijek e Belgrado, onde a poboación serbia chegaría a ser maioritaria (isto orixinaría un dos conflitos contemporáneos entre Serbia e Croacia).

As prolongadas guerras entre austríacos e turcos provocaron novas migracións en masa cara aos territorios dos Habsburgo, como a encabezada, contra 1690, polo patriarca Arsenij Čarnojević, ou a que seguiu ao fracasado levantamento proaustríaco de 1787. O resultado destes movementos foi unha relativa ruptura do equilibrio étnico na área danubiana que daría lugar, xa no século XX, a non poucos conflitos entre serbios, húngaros e croatas.

A islamización contribuíu a complicar aínda máis este panorama. En Bosnia, rexión poboada por serbios e croatas, as conversións masivas de adeptos ao cristianismo bogomilo fixeron xurdir un terceiro grupo nacional, o dos musulmáns bosníacos, que pronto alcanzou un considerábel peso específico. Conforme ao censo de 1910, a maioría da poboación de Bosnia e Hercegovina estaba formada por serbios ortodoxos (42 %) fronte a un 21 % de croatas, pero os musulmáns supoñían o 34%.

As rexións de Kosovo e Novi Pazar viron emigrar tamén a boa parte da poboación, que foi substituída por colonos musulmáns da veciña Albania, o que co tempo crearía outro grave problema étnico no corazón da Serbia histórica.

Situación de Serbia[editar | editar a fonte]

As fronteiras europeas do Imperio Otomán na súa máxima extensión (1683).
Voivodina.

Inicialmente, a dependencia dos turcos en Serbia limitouse a aceptar a soberanía dos sultáns, pero despois da caída de Constantinopla en poder dos turcos (1453), estes, para asegurarse o dominio de Serbia, atacárona e sometérona facilmente. Todas as terras pasaron a ser propiedade do Sultán, o cal as concedía aos xefes militares a cambio dos seus servizos; este novo sistema de propiedade da terra implicou a servidume da case totalidade da poboación serbia.

O último tsar serbio, Lázaro II, morreu en 1458. O sentimento nacional serbio sufriu un duro golpe e entrou nunha prolongada etapa de letargo (uns 350 anos). Como Turquía fixo algunhas concesións, como a reconstitución do patriarcado serbio de Peć (1555), os intentos dos serbios de emanciparse da tutela dos turcos non comezaron até que a mesma descomposición interna do Imperio Otomán os facilitou.

Porén, o patriarcado de Peć adoptou un liderado civil sobre os serbios, manténdose grazas a iso, durante o tempo da dominación otomá, a idea de nacionalidade. E, no século XVII, Georges Branković, facéndose pasar por descendente dos antigos reis serbios, reclamou os seus "dereitos" sobre Sirmio, Hercegovina e o Banato de Temesvar (Timisoara). As súas propostas de formar un reino ilírico semiindependente (1683), que protexería as fronteiras do imperio habsburgués, fracasaron (1689).

Posteriormente, o emperador de Austria Leopoldo I prometeu axuda ao patriarca Arsenio III Čarnojević, que formou un ducado serbio, gobernado polo voivoda Xoán de Monastir. Máis tarde tiveron lugar grandes migracións de serbios a terras da coroa austríaca, en especial ao Banato.

Desde o século XIV en adiante un número crecente de serbios empezou a emigrar cara ao norte á rexión hoxe coñecida como Voivodina, que estaba baixo o dominio do Reino de Hungría nese momento. Os reis húngaros apoiaron a inmigración de serbios ao reino, e contrataron a moitos deles como soldados e gardas de fronteira. Polo tanto, a poboación serbia desta rexión aumentou considerabelmente. Durante a loita entre o Imperio Otomán e Hungría, esta poboación serbia intentou a restauración do Estado serbio pero, na Batalla de Mohács, o 29 de agosto de 1526, a Turquía otomá destruíu o exército do rei húngaro Lois II, quen morreu no campo de batalla.

Despois desta batalla Hungría deixou de ser un estado independente, e gran parte do seu territorio pasou a formar parte do Imperio Otomán. Pouco despois da Batalla de Mohács, o líder dos mercenarios serbios en Hungría, Jovan Nenad, estableceu un reino na Bačka, norte do banato e unha pequena parte do Srem.[35] Foi este un estado independente efémero coa cidade de Subotica como capital, onde Jovan Nenad se coroou a si mesmo como emperador serbio. Aproveitándose da situación militar e política sumamente confusa, os nobres húngaros da rexión uniron forzas contra el e derrotaron as tropas serbias no verán de 1527. O emperador foi asasinado e o reino desapareceu.

A decadencia do Imperio Otomán[editar | editar a fonte]

Guerras austro-turcas[editar | editar a fonte]

As potencias europeas, en particular Austria, combateron contra o Imperio Otomán, confiando na axuda dos serbios que vivían baixo dominio turco. Durante a Guerra Austro-Turca de 1593-1606, os serbios subleváronse en 1594 no Banato, e o sultán Murad III vingouse queimando as reliquias de San Sava, o obxecto máis sagrado para todos os serbios, respectado mesmo polos musulmáns de orixe serbia. Os serbios crearon outro centro de resistencia en Hercegovina pero, cando Turquía e Austria firmaron a paz, foron abandonados á vinganza turca. Esta secuencia de sucesos fíxose común nos séculos seguintes.

O príncipe Uxío de Savoia.

O comezo da decadencia do poder otomán en Europa prodúcese en 1683, data do sitio de Viena. Na contorna desta cidade, os otománs foron derrotados polo emperador Leopoldo I. Seguidamente, en 1686, o exército imperial liberou Buda, a capital húngara e, no ano seguinte, no mesmo lugar onde tivera lugar o desastre de Mohács, Carlos V de Lorena, ao servizo do emperador Leopoldo, derrotou outra vez aos turcos.[36]

Durante a guerra entre o Imperio Otomán e a Liga Santa creada co patrocinio do Papa (1683-1690), e que incluía a Austria, Polonia e Venecia, estes incitaron aos serbios a rebelarse contra as autoridades turcas e pronto as sublevacións e as guerras de guerrillas se estenderon por todas as partes dos Balcáns occidentais, desde Montenegro e a costa dálmata até a conca do Danubio e a Vella Serbia (Macedonia, Raška, Kosovo e Metohija). Cando os austríacos comezaron a saír de Serbia, invitaron ao pobo serbio a ir ao norte con eles, a territorios austríacos. Tendo que elixir entre a represalia otomá e vivir nun estado cristián, moitos serbios dirixíronse cara ao norte liderados por Arsenije III Čarnojević, arcebispo de Peć e patriarca dos Serbios.

En 1699 austríacos e otománs asinaron o Tratado de Karlowitz en virtude do cal os turcos tiveron que evacuar Hungría (excepto o triángulo formado polos ríos Maros e Tisza), e a cidade de Tremésvar (Timisoara), Transilvania e Croacia-Eslovenia, que pasaron a Austria, e o Peloponeso e Dalmacia, que se integraron en Venecia. A dieta de Presburgo (Bratislava) recoñeceu a soberanía dos Habsburgo sobre Hungría, que quedou así unida a Austria até 1918.[37]

O Imperio Otomán en 1900. Con trazos en vermello, territorios perdidos desde finais do século XVII.

En 1715 Austria, aliada con Venecia, emprende unha nova guerra contra o Imperio Otomán. As tropas austríacas foron lideradas polo príncipe Uxío de Savoia, apoiado polos serbios, que volveron a tomar partido outra vez por Austria Esta guerra saldouse co tratado de Passarowitz (1718), polo que os austríacos se aseguraron a posesión do Banato de Tremésvar, a Serbia setentrional (con Belgrado) e Valaquia occidental, que perderon anos despois (1739). Venecia tivo que ceder Morea a Turquía, pero conservou as súas posesións en Dalmacia e Albania.[38]

A última guerra austro-otomá foi a chamada guerra de Dubica (1788–91), na que os austríacos requirían que os cristiáns de Bosnia se rebelasen. Os imperios austríaco e turco non volveron a combater até o século XX na Gran Guerra, que marcou a caída de ambos os imperios.

Outros conflitos[editar | editar a fonte]

Por outro lado, a pugna entre Rusia e os otománs decántase cara a Rusia no tratado de Kuchuk-Kainarji (1774). Nel sancionouse a independencia de Crimea e Rusia obtivo Kerch e, entre outros privilexios, o dereito de protección sobre os cristiáns ortodoxos súbditos do Imperio Otomán. Este tratado marcou definitivamente a decadencia dos turcos en Europa e habería de ter importantes consecuencias no futuro dos Balcáns, xa que Rusia dispuxo desde ese momento dun poderoso medio de acción que lle permitiría intervir profusamente nos asuntos internos da Sublime Porta. O tratado de Kuchuk-Kainarji foi ratificado posteriormente polo de Jassy (1792).[39]

Durante os séculos XVII e XVIII, coincidindo coa decadencia do Imperio Otomán, os venecianos ampliaron as súas posesións cara ao interior de Dalmacia, até a fixación da fronteira definitiva cos turcos, en 1721. Tal feito é de importancia para entender o contencioso serbo-croata, xa que a fronteira militar veneciana, que incluía ao sur pequenas zonas de poboación serbia, foi mantida polos franceses nas súas efémeras Provincias Ilirias que, a partir de 1815, pasaron a Austria.

Máis tarde, estes límites, reivindicados integramente polos croatas, serían respectados ao integrarse cos territorios de Croacia e Eslavonia primeiro no Reino de Iugoslavia e, despois da segunda guerra mundial na República Socialista de Croacia, pero Serbia mantería a súa reivindicación sobre as zonas ocupadas pola súa minoría nacional no mediodía dálmata.

Do Principado ao Reino de Serbia (1804-1918)[editar | editar a fonte]

O despertar das nacionalidades[editar | editar a fonte]

A finais do século XVIII case toda a península Balcánica formaba parte aínda do Imperio Otomán. A decadente República de Venecia conservaba a costa dálmata e algunhas bases no litoral do Epiro e, entre ambas as zonas, o pequeno e montañoso principado de Montenegro e a República comercial de Ragusa mantiñan tenazmente a súa independencia. Ao norte do Danubio, fóra xa da península, os hospodares de Valaquia e Moldavia gobernaban como vasalos do Sultán.

No resto dos Balcáns, os turcos estableceran un férreo dominio, impoñendo ás poboacións cristiás un modelo social e económico descoñecido no resto de Europa. Como soberano absoluto, o Sultán era dono de vidas e facendas. Os cristiáns, integrados na clase servil dos reaia, podían ser por tanto sometidos a un réxime de semiescravitude agraria, mantidos á fronte de empresas artesanais ou comerciais o mesmo ocupar altos cargos na Administración, como sucedía cos gregos fanariotas de Istambul.

Aínda que as comunidades cristiás mantiveron algunhas institucións propias, víronse sometidas á presión da colonización turca -sobre todo en Bosnia, Macedonia e Tracia- e a un modelo feudal tipicamente turco. O exército otomán compoñíase, fundamentalmente, dos xanízaros, corpo de elite recrutado entre os nenos cristiáns, e dos espahís, soldados regulares musulmáns. Os espahís pagábanse mediante a concesión de feudos (timar) aos que se asociaban campesiños en réxime de arrendamento. O timariota cobraba unha renda e podía exixir ás súas reais prestacións laborais nas terras que explotaba directamente. Á súa morte, a facenda revertía ao Sultán.

Cando, a comezos do século XVIII, o Imperio empezou a decaer, o goberno otomán -a Sublime Porta- comezou a vender a particulares feudos timar, que pasaban a ser propiedades hereditarias (chiftliks). Iso conduciu a unha certa reactivación económica, que favoreceu o xurdimento dunha minoritaria capa de propietarios cristiáns que, xunto con artesáns e mercadores, formaría a base sobre a que se ía asentar o desenvolvemento nacional dos pobos balcánicos na primeira metade do século XIX.

As Provincias Ilirias, dentro do Imperio napoleónico (1810).

O rexurdir do nacionalismo serbio insírese na paulatina decadencia do Imperio Otomán. Xa vimos os intentos de Georges Branković e do patriarca Arsenio. Nos últimos anos do século XVIII o despertar da conciencia nacional dos eslavos do sur foi cada vez máis intenso. No proceso de emancipación dos países balcánicos destacou así mesmo o labor cultural de moitas persoas que apoiaban o patriotismo eslavo e a unificación pola cultura común.

A Revolución Francesa supuxo un revulsivo para as minorías ilustradas eslavas, e tivo unha repercusión profunda, aínda que un algo tardía, nos Balcáns occidentais. No curso das guerras napoleónicas desapareceu o estado veneciano: o Véneto pasou a formar parte da República Cisalpina e Istria e Dalmacia pasaron a Austria (Paz de Campoformio, 1797) e, pouco máis tarde, a partir de 1805 (Paz de Presburgo), Istria, Dalmacia, Eslovenia (Carintia e Carniola) e a Croacia occidental eran arrebatadas a Austria por Napoleón e incorporadas ao seu imperio, onde constituíron, desde 1809, as Provincias Ilirias, sometidas á autoridade dun mariscal francés.

Durante varios anos (apenas seis), os habitantes destas rexións puideron familiarizarse cun sistema político e legal moi distinto do despotismo dos emperadores Habsburgo. Baixo a administración francesa introducíronse na zona ideais nacionalistas (en Ancona creouse unha axencia encargada de propagar os ideais revolucionarios entre os pobos do Adriático), que tomarían o nome de ilirismo. Tratábase dun movemento que buscaba a recuperación do legado cultural esloveno e serbo-croata, pero tamén a creación dunha nacionalidade común para os eslavos da antiga Iliria.[40]

Tras a caída de Napoleón, no Congreso de Viena as cousas pareceron volver ao seu anterior estado. Pero no entanto, os pobos da península Balcánica comezaran a despertar do seu prolongado letargo.

A Revolución Serbia[editar | editar a fonte]

Coa antiga aristocracia eliminada pola conquista otomá ou islamizada, os xefes das comunidades campesiñas e os terratenentes serbios pregáranse a colaborar co invasor, mentres que a xerarquía relixiosa caía en mans do clero grego que, en 1766, aboliu incluso o Patriarcado nacional serbio de Peć.

Convertida en fronteira do Imperio Otomán tras a Paz de Karlowitz (1699), Serbia foi durante longo tempo escenario de enfrontamentos entre turcos e austríacos. Estes ocuparon o norte do país en 1718, e con iso intensificáronse os contactos coa próspera comunidade serbia establecida na provincia húngara de Voivodina, ao norte do Danubio. Pero a administración vienesa, centralista e católica, non soubo atraer o apoio da poboación e en 1739 a rexión retornou a dominio otomán.

A diplomacia rusa, cada vez máis interesada nos Balcáns, pasou entón a competir coa austríaca polo control do país. Tras chegar a un acordo para repartirse a península, os dous Imperios declararon a guerra a Turquía en 1787 e os seus exércitos cruzaron o Danubio. En Serbia estalou un levantamento popular que se fixo rapidamente co control das zonas rurais, mentres os austríacos tomaban Belgrado.

Pero as presións internacionais terminaron impoñéndose e Austria en 1791 e Rusia o ano seguinte subscribiron unha paz con Turquía que deixaba novamente aos serbios en mans do Sultán. A comezos do século XIX os turcos restableceran o seu dominio sobre o país, aínda que as reformas introducidas por Selim II concederon unha maior autonomía aos xuíces cristiáns dos pequenos distritos do baxalato de Belgrado.

Mentres os croatas intentaban recuperar o seu antigo autogoberno e loitaban por preservar a identidade nacional fronte á presión maxia, os serbios emprenderon unha longa guerra de liberación contra o ocupante otomán, até conseguir a súa total independencia en 1878.

Os intentos serbios de emancipación da tutela de Turquía non comezaron até que a mesma descomposición interna do Imperio Otomán os facilitou. No século XIX, alentados pola propaganda rusa e a nova política austríaca, iniciáronse os movementos insurreccionais dos serbios que, nesta época, viron como se agravaba a dura explotación do campesiñado polos timariotas turcos a consecuencia da grave crise provocada polas dificultades internas do Imperio. Co nome de revolución serbia coñécese a resistencia serbia á dominación otomá, que foi durante moito tempo latente, pero que se manifestou violentamente cando o Imperio Otomán xa estaba moi debilitado, principios do século XIX e, especialmente, ás dúas insurreccións que estalaron, a primeira no ano 1804, e a segunda no ano 1815.[41][42]

A adopción da primeira Constitución escrita en 1835 aboliu o feudalismo e a servidume,[43] e fixo ao país suzerán.[44]

A revolución serbia non foi só unha rebelión nacional, senón tamén unha revolución social, despois da cal Serbia experimentou un gran progreso debido a que aceptou os valores da sociedade burguesa. Como resultado destes levantamentos e das guerras contra o Imperio Otomán, xurdiu o Principado de Serbia, que foi internacionalmente recoñecido o ano 1878.[45]

O termo revolución serbia foi cuñado polo historiador alemán Leopold von Ranke, no seu libro Die Serbische Revolution, publcado en 1829.[46]

Gjorgje Petrović, Karagjorgje.

A primeira insurrección serbia foi en 1804 pero, truncada nada máis nacer, provocou unha sanguenta represión otomá. Serbia era naquel momento teatro das loitas entre os rebeldes xanízaros, que se alzaran contra as reformas introducidas por Selim III, e as tropas imperiais. Os xanízaros da gornición de Belgrado asasinaron o baxá, cuxa política de tolerancia coa poboación cristiá desgustaba aos musulmáns. Os rebeldes desataron a continuación unha vaga de terror contra a poboación eslava que forzou a moitos dos guerrilleiros de 1787 a botarse de novo ao monte coa colaboración dos hajduks, campesiños serbios fuxidos que sobrevivían agrupados en partidas de bandoleiros.

Aínda que en principio os serbios loitaban a favor do Sultán contra os xanízaros sublevados, non tardaron en xurdir os ideais independentistas. Entre os seus xefes destacou Gjorgje Petrović, chamado Karagjorgje ("Xurxo o Negro"), un tratante de porcos que en 1805 convocou en Orašac unha asemblea de xefes de aldea e popes rurais que o investiu como xefe nacionalista. Karagjorgje contribuíu decisivamente á vitoria do Sultán contra os xanízaros; o caudillo serbio pediu entón a concesión da autonomía para o seu país baixo garantía do goberno austríaco, cousa que non aceptou o Sultán.

Por outra parte, Karagjorgje tivo que pactar cos terratenentes, contrarios ao establecemento dunha democracia campesiña, e entregar a un Senado a administración civil do estado embrionario, reservándose el a dirección do exército.

Continuou pois a guerra, e a loita dos serbios adquiriu pronto caracteres de guerra de liberación, animada pola negativa de Selim III a concederlles a autonomía. Tras as vitorias de Ivanovatz, Deligrad e, especialmente, Mišar (1806), os patriotas serbios conseguiron ocupar Belgrado e outras fortalezas do norte. Karagjogje solicitou sen éxito a axuda de Austria, aínda que obtivo apoio de Rusia, que acababa de entrar nunha nova guerra con Turquía. Pero a diplomacia tsarista apoiábase no partido dos terratenentes, donos do rudimentario aparato administrativo e cada vez máis opostos ao sector popular que acaudillaba o líder independentista. Tras os primeiros éxitos de Karagjorgie veu a vitoria turca de Čegra; pero a participación de Rusia no conflito permitiu aos serbios unha primeira liberación (1807).

Aínda que pouco durou esta. Coa intervención rusa parecía que terminarían as hostilidades. En decembro de 1808, Karagjorgje, animado polos seus triunfos, fíxose proclamar príncipe por unha Asemblea popular (Skuptstina). Iso provocou a ruptura cos conservadores e o desgusto do tsar. Finalmente, ante a ameaza dun ataque napoleónico, Rusia firmou a paz con Turquía en Bucarest (1812). Nicolao I abandonou a causa serbia a cambio dunha vaga promesa de autonomía. Serbia encontrouse baixo a influencia de dúas grandes potencias, Rusia e Turquía, que a utilizaron como elemento negociador nas súas propias relacións. E así, no Tratado de Bucarest, só se concedeu a Serbia unha autonomía moi relativa.

Isto provocou unha nova insurrección de Karagjorgje. Pouco despois, o exército otomán recuperaba o control do país sen que os rusos, ocupados en rexeitaren aos franceses, auxiliasen aos divididos patriotas. Os turcos entraron en Belgrado (1813) e Karagjorgje tivo que fuxir a Austria, mentres os seus partidarios se refuxiaban nas montañas.

O Principado autónomo de Serbia (1817-1878)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Principado de Serbia.

As brutais represións exercidas sobre a poboación prenderon a mecha dunha nova sublevación, que estalou en abril de 1815 encabezada polo líder guerrilleiro Miloš Obrenović, que eliminou o seu rival, G. P. Karagjorgje, e derrotou os turcos en Matsara. Partidario da negociación, abriu logo conversacións cos enviados de Mahmud II quen, temeroso dunha intervención rusa, aceptou un acordo en novembro de 1815. Por el, a Serbia setentrional convertíase nunha provincia autónoma, na que permanecerían algunhas gornicións turcas. Os serbios conservarían o seu exército e a autonomía fiscal, política e relixiosa, e serían gobernados por un príncipe (knez), vasalo do Sultán, e a Skuptstina

Pero esta política contemporizadora xerou o descontento nos sectores populares. Karagjorgje regresou a Serbia e púxose á fronte duna partida de campesiños, coa que combateu aos terratenentes até que, en xullo de 1817, foi asasinado por sicarios do goberno de Obrenović. A finais de 1817 este foi designado príncipe por unha Asemblea controlada polos seus partidarios.

A política de Miloš Obrenović era a de ir arrincando concesións ao Sultán actuando como un leal vasalo -negouse a apoiar a sublevación grega- e aproveitar os momentos de debilidade do Imperio para xogar a carta da protección rusa. Obtivo os seus primeiros froitos coa Convención de Akkerman (1826), pola que o tsar de Rusia se convertía en garante da autonomía serbia. A súa neutralidade na guerra ruso-turca de 1828-29 valeulle o recoñecemento pola Sublime Porta da súa condición de príncipe herdeiro de Serbia e a saída dos espahís otománs (1830). Serbia convertíase a partir de entón nun principado autónomo dependente de Turquía, pero co protectorado de Rusia.

Miloš Obrenović I, Príncipe de Serbia (retrato de 1848).

Finalmente, en 1833, Serbia viuse engrandecida en seis distritos situados nas súas fronteiras meridionais.

