Zara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°18′52.55″N 8°30′18.02″W / 43.3145972°N 8.5050056°W / 43.3145972; -8.5050056

Zara
Zara Logo.svg
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1975
Matriz Inditex
Localización Avda. Deputación. Polígono de Sabón, 15142 Arteixo (Provincia da Coruña) Galicia Galicia
Fundador Amancio Ortega Gaona
Persoas clave Pablo Isla (presidente)
Industria Téxtil
Produtos Roupa e complementos
Beneficio 9.000 millóns de euros (2011)[1]
Páxina web http://www.zara.com


Primeira tenda de Zara na Coruña, na rúa Juan Flórez.

Zara é unha cadea galega de tendas de moda e complementos pertencente ao grupo Inditex con sede en Arteixo.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundada por Amancio Ortega en 1975, e a primeira tenda abriuna o 9 de maio dese ano na rúa Juan Flórez da Coruña. En 1981 abre a súa primeira tenda fóra de Galicia, en Madrid, e en 1988 inaugura a primeira tenda internacional en Porto. A segunda tenda no estranxeiro de Zara abre o 27 de setembro de 1989 en Nova York, na avenida Lexington.

Nos seus inicios Zara traballaba en Galiza con pequenos obradoiros, cooperativas, de costureiras ás que entragaba o material xa cortado, botóns e fíos para que cosesen pola súa conta a roupa en prazos axustados. Os máis pequenos destes obradoiros-cooperativas foron desaparecendo segundo foi baixando o traballo e os cartos que lles pagaban[2].

Zara é a cadea insignia do grupo Inditex e está representada en Europa, América, África e Asia con 1.481 tendas (outubro de 2008) [3] en 71 países[4], delas 38[5] en Galiza. A súa sede central é Arteixo.

As tendas e as cifras[editar | editar a fonte]

Establecemento de Zara na rúa Vimmelskaftet de Copenhaguen.

Zara é a cadea máis importante do grupo Inditex, a que está en máis países e a que é máis coñecida. En 2006 agardaba abrir 140 novas tendas [6], practicamente unha cada dous días, o que representou a terceira parte de todas as novas aperturas do grupo. A súa primeira tenda abriuna o propio Amancio Ortega na Coruña en 1975.

En 2004, a súa cifra de negocio foi de 3.819,6 millóns de euros e representaba o 67,8% das vendas de Inditex.

Modelo de negocio[editar | editar a fonte]

Tenda Zara en IFC, Hong Kong.

Zara ofrece roupa de tendencia, cunha calidade media e a un prezo económico. O seu público é feminino, masculino e infantil. Existe unha cadea específica que, co nome de Zara Home traballa no sector da moda de fogar. O modelo empresarial empregado nesta concepción do negocio permite dar resposta aos gustos do cliente nun tempo récord. Con máis de 200 deseñadores, as últimas tendencias séguense nas tendas, a pé de rúa e nas constantes viaxes a feiras internacionais. Así, Zara é capaz de deseñar, producir e distribuír unha colección a calquera parte do mundo dúas veces por semana en cada tenda[7]. A distribución realízase en tendas propias, estratexicamente situadas nos centros e zonas comerciais das cidades, onde se coida ao máximo ao escaparatismo e o deseño interior.

Mercado e clasificacións[editar | editar a fonte]

En agosto de 2005, entrou por primeira vez na lista das 100 maiores marcas do mundo, situándose no posto 77º, segundo a clasificación anual da revista Business Week e a consultora Interbrand. A marca galega aparece valorada en 3.051 millóns de euros e supera no ranking a grandes grupos como Hermès, Prada ou Armani.

En xaneiro de 2006, un estudo da revista estadounidense Brandchannel sinalaba que Zara era unha das marcas que máis impacto causaba na rede, e colocábaa de cuarta no ranquin europeo[8], por detrás de Ikea, Skype e Nokia e de 14ª no ranquin mundial[9]. Fóra da rede, o ránquin Brandz, da consultora estadounidense Millward Brown, situaba en 2007 a marca como a 90ª máis valiosa[10] do planeta.

En xuño de 2012 Zara foi absolta na demanda que Christian Louboutin lle interpuxo por plaxio da súa sola vermella. Christian Louboutin tivo que pagar 2.500 euros a Zara como compensación[11].

Citas[editar | editar a fonte]

O deseñador de Louis Vuitton, Daniel Piette, describiu a Amancio Ortega como "posiblemente o minorista máis innovador e máis arrasador do mundo"[12].

Tendas no mundo[editar | editar a fonte]

Distribución das tendas de Zara por zonas xeográficas:[13]

Africa (orthographic projection).svg
Asia (orthographic projection).svg
Location North America.svg
Europe orthographic Caucasus Urals boundary.svg
South America (orthographic projection).svg
Australia (orthographic projection).svg

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zara

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Flag of Galicia.svg Empresas do grupo Inditex
Bershka | Kiddy's Class - Skhuaban | Lefties |Massimo Dutti | Often | Oysho | Pull and Bear | Stradivarius | Tempe | Uterqüe | Zara | Zara Home