Mikhail Gorbachev
| Mikhail Gorbachev | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 2 de marzo de 1931 | ||
| Lugar: | Privol'noe, Rusia | ||
| Falecemento: | |||
| Lugar: | , | ||
| Organización: | Partido Comunista da Unión Soviética, Parido Socialdemócrata de Rusia | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | Secretario Xeral do PCUS Presidente Executivo da URSS Secretario de Agricultura no Comité Central do Partido Comunista |
||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Político, avogado e escritor | ||
| Relixión: | {{{relixón}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Mikhail Serguéievich (Sergeevič) Gorbachev, en ruso ruso Михаи́л Серге́евич Горбачёв , nado en Privol'noe o 2 de marzo de 1931, é un político soviético que foi o Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) dede 1985 ata 1989 e Presidente Executivo da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas de 1989 a 1991.
Índice |
[editar] Traxectoria
Naceu o 2 de marzo de 1931 (outras fontes afirman que naceu en 1935) en Privol'noe, Rusia, no seo dunha familia campesiña. En 1952 ingresou ao Partido Comunista e tres anos despois contraeu matrimonio con Raisa Maxímovna Titorenko, con quen tería unha filla, Irina. Ese mesmo ano obtivo o título de avogado na Universidade de Moscova. En 1978 foi elixido Secretario de Agricultura no Comité Central do Partido Comunista e dous anos despois converteuse no membro máis novo do Politburó.
Trala inesperada morte de Konstantín Chernenko, en abril de 1985, Gorbachev foi elixido Secretario Xeral do Partido Comunista da URSS e polo tanto, o gobernante de facto da Unión Soviética. Trala reorganización do partido e do sistema electoral, foi elixido xefe de Estado (1989) e primeiro Presidente da URSS polo Congreso (1990). As súas reformas estruturais á vida política e económica da URSS, coñecidas polos seus nomes rusos
Glásnost e Perestroika, minaron o monopolio exercido polo comunismo nos países do leste e puxeron fin á Guerra Fría.
En marzo de 1991 convocouse a un referendo na Unión Soviética, o 78% da poboación dixo si ao mantemento da URSS. En agosto dese ano foi destituído por un grupo de altos cargos do PCUS e do Goberno que buscaban deixar sen efecto o Acordo de Belovezhie, que disolvía de facto a URSS ao separarse Ucraína, Rusia e Bielorrusia. Foi retido durante tres días na súa residencia de verán en Forós (Crimea), pero puido reasumir as súas funcións tralo fracaso do golpe de Estado. Modificou a lexislación que permitía o monopolio político exclusivo do PCUS e decretou a nulidade da anexión das Repúblicas bálticas, dando deste modo vía libre para a súa independencia.
Debilitado polos ataques do presidente da Federación rusa, Boris Yeltsin e tras un van intento de que as Repúblicas restantes asinasen o Tratado da Unión, decidiu renunciar como Secretario Xeral do Partido Comunista e disolver o Comité Central. O Nadal dese mesmo ano disolveu oficialmente a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas e renunciou como Presidente Executivo trala negativa dos presidentes das Repúblicas da Comunidade de Estados Independentes (CEI) a recoñecer os órganos do poder central.
Mikhail Gorbachev recibiu o Premio Nobel da Paz en 1990, pola súa contribución á distensión mundial.
Dende 1992 Mikhail Gorbachev dirixe a fundación que leva o seu nome e que ten filiais en EE.UU., Suíza, Rusia, Italia, etc., participou esporadicamente nalgunhas eleccións rusas, obtendo pobres resultados, e na actualidade é o presidente do Partido Socialdemócrata de Rusia.
[editar] Obras selectas
- Perestroika, 1988.
- The August Coup: The Truth and the Lessons, 1991.
- Memorias, 1996.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Páxina oficial de Mijail Gorbachev (en inglés).
- Time 100: Mikhail Gorbachev (en inglés).
- Nobel e-Museum: Mikhail Gorbachev (en inglés).