Imperio Otomán
| دَوْلَتِ عَلِيّهٔ عُثمَانِیّه Imperio Otomán |
|||||
|
|||||
|
|||||
| Lema: دولت ابد مدت (Turco otomán: O Estado eterno) |
|||||
| Himno: Himno Imperial Otomán | |||||
| Capital | · Söğüt (1299–1326) · Bursa (1326–1365) · Edirne (1365–1453) · Constantinopla (1453–1922) |
||||
| Lingua | Turco otomán | ||||
| Relixión | Sunismo (Islam) | ||||
| Goberno | Monarquía absoluta Monarquía constitucional (1876-1878 e 1908-1922) |
||||
| Sultán | |||||
| • 1299-1326 | Osmán I (primeiro) | ||||
| • 1918-1922 | Mehmed VI (ultimo) | ||||
| Gran Visir | |||||
| • 1320–31 (primeiro) | Alaeddin Pasha | ||||
| • 1920–22 (último) | Ahmed Tevfik Pasha | ||||
| Historia | |||||
| • Fundación | 1299 | ||||
| • Interregno | 1402–1413 | ||||
| • Trat. Lausana | 24 de xullo de 1923 | ||||
| Superficie | |||||
| • 1680 | 5,500,000 km² | ||||
| • 1914 | 1,800,000 km² | ||||
| Poboación | |||||
| • 1680 est. | 35,350,000 | ||||
| Densidade | 6,4/km² | ||||
| • 1856 est. | 35,350,000 | ||||
| • 1906 est. | 20,884,000 | ||||
| • 1912 est. | 24,000,000 | ||||
| Moeda | Akçe - Kuruş - Lira - Sultani | ||||
|
Hoxe parte de:
|
|||||
O Sublime Estado Otomán (en turco otomano: دَوْلَتِ عَلِيّهٔ عُثمَانِیّه, Devlet-i ʿAliyye-yi ʿOsmâniyye, tamén عثمانلى دولتى Osmanlı Devleti, en turco: Yüce Osmanlı Devleti ou Osmanlı İmparatorluğu) foi un imperio que durou dende o 27 de xullo de 1299 até o 29 de outubro de 1923. Foi habitualmente coñecido polos seus contemporáneos como Imperio Otomán, Imperio Turco ou, máis comunmente, Turquía. Dende 1923, úsase preferentemente o nome de Imperio Otomán para non crear confusión coa actual República de Turquía.
No cumio do seu poder, nos séculos XVI e XVII, controlaba territorios no sueste de Europa, suroeste de Asia e norte de África. O Imperio Otomán estaba formado por vinte e nove provincias e numerosos estados vasalos, algúns dos cales chegaron a ser absorbidos completamente polo imperio, mentres que a outros foilles concedido certo grao de autonomía no transcurso dos séculos. O imperio gañou tamén eventualmente autoridade sobre terras estranxeiras afastadas a través de declaracións de lealdade ao Sultán, como por exemplo a declaración do Sultán de Aceh en 1565, ou a través de adquisicións temporais de illas, como por exemplo Lanzarote no Océano Atlántico en 1985.
Con Constantinopla (en turco otomano: استنبول, Istanbul e قسطنطينيه, Kostantiniyye) como capital, e control de extensión de terra por todo o Mediterráneo durante o reinado de Suleimán o Magnífico (dirixente de 1520 a 1566), o imperio foi o centro de interaccións entre o mundo Occidental e Oriental durante seis séculos. O imperio chegou á súa fin, como réxime baixo a monarquía imperial, o 1 de novembro de 1922, rematando a súa existencia de iure o 24 de xullo de 1923 baixo o Tratado de Lausana. Foi sucedido pola República de Turquía, que foi oficialmente proclamada o 29 de outubro dese mesmo ano.