En adiante, Miloš dedicou as súas enerxías a mellorar a situación do país. A desaparición do sistema de timar e a abolición da servidume en 1837 favoreceu a creación dunha capa de pequenos propietarios rurais. Suprimiuse a bandidaxe dos hajduks, reformou a ensinanza e restableceu a independencia da Igrexa nacional coa creación dun arcebispado en Belgrado.

Porén, o poder de Miloš -que se arrogara o monopolio do comercio exterior- alarmaba aos antigos dirixentes revolucionarios, agora ricos gandeiros e agricultores. Estes, en 1838, conseguiron que o Sultán promulgase un Estatuto que recortaba os poderes do príncipe en beneficio dun Consello de Estado controlado pola oligarquía, e establecía a liberdade de comercio. Este revés, unido á ruína financeira do principado e ás presións rusas e turcas, moveu a Miloš a abdicar pouco despois no seu fillo Milan.

Pese á súa axitada evolución interna, marcada polo enfrontamento entre as dinastías Obrenović e Karagjorgjević, os serbios foron capaces de ir ampliando en sucesivas etapas a súa reducida base territorial ao redor de Belgrado e de converter o seu pequeno país nun foco de difusión dos ideais paneslavistas que, baixo o amparo de Rusia, prendían en todas as nacionalidades eslavas.

Miloš Obrenović reinou até o 12 de xuño de 1839, data en que abdicou e se exiliou. O país entrou entón nunha etapa inestábel que impediu a necesaria tranquilidade para consolidar o réxime liberal. O seu fillo Milan, gravemente enfermo, morreu un mes máis tarde da abdicación do seu pai. Sucedeuno seu irmán Miguel III Obrenović (1839-1842), un adolescente de 16 anos a quen o Sultán, teórico soberano do país, manexaba mediante dous rexentes. A pésima situación económica e unha suba dos impostos acrecentaron o descontento popular e os partidarios dos Karagjorgjević comezaron a axitarse.

O voivoda Esteban (Stefan) Šupljikac (1786-1848).

De nada lle serviu a Miguel o apoio ruso. En 1842 os rexentes depuxérono e a Skuptstina elixiu príncipe a Alexandre I Karagjorgjević, fillo de Karagjorgje. O reinado de Alexandre I constituíu un período de consolidación do estado serbio. En política interior introduciu unha serie de reformas que pretendían lograr o apoio da pequena burguesía: adoptou un Código Civil de inspiración austríaca e procedeu á reorganización dos tribunais, reorganizou a Facenda arruinada, acometeu importantes obras públicas e deu un notábel impulso á cultura nacional, reformando a ensinanza segundo criterios europeos e creando un Liceo de ensino superior e unha Sociedade Literaria. A zadruga, institución patriarcal sobre a que descansaba a orde rural, foi reformada para dar maior liberdade á iniciativa individual e ao proceso de concentración da sociedade.

Pero as dificultades superárono. O Sultán negouse a recoñecer os seus dereitos hereditarios e empeoraron as relacións con Rusia. A conciencia política dos serbios foi perfeccionándose e empezaron a xurdir grupos liberais que desexaban maior representatividade. Agora eran os partidarios dos Obrenović os que se axitaban e en 1845 estalou unha sublevación que puido ser derrotada.

En Serbia despertaba nesta época un nacionalismo expansionista que tiña o seu principal animador en Ilija Garašanin, dirixente conservador que propuxo en 1844 o Nacertanije, un programa de acción militar e idiomática que pretendía a creación dunha Gran Serbia que integrase a todos os estados balcánicos.

Cando, en 1848, os serbios de Voivodina e Eslavonia fixeron causa común cos croatas contra os seus dominadores maxiares, Garašanin, ministro de Exteriores, apoiounos con armas e diñeiro, pero o goberno recoñeceu o dereito dos Habsburgo sobre a zona, o que favoreceu o achegamento a Austria.

Os serbios do Imperio austríaco, despois do fracaso en Viena do seu representante Svetozar Miletić, por conduto do bispo Rajatcić, convocaron unha Asemblea Nacional en Sremski-Karlowatz (maio de 1848) que pediu a independencia e a confirmación do voivoda Esteban Šupljikac. Como no caso de Croacia, as escasas concesións foron axiña anuladas e, nunha nova distribución do Imperio austríaco, os eslovenos e os croatas de Dalmacia pasaron ao control austríaco, mentres que Croacia, Eslavonia e Voivodina pasaban a depender de Hungría (Monarquía Dual).

A neutralidade de Serbia na guerra de Crimea permitiulle sacudirse o protectorado ruso que, na Paz de París (1856) foi substituída polo das grandes potencias europeas. Pero non así da soberanía otomá. Todo iso, dados os sentimentos rusófilos do pobo, fixo diminuír a popularidade do knez.

Unha sucesión de conspiracións e desordes promovidos polos nacionalistas descontentos coa política proaustríaca do monarca e as crecentes peticións da oposición liberal en favor dun réxime parlamentario moveron á Asemblea a destituír a Alexandre Karagjorgjević en 1858.

Os conservadores chamaron entón ao ancián Miloš Obrenović, que regresou do exilio en medio do entusiasmo xeral para morrer ao pouco tempo. A curta segunda etapa de Miloš á fronte de Serbia (1858-60) caracterizouse polo despotismo e a demagoxia.

Sucedeuno de novo seu fillo Miguel (1860-68), durante cuxo segundo reinado Serbia dispuxo, por fin, dun período de paz interna para acometer as imprescindíbeis reformas. Ampliouse o sistema electoral censitario, modernizouse o sistema xudicial e acometeuse, coa axuda de instrutores franceses, a creación dun potente exército regular. Miguel seguiu coa política eslavista e logrou concesións políticas internacionais a raíz do bombardeo de Belgrado (1862).

Baixo a dirección do primeiro ministro Garašanin, Serbia desenvolveu unha política de firmeza fronte ao decadente poder otomán. Concluíu unha alianza con Grecia, asegurouse da neutralidade de Romanía e preparou un levantamento xeral contra o Imperio turco. Para evitalo, a Sublime Porta, despois dalgúns choques armados, estipulou un acordo con Serbia polo que cedía cinco fortalezas, entre elas Belgrado, e recoñecía a autonomía do principado (1867).

Porén, Miguel non logrou evitar o descontento dos liberais ante o seu réxime autoritario, nin as actividades dos partidarios da dinastía rival, alentados por unha Austria temerosa da forza do nacionalismo serbio. En xuño de 1868 foi asasinado mentres paseaba polas aforas de Belgrado.

O Principado independente de Serbia (1878-1882)[editar | editar a fonte]

A Skuptstina designou entón príncipe ao seu primo Milan Obrenović (1868-1889), de 13 anos, baixo unha rexencia presidida polo líder liberal Jovan Ristić, quen tivo que someterse ao xogo dos partidos liberal e conservador. Milan era fillo de Miloš Obrenović (1829-1861), fillo á súa vez de Jevrem Obrenović, irmán do líder revolucionario Miloš I Obrenović. Milan, polo tanto, era sobriño-neto do segundo príncipe de Serbia. Vivía exiliado, cos seus pais, en Valaquia; ao quedar orfo moi novo foi adoptado polo seu primo, o príncipe Mihailo III Obrenović.

En 1869 concedeuse unha Constitución moi moderada, que reforzaba o parlamentarismo, pero lonxe aínda da necesidade e a exixencia do pobo, gañado pola propaganda marxista de Svetozar Marković, pois mantiña o poder do príncipe a salvo da fiscalización do executivo. Coa reforma política, porén, puideron actuar os primeiros partidos parlamentarios: o liberal, rusófilo e partidario dunha política expansionista, e o progresista, de carácter conservador e máis proclive ao acercamento a Austria.

Tras a expulsión da dinastía Karadjordjević en 1858, Mihailo puido finalmente regresar a Serbia; mentres tanto, Milan foi educado no Liceo "Louis-le-Grand" de París. Era un mozo intelixente que demostrou enormes dotes de madureza desde unha temperá idade.

Milan Obrenović,
Príncipe de Serbia (Milan IV, 1868-1882)
Rei de Serbia (Milan I, 1882-1889).

Serbia interveu nas loitas que os insurrectos de Bosnia e Hercegovina mantiñan para liberarse do xugo otomán, e aliouse con Montenegro contra os turcos. En guerra contra estes, foi vencida, e na Paz de Constantinopla restableceuse de novo o statu quo territorial. Pero na terríbel guerra de 1876-1878 de Rusia contra Turquía, causada poa negativa desta a conceder autonomía a Bulgaria, Rusia, axudada polos exércitos de Serbia, Romanía, Grecia e Montenegro, mais os komitaljis búlgaros, obtivo un rápido triunfo en xaneiro de 1878. No Tratado de Santo Stefano e o posterior Congreso de Berlín (1878) supuxeron para Serbia o recoñecemento internacional da súa independencia.

O Reino de Serbia (1882-1918)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Reino de Serbia (1882-1918).

Milan Obrenović mantivo unha serie de contactos secretos con Austria, renunciando ás súas pretensións sobre Bosnia e Hercegovina e recoñecendo en cambio a soberanía austríaca sobre estas provincias, que foran postas, en 1878, no Congreso de Berlín, baixo a administración e tutela do Imperio Austro-Húngaro (aínda que a soberanía nominal continuaba sendo do Sultán). A consecuencia disto, Milan recibiría o título de rei en 1882.

Ese mesmo ano Pašić organizou o Partido Radical, nacionalista e oposto ao austracismo do rei Milan. O despotismo deste e unha vida privada conflitiva afastábano cada vez máis dos seus súbditos. Apoiado polos conservadores, en 1880 subscribira un tratado que poñía o comercio exterior serbio en mans dos austríacos -que compraban o 80 % da súa produción- e dous anos despois comprometeuse en segredo a non firmar ningún compromiso internacional sen a aprobación de Austria, a cambio do apoio desta ás reivindicacións macedónicas do seu país.

Confiado na alianza con Austria, Milan, en 1885, declarou sen motivo a guerra a Bulgaria, pero os serbios sufriron unha derrota militar, e só a intervención da diplomacia austríaca permitiulles saír indemnes da aventura. Consciente da súa impopularidade, Milan cedeu ás presións do novo Partido Radical de Pašić formado co apoio do pequeno campesiñado, e aceptou en 1889 unha Constitución máis democrática, abdicando poucos meses despois no seu fillo Alexandre, aínda un neno.

En 1868 o seu primo e titor, o príncipe Mihailo, foi asasinado en Belgrado. O magnicidio permitiulle a Milan ascender ao trono serbio, aínda que baixo unha rexencia. En 1872 tomou o poder definitivamente, e demostrou ser un monarca desperto e vivaz.

En 1875 tivo que facer fronte ás presións nacionalistas, especialmente dos liberais,[47] para que o país entrase en guerra co Imperio Otomán en axuda dos rebeldes bosníacos, ao que Milan se negou alegando a incapacidade militar do país para enfrontarse aos otománs.[48] A posición rusa era ambigua, aconsellando oficialmente a Milan manter a neutralidade mentres certos representantes o urxían a entrar na contenda.[48] Finalmente, Milan, convencido polo seu primeiro ministro da conveniencia de declarar a guerra, fíxoo o 18 de xuño de 1876 .[49] A guerra non foi popular entre o campesiñado.[49]

Pedo I Karadjordjević, Petar I, Rei de Serbia (1903-1918),
Rei dos Serbios, Croatas e Eslovenos (1818-1921).

En 1878 garantiu a independencia e o recoñecemento de Serbia ante as potencias europeas no Congreso de Berlín. En 1882 autoproclamouse Rei de Serbia. Ademais, intentou un maior achegamento ao Imperio Austrohúngaro, o cal lle causou non poucos problemas internos. A guerra entre Serbia e Bulgaria de 1885-1886 estivo a punto de custarlle o trono, pero a rápida intervención de Austria-Hungría previu a súa abdicación.

A Asemblea ofreceu entón o trono ao exiliado Pedro Karagjorgjević. Pedro I, ao acceder ao trono, o primeiro que fixo foi restaurar a Constitución de 1889, co que Serbia entrou nun proceso de normalización institucional e de progreso económico. Non obstante, a fragmentación dos partidos e, sobre todo, a división entre os novos radicais de Stojanović e os vellos radicais do líder dos pequenos campesiños, Pašić, impedía a estabilidade política. A pesar da súa rusofilia, Pašić, xefe do Goberno desde 1906, intentaba calmar a Austria-Hungría, inqueda pola difusión dos ideais granserbios entre os seus súbditos meridionais.

Pedro I mantivo unha política liberal, defendeu o sentimento eslavo e participou nas dúas guerras balcánicas (1912-13), como resultado das cales logrou aumentar o territorio de Serbia. Sostivo tamén unha guerra con Austria. E un conflito aduaneiro entre ambos os estados -a chamada guerra dos porcos- e, sobre todo, a crise desatada pola anexión austríaca de Bosnia e Hercegovina en 1908, fixeron imposíbel o entendemento e incrementaron en Serbia a corrente de opinión favorábel a unha acción armada que facilitase a unidade dos pobos sueslavos. As continuas tensións con Austria levaron ao atentado de Saraxevo (1914) e á I Guerra Mundial.

Guerras Balcánicas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Guerras Balcánicas.

No período 1876-1914 o problema balcánico complicouse cada vez máis, até converterse en detonante da primeira guerra mundial. A comezos de século, os pobos balcánicos tiñan unha conciencia moi clara de que o Imperio Otomán era unha froita madura cuxa caída só obstaculizaban as grandes potencias.

O problema estribaba en que cada estado interpretaba a repartición segundo os seus intereses e os do bloque de potencias xunto ao que se aliñaba. Macedonia, e en menor medida Tracia e Albania, era un mosaico de pobos e relixións que facían virtualmente imposíbel o acordo. O intento da diplomacia tsarista de crear unha Gran Bulgaria que incluíse Macedonia provocou as protestas serbias e, finalmente, viuse frustrado pola intervención das grandes potencias (Congreso de Berlín, como xa vimos).

Despois da súa derrota diplomática na Crise bosnia de 1908,[50] o Imperio ruso tratou de recuperar a súa influencia nos Balcáns inducindo aos países da península a asociarse baixo a súa supervisión.[51] En 1911, chegaba tamén a un acordo con Italia para cooperar con ela na rexión.[51] O mesmo ano, a derrota do Imperio Otomán ante Italia na guerra italo-turca (que lle permitiu a esta anexionarse Libia) e a continua inestabilidade no Imperio fixeron que os Estados balcánicos visen como inminente a partición de Macedonia.[51]

Situación territorial antes da primeira guerra.

Ao estalar a revolución dos mozos turcos, o goberno vienés creuse en condicións de sacar vantaxes. De acordo co seu aliado alemán, e co permiso verbal do ministro de Exteriores ruso, Isvolsky, o emperador Francisco Xosé I decretou a anexión ao seu Imperio de Bosnia e Hercegovina o 5 de outubro de 1908 ao tempo que Bulgaria declaraba a súa independencia. Serbia protestou enerxicamente e o goberno ruso, consciente da súa metedura de zoco, ameazou aos austríacos coa guerra.

Asustados, alemáns, británicos e franceses meteron presión aos seus respectivos aliados para que non iniciasen as hostilidades, mentres Viena obtiña o recoñecemento turco da anexión e ameazaba a Serbia con invadila se non cesaba a súa política de axitación. Finalmente, os rusos pregáronse ao feito consumado; o seu prestixio diminuíu algo nos Balcáns, pero en Serbia e Montenegro o odio a Austria adquiriu proporcións alarmantes.

A axitación trasladouse pouco despois a Macedonia. Alí a tradición de resistencia antiturca era moi forte, como xa vimos anteriormente, e a independencia de Bulgaria -país co que se identificaba gran parte da poboación- animou a creación en 1893 da Organización Revolucionaria Interna de Macedonia (ORIM), apoiada polo goberno de Sofía. Grupos de guerrilleiros komitaljis infiltrábanse na rexión desde os países veciños. A ORIM organizou guerrillas e estendeu o terror entre a poboación musulmá, provocando crueis represalias do exército turco.

A partir de 1910, a violenta política de turquización en Macedonia enconou aínda máis o problema, complicado pola sublevación dos montañeses na veciña Albania. Estes sucesos, a as reivindicacións que sobre a rexión mantiñan tamén Serbia e Grecia, facilitaron a creación da Liga Balcánica: en marzo de 1912, serbios e búlgaros firmaron un tratado para repartirse Macedonia, pero deixando a zona central, disputada por ambos os países, sen atribuír (de momento); en maio, Bulgaria firmou alianzas militares con Serbia e Grecia, e en setembro Montenegro adheriuse a esta Alianza Balcánica. Mentres, as grandes potencias discutían sen poñerse de acordo sobre o futuro de Albania e Macedonia.

O 2 de outubro de 1912, Montenegro declarou a guerra a Turquía, e días despois os seus aliados presentaron un ultimato que foi respondido por unha declaración de guerra por parte de Istambul. O conflito foi breve. O potente exército búlgaro levou o peso das operacións, derrotando aos turcos en Lule Burgas e ocupando Tracia antes de ser detido tan só a 50 km da capital do Imperio. Gregos, serbios e, sobre todo, búlgaros conquistaron grandes porcións de Macedonia e Epiro, e os montenegrinos tomaron Escútari tras un duro asedio.

O Goberno turco tivo que pedir a paz. Polo Tratado de Londres (30 de maio de 1913), Turquía abandonou os territorios situados ao oeste da liña Enos-Midia, as illas do Exeo e Creta. Albania, cobizada por todos os seus veciños, convertíase nun estado independente.[52]

Posicións dos belixerantes á fin da Primeira guerra balcánica (1913).
Mapa cos territorios ocupados pola Liga dos Balcáns tras as dúas guerras balcánicas. A liña vermella sinala a antiga fronteira otomá anterior ás mesmas.     Asignado a Serbia     Asignado a Bulgaria     Asignado a Romanía     Asignado a Montenegro     Asignado a Grecia     Albania independente

O repartimento facía de Bulgaria a maior potencia balcánica, pero non tardaron en xurdir roces cos seus aliados polas zonas en litixio de Tracia e Macedonia. O goberno de Sofía decidiu adiantarse a un posíbel ataque e o 23 de xuño, sen declaración de guerra, o tsar Fernando I ordenou ás súas tropas avanzar contra os seus antigos aliados. Esta segunda guerra balcánica concitou contra os búlgaros unha formidábel alianza: Serbia, Montenegro, Grecia, Turquía e Romanía. Tras vinte días de reveses, Sofía tivo que solicitar o armisticio. Polo Tratado de Bucarest (10 de agosto de 1913) Bulgaria renunciou ás súas conquistas macedónicas en beneficio de Serbia e Grecia, cedeu Tracia occidental aos gregos, devolveu a parte oriental a Turquía e aínda tivo que entregar a Dobruxa meridional (o chamado cuadrilátero de Silistra) a Romanía.[53]

A pesar da súa rivalidade por controlar Macedonia e erixirse como a potencia principal dos Balcáns, Bulgaria e Serbia lograron alcanzar un acordo o 13 de marzo de 1912 de defensa mutua e contrario á repartición de territorio otomán por outros Estados.[54] Os anexos secretos do acordo trataban sobre a división de Macedonia entre os dous países, deixando a futura fronteira entre ambos extremadamente vaga: Serbia anexionaría os territorios ao norte dos montes Šar, e Bulgaria os situados ao leste do Struma e das montañas Ródope.[54] O resto de Macedonia quedaba sen asignar, aínda que Serbia se comprometía a non exixir os territorios máis alá da liña Kriva Palanka-Veles-Ohrid, sen ocupar ningunha das dúas últimas poboacións.[54] O resto podería dividirse entre Bulgaria e Grecia.[54] Ambos os países se comprometían a enviar 100 000 soldados á fronte de Macedonia, subministrando Serbia un total de 150.000 e Bulgaria 200 000 soldados.[54]

Máis tarde Bulgaria chegou a un acordo máis limitado con Grecia. Esta negouse a aceptar unha Macedonia autónoma e reclamou, como Bulgaria, o porto de Salónica.[54] Así, o acordo con Grecia foi puramente defensivo, ante as grandes diferenzas entre as dúas nacións.[54]

A continuación, Serbia e Bulgaria comezaron as negociacións con Montenegro, que debía provocar ao Imperio Otomán para lograr o estalido das hostilidades.[54] Rusia, consciente de que a súa alianza para frear o poderío do Imperio Austrohúngaro se convertera nun pacto para atacar ao Imperio Otomán, tratou de frealo mediante diplomacia, logrando o acordo de Austria-Hungría.[55] O 8 de outubro de 1912 estas dúas potencias advertían aos países balcánicos que os posíbeis cambios territoriais na península non serían recoñecidos polas grandes potencias, pero ese mesmo día Montenegro desencadeaba un ataque contra os otománs, apoiado inmediatamente polo resto dos seus aliados.[55]

O Reino de Montenegro enviou unha división de 12 000 homes á fronte de Serbia. O Reino de Romanía mobilizou a 330 000 homes, dos que 80 000 debían ocupar a Dobruxa do Sur e o resto do exército tiña por misión levar a ofensiva cara á Sofía. O Imperio Otomán entrou en guerra con 255 000 homes.

O 2º exército búlgaro, ao mando do xeneral Ivánov tendía unha liña desde o lago Dojran, ao sueste e Kilkís, Lachanas, Serres até o mar Exeo a través dos montes Panxeos. Permaneceu alí desde maio e estaba considerado como unha forza de veteranos despois da súa vitoria en Adrianóplolis na Primeira Guerra balcánica. Os historiadores modernos consideran que Ivánov subestimou os seus efectivos, pero o exército grego posuía superioridade numérica. O estado maior grego sobreestimaba o número de soldados búlgaros, que cifraba en ao redor de 100 000 homes. Porén, os gregos ignoraban onde tería lugar o ataque, o que ofrecía unha superioridade numérica temporal a Bulgaria. O 26 de xuño, o exército búlgaro recibiu a orde de atacar e de avanzar cara a Salónica. Os gregos paráronos e lanzaron un contraataque desde o 29 de xuño. En Kilkís, os búlgaros construíran fortes defensas equipadas de canóns otománs capturados, que permitían bombardear a chaira, abaixo. Tres divisións gregas atacaron na chaira e sufriron fortes perdas pero lograron establecer unha liña de trincheiras. A destrución do 2º exército foi o máis grande desastre militar búlgaro da guerra.[56] No flanco dereito, os Evzones capturaron Gevgelija e as alturas de Matsikovo ameazaban o camiño de retirada dos búlgaros cara ao lago Dojran, e pouco faltou para transformarse en desbandada. Os gregos apoderáronse de Dojran o 5 de xullo pero non puideron cortar a retirada dos búlgaros a través do Strymon. O 11 de xullo, os gregos alcanzaron as liñas serbias e avanzaron até as gargantas de Kresna, onde as tropas gregas, esgotadas, deberon deterse.

