Istria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A península de Istria.
Muggia, preto de Trieste, a única cidade de Italia que queda da antiga Istria italiana.

Istria (en croata e en esloveno, Istra; en italiano, Istria; en istriota, Eîstria; en alemán, Istrien; en húngaro, Isztria), a antiga Histria latina, é a maior das penínsulas do mar Adriático, localizada no norte deste mar entre os golfos de Trieste e de Kvarner.

Desde 1945 está dividida entre Croacia (á que corresponde a maior parte), Eslovenia (que ten no norte de Istria a súa única saída ao mar) e Italia (que mantivo un moi pequeno territorio, case inmediatamente ao sur de Trieste.[1] [2]

Na península hai importantes cidades como Pola/Pula, Parenzo, Rovigno, Pazin, Labin, Montona, Buzety ou Buje.[3] Na pare setentrional, en Eslovenia, encóntranse as vilas costeiras de Piran, Izola e Koper.

Os seus principais accidentes xeográficos son o Monte Maior (no noreste), os ríos Dragogna, Mirna, Rasia e a baía de Lim.

Personaxes famosos como Dante, Xulio Verne, James Joyce ou Robert Koch traballaron, describiron ou visitaron a rexión.

Historia[editar | editar a fonte]

Escudo de Istria.

O nombre de Istria vén dos ilirios da tribo dos Histri, terra á cal o xeógrafo grego da antigüidade Estrabón se referiu como "unha rexión agradábel para vivir". Para os romanos, Histria era unha zona habitada por una feroz tribo de piratas ilirios, protexidos polas dificultades que presentaban as costas da península para a súa navegación. Os seus habitantes soportaron dúas campañas militares dos romanos para, finalmente, caer no ano 177 a.C.

Algúns eruditos especulan con que os nomes Histri e Histria están relacionados co Hister latino, o Danubio. Os historiadores locais antigos divulgaron que o Danubio dividíase en dous e desembocaba no mar cerca de Trieste, así como no mar Negro. A "historia" da bifurcación do Danubio forma parte da lenda dos argonautas.

O emperador Augusto incluíu Istria nas provincias de Italia e creou alí colonias de lexionarios veteranos do sur de Italia para que romanizaran a rexión. Isto conlevou que toda a península Istria estaba completamente latinizada nos tempos do emperador Constantino I o Grande.

Despois da caída do Imperio romano de occidente, a rexión foi conquistada, sucesivamente, polos godos, os longobardos, anexionada ao reino franco por Pipino III en 789 e despois sucesivamente controlada polos duques de Carintia, Merano, Baviera e polo patriarca de Aquilea. A partir do ano 1000 a maior parte de Istria converteuse en territorio da República de Venecia. Pasou aos Habsburgo en 1797, (invertendo este feito temporalmente Napoleón entre 1805 e 1813), cando a península foi parte das Provincias Ilirias do Imperio napoleónico.

Antes do ano 1000 a lingua de case toda a poboación istria era de tipo neolatino, pero —principalmente a partir do século XII— a República de Venecia empezou a trasladar desde fóra numerosas comunidades de linguas croata e eslovena cara ao interior de Istria, despoboado por epidemias e guerras. A finais do Renacemento a poboación eslava (grazas á súa maior fertilidade) alcanzaba xa case o 40 % do total.


No breve periodo napoleónico do Reino de Italia (1805-1809), o académico Bartoli escribiu que a lingua italiana era a oficial e falada (como dialecto veneciano) por case dous terzos dos habitantes da península, ao sur da liña xeográfica Trieste-Fiume (Rijeka).

Baixo o goberno austríaco, no século XIX, Istria incluía unha ampla poboación de italianos, croatas, eslovenos e algúns istro-romanos e serbios. En 1910 (despois de que os gobernos austríacos favoreceran a colectividade eslava en contra da italiana, a causa do Risorgimento italiano) a composición étnica e lingüística estaba equilibrada entre italianos e eslavos.

Segundo os resultados do censo austríaco de 1910, dos 404.309 habitantes de Istria (y zonas veciñas ao norte da liña Trieste-Fiume (Rijeka), non pertencentes á península istria), 168.116 (41,6 %) falaban croata ou serbio, (36,5 %) italiano 147.416, (13,7 %) esloveno 55.365, (3,3%) alemán 13.279, (0,2 %) romanés 882, 2.116 (0,5%) outros idiomas e 17.135 (4,2 %) eran os que non perderan a súa lingua materna.

Durante a época da dinastía dos Habsburgo, a costa de Istria beneficiouse do turismo dentro del imperio.

Na segunda metade do século XIX, un choque ideolóxico entre forzas italianas e eslovenas (e croatas), resultou nun conflito entre as etnias máis numerosas, xa que os habitantes das cidades de Istria e da costa eran na súa maioría italianos, mentres que no interior da parte norte de Istria a maioría eran eslavos.

A Istria italiana[editar | editar a fonte]

Istria foi unha das razóns polas que loitaron os "irredentistas" italianos, do movemento político Italia irredenta, para que Italia entrara na "gran guerra" en 1915.

