Río Sava
| Río Sava | |
|
{{{lenda}}} |
|
| País | Eslovenia, Croacia, Bosnia - Hercegovina, Montenegro, Albania e Serbia |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | n/d |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 940 km |
| Caudal medio | 1,722 m³/s |
| Conca | n/d |
| Desembocadura | Danubio |
O Sava (en alemán: Save, en esloveno: Sava, en húngaro: Száva) é un río que pasa por Eslovenia, Croacia, Bosnia - Hercegovina e Serbia. É un afluente dereito do río Danubio, confluíndo en Belgrado. Ten 940 km de longo. No tempo dos romanos era coñecido como Savus. Considérase o límite norte dos Balcáns.
Localización e características[editar]
O Sava ten dúas fontes principais, ambas as dúas na rexión alpina do noroeste de Eslovenia. A fonte do Sava Dolinka atópase en Zelenci, preto de Kranjska Gora. O Savica ("pequeno Sava"), que verte as súas augas no lago Bohinj saíndo despois como Sava Bohinjka, é a outra fonte. Os dous brazos do Sava xúntanse en Radovljica e o río toma o nome de Sava a partir deste punto.
Os seus afluentes máis importantes son desde o nacemento ata a desembocadura son os ríos Ljubljanica, Savinja, Mirna, Krka, Sotla, Kupa, Lonja, Orljava, Bosut, Una, Vrbas, Ukrina, Bosna, Tinja, Lukovac, Drina e mais o río Kolubara.
O Sava pasa polas seguintes cidades: Kranj, Zagorje ob Savi, Trbovlje, Hrastnik, Radeče, Liubliana, Sevnica, Krško e Brežice en Eslovenia, Zagreb, Sisak, Slavonski Brod e Županja en Croacia, Bosanski Šamac e Brčko en Bosnia-Hercegovina e Sremska Mitrovica, Šabac e Belgrado en Serbia.