Os búlgaros atacaron aos serbios no río Bregalnica. Debido ao efecto sorpresa, o ataque foi inicialmente un éxito, pero os serbios resistiron a ofensiva, aínda que numerosos soldados, considerando aos búlgaros como aliados, ignoraban contra quen combatían. A batalla encarnizada proseguiu durante varios días, pero os serbios retomaron a iniciativa e o 1 de xullo os búlgaros foron obrigados a retroceder e repregáronse cara ao leste. Ao norte, os búlgaros comezaron o seu avance cara Pirot, o que forzou ao estado maior serbio a enviar reforzos para defender Pirot e Niš. Os búlgaros puideron entón resistir a ofensiva serbia en Macedonia na batalla de Kalimanci o 18 de xullo. Mentres que a fronte serbia permanecía estática, o rei Constantino, vendo que o exército búlgaro xa fora batido, ordenou ao exército grego reemprender o seu avance para tomar a capital búlgara, Sofía. Quería unha vitoria decisiva nesta guerra a pesar das obxeccións do seu primeiro ministro Eleftherios Venizelos, que se deu conta de que os serbios completaran os seus obxectivos territoriais e trataban de facer soportar o peso da guerra a Grecia mentres eles permanecían pasivos. Nas gargantas de Kresna (Batalla de Kresna), os gregos caeron nunha emboscada dos 2º e 1º exércitos búlgaros chegados de reforzo desde a fronte serbia. O 8 de xullo, os gregos foron esmagados polo contraataque búlgaro que os tentaba rodear.[56]. Porén, resistiron e foron capaces de lanzar contraataques locais. Despois de fracasar empregando todas as súas forzas dispoñíbeis, Bulgaria contentouse con defender a súa liña de fronte contra as ofensivas gregas.[57]. O rei Constantino deuse conta da inutilidade destes asaltos e, cando lle chegaron as informacións acerca da inminente caída de Sofía en mans do exército romanés, aceptou a proposta de armisticio de Bulgaria.

Os búlgaros, co exército romanés ás portas de Sofía pediron unha mediación rusa. Os otománs, que invadiran a Tracia oriental o 12 de xullo e retomaran Adrianopolis sen resistencia real búlgara non parecían dispostos a deterse. Para parar esta ofensiva, Rusia ameazou atacar o Imperio Otomán no Cáucaso e enviou a Frota do mar Negro a Constantinopla, o que provocou unha intervención británica.

Os tratados de Bucarest e de Constantinopla repartiron os territorios gañados polos diferentes belixerantes. Bulgaria perdeu a maior parte dos territorios que conquistara na Primeira guerra balcánica dos cales a Dobruxa do Sur cedeuna a Romanía, a maior parte de Macedonia e a Tracia oriental volveu ao Imperio Otomán. O apoio ruso permitiulle conservar a Tracia occidental e o porto de Alexandropolis no mar Exeo. Bulgaria engrandecera o seu territorio un 16 % en relación coa situación antes da guerra e a súa poboación pasara de 4,3 a 4,7 millóns de habitantes. Romanía engrandeceuse un 5 %, pero a un prezo elevado: 6.000 mortos e, sobre todo, a devolución de Bulgaria que se considerou "unha puñalada nas costas", e sería a partir de entón hostil a Romanía (os dous países foran amigos desde principios do século XIX, os principados romaneses serviran de base aos komitadjis e Romanía combatera na guerra ruso-turca de 1877-1878 contra os otománs). A máis grande expansión correspondeu a Montenegro (62 %)[58], Grecia medrou un 68 %, e o seu número de habitantes pasou de 2,7 a 4,4 millóns. Pero a máis beneficiada destas guerras foi Serbia, que dobrou a superficie do seu territorio e aumentou a súa poboación de 2,9 a 4,5 millóns de habitantes.[59] Grecia foi forzada a retirar as súas tropas de Tracia occidental e de Macedonia occidental. A retirada destes territorios devoltos a Bulgaria e a parte do Epiro do Norte, cedida a Albania foron moi mal aceptados en Grecia. Dos territorios ocupados durante a segunda guerra, Grecia non conservou máis que a rexión de Serres e de Kavala, co apoio de Alemaña. Serbia fixo adquisicións suplementarias en Macedonia e completou as súas aspiracións territoriais ao sur, polo que puido entón volverse cara ao norte, onde a rivalidade con Austria-Hungría a propósito de Bosnia constituiría un dos elementos que desencadearon a primeira guerra mundial. Italia explotou o pretexto da guerra para conservar as illas do Dodecaneso que ocupara na Guerra ítalo-turca de 1911.

Como consecuencia das accións de Austria-Hungría e da insistencia deste imperio e de Italia, Albania obtivo a súa independencia nos termos do Tratado de Londres. Os dous países esperaban controlar este novo estado e por tanto o Canal de Otranto no mar Adriático. O Tratado de Florencia (17 de decembro de 1913 ) estableceu as fronteiras definitivas de Albania. Serbia perdeu a súa saída ao mar Adriático e os gregos debían ceder o norte de Epiro, o que foi moi mal aceptado pola poboación grega da rexión, que se rebelou e obtivo a autonomía (República Autónoma de Epiro do Norte) como consecuencia do Protocolo de Corfú.[60]

Despois da desfeita, Bulgaria transformouse nun poder local con desexo de desquite e buscou unha nova oportunidade para alcanzar as súas aspiracións territoriais. Aproximouse entón aos Imperios centrais na primeira guerra mundial porque os seus veciños (Serbia, Romanía e Grecia) estaban ao lado da Entente. O desastre de 1918 seguido polo Tratado de Neuilly supuxo a perda da saída ao mar Exeo e a cesión da Dobruxa do sur a Romanía.

Serbia na primeira guerra mundial (1914-1918)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Primeira guerra mundial.

Nas vésperas da I Guerra Mundial, os eslavos meridionais mantiñan diversas visións sobre o futuro da rexión. Os serbios patrocinaban a idea iugoslavista, que implicaba a disolución de Austria-Hungría e a integración das súas rexións meridionais nun estado que respondería, basicamente, aos esquemas da Gran Serbia. Croatas e eslovenos eran, en gran medida, partidarios da solución trialista, que convertería a Austria-Hungría nunha federación igualitaria de alemáns, maxiares e eslavos, pero non faltaban entre eles os iliristas, defensores da unión cos serbios nun estado sudeslavo. En Macedonia, os elementos nacionalistas pronunciábanse maioritariamente por algún tipo de federación con Bulgaria, mentres que os musulmáns de Kosovo (a maioría da poboación) tiñan postas as súas miras no recentemente creado reino de Albania. Un panorama, en definitiva, bastante complexo, ao que se engadiu, en 1915, a promesa dos aliados de conceder a Italia a Carniola e amplas zonas do litoral adriático se entraba en guerra ao seu lado.

O Imperio Austro-Húngaro antes da primeira guerra mundial. En verde, a Transleitania (Reino de Hungría con Croacia, Eslavonia, o Banato de Tremésvar e Transilvania); en gris claro, a Cisleitania; en gris escuro, Bosnia e Hercegovina, ocupada por Austria.
Estados que formaban parte de Imperio Austro-Húngaro :
Imperio de Austria (Cisleitania): 1. Bohemia, 2. Bucovina, 3. Carintia, 4. Carniola, 5. Dalmacia, 6. Galicia, 7. Litoral, 8. Baixa Austria, 9. Moravia, 10. Salzburgo, 11. Silesia, 12. Estiria, 13. Tirol, 14. Alta Austria, 15. Vorarlberg;
Reino de Hungría (Transleitania): 16. Hungría, 17. Croacia-Eslavonia;
Condominio austríaco: 18. Bosnia e Hercegovina.
Ismail Enver (Enver Paxá).
Constantino I de Grecia.

Despois das guerras balcánicas, a paz durou menos dun ano. Como xa foi relatado, o 28 de xuño de 1914 producíase o atentado de Saraxevo. Tense especulado co feito de que o arquiduque Francisco Fernando fora partidario de separar da tutela húngara os territorios eslavos do sur do Imperio, uníndoos aos croatas e eslovenos dependentes de Austria e formando unha terceira coroa habsbúrxica, en igualdade de condicións con Transleitania e Cisleitania.

Iso alarmaría aos paneslavistas, partidarios dunha unión sudeslava baixo a dinastía serbia, e unha das súas organizacións clandestinas, a Man Negra, impulsaría o magnicidio. Non parece probábel a complicidade de Belgrado no crime, pero o goberno vienés aproveitouno para propor un ultimato, cuxa aceptación deixaría a Serbia practicamente inerme ante o seu poderoso veciño.

Esta vez Rusia non estaba disposta a ceder posicións nos Balcáns e apoiou aos serbios, que rexeitaron as exixencias de Austria. A ruptura das hostilidades entre Viena e Belgrado, o 28 de xullo, motivou a intervención rusa e, tras ela, entrou en xogo unha cadea de alianzas militares e pactos secretos. En poucas semanas, dous bloques de potencias europeas combatían ao longo do continente e nas súas colonias africanas. En teoría, Serbia estaba condenada á derrota, pero cando, o 12 de agosto, o exército austríaco cruzou a fronteira, tropezou cunha resistencia superior ao esperado e, a mediados de decembro, os invasores foran completamente rexeitados.

A Guerra Mundial reavivou a cuestión balcánica e animou á acción aos países que se consideraban prexudicados polos últimos reaxustes fronteirizos. A finais de 1914, o xermanófilo Enver Paxá fixo entrar en guerra a Turquía ao lado das Potencias Centrais (Austria e Alemaña). En Bulgaria, rusófilos e xermanófilos libraban unha longa batalla política, alimentada polas promesas dos contendentes, pero o rancor contra Serbia (polos conflitos por Macedonia) e os sentimentos proaustríacos do tsar Fernando acabaron impoñéndose e o 14 de outubro de 1915 o goberno declarou a guerra aos serbios. Atacado en dúas frontes, o exército serbio non puido resistir e repregouse até Corfú. Serbia e o seu aliado Montenegro foron sometidos a unha dura ocupación militar.

Pouco a pouco, a guerra foi afectando a todos os países balcánicos. En Romanía, o goberno liberal de Bratiann inclinábase pola alianza coa Entente (Francia, Gran Bretaña e aliados) e, tras obter a promesa de cesión de amplos territorios austrohúngaros (Bucovina, Transilvania), o 27 de agosto de 1916 declarou a guerra aos austríacos. Pero a ofensiva romanesa foi contida nos Cárpatos e no inverno exércitos alemáns, austríacos e búlgaros ocuparon Valaquia e unha ampla porción de Moldavia.

A guerra estaba perdida para a Entente nos Balcáns, pero Londres e París xogaron a carta grega. Grecia saíra sumamente fortalecida das guerras balcánicas, pero o asasinato do rei Xurxo I en Salónica, en marzo de 1913, provocou un crecente afastamento entre o seu herdeiro, Constantino I, que era cuñado do káiser, e un Venizelos (primeiro ministro) de abertas simpatías probritánicas.

Pese á vixente alianza con Serbia, o goberno grego mantivo unha estrita neutralidade até que, en setembro de 1915, aprobou o desembarco dun corpo expedicionario francés en Salónica, disposto a operar nos Balcáns. O rei Constantino depuxo entón a Venizelos e disolveu o Parlamento. O novo goberno mantivo unha neutralidade benévola respecto ás Potencias Centrais, o que animou a Venizelos a formar en Salónica un goberno republicano favorábel aos aliados que, en decembro de 1916, ocuparon o sur de Macedonia e desembarcaron no Pireo. O goberno real respondeu obstaculizando o labor das tropas ocupantes, pero en xuño de 1917 un ultimato franco-británico obrigou a abdicar a Constantino no seu fillo Alexandre, que chamou a Venizelos ao poder. Grecia declarou entón a guerra ás Potencias Centrais e puxo o seu exército a disposición do Alto Mando aliado. Durante moitos meses a fronte de Macedonia-Tracia permaneceu estabilizada. Por fin, en setembro de 1918, os aliados desencadearon unha formidábel ofensiva que fixo saltar as posicións gornecidas polos búlgaros. Esgotadas tras sete anos de guerras, as tropas búlgaras amotináronse e, tras proclamar a República de Radomir baixo a dirección dos dirixentes agrarios Deskalor e Stamboliiski, marcharon sobre Sofía, pero foron contidas por forzas alemás. O tsar Fernando abdicou no seu fillo Boris quen, nun intento de salvar a monarquía, pediu o armisticio o día 29.

Serbia no seo da primeira Iugoslavia (1918-1941)[editar | editar a fonte]

O Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos[editar | editar a fonte]

Polo que respecta aos eslavos do noroeste balcánico, ao final impúxose a solución iugoslava, defendida ante a Entente polo Comité Iugoslavo de Londres, que presidía o dálmata Ante Trumbić, un dos últimos representantes do movemento ilirista. O 20 de xullo de 1917, Trumbić, representante dos croatas do Comité de Londres, firmou con Pašić, xefe do goberno serbio no exilio, a Declaración de Corfú,[61] que expresaba o acordo ao que chegaran para crear un Estado nacional, libre, independente e democrático que agrupase a serbios, croatas e eslovenos, e cuxo soberano pertencese á dinastía serbia dos Karagjoegjević. Entendíase que as distintas nacionalidades terían idénticos dereitos relixiosos, políticos e culturais pero -asunto de suma importancia- o documento non especificaba se o novo Estado ía ser federal ou unitario.

A finais de 1918, Austria-Hungría esboroábase. Os serbios recuperaron Belgrado, e a proclamación da independencia de Checoslovaquia arrastrou aos eslavos do sur á ruptura total coa monarquía dos Habsburgo. O 29 de outubro unha Xunta Nacional croata, presidida por monseñor Anton Koroseć, obtivo da Dieta de Zagreb a separación de Hungría e a proclamación da independencia de Croacia e a anexión do porto de Fiume (Rijeka), vella aspiración do nacionalismo croata. Pouco despois, senllas revolucións en Viena e Budapest obrigaban a abdicar ao emperador Carlos I, chegado ao trono en 1916, tras o falecemento de Francisco Xosé I. O día 30, o goberno otomán subscribiu o armisticio de Mudros. Coa fin da guerra, unha nova era abríase nos Balcáns.[62]

A Dieta de Zagreb delegou na Xunta Nacional a negociación con Belgrado dun acordo de integración. Pese a algunhas reticencias, sobre todo do Partido Campesiño Croata de Stjepan Radić, a construción de Iugoslavia avanzou rapidamente. A principios de novembro, delegados da Asemblea Nacional serbia, do Comité Iugoslavo no exilio e da Xunta Nacional croata-eslovena acordaron en Xenebra que Iugoslavia sería un estado único e indivisible.

En Montenegro, un levantamento popular contra os ocupantes austríacos facilitou a deposición do exiliado rei Nicolás e a adhesión ao novo estado sudeslavo. Finalmente, o 1 de decembro de 1918, o rei Alexandre de Serbia, en Belgrado, proclamou o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (primeira denominación oficial de Iugoslavia), cuxa coroa asumiría pouco despois. Así, no medio dun consenso xeneralizado, naceu Iugoslavia.[63]

A Paz de París[editar | editar a fonte]

A derrota dos Imperios Centrais nos últimos meses de 1918 abriu unha etapa de fondas transformacións no mundo balcánico (e, en xeral, en toda a Europa central e oriental). O final dun conflito peninsular que, con breves parénteses, se arrastraba desde había sete anos, consolidou a existencia de dous bloques de estados: os que xogaran a baza franco-británica -Serbia, Romanía e Grecia- e agora estaban en condicións de impoñer as súas exixencias, e os que, aliñados no bando perdedor, ían pagar as consecuencias do desastre. Entre 1919 e 1923, os países balcánicos sufriron profundas alteracións, non só fronteirizas, senón sobre todo sociais e políticas, aínda que todo iso non serviu para establecer unha orde internacional máis xusta e duradeira.

Cambios territoriais en Europa como consecuencia da primeira guerra mundial.

A Paz de París (Tratado de Saint-Germain-en-Laye (1919) con Austria; Tratado de Neuilly-sur-Seine con Bulgaria; Tratado do Trianon con Bulgaria; Tratado de Sèvres co Imperio Otomán[64] non fixo senón confirmar a situación de facto establecida nos Balcáns. O novo estado iugoslavo foi recoñecido, pois o presidente norteamericano Wilson recollera a idea do pacto Trumbić-Pašić nos seus 14 puntos que os aliados admitiron como programa básico da reconstrución europea de posguerra.

Catro dos seus cinco tratados afectaron a países da área balcánica. Polo de Saint-Germain (19 de setembro de 1919), imposto a Austria, a Bucovina foi adxudicada aos romaneses, mentres que Eslovenia (a parte sur de Carintia, Carniola e o sur de Estiria), Dalmacia e Bosnia e Hercegovina quedaban englobadas no reino iugoslavo. Istria e a cidade dálmata de Zara (Zadar) foron cedidas a Italia, mentres que Fiume (Rijeka), disputada por italianos e croatas, sería convertida nunha cidade libre baixo a protección da Sociedade de Nacións.

Hungría, polo tratado de Trianón (2 de xuño) tivo que recoñecer a cesión a Romanía dun enorme territorio que comprendía case toda a Transilvania histórica e parte do Banato de Timisoara. Os búlgaros perderon poucos territorios polo tratado de Neuilly (27 de novembro), pero eran perdas moi humillantes: os últimos distritos de Macedonia entregados aos serbios, a costa exea, que pasou a Grecia e a Dobruxa meridional (cuadrilátero de Silistra), brevemente recuperada na paz de Brest-Litovsk e que agora retornaba aos romaneses (que tamén recibiron a Besarabia de Rusia). Finalmente, o tratado de Sèvres (10 de agosto de 1920), puxo un momentáneo final ás disputas sobre o territorio otomán. Coa cesión de case toda a Tracia oriental aos gregos -excepto Istambul, sometida a ocupación aliada- Turquía desaparecía virtualmente como país balcánico.[65]

A difícil existencia de Iugoslavia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Reino de Iugoslavia.

O Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos constituíse oficialmente o 18 de xuño de 1921. De contado viuse que a vida do novo estado non ía ser un camiño de rosas. En primeiro lugar, as súas fronteiras foron motivo de continuos roces cos seus veciños.

Stjepan Radić.
Nikola Pašić.
Milan Stojadinović.

Os italianos quedaron coa cidade dálmata de Zara (Zadar) e con Istria e, tras un golpe de man protagonizado por nacionalistas encabezados por Gabriele d'Annunzio, desconforme co tratado de Rapallo, incorporaron ao seu territorio a cidade libre de Fiume (Rijeka), que os croatas non puideran conservar.

No norte, a delimitación de fronteiras con Austria e Hungría tamén provocou frecuentes friccións. No caso de Austria, o problema da rexión de Klagenfurt (capital de Carintia, ao sur desta rexión), de poboación de orixe eslovena e que fora adxudicada a Iugoslavia, resolveuse por un plebiscito. Os sanguentos motíns de 1918-19 en favor da liberación moveron ao goberno a convocar un plebiscito (20 de outubro de 1920), que resultou favorábel a Austria por un 60 % dos votos, polo que a rexión pasou de novo a converterse en provincia austríaca.

Finalmente, ao sur, a existencia de medio millón de albaneses (en Kosovo, a maioría da poboación) e a cuestión macedonia envelenaba as relacións cos países veciños (Albania, Grecia e Bulgaria).

No interior, as disputas entre os diversos pobos iugoslavos fixeron pronto fracasar un proxecto de convivencia democrática. O predominio do serbio na Administración e no Exército, as diferenzas culturais e relixiosas, os dereitos das minorías étnicas, os problemas creados pola reforma agraria que afectou, sobre todo, ás rexións do norte etc., contribuíron a crear un clima de insatisfacción xeneralizada, moi vivo sobre todo entre croatas e eslovenos. O goberno tivo, ademais, dificultades coa clandestina Organización Revolucionaria Interna de Macedonia.

Celebradas eleccións para a Asemblea (Skupstina) constituínte en novembro de 1920, ningún grupo obtivo a maioría, pero o Partido Campesiño Croata de Stjepan Radić negouse a concorrer ao Parlamento, facilitando así o labor dos radicais serbios de Nicola Pašić. O croata Radić e o serbio Pašić personificaron nos anos vinte dous nacionalismos incompatíbeis, empeñados en sosteren intereses particularistas moi arraigados.

O goberno apoiouse nos partidos máis fortes (radicais e demócratas) para soster unha política conservadora e centralista, en favor dos serbios. A Constitución de Vidovdan, promulgada en 1921, establecía un Estado centralista, que os autonomistas croatas, pero tamén algúns liberais eslovenos, rexeitaron inmediatamente. Os radicais acentuaron a centralización do Estado e utilizaron a morte do ministro do Interior (Drasković, xullo de 1921) a mans dun comunista para implantar en 1925 unha dura lexislación policíaca, que limitou as actividades dos federalistas e levou á clandestinidade ao puxante Partido Comunista.

Alexandre I asumiu o trono en agosto de 1921, pasando de ser rei de Serbia a ser rei dos Serbios, Croatas e Eslovenos. Os primeiros anos do seu reinado contemplaron un forte crecemento económico e unha reforma agraria ben intencionada, pero a situación política distaba de resolverse. A actitude abstencionista dos agrarios croatas, entre os que crecían os sentimentos separatistas, dificultaba a vida parlamentaria e a consolidación das institucións do novo Estado. O ultranacionalismo dos radicais serbios, opostos a calquera reforma democrática que abrise canle á autonomía para as restantes nacionalidades, era outro obstáculo moi serio.

En 1924, unha coalición de demócratas, agrarios e musulmáns bosníacos logrou que o Partido Campesiño croata aceptase a Constitución, e que se integrase nun Bloque de Acordo Nacional contra os radicais. Pero o hábil Pašić logrou atraer a Radić a unha alianza gobernamental que aumentou a confusión política. O veterano dirixente serbio faleceu en 1926, e un ano despois os agrarios croatas volvían á oposición, declarándose dispostos a terminar co centralismo de Belgrado.

A tensión chegou ao extremo cando, en xuño de 1928, un deputado radical matou a Radić en plena Skupstina. Isto foi un golpe fatal para a precaria democracia iugoslava. As diferenzas entre os radicais panserbios e os partidarios dunha monarquía federalista fixéronse irreconciliábeis. En Montenegro e Macedonia, rexións moi deprimidas, actuaron grupos separatistas.

