Voivodina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Vojvodina.svg
Map of Serbia (Vojvodina).PNG
Lingua oficial Serbio, húngaro, eslovaco, romanés, croata e ruteno
Capital Novi Sad
Presidente1 Bojan Pajtić
Área
- Total
- % auga

88.361 km²
 %
Poboación


- Total (2000)
- Densidade


2.031.992
94,51 hab./km²

Moeda dinar serbio
Fuso horario UTC +1 (CET)
Himno Nacional Bože pravde Deus da xustiza
Dominio de primeiro nivel .yu
Compañia aérea Jat Airways
Código telefónico 381

A Provincia autónoma de Voivodina (en serbio: Аутономна Покрајина Војводина ou Autonomna Pokrajina Vojvodina, en húngaro: Vajdaság Autonóm Tartomány, en eslovaco: Autonómna Pokrajina Vojvodina, en romanés: Provincia Autonomă Voivodina, en croata: Autonomna Pokrajina Vojvodina) é unha das provincias coas que conta Serbia, ao norte do país. A capital e principal cidade é Novi Sad, sendo a segunda cidade en importancia Subotica.

A Voivodina é diversa etnicamente falando, habitando na rexión máis de 26 grupos distintos. Hai 6 idiomas oficiais.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Voivodina en serbio significa voivodato (territorio gobernado por un voivoda, equivalente a un duque). O nome hitórico era provincia serbia do voivoda, pero desde que depende de Serbia o epíteto "serbio" foi eliminado. En serbio a voz Vojvodina presenta unha variante, Vojvodstvo, que é o equivalente á palabra polaca województwo que significa provincia.

Historia[editar | editar a fonte]

O territorio que ocupa a provincia de Voivodina foi un territorio moi disputado ao longo do tempo, pasando sucesivamente dunhas mans a outras, o que explica a enorme diversidade étnica do país.

Durante a dominación romana, Sirmium (actualmente Sremska Mitrovica) foi una das catro capitais do Imperio romano e seis emperadores romanos naceron na cidade ou nos seus arredores. A cidade era capital de varias unidades administrativas romanas, como por exemplo, a Baixa Pannonia, a Pannonia secunda e a prefectura pretoriana de Iliria. O dominio romano mantívose ata o s.IV, cando a rexión comezou a ser ocupada polos pobos veciños.

Os eslavos (incluídos os serbios) asentáronse na rexión no s.VI e VII. No s.IX os duques búlgaros Salan e Glad mantiveron o control sobre a rexión. A sede de Salan estaba en Titel. Tras a derrota dos nobres búlgaros algunhas partes da rexión (Bačka e o Banato) foron incluídos no reino de Hungría, mentres que Syrmia pasou á administración do Imperio bizantino ata o s.XII, cando tamén foi incluída no reino de Hungría.

Entre 1282 e 1316 o rei serbio Stefan Dragutin gobernou o reino de Syrmia, que constistía nas partes setentrionais de Serbia, Mačva, Usora e Soli, e a súa sede foi fixada na cidade de Debrc. O seu reino atopábase na Baixa Syrmia (actualmente Mačva), mentres que outro líder local, Ugrin Čak, rexeu a Alta Syrmia (actualmente Syrmia), Eslavonia e Bačka, con capital en Ilok. En principio Stefan Dragutin era vasalo do rey húngaro, pero desde a caída do poder central dese reino, produciuse a independencia de facto dos dous reinos de Syrmia. Stefan Dragutin morreu en 1316 e foi remprazado polo seu fillo Vladislav II entre os anos 1316 e 1325, mentres que Ugrin Čak morreu en 1311. Vladislav II foi vencido polo rei de Serbia Stefan Dečanski en 1324, tras o cal, a Baixa Syrmia pasou a ser disputada entre os reino serbio e o húngaro.

Despois da conquista de Serbia polos otomanos en 1459, déspotas serbios rexeron zonas da Voivodina como vasalos dos reis húngaros. A sede estaba fixada en Kupinik (hoxe en día Kupinovo) en Syrmia.