Tras a vitoria italiana na Primeira Guerra Mundial, Istria pasou dos Habsburgo austríacos ao goberno de Italia. Istria perteneceu ao Reino de Italia desde 1918 até o tratado de paz de 1947, despois da Segunda Guerra Mundial. A península istria tivo un gran desenvolvemento socioeconómico durante o fascismo, que tratou, por outra parte, de asimilar á poboación eslava.

A posterior ocupación nazi durante a Segunda Guerra Mundial empeorou a tradicional tolerancia das relacións étnicas.

Tras o final da Segunda Guerra Mundial, Istria foi asignada a Iugoslavia, salvo unna pequena parte do recanto noroeste que formou a Zona B, oficialmente independente Territorio Libre de Trieste; porén a Zona B quedou baixo administración iugoslava e, despois, de facto, tras a disolución do territorio en 1954, en que foi incorporada a Iugoslavia. Só a pequeña cidade de Muggia, cerca de Trieste, que formasa parte da Zona A, permaneceu italiana.

Despois do éxodo italiano, as zonas despobladas foron colonizadas con croatas, eslovenos e un pequeno número de persoas doutras nacionalidades, como serbios, montenegrinos e albaneses.

Actualmente quedan en Istria 52.000 italianos, 35.000 en Croacia e 7.000 en Eslovenia, xunto cos case 10.000 na Muggia italiana.

Istria contemporánea[editar | editar a fonte]

Na nova República Federal de Iugoslavia, Istria dividiuse entre as repúblicas de Croacia e de Eslovenia (á parte a pequena cidade de Muggia, que, como vimos, quedou italiana). Despois da ruptura de Iugoslavia en 1991 esta subdivisión administrativa foi a fronteira entre estados independentes. Desde as primeiras eleccións multipartitas de Croacia en 1990, o partido rexional Asemblea Democrática de Istria (Istarski Demokratski Sabor ou Dieta Democrática Istria) recibiu con regularidade a absoluta maioría dos votos e mantivo, a miúdo, unha posición contraria ao goberno de Zagreb con respecto á súa autonomía rexional.

Hai unha tradición de tolerancia entre a xente que viviu alí, a pesar da súa nacionalidade, aínda que se moitos istrios son hoxe de etnia croata, unha forte identidade rexional existiu durante anos. A palabra "croata" para os istrios é Istrani, ou Istrijani, sendo a última en dilecto čakaviano. O termo Istrani úsase tamén en Eslovenia. Actualmente, a minoría italiana é moi pequena, pero o condado istrio de Croacia é bilingüe, como o son partes da Istria eslovena.

Etnias[editar | editar a fonte]

Como en moitas outras rexións da antiga Iugoslavia, o concepto común sobre etnicidade e nacionalidade fracasa cando se aplica a Istria. As discusións sobre as etnicidades istrias a miúdo usan as palabras "italiano", "croata" e "esloveno" para describir ao pobo istrio.

Por exemplo, a palabra "italiano" pode referirse a un descendente de inmigrantes de Sicilia durante a época de Mussolini, como aos falantes autóctonos do idioma veneciano cuxos antecedentes se retrotraen ao principio da República veneciana, ou á época romana. Pode tamén referirse aos eslavos istrios que adoptaron a cultura italiana cando se trasladaron desde as zonas rurais ás rbanas.

Da mema maneira, os poderes nacionais afirman que os eslavos istrios segundo a súa lingua local, tanto os falantes do dialecto čakavski como do štokavski —dialectos do croata— son considerados croatas, mentres que os falantes do esloveno son considerados eslovenos.

Moitos istrios considéranse a eles mesmos simplemente como "istrios", sen afiliación nacional adicional. Outros, en cambio, considéranse membros de Croacia, Eslovenia ou Italia.

Actualmente hai un movemento federalista na Istria croata, que desexa unha forma de soberanía limitada de Istria dentro do estado croata.

Galería de mapas históricos de Istria[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marcel Cornis-Pope, John Neubauer, History of the literary cultures of East-Central Europe: junctures and disjunctures in the 19th And 20th Centuries, John Benjamins Publishing Co. (2006), ISBN 9027234531
  2. Alan John Day, Roger East, Richard Thomas, A political and economic dictionary of Eastern Europe, Routledge, 1sr ed. (2002), ISBN 1857430638
  3. Habería que poñer os topónimos en ambas as versións: a italiana —por sermos máis familiar—, e a eslava, sexa eslovena ou croata, xa que actualmente estes son os idiomas predominantes e oficiais en case toda Istria/Istra

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Istria

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Luigi Tomaz, Il confine d'Italia in Istria e Dalmazia. Duemila anni di storia, Presentazione di Arnaldo Mauri, Think-ADV, Conselve, 2008.
  • Luigi Tomaz, In Adriatico nel secondo millennio, Presentazione di Arnaldo Mauri, Think ADV, Conselve, 2010.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]