A comezos de 1929, a coalición de partidos que gobernaba en Belgrado rompeu, sen que fose posíbel reconstruír unha maioría parlamentaria. Intentando poñer freo á descomposición do Estado, o rei Alexandre estableceu unha ditadura real e, apoiado polo Exército, disolveu a Asemblea o 6 de xaneiro, anulou a Constitución e prohibiu as actividades en favor do federalismo.

Isto inflamou aínda máis os ánimos. Forzados ao exilio, os nacionalistas croatas crearon o movemento ustaša,[66] dirixido polo ultradereitista Ante Pavelić, que non dubidou en recorrer á violencia terrorista como arma política, orientándose cara ao entendemento coa Italia fascista.

A ditadura real foi ben recibida, nun principio, por gran parte da poboación. Alexandre desexaba un aquietamento efectivo das paixóns políticas e abstívose de definir unha orientación para o seu réxime (excepto a negativa ao federalismo). Pero recorreu a medidas autoritarias, como a disolución dos partidos, a substitución da Skupstina por un inoperante Consello Lexislativo, ou o establecemento da pena de morte para as actividades separatistas e comunistas.

Voivodina.

A Constitución autoritaria de 1931 restaurou parcialmente o parlamentarismo, pero mantivo as restricións ao labor dos partidos e das asociacións nacionalistas. A política de acougamento das tensións, intentada polos primeiros ministros Zivković e Marinković, creou unha forte oposición en Serbia. Porén, como non foi acompañada de auténticas medidas descentralizadoras, non diminuíron as protestas dos autonomistas, mentres que o movemento dos ustaše actuaba desde o exterior, interesadamente apoiado por Italia e Hungría. A partir de 1931, unha terríbel crise económica, que cortou de raíz a prosperidade que coñecía o país desde mediados da década anterior, veu a sumarse aos problemas políticos.

En outubro de 1934, o rei Alexandre foi asasinado en Marsella por un terrorista croata. Sendo menor de idade o herdeiro, Pedro II, constituíuse unha Rexencia presidida polo seu tío, o príncipe Paulo. O goberno Jevtić suavizou o autoritarismo do réxime e convocou eleccións en maio de 1935. Pero os comicios resultaron tan amañados en favor dos candidatos gobernamentais que as protestas obrigaron a intervir ao rexente. Pero o seu protexido, o autoritario Milan Stojadinović, formou un goberno de concentración, aínda que se apoiou no seu propio partido, a Unión Iugoslava Radical (UIR), e non fixo ningunha concesión no asunto do federalismo.

A actuación autoritaria de Stojadinović, os seus amaños electorais para manter a hexemonía da UIR e as súas abertas simpatías polo fascismo italiano, creáronlle unha oposición cada vez máis xeneralizada, que levou o príncipe Pablo a forzar a súa dimisión a comezos de 1939.

En agosto dese ano, o sucesor de Stojadinović, Tsescović, e o líder campesiño croata Maček, alcanzaron un pacto serbo-croata -Sporazum- para converter Iugoslavia nun Estado federal dividido en banovinas (provincias) amplamente autónomas. Este acordo unificaba as provincias de maioría croata nunha única rexión autónoma, pero deixando fóra a zona oriental de Eslavonia, desde a liña entre Vukovar e a desembocadura do Sava no Danubio, habitada maioritariamente por serbios, e a maior parte de Bosnia; o primeiro ban desta Croacia autónoma foi Subašić. Pero o amaño chegaba tarde e os acontecementos internacionais non tardarían en arruinar a traballosa obra de dúas décadas.

Serbia na segunda guerra mundial (1941-1945)[editar | editar a fonte]

Primeira desaparición de Iugoslavia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Segunda guerra mundial.

Cinco días despois da firma do acordo serbio-croata, o 1 de setembro de 1939, a Alemaña de Hitler invadía Polonia e comezaba a segunda guerra mundial. O goberno iugoslavo viuse forzado a realizar precarios equilibrios en prol da neutralidade. Pero os seus esforzos foron inútiles.

Hitler presionaba para que se lle concedese liberdade de tránsito de material bélico polo país, cara a Grecia (febreiro de 1940), ao que finalmente accedeu o goberno a cambio da Macedonia grega e Salónica (25 de marzo de 1940). Pero o xeneral Simović opúxose, interpretando a protesta popular, e deu un golpe de Estado o 26 de marzo. O primeiro ministro Čvetković foi arrestado, anulada a rexencia e proclamada a maioría de idade de Pedro II (27 de marzo).

Esa era a escusa que esperaba Hitler, quen ordenou a invasión. O 6 de abril tropas alemás, italianas, húngaras e búlgaras invadiron o país e, en poucas semanas, o goberno capitulou (18 de abril).

Repartición de Iugoslavia entre as potencias do Eixe, co estado monicreque de Croacia (1941).

Iugoslavia desapareceu, desmembrada entre os seus veciños. O III Reich, herdeiro dos pretendidos dereitos austríacos, anexionou o sur de Estiria e a parte de Carintia que estaban integradas en Eslovenia. Italia fixo realidade unha antiga aspiración incorporando a outra provincia eslovena, Carniola (incluíndo a cidade de Ljubliana, capital de Eslovenia), máis unha boa parte do litoral dálmata (a zona entre Zadar [Zara] e Split [Spalato], pertencente a Croacia, e Kotor [Cattaro], de Montenegro) e a rexión de Kosovo (Serbia), que foi incorporada á súa colonia albanesa. Os búlgaros obtiveron a Macedonia iugoslava, excepto unha pequena porción que se uniu á Albania italiana (que ademais recupera a súa saída ao Exeo, a costa de Grecia). E os húngaros varias zonas fronteirizas do norte (o extremo oriental de Eslovenia, o triángulo formado entre os ríos Drava e Danubio, que pertencía a Croacia), mais Voivodina (a parte Serbia do Banato), aínda que esta baixo control militar xermano-italiano, ao igual que quedou Montenegro. Sobre solo iugoslavo só permaneceron dous estados teoricamente independentes: Croacia e Serbia.

O estado croata[editar | editar a fonte]

Croacia, que rompera os seus lazos con Belgrado ao producirse a invasión, constituíuse como reino, con inclusión da Eslavonia oriental (que pasara anteriormente a Serbia), é dicir, todo o territorio entre o Sava e o Drava, até as aforas de Belgrado, e de Bosnia e Hercegovina (pero sen a parte do litoral dálmata que pasara a Italia).

Foi proclamado rei un italiano, o príncipe Aimone de Aosta, duque de Spoleto, que tomou o nome de Tomislav II (en honor do fundador do primeiro estado croata). Pero foi un rei teórico, xa que se abstivo de pisar o seu reino. Gobernada ditatorialmente polo Poglavnik (Caudillo) Ante Pavelić, Croacia uniu a súa sorte á do Eixe.

A Serbia de Nedić[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Serbia de Nedić.
Serbia entre 1941-1944. En verde, rexión autónoma do Banato.

Ao leste de Croacia quedou unha reducida Serbia, que recobrou unha sombra de soberanía baixo a protección alemá e o goberno autoritario do colaboracionista xeneral Milan Nedić. A chamada Serbia de Nedić (en serbio latino: Nedićeva Srbija, serbio cirílico Недићева Србија) estaba encabezada polo xeneral serbio Milan Nedić, baixo o mando militar alemán e co nome oficial de Vlada Nacionalnog Spasa (Влада Националног Спаса, ou Goberno de Salvación Nacional), entre 1941 e 1944 e, debido a iso, recibe os nomes informais de réxime de Nedić[67] ou Serbia de Nedić.[68]

Xeograficamente, o novo goberno administraba un territorio formado pola maior parte de Serbia Central, o sector norte de Kosovo, en torno a Kosovska Mitrovica, e a rexión autónoma do Banato,[69] que se mantivo baixo o mando da minoría étnica alemá que vivía alí.

Este goberno serbio, a pesar das súas afirmacións de ser o dun estado independente, durante todo o período estivo subordinado a unha administración militar alemá coñecida como a Administración Militar en Serbia (en alemán, Militärverwaltung em Serbien, en serbocroata Војна управа y Србији / vojna uprava u Srbiji).

O goberno militar estableceuse en 1941, despois de varios meses de ocupación de Iugoslavia polo Eixe.[70][71][72] Incapaz de opoñerse ás ordes alemás, o xeneral Nedić permitiu a existencia de campos de concentración no seu territorio. En total, calcúlase que aproximadamente 80.000 persoas morreron nestes campos.

Ocupación e resistencia[editar | editar a fonte]

Como noutros lugares da Europa ocupada, as duras condicións impostas polos alemáns provocaron a aparición da resistencia antifascista, que foi adquirindo progresiva importancia na fixación de unidades inimigas na retagarda. Esta resistencia non tardou en manifestarse en Iugoslavia; ao principio, en forma de sabotaxes e, máis tarde, dun poderoso movemento guerrilleiro.

Nun primeiro momento a iniciativa correspondeu aos chetniks, patriotas serbios monárquicos dirixidos polo coronel Draza Mihailović, que actuaban apoiados polos británicos. Pero, tras a invasión alemá da URSS, en 1941, foron os comunistas quen asumiron un maior protagonismo e mantiveron o peso dunha guerra sen cuartel. Dirixidos polo croata Josip Broz, Tito, foron capaces de organizar un auténtico exército regular, que recibiu o apoio dos aliados, e que foi capaz de liberar por si mesmo a maior parte do territorio nacional, aínda que nas etapas finais colaboraron unidades soviéticas. Como é lóxico -dada a situación- a loita guerrilleira tomou visos de auténtica guerra civil, na que croatas e serbios, fascistas, chetniks e comunistas se combatían con enorme ferocidade.

En Serbia, coa axuda do Exército Vermello ruso, os partisáns iugoslavos acabaron co goberno de Nedić en maio de 1944. Os líderes serbios colaboracionistas fuxiron a Eslovenia ao final da guerra, aínda que moitos deles foron capturados e executados.

O gran mérito de Tito foi articular, coa axuda doutros partidos, un movemento político de ampla base, o Consello Antifascista de Liberación Nacional de Iugoslavia (novembro do 42), transformado no ano seguinte en Comité Nacional de Liberación, que terminou sendo recoñecido polos aliados e que, nos últimos anos da guerra, sentou as bases para a reconstrución do estado iugoslavo baixo a fórmula dunha federación de repúblicas amplamente autónomas.

Este Comité organizou a Fronte Popular e anulou o goberno de Pedro II no exilio.[73] Apoiado polos aliados en Teherán e Ialta, Tito desprazou a Mihailović. En setembro de 1944, os titistas entraron en Belgrado, e na primavera de 1945 caeron no seu poder Croacia e Eslovenia. Un goberno provisional instalouse na capital, á espera de que unhas eleccións parlamentarias decidisen o futuro do reunificado país.

A Iugoslavia de Tito (1945-1980)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Josip Broz Tito.

Os cambios territoriais foron esta vez moi limitados. Iugoslavia, porén, ampliou os seus límites coa incorporación de Istria e da metade oriental da provincia italiana de Gorizia, en Venecia-Xulia, recuperando ademais Zara e Rijeka, mentres que a cidade de Trieste, disputada con Italia, era internacionalizada (Territorio Libre de Trieste).[74][75]

Os primeiros anos de posguerra trouxeron enormes transformacións en todos os Balcáns e tamén, por tanto, en Iugoslavia. As antigas clases dirixentes foran dicimadas polos nazis ou represaliadas como colaboracionistas tras a vitoria aliada. O control de Iugoslavia polo Movemento de Liberación, de maioría comunista, sentenciou en gran medida o destino do país.

En Iugoslavia, como en Romanía, Bulgaria e Albania, a transición cara a réximes comunistas foi un proceso bastante similar, e implicou unha serie de etapas, conforme á exposición gradualista que o búlgaro Rakovski denominou táctica do salchichón. Principais animadores da resistencia, os minoritarios partidos comunistas impulsaron a formación de Frontes Populares antifascistas durante a guerra, e transformáronse en organizacións de masas, piares básicos dos gobernos de coalición establecidos tras a liberación.

Abertamente apoiados polos soviéticos, e donos dos ministerios clave -Defensa, Interior, Xustiza-, fixéronse co control dos sindicatos e da Administración, mentres a súa indubidábel popularidade se vía reforzada pola defensa dunha reforma agraria radical. O esmagador triunfo electoral, aínda que non sempre limpo, das Frontes facilitou, entre 1945 e 1947, a eliminación política -e ás veces física- da oposición liberal e agraria e o establecemento de réximes republicanos baseados nos principios estalinistas da democracia popular.

En 1948, os comunistas gobernaban ditatorialmente nos catro países anteditos, absorbidos no seu seo os partidos socialistas, e disolvidos ou integrados en monolíticos e silentes bloques de apoio o resto dos seus antigos socios. Para entón sentáranse as bases da reconstrución económica, adoptando o modelo de planificación soviético, e a reforma agraria iniciaba, non sen fortes resistencias no campo, a súa segunda fase, baseada na colectivización das terras.

En Iugoslavia, previsto nos acordos con Subašić un Consello de Rexencia e unha Asemblea Constituínte, a triunfante Xunta Antifascista de Liberación asumiu o goberno provisional, presidido por Tito (8 de marzo de 1945) e convocou unha Asemblea Provisional. No caos da primeira posguerra, e mentres se desataban fortes represalias contra os colaboracionistas e os chetniks de Mihailović, o goberno tomou unha serie de medidas políticas, sociais e económicas para consolidar unha previsíbel Fronte Popular. Esta Fronte Popular fixo aprobar pola Asemblea unha lei electoral moi favorábel aos seus intereses. Declarada a incompatibilidade coa monarquía e desarticulados os seus partidarios, a Fronte Popular obtivo unha esmagadora vitoria nas eleccións para as dúas Cámaras do novo Parlamento, o Consello Federal e o Consello das Nacionalidades (11 de novembro de 1945).[76]

Amparada nun masivo apoio popular, a Fronte fixo que o Parlamento abolise a monarquía (20 de novembro de 1945) e proclamase unha República Popular Federal, integrada por seis repúblicas federadas e dúas rexións especiais dentro de Serbia (Voivodina e Kosovo). Un goberno de maioría comunista puxo en marcha, a partir de 1946, a reconstrución do país, implantando a reforma agraria e unha economía planificada, cuxo primeiro Plan Quinquenal se iniciou en 1947. A nova Constitución socialista aprobouse en xaneiro de 1946.

O mariscal Tito, presidente de Iugoslavia (1953-1980).

A idea dunha Federación Balcánica era un vello soño do socialismo peninsular, que agora parecía poder realizarse. En 1947 tanto Tito como o búlgaro Dimitrov pareceron dispostos a alentar a federación entre os seus países, pero Stalin e o albanés Hoxha, que desconfiaba da influencia iugoslava sobre o seu país, opuxéronse á medida. En realidade, a Unión Soviética mantiña unhas aspiracións imperiais sobre Europa oriental que requirían uns estados débiles e uns partidos comunistas dóciles ás orientacións emanadas de Moscova. En decembro de 1947 creouse en Belgrado o Kominform, un organismo encargado de coordinar a actuación dos partidos estalinistas europeos e de velar pola súa ortodoxia.

Pouco despois, os soviéticos subscribían tratados de amizade coas democracias populares, establecendo empresas mixtas e acordos de clearing claramente desvantaxosos para os seus socios. Finalmente, a estratexia de dominación soviética concretouse en 1949 co chamado Plan Molotov que, mediante a creación do Consello de Axuda Mutua Económica (CAME, máis coñecido por COMECON), establecía un marco de coordinación económica supranacional e afastou durante moitos anos aos países da Europa do Leste de calquera dependencia do capitalismo occidental.

En Iugoslavia, os comunistas opuxéronse resoltamente a esta política. Apoiado polos seus segundos, Milovan Djilas e Eduard Kardelj, Tito apartou do goberno, en maio de 1948, aos ministros máis favorábeis ás exixencias soviéticas, e iso deu lugar á ruptura.

O réxime iugoslavo, que defendía as vías nacionais ao socialismo, foi acusado de nacionalismo burgués e expulsado do Kominform por Stalin (1948). O país tivo que soportar un duro bloqueo económico por parte dos seus veciños e algunhas ameazas de invasión. Pero o titismo resistiu, e o seu exemplo despertou simpatías en comunistas de todo o mundo. O que se coñece como o cisma iugoslavo sementou a alarma entre os dirixentes estalinistas doutros países, o que propiciou que, a finais da década, comezasen as purgas e os acusados de titismo -en xeral, comunistas partidarios dunha maior independencia respecto a Moscova- fosen expulsados do partido, encarcerados ou executados.

O boicot comunista obrigou a Tito a modificar a súa política interior e exterior. Iugoslavia iríase aproximando a Occidente, solicitando axuda a Gran Bretaña, os Estados Unidos e Francia, aínda que isto non lle impediu manter a súa postura independente a a súa ideoloxía comunista. Esta aproximación a Occidente permitiu a Iugoslavia, nun primeiro momento, obter bos resultados na cuestión de Trieste e Istria e, ademais, alcanzar certas melloras económicas.

Porque nesta época ocorreu tamén o problema de Trieste. A provincia de Gorizia, que formaba parte do Friuli udinés (coa de Udine), permaneceu unida a Austria cando esta entregou, en 1866, o Friuli ao Reino de Italia, como vimos anteriormente. Debido á alta porcentaxe de poboación italiana que albergaba, Trieste foi entregado a Italia en 1918, ao mesmo tempo que Gorizia e Istria.

Ao finalizar a segunda guerra mundial, a parte noroeste da provincia de Gorizia (excepto a propia cidade de Gorizia) foi cedida a Iugoslavia, así como Istria, mentres que a porción sueste (xunto cunha porción do norte de Istria) pasou a formar parte do Territorio Libre de Trieste.

Véxase tamén: Territorio Libre de Trieste.

A zona, incluída a cidade de Trieste, fora liberada en abril de 1945 por tropas do mariscal Tito, que a reclamou para Iugoslavia. Como estes territorios tamén eran reclamados por Italia, no tratado de paz de 1947, baixo a protección da ONU, creouse este Territorio Libre de Trieste, dividido en dúas zonas: a zona A, baixo administración militar anglo-americana, e a zona B, ocupada e controlada por Iugoslavia. En outubro de 1954, Tito accedeu (Memorándum de Londres) a que a zona anglo-americana pasase a depender de Italia.

Por outra parte, o resto do Friuli (a parte occidental, provincia de Udine e o pouco que quedou da de Gorizia, incluíndo a capital) quedou para Italia e, despois da Constitución de 1947, constituíu a rexión autónoma de Friúl-Venecia Xulia, á que se agregou, como capital, a cidade de Trieste en 1954.

O socialismo autoxestionario
Artigo principal: Socialismo autoxestionario.

No plano interior, Tito anulou o centralismo, impulsando o federalismo, e potenciou o cooperativismo. As repúblicas federadas aumentaron a súa autonomía económica e política, e en 1950 introduciuse a autoxestión das empresas polos Consellos dos Traballadores, encargados da administración interna, dos obxectivos de produción e comercialización e das condicións de traballo e salario. En 1953 autorizouse a disolución das comunas agrarias e animouse aos agricultores a asociárense libremente en cooperativas.

Todas estas reformas (e a da estrutura do partido -a Liga dos Comunistas Iugoslavos-, modificada en 1952) introducíronse na nova Constitución de 1953, que transformou ademais o antigo Consello das Nacionalidades nun órgano de representación laboral, o Consello de Produtores, ao tempo que o Consello Federal se convertía en Cámara das Entidades Territoriais.

No exterior, ao ano seguinte (1954) resolveuse definitivamente, como xa vimos, o problema de Trieste e, coa visita á India, Tito iniciou a súa política de liderado dos países non aliñados. En 1955 melloraron as relacións coa URSS e outros países socialistas, co que quedaba reforzado o titismo que, no ámbito nacional, foi censurado polo antigo colaborador de Tito e ideólogo do partido M. Djilas.

Tras un período de crise nas relacións iugoslavo-soviéticas pola intervención rusa en Hungría (1956) e dun novo congreso da Liga dos Comunistas (1958) melloraron de novo as relacións coa URSS (1959), aínda que Iugoslavia mantivo unha actitude neutral ante o conflito chinés-soviético. Na súa política co Terceiro Mundo, as relacións de Tito con Nasser e Nehru e as múltiplas visitas a diversos países consolidáronse coas Conferencias de Belgrado (1961) e O Cairo (1966), que converteron a Iugoslavia no líder do Movemento dos Non Aliñados e un dos puntos de referencia do nacente Terceiro Mundo.

Despois das dificultades que nos primeiros momentos do réxime supuxo o proceso do cardeal Stepinać, firmouse un acordo co Vaticano, mentres que a capacidade negociadora de Tito cos países non aliñados púxose en xogo nos conflitos de Oriente Medio e Vietnam.

A invasión de Checoslovaquia por tropas do Pacto de Varsovia (1968) obrigou a unha reproposta da defensa e a manter especiais contactos con Romanía; e para reforzar o federalismo e preparar o relevo de Tito instaurouse a presidencia colectiva (Constitución de 1971).

A disolución de Iugoslavia: Serbia na Terceira Iugoslavia (1992-2003)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Guerras iugoslavas.

A Iugoslavia sen Tito[editar | editar a fonte]

Os anos oitenta trouxeron unha profunda crise aos países socialistas balcánicos. En certa forma, recibían agora os efectos da recesión das economías capitalistas durante a década anterior. Tamén coñecían o fracaso na captación de mercados terceiromundistas, onde non podían competir coas multinacionais occidentais. Pero non só a conxuntura internacional ía ser decisiva no proceso de esborroamento das ditaduras balcánicas.

Os réximes comunistas lograran considerábeis éxitos na industrialización e elevaran o nivel cultural e certos aspectos da calidade de vida dos seus pobos. Porén, iso fixérase a costa dun crecente estancamento da agricultura, dunha represión totalitaria das máis elementais liberdades individuais e do enriquecemento dun sector privilexiado de dirixentes políticos e sindicais, que estenderan a corrupción nos aparatos estatais e nas grandes empresas.

Os primeiros sinais dun cambio na situación déronse xa en Iugoslavia na década anterior. A estreita relación da economía iugoslava con Occidente fíxolle sufrir os efectos da crise de 1973 (a crise do petróleo), que se traduciron nunha retracción do comercio e nun aumento das desigualdades entre as rexións máis ricas -Eslovenia, Croacia- e as máis pobres -Macedonia, Kosovo-. Por outra parte (ou talvez como consecuencia disto), o nacionalismo particularista comezou a adquirir forza, sen que a reforma constitucional de 1971, que limitaba aínda máis os poderes do goberno federal, detivese o proceso.

