Eparquía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eparca é un termo empregado no imperio Seléucida para indicar un alto cargo administrativo. O termo deriva do grego ἐπί epí "sobre" e de ἀρχεία arkhéia "goberno", para indicar o funcionario responsábel do goberno sobre un territorio particular, chamado ἐπαρχία (eparkhía) en grego (en latín eparchia).

Eparquía no Imperio bizantino[editar | editar a fonte]

Tras a reforma teodosiana, o termo eparquía foi empregado polo Impero Romano de Oriente para indicar unha circunscrición administrativa equivalente á provincia latina. Tales entidades desapareceron despois do século VII coa institucións dos temas. Na capital Constantinopla, en cambio, o título de eparca do pretorio ou eparca de Constantinopla (grego: ἔπαρχος τοῦ πραιτωρίου, éparkhos tû praitoríu) pasou a indicar, a finais do Imperio, o prefecto do pretorio de Oriente e gobernador da cidade.

Eparquía nas igrexas cristiás[editar | editar a fonte]

O termo eparquía emprégase en moitas igrexas cristiás para indicar unha circunscrición administrativa ou relixiosa. O correspondente título á súa fronte é o de eparca ou bispo.

Igrexa ortodoxa[editar | editar a fonte]

O termo úsase hoxe para indicar algunhas subdivisións nas Igrexas Ortodoxas.

Igrexa católica[editar | editar a fonte]

Nalgunhas Igrexas católicas de rito oriental chámase eparquía a unha porción de territorio e de fieis que son confiados á cura pastoral dun eparca ou bispo; a eparquía xa que logo é totalmente correspondente á diocese da Igrexa latina. As eparquías (e os seus eparcas) réxense polos canons 177-310 do Código dos Canons das Igrexas Orientais.