Tribunal Internacional de Xustiza
O Tribunal Internacional de Xustiza, tamén chamado Corte Internacional de Xustiza, é o principal órgano xudicial das Nacións Unidas. Foi establecida en 1945, en A Haia (Países Baixos) sendo a continuadora, a partir de 1946, da Corte Permanente de Xustiza Internacional.
Funcionamento [editar]
As súas funcións principais son resolver por medio de sentenzas as disputas que lle sometan os Estados (procedemento contencioso) e emitir ditames ou opinións consultivas para dar resposta a calquera cuestión xurídica que lle sexa suscitada pola Asemblea Xeral ou o Consello de Seguridade, ou polas axencias especializadas que sexan autorizadas pola Asemblea Xeral de acordo coa Carta das Nacións Unidas (procedemento consultivo). O Estatuto da Corte forma parte integral de devandita Carta. En virtude do artigo 30 do Estatuto, a Corte adoptou o 14 de abril de 1978 un regulamento mediante o cal determinouse o xeito de exercer as súas funcións e, en particular, as súas regras de procedemento.