Así, suscitáronse problemas con Croacia (novembro-decembro de 1971), que o ano seguinte provocaron un gran reaxuste no partido e reflectíronse en diversos atentados no exterior e na desarticulación de redes de terroristas (xullo de 1972). A partir de 1974 produciuse un cambio de orientación e modificouse novamente a Constitución, esta vez en sentido centralista, mentres se endurecía a represión dos disidentes.

Esta nova Constitución, promulgada o 27 de febreiro de 1974, trataba ademais de trazar as futuras vías do socialismo iugoslavo, reforzando as bases da autoxestión e tratando de afrontar globalmente os problemas políticos e económicos de Iugoslavia como paso previo á sucesión de Tito.

Esta produciuse á súa morte, acaecida en 1980, que deu paso efectivo á presidencia colectiva, formada por oito representantes das seis repúblicas e as dúas rexións autónomas, con presidente de rotación anual entre eles. Esta presidencia houbo de enfrontarse de contado á violencia xerada polas reivindicacións da minoría albanesa de Kosovo (que constituía o 90 % da poboación desa provincia autónoma de Serbia) e a crecentes dificultades económicas.

Na segunda metade da década adoptáronse medidas radicais, reformando o sistema de autoxestión, liberalizando paulatinamente a economía e tolerando as actividades dunha oposición non comunista que, en 1989-90, comezou a obter sonados triunfos electorais nalgunhas repúblicas (Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina).

Os anos de Milošević (1992-2000)[editar | editar a fonte]

A Perestroika[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Perestroika.
Mikhail Gorbachev en 1987.

A chegada ao poder na URSS de Mikhail Gorbachev, en 1985, e a aplicación do seu programa de reformas -Perestroika- abriu unha etapa de profundos cambios na Europa oriental. Non se trataba dunha imposición soviética, senón dunha auténtica quebra da orde económica, política e social. Peza fundamental do equilibrio europeo, Iugoslavia enfróntase ao iniciarse a década dos noventa a un futuro difícil, ante a repunta das nacionalidades disolventes e a perda de apoio social do comunismo.[77]

En 1991 Eslovenia e, máis tarde, Croacia, declaran a súa independencia, que non é aceptada por Serbia que, gobernada polos antigos comunistas de Slobodan Milošević, esmaga as autonomías de Voivodina e Kosovo e, coa axuda do seu incondicional Montenegro, aspira de novo á formación da Gran Serbia, reclamando os territorios croatas onde hai maioría -ou mesmo minoría- de serbios. Os novos chetniks, apoiados abertamente polo exército federal (en mans serbias), emprenden a "liberación" destes territorios, cuxas autoridades serbias, á súa vez, se proclaman autónomas respecto de Croacia e desexan integrarse en Serbia (Eslavonia oriental -a parte croata da mesma-, a Krajina croata, Banija). Mentres, no medio de Serbia e Croacia, os serbios, croatas e musulmáns de Bosnia e Hercegovina fan equilibrios para non se veren involucrados no conflito serbio-croata, pois temen ser repartidos entre estes, quedando Bosnia reducida a un pequeno país musulmán. Macedonia do Norte, ao fin, tamén proclama a súa soberanía, que non é admitida nin por Serbia, nin por Bulgaria, nin por Grecia.

Os vellos problemas rebrotan para cuestionar, unha vez máis, a viabilidade do estado iugoslavo. E os acontecementos vividos ao longo de 1992 parece que, definitivamente, levan ao final o soño da unión dos eslavos do sur.

Os conflitos[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Guerras iugoslavas.

As guerras e outros feitos bélicos que puxeron fin ao estado iugoslavo, coñecidos como guerras iugoslavas, foron unha serie de conflitos nos territorios da antiga Iugoslavia que se sucederon durante dez anos, entre 1991 e 2001, e que comprenderon dous grupos de guerras sucesivas que afectaron ás seis ex repúblicas iugoslavas e outros conflitos nos que se implicaron as potencias occidentais.

Estas guerras caracterízanse polos conflitos étnicos entre os pobos da ex Iugoslavia, principalmente entre os serbios por un lado e os croatas, bosníacos e albaneses por outro, aínda que tamén, nun principio, entre bosníacos e croatas en Bosnia e Hercegovina.

As guerras iugoslavas terminaron con gran parte da ex Iugoslavia reducida á pobreza, con desorganización económica masiva e inestabilidade persistente nos territorios onde ocorrían as peores loitas. Foron os conflitos máis sanguentos en solo europeo desde a fin da segunda guerra mundial, dos que resultaron nunhas de 130 000 a 200 000 mortes[78] e millóns de desprazados dos seus fogares. Foron tamén os primeiros conflitos desde a segunda guerra mundial nos que foron formalmente xulgados os xenocidas, e nos que moitos dos individuos claves participantes foron consecuentemente acusados por crimes de guerra.

Co paso dos anos foi tomando corpo a hipótese, mantida por algúns medios (especialmente nos pro serbios), de que varias potencias mundiais, especialmente Alemaña e os Estados Unidos crearon o ambiente propicio para a fragmentación do país, a través da venda de armas ás repúblicas independentistas e da manipulación dos medios de comunicación, sobre todo con fins económicos.[79]

Estes conflitos poden dividirse en tres grupos:

  • Guerras durante o desmembramento da República Federal Socialista de Iugoslavia:
    1. Guerra dos Dez Días ou guerra de Independencia eslovena (1991)
    2. Guerra de Croacia (1991-1995)
    3. Guerra de Bosnia (1992-1995)
  • Guerras en áreas poboadas por albaneses:
    1. Guerra de Kosovo (1999)
    2. Conflito do sur de Serbia (2001)
    3. Conflito de Macedonia (2001)
  • Campañas aéreas da OTAN contra os serbios:
    1. Bombardeo da República Srpska (1995-1996)
    2. Operación Allied Force ou bombardeo sobre Iugoslavia (1999)

O odio nacionalista[editar | editar a fonte]

O odio foi sempre a clave das guerras en Iugoslavia. Odios nacionalistas potenciados por odios relixiosos. Unhas diferenzas que se afondan máis aínda pola memoria histórica. A crueldade da guerra de Croacia, cos serbios entrando pola brava na sitiada cidade de Vukovar, por exemplo, non se entenden sen saber que durante a segunda guerra mundial os croatas asasinaron na anexionada Bosnia a 700 000 serbios só polo feito de seren serbios (ademais de a outros cantos centos de miles de musulmáns). Os terríbeis relatos de serbios contra musulmáns, e ao revés, en Serbia-Hercegovina, tampouco non se comprenden fóra do fanatismo que enfronta a islámicos e ortodoxos. Igual que mañá pode suceder en Kosovo, fronte aos albaneses (ou aos serbios). Ou en Macedonia, auténtico puzzle de nacionalidades.

Recordemos que un nacionalista serbio asasinou en Saraxevo ao herdeiro do Imperio Austro-Húngaro o 28 de xuño de 1914 e aí se data o comezo da primeira guerra mundial. E que un nacionalista croata asasinou en Marsella ao rei iugoslavo (serbio) Alexandre I en 1934, e a partir de aí veuse abaixo a posibilidade de construír un novo país.

Dous nacionalistas musulmáns e un croata ametrallaron, o 1 de marzo de 1992, aos asistentes a unha voda serbia en Saraxevo, e esa faísca contribuíu a desencadear o posterior conflito de Bosnia. A historia, desde logo, non a fan os exaltados, pero a súa presenza contribúe a provocar a parte irracional de todos os conflitos.

O fracaso da Comunidade Europea[editar | editar a fonte]

A Comunidade Europea tratou, durante todo o ano 1991, de evitar a guerra no centro do continente, pero á vista está que o resultado foi que non soubo, ou non foi capaz de facelo. Máis aínda, moitas veces contribuíu a botar leña ao lume; primeiro, tratando a toda costa de evitar a desmembración de Iugoslavia cando esta era xa un feito, apoiando deste modo as ambicións panserbias de Milošević; máis tarde, coa súa precipitación no recoñecemento de Bosnia, sen ter previsto o futuro desta complicada república.

Durante unha primeira fase, que durou até decembro de 1991, a CE cre que a paz e a estabilidade de Iugoslavia dependen do seu proceso democratizador e dedícase a apoialo. Tamén se inclina polo mantemento dun órgano constitucional común -federal ou confederal- que servise para manter a configuración do Estado. O plan parecía a simple vista o máis sensato ante as dificultades que presentaban algunhas repúblicas con diferentes nacionalidades ou etnias dentro do seu espazo territorial (en realidade todas agás Eslovenia). En calquera caso, nesta fase a CE estaba convencida de que o desmembramento do país non era o camiño a elixir para alcanzar a paz.

Porén, parecían advertirse certas fisuras entre os países comunitarios. Alemaña estaba disposta a recoñecer e apoiar a secesión de Croacia e Eslovenia, mentres que Francia e España, por diferentes razóns, opinaban que sería mellor frear a vaga de separatismos (Francia, tradicional aliada de Serbia, talvez receaba dun rexurdimento do Imperio Austro-Húngaro, cunha Alemaña que manexase a unha Eslovenia e a unha Croacia monicreques; España -o goberno español- quizais temese un "contaxio" de vascos e cataláns).

Jacques Delors, presidente da Comisión Europea (Goberno da Comunidade), dicía entón aos iugoslavos: "Habería que buscar unha solución que poida reconciliar as aspiracións das repúblicas á soberanía e o interese evidente de manter un marco institucional común. Un marco compatíbel coas grandes correntes de integración europea". Decididamente, a CE pensaba a longo prazo e apostaba por un espazo común que non fragmentase o país. Pero o país xa estaba fragmentado.

Nos diversos nacionalismos iugoslavos non deixaban pegada as advertencias europeas. O mapa de Iugoslavia convertérase en repúblicas autistas encerradas na súa respectiva exaltación nacionalista e incapaces de dialogar.

Quen prendeu a mecha do posterior conflito? Quen tirou a primeira pedra? Como ocorre sempre, cada república bota a culpa á nacionalidade veciña e difícil sería encontrar un só culpábel. Se algo queda claro nestas guerras é que non hai inocentes, fóra as vítimas. Todos os gobernantes e a clase política son responsábeis.

En realidade, por escavar na prehistoria, o causante orixinario do desaguisado non sería outro que Josip Broz, Tito. Como bo ditador, gobernou coma se fose vivir sempre e como se tamén sempre fose existir o partido comunista. O seu esquema era simple: un home forte para dirixir con man dura e un aparato poderoso e único para amalgamar sen discusión posíbel as diferenzas.[80]

Sobre esta base, o mariscal Tito (de nacionalidade croata) -co seu principal ideólogo, Edvard Kardelj (de nacionalidade eslovena- freou o nacionalismo serbio, etnia maioritaria e que sempre aspirara a dirixir e asimilar (mesmo esmagar) os demais sudeslavos. Non existirá unha Iugoslavia forte sen unha Serbia débil, diría máis dunha vez. E en sucesivas reformas constitucionais foi ampliando os dereitos das outras nacionalidades, equiparándoos aos serbios, como xa vimos. Así concedería, a finais dos sesenta, o status de etnia aos musulmáns bosníacos, único caso no mundo en que unha denominación relixiosa se aplica con valor de nacionalidade (os musulmáns bosníacos -e os que viven noutras repúblicas- son da mesma "raza" que os serbios e os croatas, e falan o mesmo idioma; son eslavos descendentes dos serbios e croatas que se converteran ao islamismo durante a ocupación otomá, como vimos, non son "turcos").

Até tal punto fomentaría Tito esta exaltación nacionalista que, no censo de 1980, ano en que morreu, os cidadáns estaban obrigados a encher a correspondente cuadrícula elixindo unha nacionalidade e prohibíndoselles escribir nacionalidade: iugoslava. Os fillos dos matrimonios mixtos, por exemplo serbio-croata ou montenegrino-musulmán, podían elixir a da nai ou a do pai: Iugoslavia quedou sen cidadáns iugoslavos.[81] Pero tanto antes como despois do censo de 1980, os cidadáns que se autodefinían como iugoslavos sempre foron unha minoría (case sempre fillos de matrimonios mixtos).

O mosaico nacionalista[editar | editar a fonte]

Cunha poboación total de máis de 22 millóns de habitantes, en 1991 a distribución das distintas nacionalidades en Iugoslavia era a seguinte:

Poboación de Iugoslavia por repúblicas e provincias en 1991
Serbia
  
40.9%
Serbia propiamente dita
  
24.0%
Croacia
  
20.6%
Bosnia e Hercegovina
  
18.8%
Macedonia
  
8.8%
Voivodina
  
8.6%
Kosovo
  
8.4%
Eslovenia
  
8.2%
Montenegro
  
2.6%

Pero cómpre engadir que estes habitantes non se concentraban nas súas respectivas repúblicas e provincias, senón que, dentro de cada unha delas, a distribución das nacionalidades era a seguinte:

  • Serbia: serbios, 64 %; albaneses, 13 %; húngaros 4 %; croatas, 2 %; musulmáns, 2 %; outros (*), 15 %.
    • Voivodina: serbios, 54 %; húngaros, 19 %; croatas, 5 %; outros (*), 22 %.
    • Kosovo: albaneses, 68 %; serbios, 12 %; musulmáns (bosníacos), 2 %; outros (*), 18 %.
  • Croacia: croatas, 74 %; serbios, 12 %; outros (*), 14 %.
  • Bosnia e Hercegovina: musulmáns (bosníacos), 40 %; serbios, 31 %; croatas, 18 %; outros (*), 11 %.
  • Eslovenia: eslovenos, 88 %; croatas, 3 %; serbios, 2 %; outros (*), 7 %.
  • Macenonia: macedonios, 63 %; albaneses, 18 %; serbios, 11 %; outros (*), 8 %.
  • Montenegro: montenegrinos, 68 %; musulmáns (bosníacos), 13 %; macedonios, 7 %; serbios, 3 %; croatas, 1 %; outros (*), 8 %.

(*) Entre os outros inclúense, en porcentaxes aproximadas referidas á totalidade da poboación de Iugoslavia: romaneses (xitanos), 0,7 %; turcos, 0,5 %; eslovacos, 0,4 %; romaneses, 0,2 %; búlgaros, 0,2 %; valacos, 0,1 %; rutenos, 0,1 %; checos, 0,1 %; italianos, 0,1 %; ucraínos, 0,1%; alemáns, 0,1 % e, con menos do 1 %, rusos, xudeus, polacos e gregos.

Milošević prende o nacionalismo serbio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Discurso de Gazimestan.

O punto de partida da situación bélica pode fixarse no 4 de abril de 1987. Na rexión autónoma serbia de Kosovo, berce medieval dos serbios, producíranse xa incidentes entre a poboación albanesa (abrumadoramente maioritaria) e a serbia, xa que aqueles queixábanse (con razón) de que estes os tiñan discriminados e non recoñecían os seus dereitos nacionais.

Slobodan Milošević.

Pero ese día, o daquela xefe dos comunistas serbios, Slobodan Milošević, pronunciou o primeiro discurso de exaltación do nacionalismo serbio. Cos ánimos ben quentes polos recentes sucesos, Milošević diría as dúas cuestións claves que a súa multitudinaria audiencia estaba esperando escoitar: "De agora en adiante, ninguén se atreverá a maltratarvos e Iugoslavia desintegraríase sen Kosovo" (en alusión á petición dos albaneses do estatuto de república federada para a súa provincia, que os serbios interpretaban como un paso para a súa posterior integración na "Gran Albania").

A resposta de Milošević foi a anulación do estatuto de autonomía de Kosovo e a prohibición do albanés nas escolas, na universidade e na administración pública (e, de paso, tamén suprimiu o da outra provincia autónoma de Serbia, Voivodina, cunha importante minoría húngara: a partir de entón serían gobernadas por serbios atentos ás ordes de Belgrado). Desde aquela, os enfrontamentos entre as dúas etnias sucedéronse de xeito cada vez máis grave, con intervencións do exército (con mandos maioritariamente serbios) para protexer, sobre todo, a minoría serbia.

A caída do muro de Berlín (1989) e o afundimento do mundo comunista agrava o problema das nacionalidades, que cada día adquiría maior virulencia por toda Iugoslavia. Até os partidos da liga de fútbol se interrompen antes de acabar ao enleárense en enfrontamentos violentos os seareiros dos equipos de diferentes repúblicas. O baleiro de poder federal, orixinado tras a morte de Tito e propiciado por el cunha presidencia rotatoria anual que impedía a aparición dun líder para todo o país, foi afectando a todos os organismos unitarios.

As peticións de Eslovenia e Croacia, as repúblicas máis occidentalizadas e desenvolvidas economicamente, de establecer unha unión confederal en Iugoslavia foron rexeitadas polos serbios, que seguían empeñados na construción da Gran Serbia. En xaneiro de 1990, nun congreso extraordinario convocado en Belgrado, rompe a única organización común que había no país: eslovenos e croatas abandonan a Liga dos Comunistas Iugoslavos. Nos meses seguintes, os parlamentos de cada unha destas repúblicas inician o proceso secesionista e, nas sucesivas eleccións que van tendo lugar, os partidos de ámbito nacionalista varren aos seus opoñentes (en Eslovenia triunfa Milan Kučan, en Croacia Franjo Tudjman, ambos os dous comunistas reconvertidos; en Serbia, agora Milošević tampouco é comunista: lidera o Partido Socialista Serbio).

En vermello, República Krajina de Serbia.
O conflito da Krajikna

Ante o furor nacionalista, a minoría serbia en Croacia inquiétase. Na rexión de Krajina comezan as protestas anticroatas e, o 17 de agosto, o goberno croata envía unidades especiais de policía para impedir que os serbios desta provincia celebren un referendo de autonomía. A comezos de 1991, a presidencia colexiada iugoslava ordena o desarmamento de todas as unidades paramilitares de Eslovenia e Croacia.

Desde había meses, en ambas as repúblicas, sobre todo en Croacia, empezara unha frenética actividade de compra de armas, principalmente procedentes de Hungría, Austria e Alemaña. As dúas repúblicas negáronse a obedecer as ordes. Croacia respondeu que "as únicas unidades paramilitares existentes son as formadas polos serbios en Krajina". E o goberno federal reaccionou dando instrucións ao exército para que se encargase de desarmar as organizacións paramilitares e ordenando a busca e captura de Martin Spegelj, por importación ilegal de armas. Días despois, o parlamento croata decidiu que as leis federais non serían válidas na súa república.

As escaramuzas sucedéronse, salferidas de mortos, ante uns dirixentes políticos impávidos que só alentaban o nacionalismo radical. De nada serviu unha reunión celebrada en Split con asistencia dos seis presidentes das repúblicas e os dous das rexións ex autónomas. A máis mortos, maiores tensións étnicas.

Pero o golpe final deuno Milošević que, sectariamente, ao contar con catro dos oito votos da presidencia colexiada (os de Serbia, Voivodina e Kosovo, que controla directamente, máis o do seu aliado Montenegro, república habitada por serbios), veta o nomeamento de Presidente da República do croata Stjepan Mesić, ao que lle correspondía asumir, por quenda rotatoria, o 12 de maio esta presidencia. Iugoslavia queda sen presidente durante varios meses e, por tanto, sen xefe das forzas armadas. Cando por fin Milošević levanta o veto, xa é demasiado tarde.

A guerra de Croacia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Guerra de Croacia.

Esta acefalia da República é aproveitada por Milošević, coa axuda de militares serbios adictos, para separar do exército ou condenar ao ostracismo aos mandos non serbios ou montenegrinos, incluído ao propio ministro de defensa, que era croata. O Secretario de Estado norteamericano, James Baker, visitou Iugoslavia coa intención de evitar a inmediata guerra. Ao finalizar a súa estancia, o 21 de xuño de 1991, declarou que o seu país apoiaba a unidade e a democratización de Iugoslavia, e que non recoñecería ningún acto unilateral de separación.

Zonas poboadas por serbios en Croacia (segundo o censo de preguerra de 1991).

Pero a comunidade internacional esperara demasiado e xa era tarde. Catro días despois, Eslovenia e Croacia declaráronse independentes. Aos dous días os blindados do "Exército Federal" atravesaron Croacia para chegar a Eslovenia e tomaren os postos fronteirizos instalados ás présas polos eslovenos. Comezara a loita armada nesta república. Por fortuna, duraría menos de dúas semanas debido, fundamentalmente, á homoxeneidade da poboación e á desastrosa actuación do exército federal, incluídas desercións en masa de soldados non serbios. O 18 de xullo, a presidencia iugoslava decidiu retirar o exército de Eslovenia no prazo de tres meses.

Franjo Tudjman.

Mentres tanto, os combates sucedíanse en Croacia. O presidente croata, Tudjman, chamaba a poboación a fin de que se preparase para a guerra xeneralizada. Os tiroteos entre croatas e a minoría serbia non cesaran desde comezos do ano, e nos enclaves de Krajina e Eslavonia os serbios valíanse da súa preponderancia para formaren gobernos secesionistas da, á súa vez, secesionista Croacia. O expansionismo panserbio de Belgrado axudábaos de bo grao, subministrándolles armamento do exército federal.

O papel mediador e aglutinador que podería desempeñar o exército durou moi pouco. En escaso tempo produciuse nos cuarteis unha deserción masiva de xefes, oficiais e soldados croatas e eslovenos (tamén macedonios), mentres que aqueles xefes destas nacionalidades considerados como "iugoslavistas" eran marxinados, como quedou dito máis arriba. A oficialidade serbia considerouse entón a salvadora da unidade de Iugoslavia, aliñándose co goberno de Belgrado. Decidiron permanecer nos seus cuarteis para protexer a poboación serbia do posíbel xenocidio croata.

O goberno de Zagreb, ao igual que antes fixera o esloveno, procedeu a bloquear os cuarteis e a cortarlles as subministracións de auga, luz e alimentos. Esta decisión proporcionou unha nova misión e escusa aos xenerais serbios do exército federal: a misión, desbloquear os recintos militares, e a escusa, iniciar para iso o bombardeo das cidades onde xa non había poboación serbia que protexer, pero si compañeiros de armas. O cambio de táctica militar significaba, nin máis nin menos, que a extensión da guerra e ocasionou, á súa vez, un radicalismo nacionalista nos gobernos croata e serbio. Iso supuxo unha freada en seco ao desenvolvemento da incipiente democracia que ambas as repúblicas iniciaran.

A torre da auga de Vukovar, un dos primeiros edificios destruídos na guerra.

