Eslavonia
Eslavonia (en croata Slavonija) é unha rexión xeográfica e histórica da Croacia oriental. Eslavonia está formada na súa maioría por fértiles chairas, delimitadas en parte ao norte polo río Drava, ao sur polo río Sava e no leste polo Danubio.
Eslavonia non é un ente administrativo, estando Croacia subdividida en 20 condados de dimensións menores, pero representa un dos territorios históricos nos que podería ser dividida a República Croata, xunto con Dalmacia, Croacia Central e Istria.
Xeografía [editar]
A rexión exténdese en sete condados e conta cunha poboación de 781.454 habitantes (2001). O centro de maior poboación é Osijek, cunha poboación de 114.616 habitantes. Outras cidades importantes son:
- Slavonski Brod
- Vinkovci
- Vukovar
- Đakovo
- Požega
- Virovitica
- Nova Gradiška
- Slatina
- Županja
- Našice
- Valpovo
- Belišće
Aínda que a rexión está formada en grande parte por un baixoplano, Eslavonia presenta unha serie de baixos releves. Os principais son Psunj, Papuk, Požeška Gora, Ravna Gora, Krndija e Dilj.