Índice |
Expansión [editar]
Os otománs chegaron a Anatolia como parte do caudal de pobos turcos desaloxados polas invasións mongois do século XIII. O seu primeiro gobernante coñecido foi Orhan, quen foi fillo de Osmán (ou Utmán I Gazi), de quen deriva o nome do imperio. Os otománs instaláronse en Brusa, e conquistaron a cidade bizantina de Nicea en 1326. Posteriormente, iniciaron unha serie de campañas militares que puxeron a totalidade dos Balcáns baixo o seu control, en particular despois da derrota dos cabaleiros cruzados na Batalla de Nicópolis de 1396. A derrota dos otománs na Batalla de Angora (na que Tamerlán capturou a Baiaceto o Raio) atrasou un tempo a súa ascensión, que foi retomada a mediados do século XV. Mehmed II ou Mahomet II o Conquistador conquistou Constantinopla en 1453 e destruíu finalmente o Imperio Bizantino, levando as fronteiras otománs ata Europa Central. No entanto, o avance otomán nesta dirección terminou cando Suleimán o Magnífico fracasou no sitio de Viena, en 1529. En Oriente, pola súa banda, o ascenso do Imperio Safavida obrigara a Selim I a guerrear con Persia, o que o motivou a conquista de Exipto (1517). O Imperio Otomán acadou a súa máxima extensión xeográfica con Suleiman, que foi a época de ouro do Imperio.
Organización [editar]
Interiormente, os otománs organizaron o seu imperio non segundo o principio territorial, senón polo principio poboacional. Desta maneira, o imperio foi repartido entre musulmáns, cristiáns ortodoxos, xudeus, zoroastrianos, etcétera, cada un dos cales conformaba un millet coa súa propia autoridade a cargo. A nobreza otomá estaba por riba dos raiyeh (literalmente, o 'rabaño'), pero non tivo cargos no goberno ata que a súa presión obrigou a Solimán o Magnífico a admitilos, a mediados d século XVI. A administración otomá estaba en mans dunha Casa de Escravos, que era recrutada entre os non musulmáns, e educada dende a infancia para ocupar cargos directivos. Incluso ata o visir do sultán era un escravo.
Decadencia [editar]
A decadencia otomá comezou despois da morte de Solimán o Magnífico, en 1566. Unha serie de gobernantes ineptos fixeron florecer as intrigas de palacio, ata que a acción combinada do sultán Murad IV (ou Amurates IV) e da Casa de Koprulu motivou una intensa reforma administrativa. Porén, o Imperio Otomán sufriu un serio revés cando comprometeu tódolos seus recursos nun novo asalto a Viena, que fracasou en 1683 grazas á dura resistencia dos polacos.
A partir de entón, os otománs descubriron que o seu poderío militar (baseado na disciplina da infantería de xanízaros e a cabalería de sipahis) estaba a naufragar, e decidiron abrirse á diplomacia occidental. Desta maneira, os comerciantes cristiáns de Constantinopla (os fanariotas) abríronse paso na administración otomá. Este proceso durou todo o século XVIII, pero motivou o xurdimento da Grande Idea de substituír o Imperio Otomán por un Imperio Grego. Os gregos alzáronse en armas a comezos do século XIX e obtiveron a súa independencia en 1823, pero xamais chegaron a concretar a Grande Idea. Os otománs volvéronse máis fanaticamente musulmáns que nunca, e enredáronse irremisiblemente no xogo político das potencias coloniais de Occidente, ó tempo que sobrevivía ás sublevacións que os seus propios novos oficiais, educados na arte da guerra occidental, promovían en nome deses mesmos valores occidentais que recibiran. O "home enfermo de Europa", como se cualificou ó imperio, sobreviviu aínda tres cuartos de século máis, grazas ó apoio de Inglaterra (que precisaba os otománs para contrarrestar as ambicións de Rusia de alcanzar o Mar Mediterráneo). Isto non impediu que os otománs perdesen virtualmente a administración de Exipto, ó tempo que os pobos cristiáns dos Balcáns (Serbia, Croacia, Bulgaria e Romanía) se foron independizando un detrás doutro.
Final [editar]
Finalmente, durante a Primeira Guerra Mundial, o Imperio Otomán aliouse coa Tripla Alianza conformada por Alemaña, Italia e Austria. Após a derrota dos Imperios centrais, o Imperio Otomán (gravemente socavado polo despertar árabe apoiado polos ingleses de Lawrence de Arabia) desplomouse na anarquía. O primeiro presidente de Turquía, Kemal Ataturk, simplemente aboliu o Sultanato, e renunciou á idea imperial, polo que a historia do Imperio Otomán acadou a súa fin en 1924.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
|