O caso é que o xiro militar levou a Serbia a unha nova estratexia política. En vista da marcha dos acontecementos do verán de 1991, os gobernantes serbios deron xa por sentada a independencia croata. Era o momento de crear a Gran Serbia. Historicamente os serbios sempre pretenderon buscar as fronteiras alí onde se asentaban os últimos grupos da súa etnia, aínda que estivesen en exigua minoría. Ao contrario que os croatas, para os que sempre o decisivo era o territorio. Así que Belgrado decidiu construír unha nova Iugoslavia, marcar as fronteiras para que todos os serbios habitasen baixo un só estado e, por tanto, loitar para incorporar as zonas de Krajina e Eslavonia, onde o territorio cae do lado croata, pero a poboación conta con minorías serbias. (De Bosnia aínda non se falaba, pois considerábase parte desa nova Iugoslavia, o mesmo que Montenegro, Macedonia e as rexións ex autónomas de Voivodina e Kosovo, esta última con só un 10 % de poboación de orixe serbia).

A extensión da guerra ocasionou o auxe do nacionalismo radical, alimento esencial do fascismo. Pronto aparecen en Serbia e Croacia partidos e organizacións paramilitares deste cariz, que os gobernantes non só toleran senón que ven con agrado ou, polo menos, en silencio, porque serven aos seus propósitos, antes totalizadores que democráticos.

Mapa estratéxico do plan de ofensiva do Exército popular iugoslavo (JNA) en Croacia, 1991.

Cando comezan os conflitos, tanto Tudjman como Milošević consultan rara vez ao parlamento e, gradualmente, van aumentando o control sobre a actividade política e, por riba de todo, a televisión. En Zagreb e en Belgrado, intelectuais e disidentes do fervor nacionalista e contrarios á guerra teñen que optar entre o silencio ou marchar do país.

O resultado foi que o exército iugoslavo (no que gran parte da oficialidade era de orixe comunista -e serbia-), defensor do Estado, percibía que o conflito bélico estaba acabando coas institucións federais: primeiro, a Liga dos Comunistas; logo, a presidencia rotatoria; a continuación, o Parlamento e, finalmente, o goberno. Pero todo sucedía a tal velocidade que, antes de acabar o ano 1991, os militares encontrábanse loitando por un Estado que na práctica xa non existía.

Só lles quedou aproveitar a súa indubidábel superioridade para reducir o territorio independente de Croacia. Pero tras as desastrosas operacións e os vergonzosos fracasos das primeiras semanas de combate, máis de 30 xenerais foron destituídos. O exército repregouse cara a Serbia, Bosnia e Hercegovina e Montenegro.

Bosnia, pola súa posición central no mapa e a súa extensión xeográfica, resultaba clave para o mantemento dunha Iugoslavia co resto das repúblicas e, militarmente, era vital porque no seu territorio estaba instalado o 80% da industria militar.

Independencia de Bosnia. A CE cambia de plans[editar | editar a fonte]

Organizada pola Comunidade Europea, o 7 de setembro de 1991 comeza a Conferencia da Haia, presidida por Lord Carrington, para tratar o problema da paz en Iugoslavia. Esta Conferencia de Paz inicia unha serie de reunións con serbios e croatas. Lord Carrington séntaos á mesa, pero a tinta da sinatura dos sucesivos alto o fogo aínda non se secara, cando xa volvían a soar as armas. Nin Croacia nin Serbia os respectaban porque non lles interesaba: pretendían seguir coa guerra na confianza de gañar máis polas armas que na paz. Referendos e votacións parlamentarias de secesión sucédense en todas as repúblicas. O 15 de outubro os parlamentarios croatas e musulmáns de Bosnia e Hercegovina aproban un documento do presidente Alija Izetbegović, musulmán, sobre a independencia da república. Os parlamentarios da minoría serbia (un 31% da poboación) abandonan a sesión.

Lord Carrington.
Cyrus Vance.

Na Haia (12 de outubro), os países occidentais elaboran unha Declaración. Agora, á vista das circunstancias e da marcha do conflito, propoñen que se recoñezan as repúblicas que se consideren soberanas, sempre que protexan os dereitos humanos e respecten os dereitos das minorías. Días máis tarde, en Bruxelas, os ministros de Asuntos Exteriores da CE aproban sancións económicas contra Serbia se antes do 4 de novembro non acepta as propostas de Lord Carrington. Neste novo documento, suprímese xa a posibilidade dunha volta ao status autonómico anterior ao ano 1990 como solución. Nin a política internacional do pau e a cenoria serve para frear a guerra. O 20 de novembro, despois de tres meses de asedio, a cidade croata de Vukovar, no oriente da rexión de Eslavonia, cae en mans dos serbios. Tras unha visita a Belgrado de Cyrus Vance, enviado especial do Secretario Xeral da ONU, o 27 de novembro apróbase unha resolución do Consello de Seguridade das Nacións Unidas sobre o envío de forzas de pacificación a Iugoslavia.

Tanta crueldade, con centenares de persoas mortas, milleiros de desprazados e cidades arrasadas, somerxe aos europeos na desilusión e comezan os nervios por acabar cos desastres como sexa. Vaise impoñendo o punto de vista de rematar o conflito canto antes. Que facer cando uns queren manter a unidade do país pola forza e outros acceder á independencia tamén pola forza? A CEE parece chegar a unha conclusión: xa que a paz non é posíbel nun novo marco de unidade libre, vexamos se polo menos chega coa separación. Así que a Comunidade Europea imprime un xiro á súa política. Entra nunha segunda fase e decide abandonar o debilitado goberno federal e negociar cos novos homes fortes, os presidentes das distintas repúblicas. En definitiva, a CEE, á vista do seu fracaso anterior, aposta agora por alcanzar a ansiada paz pola vía do desmembramento. Alemaña advirte que, aínda que sexa pola súa conta, está disposta a recoñecer rapidamente a Croacia e Eslovenia.

O 16 de decembro de 1991, os ministros de Asuntos Exteriores da Comunidade, reunidos de novo en Bruxelas e presionados por Alemaña, acordan recoñecer como Estados independentes as repúblicas iugoslavas que o soliciten antes do prazo dun mes, sempre que se comprometan a solucionar os seus problemas pola vía pacífica dentro do marco da Conferencia de Paz sobre Iugoslavia. Esta decisión non pacificou o país senón que, polo contrario, trasladou o conflito de lugar. Cando por enésima vez, o 3 de xaneiro de 1992 se firma outro alto ao fogo entre Croacia e Serbia, o cansazo da guerra, a desmoralización da cidadanía, farta dunha loita á que non ve saída e que empeza a volverse contra os seus respectivos dirixentes, máis a presión internacional, promoven finalmente o respecto á paz.

O 15 de xaneiro, ao rematar o prazo dado pola Comunidade Europea, Eslovenia, Croacia, Macedonia e Bosnia e Hercegovina piden o seu recoñecemento como Estados independentes. Montenegro non o fai e Serbia non o solicita porque pretende herdar a lexitimidade internacional de Iugoslavia e conservar os territorios de Croacia que controla, aproximadamente un terzo, a través dos serbios de Eslavonia e Krajina, que aínda manteñen enfrontamentos armados esporádicos coas forzas croatas. Para acabar cos focos de loita nestes enclaves, o 1 de febreiro o Consello de Seguridade das Nacións Unidas decide, en votación unánime, Resolución 743,[82] o envío de 14 000 cascos azuis. Pacificábase unha república, pero pronto outra comezaría a arder en chamas.

A guerra de Bosnia. Campos de concentración. Limpeza étnica[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Guerra de Bosnia.

O goberno de Bosnia e Hercegovina (musulmáns e croatas) convoca un referendo sobre a independencia o 29 de febreiro. A poboación serbia boicotéao coa abstención. Votou o 57% do censo, co resultado do 99% a favor. Pero aínda non se pecharan as urnas cando en varias cidades os serbios bosníacos xa levantaban algunhas barricadas, e os francotiradores dunha e outra etnias ocasionaban algúns mortos.

Alija Izetbegović.

Ao día seguinte unha parella de mozos serbios de Saraxevo, capital da república, decidiran casar e, como é costume nas vodas da zona, as bandeiras nacionais e a pólvora de vellas escopetas que disparan ao aire amenizaron o cortexo. O banquete era en pleno centro da cidade. A voda, allea á política e fixada con moita antelación, elixira un restaurante da zona musulmá. Ás 4 da tarde, dous musulmáns e un croata ametrallaron aos comensais. Ás tres horas, os serbios, provistos de armas, percorreron a cidade disparando. Cada etnia levantou barricadas para protexer os seus barrios. Os musulmáns chamaron no seu auxilio aos da rexión do Sandjak de Novi Pazar, coñecidos pola súa fereza e odio aos serbios.

Cando ese mesmo día se deu a coñecer o resultado do referendo, os disparos das metralladoras e o sangue nas rúas de Saraxevo auguraban o que ía pasar. O líder dos bosníacos serbios, Radovan Karadzić, vaticinaría ao día seguinte: "Temo que xa é tarde para evitar unha guerra interétnica e relixiosa. Calquera tipo de recoñecemento da independencia de Bosnia e Hercegovina faría arder Iugoslavia e os Balcáns". A presidencia da república, en reunión de emerxencia, fixo pública unha nota chamando á calma e anunciando que detería os autores do metrallamento dos comensais da voda serbia.

Para os iugoslavos, Bosnia sempre foi unha Iugoslavia en pequeno, o espazo onde vivían en harmonía musulmáns, serbios e croatas. Os musulmáns, descendentes dos eslavos convertidos ao islamismo durante a dominación turca, significaban o 40% da poboación, pero territorialmente apenas ocupaban a quinta parte dos 51 129 km2 da república. Vivían nas cidades e dedicábanse preferentemente ao comercio, os negocios e o traballo asalariado. Polo contrario, os serbios eran menos, o 31%, pero unha maioría deles eran campesiños e as súas granxas, terras e pobos significaban as dúas terceiras partes do territorio. Os croatas, o 18%, poboaban esencialmente a zona limítrofe con Croacia.

Este repartimento xeográfico resulta clave para entender a extensión da guerra e para explicar os motivos da chamada limpeza étnica, como veremos máis adiante. Todos os conflitos importantes estalaron naquelas zonas onde se rozaban poboacións duns e outros. O gañador creaba campos de internamento coa poboación contraria co fin de previr a eventualidade de ter potenciais inimigos ás súas costas. Armas para intimidar ou para matar non faltaban.

A Iugoslavia de Tito establecera desde o principio dous chanzos clave para a defensa do territorio. O mariscal preparara militarmente o país por se á URSS ou aos Estados Unidos lles daba por invadilo a causa dalgunha tensión extrema durante a época da guerra fría. O primeiro chanzo era o Exército Federal, sempre ben equipado e cunha oficialidade mimada e privilexiada. O segundo chanzo compoñíano as Milicias. Cada comunidade, cada vila e atá cada fábrica dispoñían de armamento e persoal adestrado. Formaban a chamada Defensa Territorial que, sumada ao Exército, constituían o que se denominaba Defensa Integral Total.[83]

Cando comezou o proceso de desintegración do país, os compoñentes da Defensa Territorial de cada nacionalidade convertéronse no futuro exército desa república, ao que se sumou gran parte da oficialidade que nacera alí. Soldados, xefes e oficiais croatas e eslovenos pasáronse con armas e bagaxe a defender as súas respectivas nacións. Até 200 oficiais bosníacos de orixe musulmá desertarían contra finais de abril do 92, para ingresar na Defensa Territorial de Bosnia e Hercegovina.

Véxase tamén: República Serbia.
Mapa da República de Serbia (República Srpska) en Bosnia e Hercegovina.

Os serbios de Bosnia constituíron tamén a súa propia Defensa Territorial pero, sobre todo, contaron co apoio, o material e o armamento pesado do Exército Federal. O presidente iugoslavo, Dobrica Cosić, diría no parlamento durante a toma de posesión do novo xefe de goberno, o serbio-americano Milan Panić (14 de xullo), que o Exército Federal, ao abandonar Bosnia poucos días antes, entregara ás forzas irregulares serbo-bosníacas 24 avións de combate, 20 helicópteros, 300 tanques, 231 pezas de artillaría e outras armas para a infantaría. Pola súa parte, o lado musulmán apoderouse do seguinte arsenal bélico, tamén pertencente ao Exército Federal: 231 tanques, 27 lanzamísiles, 300 fusís e numerosas armas curtas.

Territorios controlados polas forzas serbias na guerra de Bosnia (1992-1995).

Á parte destes exércitos, máis ou menos regulares e cunha liña de mando obediente ao seu respectivo goberno, en Bosnia -como ocorría no resto da Iugoslavia en descomposición- operaban forzas paramilitares. Organizacións irregulares, unhas veces relacionadas con algún partido político extremista e outras constituídas por grupos armados que actuaban pola súa conta baixo as ordes dun líder particular. A prensa chegou a contar o caso de Ljubo Delić, un campesiño que vendeu a súa colleitadora para comprar un tanque a uns militares e facer a guerra pola súa conta, sen que ninguén o mandara. Pero máis perigosos que este exaltado agricultor eran os grupos paramilitares consentidos tacitamente polas autoridades. Dous exemplos. Os chetniks serbios de Zeljko Raznatović, Arkan, un pasteleiro de Belgrado (con contas pendentes coa xustiza sueca por atraco, anos atrás) que mobilizou máis de 1 000 homes, a Garda Serbia de Voluntarios, que entrou en combate en Croacia e despois en Bosnia. Os ustaše croatas, ás ordes do seu líder, Dobroslav Paraga, de non menor crueldade durante a guerra de Croacia e despois con actuacións, así mesmo, en Bosnia. Tales formacións tiñan mentalidade fascista, ultranacionalista e fundamentalista relixiosa.

Calcúlase que os gobernos de Bosnia, Croacia e Serbia controlaban a menos da metade das forzas que combatían no seu nome. A guerra civil de Bosnia convertérase así nunha explosiva mestura de guerra de relixión, de nacionalidade, de odios ancestrais e até de axuste de contas.

Mentres en Saraxevo (600 000 habitantes) as barricadas e os tiroteos anunciaban ao final do inverno o preludio da guerra en Bosnia, a república de Croacia aínda non estaba pacificada. O 5 de marzo chegou o primeiro continxente dos 14 000 cascos azuis enviados polo Consello de Seguridade das Nacións Unidas (UNPROFOR) co obxectivo de interpoñérense en toda a franxa croata dominada polos seus habitantes serbios da Krajina e Eslavonia. As forzas da ONU estableceron o seu cuartel xeral en Saraxevo coa intención de calmar no posíbel aquela latente polvoreira.[84]

O 6 de abril a Comunidade Europea, sen agardar a un posíbel entendemento mínimo entre as tres etnias, decidiu recoñecer oficialmente a Bosnia e Hercegovina como país independente. A alegría dos musulmáns só foi comparábel á irritación dos serbios, que esa mesma noite responderon á CE declarando a República Serbia de Bosnia e Hercegovina. Á mañá seguinte, a contestación, á súa vez, do goberno de Saraxevo: o presidente Izetbegović facía un chamamento aos cidadáns para que se incorporasen á Defensa Territorial. O Exército Federal axudaba sen disimulos aos serbios bosníacos. A guerra civil en Bosnia comezara. Os cascos azuis non quixeron andar en leas e retiraron as súas forzas (uns 250 militares) da capital bosníaca, instalando o cuartel xeral en Belgrado. En Saraxevo quedou un pequeno número de observadores, ao que meses despois se sumarían uns mil soldados da ONU para protexer o aeroporto.

O recoñecemento europeo ás repúblicas secesionistas acabara con Iugoslavia. Alemaña xogou un papel clave neste proceso de apoiar, sobre todo, a independencia de Croacia. Hans Dietrich Genscher, ministro alemán de Asuntos Exteriores, foi o promotor. Ante os sucesos de Bosnia, declarou que "o mundo tivo demasiada paciencia con Belgrado no pasado". O 27 de abril, Serbia e Montenegro proclamaron a nova República Federal de Iugoslavia e, un mes despois, Croacia, Eslovenia e Bosnia e Hercegovina foron admitidas na ONU.[85]

O terríbel bombardeo serbio desde os outeiros sobre Saraxevo duraba xa días, pero ninguén podía predicir que se alongaría durante meses. A presión internacional centrábase sobre a agresividade expansionista de Serbia. A Comunidade Europea facía unha declaración pública (11 de maio) advertindo que non recoñecería a nova Iugoslavia e cualificaba de exército de ocupación as forzas ex federais en territorio de Bosnia. O 30 de maio, a ONU decretou o embargamento internacional a Serbia e Montenegro, segundo a súa resolución 757.[86] Ao día seguinte, mentres se celebraban eleccións parlamentarias, a oposición manifestábase en Belgrado, tamén contra o goberno, pero apenas se logrou reunir a 50 000 persoas. Un mes despois, coa gasolina racionada e escaseza dalgúns produtos como fariña, azucre ou café, outra nova manifestación contra o presidente Milošević reuniu a 100 000 persoas. Pero a oposición, moi dividida e sen liderado, carecía de forza.

Véxase tamén: Campos de concentración.

Oficialmente o Exército federal retirouse de Bosnia, pero a guerra estendeuse por todo o territorio. A comezos de xullo celebrouse en Helsinqui o cumio da Conferencia sobre Seguridade e Cooperación en Europa, á que acudiron 50 xefes de Estado e de goberno.[87] Á nova Iugoslavia non se lle permitiu a entrada e quedou suspendida á súa pertenza a este organismo até o 14 de outubro, aínda que a sanción podería prolongarse se non colaboraba coas misións de investigación. O presidente do goberno español, Felipe González, diría no seu discurso de Helsinqui: "Afastámonos do risco dunha ameaza global, pero estámonos achegando ao perigo dunha proliferación de conflitos locais. Europa, que coñeceu os efectos devastadores da exaltación nacionalista, non pode esquecer as leccións da historia".[88]

España, e quizais algún outro país europeo, comezaba a distanciarse da postura alemá e a arrepentirse de deixarse arrastrar en xaneiro a un precipitado recoñecemento das repúblicas balcánicas. Nunha rolda de prensa, ao finalizar o Cumio, o presidente González dixo que esa decisión foi "adecuada, pero que non tiña a convicción de que ese fose o camiño para resolver a cuestión. Non estaba convencido -engadiu- de que ese mecanismo fose operativo, pero algo había que facer e por iso dei o meu acordo". O presidente ruso, Boris Eltsin, utilizaría tamén a tribuna de Helsinqui para advertir que "de seguir o camiño actual, os nacionalismos poden converterse na auténtica praga do século XXI".

Un memorando interno dos observadores da ONU en Croacia chegaba á sede de Nova York o 3 de xullo. No escrito comunicábase a existencia de campos de concentración, ao describir catro centros de detención serbios. Era a primeira vez que a expresión campos de concentración se refería ao continente europeo despois da segunda guerra mundial. Pero o asunto non transcendeu até que apareceron na prensa as primeiras imaxes. Entón volveu con todo o seu simbolismo e horror o recordo dos campos de concentración nazis.[89]

Ditos campos de prisioneiros, que ao principio se pensou que só eran serbios pero despois resultou que tanto musulmáns como croatas tamén dispoñían destes centros, servían para recluír non tanto a combatentes como a poboación civil, incluídos mulleres e nenos. Os nacionalistas servíronse deste procedemento para eliminar dos seus territorios as etnias en minoría. Unha limpeza inhumana que, en demasiadas ocasións, concluía co incendio de vivendas e propiedades. O escándalo internacional foi tan grande que serbios, musulmáns e croatas tiveron que acceder á inspección dos seus campos pola Cruz Vermella e outros organismos humanitarios. Chegaron a contabilizarse até 50 destes campos repartidos por Bosnia e en todo o mundo alzáronse voces pedindo a intervención directa de tropas de diversas nacionalidades. O Secretario de Defensa dos Estados Unidos, Richrad Cheney, preguntaba aos periodistas que o acosaban para que os Estados Unidos enviase soldados: "A cantos iugoslavos queredes que matemos para conseguir que deixen de matarse entre eles? Cantos soldados americanos estades dispostos a soportar que morran alí?" Non houbo máis resposta que o silencio porque o fantasma de Vietnam estendíase sobre os presentes.

Véxase tamén: Limpeza étnica.

No mes de agosto, o xeneral Lewis Mackenzie dicía que para pacificar Bosnia "pode que falemos dun millón de soldados. Os alemáns (referíase ás tropas de Hitler na Segunda Guerra Mundial) intentárono con 30 divisións e non o lograron". E en canto a quen culpaba do desastre respondía: "cando me preguntan a quen acuso, respondo que me digan en que día e en que mes, e entón contestarei. Á presidencia de Bosnia interésalle conseguir que os serbios se vinguen para convencer á comunidade internacional de que a intervención é unha boa idea. De modo que ás dúas partes".

Pola súa parte, noutra entrevista ao xornal londiniense The Independent, Lord Carrington, presidente da Conferencia de Paz sobre Iugoslavia, declaraba: "Respecto aos campos de detención, aínda que os serbios son os principais culpábeis, hai operacións de limpeza étnica en todas as partes. En ocasións, foron os musulmáns os que provocaron os acontecementos. Hai probas diso. Da mesma forma que os croatas permaneceron tranquilos porque a presión é contra os serbios, pero eles mesmos se fixeron donos de gran parte de Bosnia".

Ante a crecente ameaza dunha invasión, o presidente da nova Iugoslavia, Dobrica Cosić, advertiría, o 8 de agosto, que, se se producía unha intervención militar estranxeira, se defenderían até o final: "Alemaña busca a hexemonía na rexión, e a Comunidade Europea, co dominio de Alemaña neste asunto, causou unha catástrofe en Iugoslavia co seu patrocinio do separatismo e a subversión das fronteiras estatais". Cinco días máis tarde, o Consello de Seguridade das Nacións Unidas autorizaba, na súa resolución 770, "que os seus Estados membros tomen todas as medidas necesarias para facilitar a subministración de axuda polas organizacións humanitarias a Saraxevo e a todas as demais zonas de Bosnia e Hercegovina en que sexa necesaria".[90] E na súa resolución 771 exixe ademais "que se dea ao Comité Internacional da Cruz Vermella e a outras organizacións humanitarias acceso inmediato, sen restricións e continuo, a campamentos, prisións e centros de detención dentro do territorio da ex Iugoslavia". Á par, condenaba enerxicamente toda violación do dereito humanitario internacional, incluídas as que entraña a práctica da limpeza étnica.[91]

Na última quincena de agosto, a visita dos organismos humanitarios aos campos e a apertura do aeroporto de Saraxevo para a chegada de avións con toneladas de alimentos e medicinas aliviaron a agonía da poboación civil. Porén, en todas as frontes seguía a loita con igual ou maior intensidade. Croacia, que o 22 de xullo firmara co presidente de Bosnia un acordo de amizade e cooperación que, de feito, formalizaba unha alianza política e militar de ambas as repúblicas en contra de Serbia, un mes despois dubidaba se conviña achegarse á tese serbia de repartirse o territorio.

