Gorizia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Santo Ignacio

Gorizia é unha municipalidade, capital da provincia de Gorizia, na rexión Friuli-Venezia Giulia ,Italia, na aba dos Alpes fai fronteira con Eslovenia. A súa superficie é de 41 km² e a poboación de 36.172 habitantes (2006) e ten unha densidade de poboación de 863 h/km². Gorizia é unha cidade multilingüe, o alemán tivo grande importancia ata a Primeira Guerra Mundial pero actualmente quedan poucos xermanófonos, o italiano difundiuse polos medios de comunicación, ensino e pola administración, o friulano é unha das linguas autóctonas da rexión xunto co esloveno, e por último o véneto que se difundiu na cidade no século XIX.

Fraccións[editar | editar a fonte]

  • Castello, Lucinico, Oslavia, Piuma, San Mauro, Sant'Andrea, Straccis, Vallone dell'Acqua, Gradiscutta, Piedimonte, Monte Calvario.