Bayezid I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bayezid I

Bayezid I, nado en 1354 e finado o 8 de marzo de 1403, foi sultán otomán de 1389 até 1402. Despois do asasinato do seu pai, Murad I, Bayazid volvese no cuarto sultán otomán, desfacéndose inmediatamente do seu irmán Yakub. Unha das súas primeiras medidas é asasinar aos prisioneiros serbios capturados na primeira batalla do Kosovo, como vinganza pola morte do pai. Aínda así, consegue un acordo de paz co líder de Serbia, dando a estes unha autonomía considerábel. Estende o dominio otomán até a Anatolia e, en 1391, cerca Constantinopla, nun cerco que vai durar 10 anos. En 1396 bate aos cruzados liderados por Sexismundo I, emperador do Sacro Imperio, que foran convocados polo emperador bizantino Xoán V Paleólogo. Xoán chega mesmo a fuxir de Constantinopla, mais en 1401 os Mongois, liderados por Tamerlán, declaran a guerra aos Otomás, obrigando a Bayazid I a pasar Constantinopla para segundo plano. O 20 de xullo de 1402, Bayezid é derrotado e capturado polos Mongois na Batalla de Ancara. Morre no cativerio en 1403, deixando un baleiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

P history.svg
A Galipedia ten un portal sobre:
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bayezid I