Skopje
| Skopje | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | |
| Subrexión: | |
| Distrito: | |
| Xeografía | |
| Altitude: | 240 msnm |
| Superficie: | 1.854 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 506.926 hab. (2002) |
| Densidade de poboación: | hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | Koce Trajanovski |
| Sitio na web: | www.skopje.gov.mk |
Skopje (en macedonio: Скопје ou Skopje; en albanés: Shkup) é a capital e a maior cidade da República de Macedonia. No período romano era coñecida baixo o nome de Skupi. A cidade desenvolveuse rapidamente trala fin da Segunda Guerra Mundial, aínda que esta tendencia rematou en 1963, ano no que foi esnaquizada por un gran tremor de terra.
Hoxe en día Skopje é unha cidade moderna con interese polos monumentos culturais do pasado. A cidade atópase situada nas cordenadas 42°0'N 21°26'L, no curso superior do río Vardar nunha ruta principal na península balcánica, entre Belgrado e Atenas. A cidade ten unha poboación de 515.419 habitantes (censo de 2002). É un importante centro siderúxico, así como das industrias química, madeireira, téxtil e publicitaria. O desenvolvemento industrial da cidade foi acompañado por un desenvolvemento intensivo dos sectores do comercio e da banca, así como por unha énfase nos campos da cultura e do deporte.
Dacordo co censo nacional de 2002, a poboación de Skopje era de 506 926 habitantes. O grupo étnico principal é o dos macedonios, que constitúen o 66.75% da poboación, seguido polos albaneses (20.49%), polos xitanos (4,63%), polos serbios (2,82%), polos turcos (1,70%), polos bosnios (1.50%) e polos aromaneses (0.50%).