Pristina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Priština»)
Modelo:Xeografía políticaPristina
Prishtinë (sq) Editar o valor em Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 42°40′N 21°10′L / 42.67, 21.17Coordenadas: 42°40′N 21°10′L / 42.67, 21.17
Estado unitarioKosovo
Distrito (pt) TraducirPristina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación198.897 (2011) Editar o valor em Wikidata (347,72 hab./km²)
Xeografía
Superficie572 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude652 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Lipljan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoShpend Ahmeti Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal10000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico38 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webprishtinaonline.com Editar o valor em Wikidata

Pristina (Prishtina ou Prishtinë en lingua albanesa, Приштина ou Priština en serbio) é a capital de Kosovo, un país dos Balcáns europeos que acadou a independencia o 17 de febreiro de 2008. Ten 465.186 habitantes, segundo o censo de 2011.

Pristina á actualmente a maior cidade de Kosovo e capital do territorio, esperando unha resolución definitiva do seu status administrativo. Desde a fin da guerra, a cidade volveu aumentar a súa poboación e é o principal centro económico, político e cultural de Kosovo.

A economía da cidade depende de maneira especial dos sectores da alimentación, os produtos farmacéuticos, a xoiería e os téxtiles. Na localidade próxima de Sllatina (en albanés) ou Slatina (en serbio), está o Aeroporto de Pristina, único aeroporto internacional de Kosovo.

No ano 1960 fundouse a Universidade de Pristina, única universidade de Kosovo. Durante a época iugoslava, as clases impartíanse en serbocroata. Dende a fin da guerra, a universidade utiliza case de forma exclusiva o albanés como lingua de instrución.

O actual alcalde da cidade é Isa Mustafa, representante da Liga Democrática de Kosovo (LDK).

Historia[editar | editar a fonte]

Durante o Imperio Romano, a 15 quilómetros ó sur da moderna Pristina existiu unha extensa cidade chamada Ulpiana. A cidade foi destruída, pero sería restaurada polo Emperador Xustiniano I. Actualmente, a cidade de Lipljan atópase sobre aquela antiga cidade romana.

Despois da caída de Imperio Romano, Pristina naceu das ruínas da antiga cidade romana e debido á súa situación foi escolleita como rota que conducía cara tódalas direccións dos Balcáns. Por esta razón, converténdose nun centro comercial importante e como un dos camiños fundamentais para o comercio en Europa do sueste.

Durante o reinado de Milutin (12821321), o Reino de Serbia, debido á prosperidade da zona, traslada a capital do Estado a Pristina; mais, dito status só durou até a Batalla de Kosovo de 1389, cando o exército do Imperio Otomán derrotou ao exército de coalición dos Balcáns. Posteriormente, toda Serbia sería conquistada polos turcos en 1459.

O escritor albanés, Pjetër Bogdani, viviu e traballou na cidade por este tempo. Publicou o seu primeiro libro Çeta e Profeteve (A banda dos profetas) en 1555. Durante o Imperio Otomán, a cidade transformouse culturalmente, convertendo a gran parte dos pobos eslavos e albaneses ao islam.

Despois do ano 1870, os albaneses que habitaban a rexión formaron a “Liga de Prizren” para opoñerse á soberanía otomá, e acabarían formando un Goberno provisional no 1881.

No 1912, Pristina, canda o resto de Kosovo, foi brevemente anexionada ao recente Estado Independente de Albania, mais ao ano seguinte, as grandes potencias da zona forzaron a Albania a ceder a rexión a Serbia. No 1918, Kosovo foi incluído en Iugoslavia, aínda que sen autonomía ningunha.

Antes da segunda guerra mundial, a cidade era etnicamente mixta, con grandes comunidades de albaneses e serbios. Os conflitos entre ambos grupos étnicos comezaron a agravarse cando os albaneses de fe musulmá son deportados para Turquía como consecuencia dun programade limpeza étnica aplicado polas autoridades serbias. Os musulmáns albaneses foron identificados como turcos e así desafiuzados dos seus fogares tiveron que ir a Turquía, onde moitos deles foron obrigados a cambiar os seus nomes por outros de orixe turca e foron enviados polas autoridades turcas cara as provincias habitadas maioritariamente por armenios e gregos.

A comezos da segunda guerra mundial, a poboación serbia da cidade viuse minguada debido á persecución que os serbios sufriron polas tropas alemás. Dende o 1941 até 1945, Pristina foi anexada ao Reino de Italia xunto a Albania.

Pristina despois da segunda guerra mundial[editar | editar a fonte]

En 1946, Pristina converteuse na capital da Rexión Socialista Autónoma de Kosovo. Entre 1953 e 1999, a poboación aumentou de aproximadamente 24.000 a máis de 300.000 habitantes. Todas as comunidades nacionais creceron durante este período, pero o maior aumento deuse na poboación albanesa, debido a unha crecente migración das áreas rurais cara a capital.

