A Haia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°5′N 4°19′E / 52.083°N 4.317°E / 52.083; 4.317

A Haia
Den Haag (en neerlandés)
Flag of The Hague.svg Den Haag wapen.svg
Cityscape of The Hague, viewed from Het Plein (The Square).jpg
A Haia
Situación xeográfica
A Haia en Países Baixos
A Haia
A Haia
País Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Provincia Flag Zuid-Holland.svg Holanda Meridional
Xeografía
Altitude 1 msnm
Superficie 98,12 km²
Poboación
Poboación 510.909 hab. (2014)
Densidade 6.240 hab/km²
Xentilicio Hagenaar ou Hagenees
Información
Código postal 2490–2599
Alcalde Jozias van Aartsen (VVD)
Páxina web Páxina oficial

A Haia (neerlandés: Den Haag, ou oficialmente, 's-Gravenhage) é a capital administrativa dos Países Baixos; localízase na parte occidental do país, na provincia da Holanda Meridional, da cal é tamén a capital. Cunha poboación de 465.000 habitantes (700.000 na área metropolitana), é a terceira maior cidade dos Países Baixos, despois de Ámsterdan e Róterdan.

Na Haia residen máis de 25.000 estranxeiros empregados en organizacións internacionais, multinacionais e entes xurídicos e diplomáticos de diversa natureza. A cidade é a sede da Tribunal Internacional de Xustiza e de outras organizacións internacionais.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A Haia está situada no oeste dos Países Baixos e forma parte da aglomeración urbano coñecida como Randstad formado por unha multitude de cidades veciñas entre as que se atopan Róterdan, Leiden ou Delft. O centro da cidade dista preto de 6km do mar do Norte.

Os barrios de Scheveningen e Kijkduin encóntranse directamente á beira do mar. Scheveningen é unha moderna estación balnearia cunha grande praia e unha animada vida nocturna. Nel encóntrase a cárcere do TPI (Tribunal Penal Internacional) onde, o 11 de marzo de 2006, morreu Slobodan Milošević.

Así pois os oito distritos da Haia son: o seu Centro, Escamp, Haagse Hout, Laak, Leidschenveen-Ypenburg, Loosduinen, Scheveningen e Segbroek.

Historia[editar | editar a fonte]

O "Ridderzaal"

Na súa orixe, un lugar destinado á caza, os condes de Holanda utilizárono como centro administrativo. Deas Graven Hage significa literalmente "coto do conde" ou "cercado privado do conde". O edificio máis antigo da cidade, o Ridderzaal, construíuse en 1236, e aínda se utiliza para actos políticos.

A Haia foi declarada cidade oficialmente polas forzas de ocupación francesas en 1806, séculos despois de que outras cidades neerlandesas recibiran o privilexios. Isto xerou a lenda ou ruxerruxe popular de que A Haia non é unha cidade, senón unha aldea.

Até ese século a cidade era pouco máis que unha pequena vila, contando con arredor de 55.000 habitantes, polo que debido ao seu status non tiña murallas que a defendesen ou un gran centro urbano como o que teñen as cidades próximas de Leiden e Delft. A Haia comezou a crecer rapidamente cando o goberno empezou a desempeñar un papel máis importante na sociedade neerlandesa.

Durante a durante a Segunda Guerra Mundial, ao igual que moitas cidades de arredores, sufriu grandes danos. O 3 de marzo de 1945 a Royal Air Force bombardeou o barrio de Bezuidenhout, onde está situado unha das residencias da raíña Beatriz. O seu obxectivo eran os mísiles V2, que se atopaban nun parque próximo, porén, por mor de erros de navegación, as bombas caeron nunha zona densamente poboada da cidade, morrendo máis de 500 persoas. Aínda se poden contemplar as cicatrices na cidade.

Tras a Guerra, A Haia estendeuse cara ao suroeste. As áreas afectadas foron reconstruídas rapidamente e a poboación acadou os 550.000 habitantes en 1970. En marzo de 2006 o ex-mandatario serbio Slobodan Milošević, que se atopaba preso desde 2001, foi atopado morto no centro de detención do tribunal penal na Haia.

Demografía[editar | editar a fonte]

Flag of The Hague.svg Evolución demográfica da Haia ArmsThe Hague.png
1796 1830 1849 1879 1899 1925 1970 1990 2003 2005 2008
41.300 56.100 63.600 113.500 206.000 394.500 550.000 440.000 463.800 468.711 482.742

O nome da cidade[editar | editar a fonte]

Praza no centro da Haia.

O nome Den Haag (orixinariamente "Die Haghe") é a versión oficial do nome da cidade máis antiga. Unha versión máis aristricrática é 's-Gravenhage ("o coto do duque"), que foi utilizada a partir de 1639 por analoxía con, por exemplo, 's-Hertogenbosch (coñecida coma Den Bosch). Porén, actualmente o concello adoita empregar Den Haag, en parte pola internacionalización da cidade (sede de numerosos organismos internacionais), chamada Den Haag en alemán, The Hague en inglés ou La Haye en francés.

Símbolos[editar | editar a fonte]

O símbolo da Haia é a cegoña, símbolo que se pode atopar no escudo da cidade, no que a ave ten atrapada unha serpente co peteiro. En realidade aínda que se represente cunha lingua bífida o animal é unha anguía. Elexiuse precisamente a cegoña coma elemento representativo xa que representa a felicidade.