Tras a batalla de Mohács e a caída do reino de Hungría en mans otomanas, a rexión sumiuse nun preríodo de anarquía e guerras civís. En 1526 o emperador Jovan Nenad, líder dos mercenarios serbios, estableceu o seu poder en Bačka, o norte do Banato e unha pequena parte de Syrmia. Creou un estado independente efémero, con capital en Subotica. Jovan Nenad aproveitou a situación para proclamarse emperador serbio, coa vantaxe da confusión política e militar que había daquela. A nobeza húngara uniuse ás forzas contrarias ao emperador e venceron ás tropas serbias no verán de 1527. O emperador foi asasinado e o estado desapareceu. Unhas décadas máis tarde a rexión pasou a formar parte do Imperio Otomán, que gobernou a zona ata fins do s.XVII e primeiros do s.XVIII cando pasou a ser dependencia dos Habsburgo.

Vojvodina03.png

Na asemblea celebrada en Sremski Karlovci en maio de 1848 os serbios declararon a creación da provincia-ducado serbia de Voivoda, unha rexión autónoma dentro do Imperio austríaco. Estaba composta por Syrmia, Bačka, o Banato e Baranja. O metropolitano de Sramski Karlovici, Josif Rajačić, foi elixido patriarca mentres que Stevan Šupljikac foi o primeiro duque.

En novembro de 1849, por decisión do emperador autríaco, esta rexión converteuse nun novo territorio real austríaco coñecido como Voivodato de Serbia e Banato Tamiš. Estaba composto polo Banato, Bačka e Syrmia. Un gobernador austríaco con sede en Temesvár encargaríase de dirixir a área e o título sobre o voivodato era propiedade do emperador. O título completo era "Gran Voivoda do Voivodato de Serbia" (alemán: Großwoiwode der Woiwodschaft Serbien). A provincia quedou abolida en 1860 e sete anos máis tarde pasou a ser parte do reino de Hungría.

Tras a Primeira Guerra Mundial e a caída do Imperio austro-húngaro a rexión pasou a formar parte do estado dos eslovenos, croatas e serbios. En 1918 creouse a república do Banato, recoñecida por Hungría.

O 25 de novembro de 1918 proclamouse a unión da rexión ao reino de Serbia. A decisión tomouna unha asemblea de representantes das distintas nacionalidades. Un día máis tarde, a asemblea de Syrmia tamén proclamou a súa unión con Serbia.

Entre 1929 e 1941 a rexión foi coñecida como a Banovina do Danubio, unha provinca do reino de Iugoslavia. A capital era Novi Sad. Estaba composta de Syrmia, Bačka, o Banato, Baranja e Šumadija.

Na Segunda Guerra Mundial o eixe ocupou a rexión entre 1941 e 1944. Bačka e Baranja foron unidas a Hungría mentres que Syrmia pasou a formar parte de Croacia. As outras dúas zonas seguiron formando parte de Serbia. Porén, o Banato tiña un réxime de autonomía controlado pola minoría alemá.

Vojvodina map02.png

Tras a fin da ocupación do eixe a rexión volveuse converter nunha provincia autónoma de Serbia e pasou a ter a denominación actual coa mesma capital.

En principio, a provincia tiña un baixo nivel de autonomia dentro de Serbia, pero foi gañando dereitos sobre todo baixo a constitución de 1974, que define a Voivodina como un dos integrantes da Federación Iugoslava e lle deu o mesmo dereito de voto que á propia Serbia dentro da federación.

Baixo o goberno de Slobodan Milošević, a Voivodina e Kosovo perderon a maior parte da súa autonomía en setembro de 1990. Despois disto, a Voivodina deixous de ser unha parte da federación iugoslava, mantendo unha pequena autonomía.

A caída de Milošević en 2000 creou un novo clima reformista na rexión e o nivel de autonomía da provincia incrementouse en 2002.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A rexión está dividida polo río Danubio e o río Tisa en Bačka ao noroeste, o Banato ao leste e Syrmia ao suroeste. Unha pequena parte de Mačva está tamén na Voivodina. Hoxe en día a parte occidental de Syrmia pertence a Croacia, a parte norte de Bačka é húngara, e a parte oriental do Banato está en territorio romanés. A área total da Voivodina é de 21.500 km².