Dende 1953 a 1981, a poboación albanesa aumento arredor de 9.000 a 76.000 habitantes. As poboacións serbias, en troques, aumentaron dun xeito máis modesto de 8.000 en 1953 a 21.000 en 1981. A comezos da década de 1980, a cidade estaba constituída nun 70 % por albanokosovares.

Aínda que Kosovo estaba baixo o mandato dun membro albanés do Partido Comunista local, a diminución da economía e a inestabilidade política a finais da década de 1960 e comezos dos 80 conduciu a agrmos de malestar nacionalista. En novembro de 1968, as protestas estudantís de Belgrado estendéronse cara a cidade, mais foron reprimidas polas forzas de seguridade iugoslavas. Algunhas demandas dos estudantes foron atendidas polo goberno de Tito, como o estabelecemento da Universidade de Pristina como unha institución autónoma. Estas reformas fixéronse despois dun longo período onde a lingua albanesa e a bandeira albanesa estaban totalmente prohibidas.

En marzo de 1981, os estudantes da Universidade de Pristina tomaron o edificio como protesta pola mala calidade dos alimentos que o comedor universitario ofrecía. Esta manifestación, aparentemente sen importancia, rapidamente se tornou de carácter nacional, estendéndose a todo Kosovo. Nos meses posteriores as manifestacións masivas fixéronse populares en Pristina e outras cidades. A Presidencia comunista iugoslava mandou reprimir as protestas, declarando o estado de emerxencia e provocando choques entre manifestantes e forzas de seguridade. O resultado foron varios mortos, e moitos detidos e castigados.

Pristina dende a guerra de Kosovo até a actualidade[editar | editar a fonte]

Torres da UNMIK en Pristina

Despois da redución da autonomía kosovar polo presidente serbio Slobodan Miloševic en 1990, un réxime severamente represivo cara a comunidade albanesa foi instalado na cidade e en toda a provincia, sendo moitos albaneses despedidos das industrias e institucións estatais.

A Universidade de Pristina foi vista como un criadeiro do nacionalismo albanés, polo que foi purgada. Despedíronse a 800 catedráticos albaneses e 22.500 de 23.000 estudantes foron expulsados. En resposta ao acontecido, os albanokosovares establecen un “goberno de sombra” baixo a autoridade da Liga Democrática de Kosovo (LDK), conducida polo escritor e intelectual Ibrahim Rugova. Aínda que a cidade, formalmente fose controlada polas autoridades serbias que o Goberno de Miloševic designaba, o LDK estableceu estruturas paralelas, financiadas por contribucións de empresas e institucións privadas, de maneira que tanto a educación como a saúde fóronlle proporcionadas aos albaneses que nese momento o Goberno serbio lles negaba.

A partir de 1996 en adiante, o Exército de Liberación de Kosovo comezou a atacar forzas iugoslavas e serbias, mais Pristina permaneceu en paz até marzo de 1999, cando comeza a guerra de Kosovo. A cidade foi declarada en estado de emerxencia a finais de marzo e grandes áreas foron sitiadas. Despois de que as forzas aéreas da OTAN empezaran a sobrevoar sobre Iugoslavia o 24 de marzo de 1999, a violencia estalla en Pristina. Forzas serbias e iugoslavas xunto a paramilitares serbios tomaron varios distritos da cidade, expulsaron, asasinaron e saquearon en grande escala ás poboacións de etnia albanesa. Moitos dos expulsados foron levados en trens até a fronteira con Macedonia do Norte, onde foron abandonados e forzados ao exilio.

O Departamento de Estado dos Estados Unidos estimou en maio de 1999 que entre 100.000 e 120.000 persoas foron expulsadas de Pristina polas forzas do goberno e os paramilitares.

Ao rematar a guerra, a maioría dos 40.000 cidadáns serbios, escaparon de Pristina por temor a represalias. Algúns dos que ficaron foron posteriormente vítimas das cuadrillas albanesas que buscaban vendeta, decrecendo máis a poboación serbia. Outros grupos étnicos acusados de colaborar coas forzas serbias contra as poboación albanesas, como os xitanos, foron obrigados a abandonar o lugar, debido aos ataques dos nacionalistas albaneses.

Segundo o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR), en agosto de 1999, polo menos 2.000 serbios deixaron a cidade. Mais, o número de exiliados serbios sufriu un grande aumento tralos disturbios de Kosovo no 2004.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. www.tirana.gov.al (ed.). "Twinning Cities: International Relations" (PDF). Municipality of Tirana. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de outubro de 2011. Consultado o 6 de febreiro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]