Economía[editar | editar a fonte]

O Hoftoren, o edificio máis alto da cidade.

Ao sur da cidade, cara o río Rin, esténdese a Westland, unha rexión de 20 x 20 km de serras, onde son cultivadas verduras e flores. A Haia é rica en pequenas e medias empresas, no sector do comercio e da industria. Evidentemente tamén o sector dos servizos é moi activo, sendo a cidade sede do goberno e de moitas organizacións internacionais, polo que a vida está dominada polo gran número de funcionarios que traballan nela. Ademais varias compañías que teñen n'A Haia a súa sede central, como por exemplo:

  • Royal Dutch Shell, unha das compañías de hidrocarburos máis importantes do mundo, máis coñecida pola marca Shell.
  • KPN (Koninklijke PTT Nederland), a compañía nacional de teléfonos (con divisións de telefonía móbil e fixa).
  • AEGON, unha das maiores compañías neerlandesas de seguros.
  • TNT Post, antigamente TPG, provedor internacional de correo e loxística.
  • APM Terminals, o segundo operador de terminais de contedores do mundo.
  • Nationale Nederlanden, compañía de seguros parte do Grupo ING (sede compartida con Róterdan)
  • Siemens, a compañía de enxeñería máis grande de Europa, na súa sede dos Países Baixos.

En canto á industria, nunca houbo actividades a grande escala. Coa posíbel excepción do porto pesqueiro de Scheveningen. Moitos dos servizos de pequena industria e loxística están localizado no distrito de Binckhorst, onde se poden atopar moitos almacéns de gran tamaño.

Museos e lugares de interese[editar | editar a fonte]

Fachada do Museo Escher.
O Panorama Mesdag, parte da colección do museo municipal

Os principais museos e edificios culturais da cidade son:

  • O Madurodam, unha cidade en miniatura que mostra as principais paisaxes e puntos de interese dos Países Baixos.
  • O Mauritshuis, un museo que exhibe pinturas de mestres neerlandeses como Johannes Vermeer, Rembrandt van Rijn ou Paulus Potter.
  • O Museo Escher, adicado ao artista Maurits Cornelis Escher. Atópase no antigo Palacio Real, en Lange Voorhout.
  • O Gemeentemuseum ou Museo municipal. Acolle una gran colección de pinturas do artista neerlandés Piet Mondrian e outras mostras de arte moderna.
  • O Museon, un museo de ciencias interactivo.
  • O Panorama Mesdag. Unha pintura cilíndrica de Hendrik Willem Mesdag, de máis de 14 metros de alto e 120 metros de circunferencia. Mostra unha vista do mar, as dunas e a vila de Scheveningen, sendo o panorama máis antigo del mundo, conservado dende o século XIX no seu emprazamento orixinal. A sensación de realidade que provoca a imaxe de 360 grados de Scheveningen en 1881 es impresionante.
  • O museo Beelden aan Zee en Scheveningen, posúe unha grande colección de esculturas, principalmente de artistas do século XX.
  • O Omniversum, o primeiro cinema IMAX-360 de Europa.

Ademais outras atraccións turísticas da Haia son:

O Binnenhof de noite.
O Binnenhof.
  • O histórico Binnenhof e Ridderzaal medieval, edificio máis antigo da cidade, que agora alberga as Cámaras do Parlamento e as oficinas gobernamentais. Pode obterse unha boa vista dende o Lange Vijverberg, ao outro lado do lago adxacente ao edificio, o "Hofvijver".
  • A Lange Voorhout, unha ampla avenida que contén numerosas e espléndidas casas (actualmente fogar de varias embaixadas), así como la máis antiga e angosta casa da Haia e o famoso "Hotel des Indes", o hotel máis luxoso da cidade.
  • O Passage, o mais antigo centro comercial cuberto dos Países Baixos, do século XIX, que conten moitas tendas de de altos prezos e tendas especializadas.
  • O Paleis Noordeinde, o Palacio oficial de traballo da Raíña Beatriz dende 1984. O Palacio está pechado ao público, mais os seus xardíns (Paleistuin) son accesíbeis ao público.
  • O Parque Clingendael, unha vella leira cun xardín xaponés. PReto pode atoparse a sede do Instituto Clingendael de Relacións Internacionais.
  • O Paleis Huis ten Bosch, o Palacio Residencial da Raíña Beatriz. Atópase un pouco fora da cidade, na fraga "Haagse Bosch".

Os principais eventos anuais da cidade son: o festival multicultural HaSchiBa, en agosto, e os festivais de fogos de artificio durante todo o verán.

Organismos nacionais e internacionais[editar | editar a fonte]

Palacio da Paz, sede do Tribunal Internacional de Xustiza.
Hofvijver e os edificios do parlamento neerlandés.

A Haia alberga o Senado e a Cámara de Representantes, que conforman o Parlamento Neerlandés, ao igual que tódalas embaixadas estranxeiras e ministerios, así como a Corte Suprema e diversas organizacións e grupos de presión. A Raíña Beatriz tamén vive e traballa na cidade.

No plano internacional é sede da Europol (European Police Office), unha das poucas institucións da Unión Europea (UE) que non ten a súa sede central en Bruxelas. Ademais como unha das sedes da Organización de las Naciones Unidas (ONU), A Haia acolle a varias das súas institucións:

Ademais tamén acolle:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]