Fin dos conflitos no norte e no oeste[editar | editar a fonte]

O primeiro dos conflitos, coñecido como a Guerra dos Dez Días ou guerra de independencia de Eslovenia rematou rapidamente mediante a negociación en Brioni, o 9 de xullo de 1991, cando Eslovenia e Croacia acordaron unha moratoria de tres meses sobre a secesión. O exército iugoslavo retirouse por completo de Eslovenia o 26 de outubro de 1991.[92]

O segundo conflito, a Guerra de independencia de Croacia demorouse máis. A súa solución comezou cando, en xaneiro de 1992 o Plan de Paz Vance-Owen determinou que a ONU tomaría o control dalgunhas zonas, o que acabou cos conflitos militares, aínda que até 1995 non se deterían definitivamente os ataques esporádicos de artillaría iugoslava sobre cidades croatas e as incursións ocasionais de forzas croatas en zonas baixo o control da ONU.[93]

Os combates en Croacia acabaron en 1995, despois de dúas operacións rápidas do Exército Croata, de nome en clave Operación Flash e Operación Tormenta,[94] nas que conseguiron recuperar todo o seu territorio excepto a zona baixo control da ONU (UNPA) do Sector Leste. Todos os serbios destas zonas pasaron a ser refuxiados. O Sector Leste, controlado pola administración da ONU (UNTAES), foi reintegrado pacificamente a Croacia en 1998.

En 1994 os Estados Unidos xestionaron a paz entre Croacia e o Exército da República de Bosnia e Hercegovina. O masacre de Srebrenica e a ofensiva das tropas croatas en zonas baixo control serbio tras a Operación Tormenta provocou que os bosníacos perdesen zonas baixo o seu control, presionándose a todos os bandos para que deixasen as armas e negociasen un final á Guerra de Bosnia. A guerra acabou coa sinatura dos Acordos de Dayton o 14 de decembro de 1995.

Conflitos no sur[editar | editar a fonte]

En Kosovo, Macedonia do Norte, e na propia Serbia, os conflitos caracterizáronse pola tensión política e étnica entre os gobernos eslavos e as maiorías albanesas que buscaban autonomía, ou independencia, como foi o caso de Kosovo. O conflito en Kosovo estalou nunha guerra a grande escala en 1999, mentres que os conflitos entre macedonios e serbios sureños se caracterizaron por choques armados entre as forzas estatais de seguridade e as guerrillas de etnia albanesa. Estes conflitos foron:

  • A guerra de Kosovo
  • O conflito en Macedonia de 2001
  • O conflito do sur de Serbia do 2001
Guerra de Kosovo[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Guerra de Kosovo.

O termo Guerra de Kosovo ou Conflito do Kosovo emprégase usualmente para describir dous conflitos armados e seguidos na sureña provincia serbia de Kosovo (oficialmente Kosovo e Metohija), parte da antiga Iugoslavia. En 2008 a provincia iugoslava autoproclamouse independente, cun mínimo recoñecemento internacional, co nome de República de Kosovo. Os dous conflitos foron:

Mapa de Kosovo.

1. 1996-99: Conflito de guerrilla entre os independentistas albaneses (o autoproclamado Exército de Liberación de Kosovo, UÇK, ou terroristas para os serbios) e as forzas de seguridade serbias e iugoslavas.
2. 1999: Guerra entre Iugoslavia e as forzas da OTAN entre o 24 de marzo e o 10 de xuño de 1999, período durante o cal as forzas da OTAN realizaron bombardeos continuos contra obxectivos iugoslavos. Os combatentes albaneses continuaron atacando as forzas serbias e os civís serbios de Kosovo, mentres que as forzas serbias continuaron atacando os rebeldes e civís albaneses producindo unha limpeza étnica que culminou con desprazamentos masivos da poboación cara aos países veciños, onde se instalaron en condicións precarias, sen auga e alimentos, en campos de refuxiados.[95]

A tensión entre separatistas de orixe albanesa e o goberno central de Iugoslavia, liderado polo presidente nacionalista Slobodan Milošević aumentou ao longo de 1998. Guerrilleiros do UÇK[96] intensificaron as súas accións contra enclaves serbios e pasaron a controlar partes da provincia. A reacción de Belgrado despertou preocupación na comunidade internacional, con sospeitas de atrocidades por parte do exército iugoslavo.

Edificio do Exército en Belgrado destruído na Operación Forza Aliada.
Zona residencial bombardeada.

A pesar de que Milošević decretou o alto ao fogo en decembro daquel ano, a violencia continuou. Un grupo de contacto entre serbios, líderes da comunidade albanesa en Kosovo e representantes das principais potencias mundiais formouse para negociar un acordo de paz que puxese fin aos conflitos. O tratado prevía a autonomía de Kosovo, a retirada das forzas serbias da provincia e a presenza de tropas de paz, baixo o mando da OTAN, para verificar o acordo no caso de que entrase en vigor.

A reunión celebrada en febreiro de 1999, no castelo de Rambouillet, Francia, fracasou.[97] Os diplomáticos serbios aceptaban conceder autonomía a Kosovo,[98] pero foi rexeitado polos independentistas albaneses.[99] Inversamente, os serbios recusaban a presenza da OTAN no territorio, que era desexada polos albaneses.[100]

Despois de fracasaren as negociacións de paz sobre o conflito separatista, a OTAN atacou a Iugoslavia o 24 de marzo de 1999[101],[102][103] dando inicio á Guerra do Kosovo. A OTAN exixía que Milošević aceptase as bases do acordo de paz de Rambouillet.[104] A ofensiva comeza con ataques a obxectivos militares, pero a estratexia ampliou as accións contra estudos de televisión, pontes, fábricas e o sistema de electricidade de Serbia.

Logo de 79 días de bombardeos, o 3 de xuño de 1999, os líderes occidentais e Milošević chegaron a un acordo para o fin da guerra: as tropas serbias retiraríanse e permitiría o estacionamento dunha forza internacional de paz en Kosovo.[105] O 10 de xuño, a cúpula militar de Iugoslavia asinou o acordo para acabar o conflito.[106][107]

Despois da entrada das tropas da OTAN en Kosovo, instaurouse un goberno provisional, baixo tutela da ONU. A maioría dos soldados do exército iugoslavo deixou a provincia, e ao mesmo tempo os refuxiados de orixe albanesa iniciaron o retorno ao territorio,[108] e preto de 200 000 serbios fuxiron para a Serbia[109] por temeren represalias.[110]

Conflito en Macedonia de 2001[editar | editar a fonte]

O conflito en Macedonia de 2001, tamén coñecido como a insurxencia na República de Macedonia, foi un conflito armado iniciado en xaneiro de 2001 cando o ELN albanés empezou a atacar as forzas de seguridade macedonias. O conflito prolongouse até novembro do mesmo ano.

Mapa étnico da Macedonia, onde se representa en cor laranxa as rexións con poboación maioritariamente albanesa.
Zonas de conflito en Macedonia en 2001.

A principios de 2001, principalmente na fronteira de Macedonia co Kosovo administrado pola ONU, os insurxentes actuaron cun patrón similar ao observado en Kosovo a finais de 1997 e até 1998, segundo o cal pouco a pouco se foron facendo cargo dunha aldea tras outra. Estas accións foron inicialmente pacíficas, aínda que a poboación non albanesa foi obrigada a abandonar esas zonas.[111] Porén, en xaneiro e febreiro de 2001 comezaron as accións de combate contra as autoridades lexítimas.

O goberno nun primeiro momento non fixo nada en contra da situación, porque se lle asegurou que o que estaba a pasar non ía dirixido contra Macedonia. Satisfeitas coa explicación, as autoridades esperaron durante case dous meses, e daquela a situación estaba xa case fóra de control, tanto que o goberno, sorprendido, foi incapaz de prever as consecuencias.[111]

En xaneiro de 2001 xurdiu un grupo autodenominado Exército de Liberación Nacional (ELN), atribuíndose a responsabilidade polos ataques contra as forzas de policía. Os líderes deste ELN, incluíndo a Ali Ahmeti e a seu tío, Fazli Veliu, eran todos da Macedonia Occidental. Afirmaron que as súas forzas contaban con "entre varios centos e milleiros" de combatentes armados. Porén, non recibiron o apoio de ningún dos dous principais partidos políticos albaneses. O goberno macedonio afirmou que os rebeldes eran en realidade membros do Exército de Liberación de Kosovo (UÇK), que se infiltraran no país. De feito, os combatentes do ELN consideraban a Kosovo como un "refuxio" onde poderían retirarse no caso de grandes accións de Macedonia na súa contra.[112]

Cando oito membros das forzas armadas de Macedonia foron asasinados en Vejce, os macedonios tomaron as rúas dalgunhas cidades, atacando e prendendo lume ás tendas propiedade de albaneses e ás mesquitas. Estes ataques tiveron lugar principalmente en Prilep, Skopje e Bitola.[113] Cidadáns macedonios en Prilep exixiron armas para atacaren as vilas veciñas poboadas por albaneses despois de que dez macedonios e xitanos fosen asasinados nunha emboscada.

Despois do acordo de Ohrid, os rebeldes acordaron o cesamento das accións armadas, en xuño, aínda que houbo outros acordos en agosto, antes de concluír nun definitivo en xaneiro de 2002. No marco do acordo de Ohrid, o goberno macedonio comprometeuse a mellorar os dereitos da poboación albanesa. Estes dereitos inclúen facer da lingua albanesa a segunda lingua oficial, e o aumento da participación dos albaneses nas institucións gobernamentais, a policía e o exército. A parte albanesa acordou renunciar a calquera demanda separatista e recoñecer plenamente todas as institucións de Macedonia. Ademais, segundo este acordo, o Exército de Liberación Nacional debía desarmarse e entregar as súas armas a unha forza da OTAN.

A operación Essential Harvest comezou o 27 de agosto. Nesta misión de 30 días, participaron aproximadamente 3 500 soldados de Macedonia e da OTAN para desarmar o Exército de Liberación Nacional e destruír as súas armas. Apenas unhas horas despois de que a OTAN concluíse a operación, Ali Ahmeti dixo nunha rolda de prensa que no bastión rebelde de Sipkovica estaba disolvéndose o Exército de Liberación Nacional e que era o momento da reconciliación étnica.

Pero varios meses despois do conflito, aínda persistían algunhas provocacións armadas. A máis grave ocorreu cando tres policías macedonios foron asasinados nunha emboscada tendida por homes armados de etnia albanesa o 12 de novembro de 2001.[114]

Conflito do sur de Serbia do 2001[editar | editar a fonte]
Concellos serbios envolvidos no conflito.

O conflito do sur de Serbia, tamén chamado conflico do val de Presevo foi unha loita entre o goberno federal iugoslavo e unha organización separatista albanesa coñecida como Exército de Liberación de Preševo, Medvedja e Bujanovac (UÇPMB), creada co obxectivo de anexionar esta zona do sur de Serbia a Kosovo, con vistas a unha posíbel independencia deste territorio, aínda que non necesariamente unirse a Albania.[115]

Despois do final da guerra de Kosovo de 1999, estableceuse entre Kosovo (gobernado polas Nacións Unidas) e o interior de Iugoslavia, unha zona de tres millas cadradas denominada Ground Safety Zone (GSZ) . As unidades do exército iugoslavo non tiñan acceso á zona, só a policía. A zona de exclusión incluía principalmente a vila albanesa de Dobrosin, pero non Presevo.[116]

En 2001, como unha continuación da crise de Kosovo, producíronse choques entre forzas de seguridade iugoslavas e guerrilleiros albaneses vinculados ao Exército de Liberación de Kosovo (UÇK). O obxectivo do movemento albanokosovar era tomar o control de Presevo e Bujanovac (e tamén de Medveda fóra do val pero na mesma zona) e dominalos até que as terras adxacentes, Kosovo e Macedonia Occidental, tamén estivesen baixo control albanés. Isto debería permitir a gradual apertura das fronteiras.[117]

Política interna[editar | editar a fonte]

Despois da disolución de Iugoslavia estableceuse en 1992 a República Federativa de Iugoslavia como unha Federación entre as dúas únicas entidades que quedaron sen independizarse, Serbia e Montrenegro. En 2003 esta república foi reconstituída como Unión política, o chamado Estado Unión Serbia e Montenegro (SCG).

Desde que en xuño de 1999 as Nacións Unidas fixeran de Kosovo un protectorado, dirixido polas forzas da misión da ONU en Kosovo (UNMIK) con base en Priština, a UNMIK estivo traballando cos representantes de Serbia e do goberno da Unión a fin de restablecer relacións estábeis na rexión. En novembro de 2001 elixiuse unha nova Asemblea da provincia, que formou un Goberno e elixiu un Presidente en febreiro de 2002. Na primavera dese ano, a UNMIK anunciou o seu plan para repatriar a serbios desprazados. E aínda que ameazado por Milosevic durante os seus últimos anos de Goberno, continuaron os esforzos de democratización de Montenegro.

En xaneiro de 1998 Milo Djukanović converteuse en Presidente de Montenegro, como resultado das eleccións de novembro de 1997, que foron impugnadas pero que observadores internacionais declararon libres e xustas. Nas eleccións parlamentarias de maio, despois de capear a campaña de Milošević para socavar o seu Goberno, Djukanović loitou para equilibrar a postura independentista da súa coalición co contorno nacional e internacional que cambiou nos Balcáns despois do 5 de outubro. En decembro de 2002, Djukanović renunciou como Presidente e foi nomeado primeiro ministro. O novo Presidente de Montenegro é Filip Vujanović.

Antes do 5 de outubro, incluso co crecemento da oposición, Milosevic seguiu dominando os órganos do Goberno da República Federativa de Iugoslavia. E aínda que o seu partido político, o Partido Socialista de Serbia (SPS) (no cartel electoral con Mirjana Markovic de Esquerda Iugoslava Unida) non logrou unha maioría nos parlamentos federal e serbio, dominou as coalicións de Goberno e fíxose con todos os cargos administrativos claves. Un elemento esencial de Milosevic no poder foi o seu control da policía serbia, unha forza fortemente armada duns 100 000 efectivos que foi responsábel da seguridade interna e que cometeu abusos graves dos dereitos humanos.

As eleccións federais rutineiras de setembro de 2000 non deron a Vojislav Koštunica a maioría requirida e houbo de recorrer a unha segunda volta. Inmediatamente houbo protestas nas rúas e mitins en moitas cidades, e os serbios congregáronse ao redor de Kostunika, o candidato da oposición democrática de Serbia (DOS, unha ampla coalición de partidos anti-Milosevic) formado polo Presidente da República. Nacera un temor xeneralizado de que podería suspenderse a segunda volta por inxerencia estranxeira nas eleccións. Gritos de fraude e pedindo a eliminación de Milošević fixéronse escoitar nas prazas das cidades de Subotica e Niš.

En outubro de 2000 Slobodan Milošević foi forzado a recoñecer a súa derrota tras días de protestas masivas en toda Serbia.

A Serbia democrática (2000–2003)[editar | editar a fonte]

Zoran Djinđić.

O novo Presidente da Repoública Vojislav Koštunica axiña se uniu ao partido que dominaba a escena política serbia, o Partido Demócrata (DS) de Zoran Djindjic, que foi elixido primeiro ministro de Serbia á cabeza da coalición DOS nas eleccións de decembro. Despois dun inicial período de lúa de mel o DSS e o resto da DOS, liderado por Djindjic e o seu DS, tiveron cada vez máis desacordos sobre a natureza e o ritmo dos programas de reforma do goberno. A pesar de que os esforzos de reforma inicial foron moi exitosos, especialmente nos sectores económicos e fiscais, a mediados de 2002 o nacionalista Kostunica e o pragmático Djindjic estaban abertamente enfrontados. O partido de Kostunica, informalmente retirado de todos os órganos decisorios da DOS, intrigou para adiantar as eleccións para o Parlamento serbio, nun esforzo por apartar a Djindjic da escena. Tras a euforia inicial de substituír o réxime autocrático de Milošević, a poboación serbia, en vista desta manobra política, caeu na apatía e desilusionouse dos seus líderes políticos a mediados de 2002. Este estancamento político continuou durante gran parte das iniciativas de 2002 e a reforma estancouse.

Serbia no efémero Estado de Serbia e Montenegro[editar | editar a fonte]

Despois da desmembración da Iugoslavia socialista, as repúblicas de Serbia e Montenegro, as únicas que quedaran sen independizarse, decidiron crear, o 27 de abril de 1992, a República Federal de Iugoslavia, coñecida como a terceira Iugoslavia.

No ano 2003 a República Federal de Iugoslavia renovou a súa Carta Constitucional reestruturando o estado e mudando o nome por Unión dos Estados de Serbia e Montenegro, coñecido como Serbia e Montenegro. Malia os cambios no Estado, a bandeira, o himno e o escudo seguiron sendo os mesmos. O día 4 de febreiro de 2003 entrou en vigor o cambiou constitucional dando lugar a un novo país chamado Serbia e Montenegro. Desde ese día, a denominación Serbia e Montenegro substituíu a República Federal de Iugoslavia.

Á parte de bandeira, himno e escudo, poucas cousas tiñan en común Serbia e Montenegro: non tiñan capital común, xa que Belgrado era o centro administrativo e a sede da Asemblea e do Consello de Ministros, mentres que Podgorica era a sede do Tribunal Supremo de Serbia e Montenegro.

Non existían practicamente políticas comúns e ambas as repúblicas funcionaban por separado. A pesar de existiren unhas poucas institucións comúns, como o Presidente e o Parlamento, composto por 91 deputados de Serbia e 35 de Montenegro, ambas as repúblicas só tiñan unha política común en canto a defensa, chancelería, comercio e dereitos humanos. Pero nin sequera mantiñan a mesma moeda, xa que Serbia utilizaba o dinar serbio e Montenegro utilizou o euro como moeda.

O 21 de maio de 2006, nun plebiscito, o 55,4% da poboación montenegrina apoiou a independencia deste territorio (a Unión Europea fixara un mínimo do 50% dos votos a favor da independencia e un 55% de participación para aceptar o resultado).[118]

Serbia declarouse herdeira da antiga unión iugoslava.

A República Serbia independente (desde 2006)[editar | editar a fonte]

A independencia de Kosovo[editar | editar a fonte]

O feito máis salientábel da historia recente de Serbia foi a segunda, e parece que definitiva, declaración unilateral da independencia de Kosovo.

Kosovo era unha provincia serbia até a súa declaración de independencia (para Serbia e outros estados, aínda o é), o 17 de febreiro do ano 2008.

Desde 1999 até a súa secesión foi administrada pola ONU de xeito interino, como resultado da derrota do exército serbio na Guerra de Kosovo, como vimos. A misión KFOR da OTAN aprobouse co obxectivo de evitar as represalias e ataques entre as poboacións de etnias serbia e albanesa. A pesar de que Kosovo formalmente seguía pertencendo a Serbia, en virtude do cumprimento da resolución 1244, na práctica o Goberno serbio non interviña na administración da súa provincia.

A resolución de devandita guerra trouxo como consecuencia o éxodo de 200 000 kosovares de orixe serbia cara ao resto de Serbia, mentres que se reafirmou a maioría étnica albanesa. No momento da secesión, o 90% da poboación pertencía á devandita etnia, mentres que a comunidade de orixe serbia representaba o 10%, localizada principalmente en enclaves no norte da rexión.

Mapa étnico de Kosovo:     Albaneses     Serbios     Xitanos     Bosníacos     Goranis     Turcos     Outras

Antes de chegar á solución da independencia unilateral, sucedéronse varios feitos e acontecementos ao redor do futuro status que debería ter Kosovo. O expresidente de Finlandia e premio Nobel Martti Ahtisaari, enviado especial da ONU a Kosovo, elaborou un infome no que propoñía como solución ao status da antiga provincia serbia a adopción dunha independencia tutelada pola comunidade internacional, a cooficialidade dos idiomas serbio e albanés, a laicidade do novo estado, a adopción de medidas para garantir a seguridade da minoría serbia de Kosovo, a adopción de símbolos nacionais (bandeira, himno etc.), a presenza militar de forzas internacionais lideradas pola OTAN, exército profesional, multiétnico e democrático composto de 2 500 membros activos e 800 reservistas, o dereito dos refuxiados e desprazados a retornaren a Kosovo e á restitución das súas propiedades, un sistema xudicial integrado e independente do serbio e a posibilidade de que Kosovo puidese ingresar en organismos internacionais como a ONU[119]. Este plan foi rexeitado polas autoridades serbias por consideraren que abría a porta a que Kosovo se independizase de Serbia[120].

O 17 de febreiro de 2008 o Parlamento kosovar, nun acto unilateral, declaraba a escisión da entón provincia de Serbia, dando lugar á creación dun novo Estado independente baixo a supervisión dos Estados Unidos e a Unión Europea.

A diferenza da primeira declaración de independencia de Kosovo acontecida o 7 de setembro de 1990, só recoñecida polas autoridades albanesas, a derradeira declaración xa foi recoñecida por máis de 47 países a data do 7 de agosto do 2008, entre os que se achan Costa Rica, Afganistán, os Estados Unidos, o Reino Unido, Francia, Alemaña, Turquía, Bélxica, Perú, Polonia, Suíza, Austria e Dinamarca, sen contar os demais países nos que o recoñecemento está pendente.

Porén, existen 18 países, incluíndo Arxentina, Bolivia, Casaquistán, Chipre, España, Kirguizistán, Romanía, Rusia, Serbia, Sri Lanka, Taxiquistán, Vietnam e Venezuela que rexeitaron explicitamente o recoñecemento da república. Serbia declarou que retiraría todos os seus embaixadores dos países que recoñeceron a independencia de Kosovo.

O 17 de febreiro de 2008, o parlamento de Kosovo proclamou unilateralmente a súa independencia de Serbia, con diversas reaccións a nivel internacional. A independencia foi recoñecida oficialmente polos Estados Unidos, Australia, Gran Bretaña, Francia, Turquía entre outros países, mentres algúns coma Serbia, Rusia, China, España, India, Brasil, Grecia ou Romanía, opuxéronse a esta declaración, por considerala ilegal. En xullo de 2010, o Tribunal Internacional de Xustiza das Nacións Unidas declarou a separación de Kosovo como legal, recoñecéndoo oficialmente como país.[121][122]

Aproximación á Unión Europea[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Alongamento da Unión Europea.

O acceso de Serbia á Unión Europea depende de importantes factores. Mentres que tanto o goberno serbio como a Unión Europea están de acordo na posibilidade de que este país pase a formar parte da Unión, a necesidade dunha reforma interna en Serbia significa que non pasará a integrarse antes de 2015. Serbia non está aínda recoñecida como país candidato, xa que só é un "candidato potencial".

