Raza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A raza en bioloxía é un taxon que se utiliza para clasificar poboacions de individuos da mesma especie que, aínda que teñan a capacidade de ter descendencia fértil, o isolamento e a perda de fluxo xenético déulles propiedades distintivas. Este termo tamén se pode aplicar á especie humana e as categorías raciais humanas máis usadas baséanse en caracteres biolóxicos visibles (especialmente a cor da pel e as características faciais), os xenes e a identificación propia. O concepto de raza e a agrupación de razas específicas varía segundo a cultura e o tempo. Desde os anos 1940, os científicos evolucionistas rexeitaron a conceptualización de raza, opinando que calquera definición de raza relativa aos humanos está falta de vigor e validez taxonómica por imprecisas e arbitrarias, e que as supostas razas observadas varían segundo a cultura examinada.