Arquiduque Francisco Xosé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Francisco Xosé I de Austria")

Francisco Xosé I de Habsburgo-Lorena (en alemán: Franz Josef Karl von Habsburg), (Pazo de Schönbrunn, Viena, 18 de agosto de 1830 - id., 21 de novembro de 1916), Emperador de Austria, rei apostólico de Hungría e rei de Bohemia, entre outros títulos (2 de decembro de 1848- 21 de novembro de 1916). O sue reinado de 68 anos foi o terceiro máis prolongado da historia europea, despois de Luis XIV de Francia e Xoán II de Liechtenstein. O seu lema persoal era Viribus Unitis (Coa unión de forzas).

Vida [editar]

Xuventude [editar]

Escudo de armas persoal do emperador Francisco Xosé I.

Francisco Xosé I naceu ás 9:45 do 18 de agosto de 1830 en Schönbrunn, Viena, como fillo primoxénito do arquiduque Francisco Carlos -o cal á súa vez era o segundo fillo do derradeiroSacro Emperador Romano e primeiro Emperador de Austria, Francisco I- e Sofía de Baviera.

Dado que trala morte de Francisco, éste foi sucedió polo seu fillo Fernando, Francisco Xosé non estaba na liña directa da sucesión ao trono. Porén, xa que o seu tío demostraba sufrir de problemas mentais e non tiña fillos, a rexencia segreda dirixida por Metternich ordeou de xeito inmediato que se comezara a educar ao rapaz como posible sucesor á Coroa.

Durante as Revolucións de 1848, Metternich fuxiu do país, e tralo Terceiro Levantamento de Viena, o Príncipe Schwarzenberg clausurou a Dieta Constituínte, instaurou a ditadura e convenceu a Fernando para que abdicara (2 de decembro de 1848) en favor de Francisco Xosé, o cal deste xeito foi proclamado Emperador aos 18 anos de idade.

Primeiros anos de reinado [editar]

Xove Francisco Xosé emperador.

O reinado de Francisco Xosé desenvolveuse en medio de violentas conmocións internacionais que o perseguiron durante toda a súa vida: comezaron coa revolución austríaca de 1848 e remataron coa Primeira Guerra Mundial (1914-1918). As ideas liberais e o pensamento demócrata gañaban terreo. Nada máis chegado ao trono, Francisco Xosé tivo que loitar con estas dúas forzas disociadoras da súa monarquía centralizada, polo que os primeiros 18 anos do seu goberno estiveron caracterizados por un forte absolutismo, tinguido de violencia pola represión dos opositores.

En 1848, a situación política das monarquías europeas era desesperada. Como outros reis, tivo que facer fronte a tempos de nacionalismo crecente, tendo éxito no seu empeño de manter unido o Imperio Austrohúngaro. Os avances dos demócratas e capitalistas por unha parte, e dos nacionalistas xermanochecos que loitaban pola independencia de Bohemia polo outro, acurralaron a xestión do monarca, que ademais debía conter os belicosos serbios que tamén ansiaban independizarse e abandonar o imperio.

Todos tentaban que o soberano se volcase no seu favor, máis o Emperador sempre intentou manter unha posición equidistante sen ceder con ningún, coidando con particular interese o mantemento da integridade do imperio.