O 7 de novembro de 2007, iniciou os trámites do Acordo de Estabilización e Asociación (SAA) coa Unión Europea. Á sinatura do SAA opuxéronse os gobernos dos Países Baixos e Bélxica. Božidar Djelić asinou o SAA o 29 de abril de 2008. Vojislav Koštunica, primeiro ministro de Serbia, dixo o 1 de maio que o ministro de Asuntos Exteriores ruso, Sergéi Lavrov, estaba de acordo cando el dixo que o SAA tiña que firmarse. Pero un día despois, o 2 de maio de 2008, xurou que anularía o tratado despois das eleccións, xa que consideraba unha trampa, o Tratado de Solana e a sinatura de Tadić-Djelić.

Boris Tadić, presidente de Serbia desde 2004.

Despois das eleccións parlamentarias serbias de 2008, o novo parlamento renovouse considerabelmente, e os políticos que se opoñían ao SAA foron desbancados. O novo primeiro ministro serbio, Mirko Cvetković, anunciou que "unha das primeiras accións do novo goberno sería presentar a ratificación do SAA coa Unión Europea ante o parlamento".

A condición esencial imposta polo máximo organismo comunitario ao goberno serbio para o seu ingreso na Unión era a captura e entrega ao Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia dos presuntos criminais de guerra Ratko Mladić e Goran Hadžić, que se supoñía que se ocultaban en territorio serbio.

O 22 de decembro de 2009, o presidente Boris Tadić presentou oficialmente a solicitude de ingreso de Serbia na Unión,[123] referendado pola captura de Mladić o 26 de maio de 2011 e de Hadžić o 20 de xullo do mesmo ano.

Os socios europeos atrasarán até marzo de 2012 a designación de Serbia como país candidato para incorporarse á UE, segundo un borrador das conclusións que se presentarían ao termo do cumio, o que posporá até a próxima reunión de xefes de Estado e de Goberno nesa data, pese á recomendación favorábel enviada pola Comisión Europea.

Serbia logrou a primeiros de decembro do 2011 un acordo con Kosovo para xestionar as fronteiras comúns, un paso importante na mellora das relacións entre ambos os países. A UE fixara este progreso como unha das condicións antes de outorgarlle o status de país candidato, pero considera que aínda se deben facer máis esforzos, xa que Serbia tivo nos últimos meses choques coas forzas da OTAN encargadas de garantiren a orde no norte de Kosovo, a parte onde máis conflito existe.

A outra condición, alcanzada xa por Belgrado, era entregar ao derradeiro prófugo reclamado polo Tribunal Penal Internacional para a Antiga Iugoslavia.[124][125]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O seu nome secular foi, en eslavo eclesiástico, Стѣфань Неманя (Stefan Nemanja), e foi canonizado como San Simeón. Foi arcebispo dos serbios, e pai de San Sava, fundador da Igrexa Ortodoxa Serbia independente.
  2. Nikola Tasić; Dragoslav Srejović, Bratislav Stojanović (1990). "Vinča e a súa cultura". En Vladislav Popović. Vinča: Centro da cultura neolítica da rexión danubiana. Smiljka Kjurin (tradutor). Belgrado. Arquivado dende o orixinal o 16/01/2009. Consultado o 29/1/2012. 
  3. "History (Ancient Period)". Official website. Consultado o 29/1/2012. 
  4. Kitson, Kiston, Peter (1999). Year's Work in English Studies Volume 77. Wiley-Blackwell. p. 5. ISBN 978-0-631-21293-5. Consultado o 29/1/2012. 
  5. "Najseverniji grad Aleksandrovog carstva". Večernje Kultura Online. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2009. Consultado o 29 de xaneiro de 2012. 
  6. Wilkes, J. J. The Illyrians, 1992, ISBN 0-631-19807-5, páx 85 "...a zona sur de Serbia orixinalmente estaba poboada polos tracios..."
  7. Hrčak – Scrinia Slavonica, Vol.2 No.1 Listopad 2002
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 04 de marzo de 2016. 
  9. Scurlock, Gareth (28 de xullo de 2008). "Serbia shines for the EXIT festival". The Times (Londres). Consultado o 29 de xaneiro de 2012. 
  10. "Cyril Mango. Byzantium: The Empire of New Rome. Scribner's, 1980.". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2014. Consultado o 29 de xaneiro de 2012. 
  11. Vladimir Corovic. "Istorija srpskog naroda: Sloveni naseljavaju Balkan". Projekat Rastko: Biblioteka srpske kulture (en serbio). Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2013. Consultado o 29 de xaneiro de 2012. 
  12. Through Bosnia and the Herzegovina on Foot During the Insurrection, August and September 1875 (with an Historical Review of Bosnia and a Glimpse at ThArthur Evans, por Sir Arthur J. Evans (en inglés) Consultada o 14 de xaneiro2012.
  13. Valentin V. Sedov (1995): "Slavyane v rannem srednevekovie" in Archaeological Institute of Russian Academy of Sciences, Moscova (en ruso).
  14. De Administrando Imperio (Sobre a administración do Imperio) é o título común usado para referirse á obra erudita do emperador bizantino Constantino VII escrita contra 950. O seu título orixinal grego era Προς τον ίδιον υιόν Ρωμανόν (Pros ton idion ión Romanón, "Ao noso propio fillo Romano"), e consiste nun manual de política interior e exterior para uso do seu fillo e sucesor, o emperador Romano II. Ofrece consellos sobre como gobernar un imperio multiétnico e sobre como loitar contra os inimigos externos. É un dos documentos históricos máis importantes que sobreviviron do período medio bizantino.
  15. Moravcsik, Gyula (1967): De Administrando Imperio. Washington: Library of Congress.
  16. Fresco of King Mihailo
  17. Rastko The Serbs in the Balkans in the light of Archaeological Findings
  18. Montenet Duklja (Doclea), the first Montenegrin state - Vojislavljevic' rule
  19. Stanoje Stanojević. Istorija srpskog naroda, Belgrado, 1926. ISBN 86-81459-06-6
  20. Montenet. Nemanjics' period (1186-1353) Consultado o 16/1/2012.
  21. Aínda que o seu pai non gobernara co título de rei.
  22. Gran enciclopedia Larousse en vinte volumes, Volume 18. Larousse, 1972, páx. 659.
  23. Foundation for Medieval Genealogy Serbia Consultado o 16/1/2012.
  24. Spsko Blago. King Milutin (O rei Milutin) (en inglés) Consultada o 16 de xaneiro de 2012.
  25. Find a Grave. Stefan Uros Milutin Nemanjic, II (en inglés) Consultada o 16/1/2012.
  26. Heath, Ian & McBride, Angus (1995): Byzantine Armies 1118-1461 AD. Osprey Publishing.
  27. Encyclopedia Britannica Stefan Uroš V Consultada o 16/1/2012.
  28. [1] The Reader's Companion to Military History, Houghton Mifflin Books The Battle of Kosovo: Early Reports of Victory and Defeat, by Thomas A. Emmert (en inglés)
  29. Harris, Jonathan (2010): The End of Byzantium. New Haven and London: Yale University Press. ISBN 978 0 30011786 8
  30. Imber, Colin (2002): The Ottoman Empire. London: Palgrave/Macmillan. ISBN 0 333 613872
  31. Andrew Archibald Paton, Researches on the Danube and the Adriatic; or Contributions to the modern history of Hungary and Translvania, Dalmatia and Croatia, Servia and Bulgaria, páx. 226 (en inglés) Consultada o 16/12/2006.
  32. Nicoara Beldiceanu (1980): Le timar dans l'État ottoman (XIVe-XVe siècles) (en francés) Consultada o 16/112/2011.
  33. Halil Inalcik & Donald Quataert (1994): An economic and social history of the Ottoman empire: 1300-1914. Cambridge: Cambridge University Press.
  34. Brockett, L. P. Bogomils of Bulgaria and Bosnia. The Early Protestants of the East. (en inglés) Consultada o 16/12/2011.
  35. Estas tres rexións son hoxe parte de Voivodina.
  36. Turnbull, Stephen (2003): The Ottoman Empire 1326–1699. New York: Osprey.
  37. Bideleux, Robert. & Jeffries, Ian (1998): A History of Eastern Europe: Crisis and Change, páx. 86. New York: Routledge. ISBN 0-415-16111-8
  38. Encyclopædia Britannica Treaty of Passarowitz (en inglés) Consultada o 16/12/2011.
  39. Schroedar, Paul W: The Transformation of European Politics 1763-1848, New York: Oxford University Press, páx. 35.
  40. Bundy, Frank J. (1988): The Administration of the Illyrian Provinces of the French Empire, 1809-1813. Taylor & Francis. ISBN 0-8240-8032-7
  41. Plamen Mitev, Ivan Parvev, Maria Baramova, Vania Racheva (Eds.) (2011): Empires and Peninsulas: Southeastern Europe Between Carlowitz and the Peace Adrianople (1699-1829). Lit Verlag. ISBN 978-3-643-10611-7 (en inglés) Consultada o 7/1/2012.
  42. Dušan T. Bataković: Belgrade in the Nineteenth Century. An Historical Survey. Arquivado 23 de xullo de 2020 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 8/1/2012.
  43. Sima Avramović, The First Serbian Constitution of Sretenje (resumo) Arquivado 06 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 8/1/12012.
  44. Negotiations Legal of Serbia (en inglés) Consultada o 8/1/2012.
  45. L. S. Stavrianos, The Balkans since 1453, London: Hurst and Co., 2000, páxs. 248-250.
  46. Leopold Ranke (1847): A History of Serbia and the Serbian Revolution. (Traducido do alemán ao inglés por Alexander Kerr). London: John Murray.)
  47. Mijatović (1907), p. 14
  48. 48,0 48,1 Mijatović (1907), p. 15
  49. 49,0 49,1 Mijatović (1907), páx. 16
  50. Refírese ao quebrantamento polo Imperio austrohúngaro do Tratado de Berlín de 1818. Polo seu artigo 25, o Imperio austrohúngaro recibira privilexios especiais nas provincias otomás de Bosnia e Hercegovina e o Sanžak de Novi Pazar. Este artigo rezaba: "As provincias de Bosnia e Hercegovina serán ocupadas e administradas por Austria-Hungría.[...] Austria-Hungría resérvase o dereito de manter gornicións e a ter estradas militares e comerciais en toda a superficie deste territorio" (o Sanžak de Novi Pazar) "do antigo vilaxato de Bosnia". Austria-Hungría exerceu estes dereitos ocupando Bosnia e Hercegovina e mantendo un control compartido cos otománs do Sanžak de Novi Pazar. Esta situación persistiu desde 1878 até o estalido da crise, en 1908. A partir de 1906, Austria-Hungría iniciou unha agresiva política balcánica. Por un lado, tratábase de illar a pequena Serbia, cuxa rusofilia podería resultar contaxiosa para os eslavos do sur do Imperio. Por outro, de buscar unha saída ao Exeo, para o que era preciso tender un ferrocarril até Salónica (para o que había que atravesar Bosnia e Hercegovina, o Sankharcado de Novi Pazar e Macedonia). En 1907, o ministro de exteriores austro-húngaro Alois Aehrenthal comezou a formular un plan para consolidar a posición de Austria-Hungría en Bosnia e Hercegovina mediante a anexión do territorio. A súa oportunidade chegou grazas a unha carta do ministro de exteriores ruso Aleksandr Izvolski e a súa famosa reunión con el no castelo de Buchlau, en Moravia (Austria-Hungría). O 5 de outubro de 1908 Bulgaria declarou a súa independencia do Imperio otomán. O 6 de outubro, o emperador Francisco Xosé anunciou ao pobo de Bosnia e Hercegovina a súa intención de darlles un réxime autonómico e constitucional, e as provincias foron anexionadas. O 7 de outubro, o Imperio austrohúngaro anunciou a súa retirada do Sanžak de Novi Pazar. Nin a independencia de Bulgaria nin a anexión de Bosnia estaban contempladas no Tratado de Berlín, polo que desataron unha vagada de protestas diplomáticas.
  51. 51,0 51,1 51,2 Jelavich (1986), p. 216
  52. Jelavich, Barbara & Jelavich, Charles (1986): The establishment of the Balkan national states, 1804-1920. University of Washington Press. ISBN 978-0-295-96413-3, páxs. 216-219.
  53. Jelavich, Barbara & Jelavich, Charles (1986): The establishment of the Balkan national states, 1804-1920. University of Washington Press. ISBN 978-0-295-96413-3, páxs. 219-221.
  54. 54,0 54,1 54,2 54,3 54,4 54,5 54,6 54,7 Jelavich (1986), p. 217
  55. 55,0 55,1 Jelavich (1986), p. 218
  56. 56,0 56,1 Hall (2000), páx. 113.
  57. Price, Crawford (1914): The Balkan cockpit. T. Werner Laurie LTD.
  58. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 04 de marzo de 2016. 
  59. Grenville, John (2001): The major international treaties of the twentieth century, páx. 50. London: Taylor & Francis ISBN 978-0-415-14125-3
  60. Stickney, Edith Pierpont (1926): Southern Albania or Northern Epirus in European International Affairs, 1912–1923. Stanford University Press. ISBN 978-0-8047-6171-0
  61. The Corfu Declaration (en inglés) Consultada o 16/12/2011.
  62. Karsh, Efraim (2001): Empires of the Sand: The Struggle for Mastery in the Middle East. Harvard University Press.
  63. Naimark, Norman M. (2003): Yugoslavia and its Historians: Understanding the Balkan Wars of the 1990s. Stanford: Stanford University Press.
  64. Davis, Robert T., ed (2010): U.S. Foreign Policy and National Security: Chronology and Index for the 20th Century. 1. Santa Barbara, California: Praeger Security International. ISBN 978-0-313-38385-4.
  65. Malbone W. Graham (October 1944): "The Legal Status of the Bukovina and Bessarabia". The American Journal of International Law (American Society of International Law) 38 (4): 667–673.
  66. En plural ustaše; ás veces escrito ustasha, plural ustashe.
  67. Google books search on "Nedić regime"
  68. Bailey, Ronald H. 1980 (original edition from 1978). Partisans and guerrillas (World War II; v. 12). Chicago, Illinois, USA: Time-Life Books. páx. 81.
  69. Wolff, Robert Lee, (1956). Balkans in Our Time Cambridge, Massachusetts, USA: Harvard University Press. páx. 204.
  70. Wolff, Robert Lee (1956). Balkans in Our Time Cambridge, Massachusetts, USA: Harvard University Press. páx. 203.
  71. Tomasević, Jozo. (2001). War and Revolution in Yugoslavia, 1941-1945: Occupation and Collaboration. Stanford University Press.
  72. Jabuka - Apfelbäume und rote Astern, Von Kurt Wolff, Kronau/Baden Arquivado 02 de agosto de 2009 en Wayback Machine.(en alemán) Consultada o 14/1/2012.
  73. Roberts, Walter R. (1973): Tito, Mihailovic, and the Allies, 1941-1945. Rutgers University Press. ISBN 978-0-8135-0740-8.
  74. Artola, Ricardo (1995): La II Guerra Mundial. De Varsovia a Berlín. Madrid: Alianza.
  75. Cartier, Raymond (1968): La Segunda Guerra Mundial. Barcelona: Planeta.
  76. Gamble, A.et al. (1999): Marxism and Social Science. London: Macmillan. ISBN 0-333-65596-6.
  77. Brown, Archie (1997): The Gorbachev Factor. Oxford University Press. ISBN 0-19-288052-7
  78. De re Militari: Muertos en Guerras, Dictaduras y Genocidios (en castelán) Consulatada o 14/12/2011.
  79. Michel Collon: Médicos del Mundo reconoce que su campaña para sensibilizar sobre la limpieza étnica en Yugoslavia estuvo manipulada (en castelán) Consultada o 14/12/2011.
  80. E, se nos remontamos un algo máis nesta prehistoria poderiamos botarlle a culpa ao emperador Xustiniano, cando dividiu o Imperio romano.
  81. O seguinte censo rectificaría este surrealista asunto.
  82. [2] Arquivado 27 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. ONU. Consejo de Seguridad. (en castelán)
  83. Documentos históricos del Consejo de Seguridad. Biblioteca Dag Hammarskjöld de las Naciones Unidas Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
  84. [3] Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine. Agirre Aramburu, Xabier (1977): Yugoslavia y los ejércitos: la legitimidsad militar en tiempos de genocidio. Madrid: Los Libros de la Catarata. ISBN 84-8198-195-8.
  85. [http://www.un.org/es/members/ UN Estados Miembros de las Naciones Unidas. Resolución A/RES/46/237 da Asemblea Xeral, de 22 de maio de 1992. (en castelán)
  86. ONU. Consejo de Seguridad (en castelán)
  87. [http://www.osce.org/es/mc/39535 (en castelán)
  88. González, F., "Discurso en la CSCE". Helsinqui, 9/xullo/1992, páxs. 9-10.
  89. [http://www.unhchr.ch/tbs/doc.nsf/(Symbol)/CERD.C.247.Add.1.Sp?Opendocument ONU. Documentos presentados de conformidad con una decision del Comité: Bosnia and Herzegovina. 11/04/1995.(en castelán)
  90. [https://web.archive.org/web/20140227164117/http://daccess-dds-ny.un.org/doc/UNDOC/GEN/N92/379/69/IMG/N9237969.pdf?OpenElement Arquivado 27 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. ONU. Consello de Seguridade. (en castelán)
  91. [https://web.archive.org/web/20140227182415/http://daccess-dds-ny.un.org/doc/UNDOC/GEN/N92/379/75/IMG/N9237975.pdf?OpenElement Arquivado 27 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. ONU. Consello de Seguridade. (en castelán)
  92. CIDOB. "Eslovenia. Milan Kucan". Arquivado dende o orixinal o 04/02/2015. Consultado o 12/12/2011.  (en castelán)
  93. {{cita web|url= http://www.acnur.org/biblioteca/pdf/2044.pdf%7Ctítulo=La guerra en Croacia y en Bosnia y Herzegovina|dataacceso=12/12/2011.|autor=ACNUR| (en castelán)
  94. Euronews. "Investigación sobre la operación “Tormenta” tras la emisión de varios vídeos". Arquivado dende o orixinal o 22/09/2011. Consultado o 1/12/2011.  (en castelán)
  95. "Operación Forza Aliada" (en inglés) Consultada o 10/12/20011.
  96. Saiba o papel do ELK na crise Folha de São Paulo, 17 de xuño de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/20011.
  97. Resolución sobre a situación en Kosovo Arquivado 09 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. Parlamento Europeo, 11de febreiro de 1999.
  98. Princípio de acordo é firmado Folha de São Paulo, 8 de febreiro de 1999. Consultada o 10/12/2011. (en portugués)
  99. Rebeldes de Kosovo insistem em independência e dificultam acordo Folha de São Paulo, 22 de febreiro de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  100. Samary,Catherine: "Da Federação aos protectorados europeus" Le Monde Diplomatique, xaneiro de 2006. (en portugués) Consultada o 10/12/2012.
  101. http://elpais.com/diario/1999/04/10/portada/923695201_850215.html
  102. Otan ataca a Iugoslávia com mísseis; país promete resistir Folha de São Paulo, 25 de marzo de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  103. Otan cumpre ameaça e ataca a Iugoslávia Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine. - JC Online, 25 de marzo de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  104. Otan ataca a Iugoslávia - Deutsche Welle, 1999 (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  105. Iugoslavia recúa e acepta acordo de paz para Kosovo Folha de São Paulo, 4 de xuño de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  106. Otan prepara suspensão de bombardeios Folha de São Paulo, 10 de xuño de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  107. Acordo militar visa impedir "vácuo de poder" Folha de São Paulo, 10 de xuño de 1999 (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  108. Saiba mais sobre os refugiados[Ligazón morta] Folha de São Paulo, 16 de xuño de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  109. Vingança e humilhação ameaçam paz Folha de São Paulo, 16 de xuño de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  110. Principais momentos históricos da Iugoslávia Arquivado 23 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. - BBC Brasil, 30 de agosto de 2001. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  111. 111,0 111,1 Macedonia, 2001 Arquivado 08 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 112/12/2011.
  112. Macedonia, 2001 Arquivado 08 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  113. CNN.com Riot targets ethnic Albanians Arquivado 25 de marzo de 2010 en Wayback Machine., May 1, 2001. (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  114. "Macedonia police killed in ambush" BBC News, November 12, 2001 (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  115. Morton, Jeffrey S. (2004). Reflections on the Balkan Wars. Palgrave Macmillan. páx. 57. (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  116. Morton, Jeffrey S. (2004). Reflections on the Balkan Wars. Palgrave Macmillan. páx. 18-21. (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  117. Presevo valley tension BBC News (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  118. "Nace un nuevo país: Montenegro". Deutsche Welle 22/05/2006 (en español). 2006. Consultado o 29/1/2012. 
  119. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/02/02/5511592.shtml?idioma=galego Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine. Bandeira, himno e representación en organismos internacionais
  120. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/02/02/5511591.shtml?idioma=galego Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine. Serbia rexeita o plan da ONU para Kosovo por prever a súa independencia
  121. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 31 de xaneiro de 2012. 
  122. http://www.setimes.com/cocoon/setimes/xhtml/en_GB/newsbriefs/setimes/newsbriefs/2010/07/25/nb-04
  123. Serbia solicita la adhesión a la UE Diario El País. (en castelán) Consultada o 16/12/2011.
  124. Diario El Mundo 2/12/2011.
  125. Diario El Mundo, 9/12/2011. (en castelán) Consultada o 16/12/2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Banac, Ivo (1984): The National Question in Yugoslavia: Origins, History, Politics. Ithaca, N.Y.: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-9493-2
  • Curta, Florin (2006): Southeastern Europe in the Middle Ages, 500–1250. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-81539-0
  • Dvornik, Francis (1962): The Slavs in European History and Civilization. Rutgers University Press.
  • Fine, John Van Antwerp (c1987),The Late Medieval Balkans: A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest, University of Michigan Press, ISBN 0472100793  
  • Hall, Richard (2000). The Balkan Wars, 1912-1913: Prelude of the First World War (en inglés). Londres: Routledge. ISBN 978-0-415-22946-3. 
  • Hupchik, Dennis P. (2002): The Balkans. From Constantinople to Communism. Palgrave MacMillan. ISBN 1-4039-6417-3
  • Jelavich, Barbara (1983): History of the Balkans. Cambridge University Press.
  • Jelavich, Charles & Jelavich, Barbara, eds. (1963): The Balkans In Transition: Essays on the Development of Balkan Life and Politics Since the Eighteenth Century. University of California Press.
  • Kitsikis, Dimitri (2008): La montée du national-bolchevisme dans les Balkans. Le retour à la Serbie de 1830. París: Avatar.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]