Sociedade de Nacións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
League of Nations Anachronous Map.PNG

A Sociedade de Nacións foi concibida ideoloxicamente no decurso da Primeira Guerra Mundial, cando líderes coma Woodrow Wilson comezaron a defende-la necesidade dunha organización supraestatal responsábel de resolución de potenciais conflitos entre as distintas nacións. Durante as negociacións de paz de outubro de 1918, Woodrow Wilson propuxo os seus catorce puntos entre os que figuraba a creación dunha Liga das Nacións. A liga foi fundada axiña, na conferencia de Paz de París que tivo lugar en 1919, establecéndose a sede xeral en Xenebra (Suíza). Entre os seus propósitos figuraban a promoción de vía diplomática en aras de solucionar os conflitos, de tal xeito que se acordou embargar comercialmente a aqueles países que declararan guerras[Cómpre referencia].

Porén, a liga endexamais contou con forzas internacionais. Os mesmos EUA negáronse a participar ao negárense a asinar o Tratado de Versalles. Así a todo, cóntanse certos éxitos diplomáticos da liga: a mediación para evitar a guerra entre o Iraq e Turquía, Grecia e Bulgaria e Polonia e Lituania, todos eles conflitos fronteirizos. Porén, nunca foi capaz de deter as arelas militaristas de Italia, Xapón e Alemaña. Durante a Segunda Guerra Mundial estivo inactiva e logo foi substituída polas Nacións Unidas.