Principado de Serbia (medieval)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cрпска Кнежевина
Srpska Kneževina
Principado de Serbia

768–969
 

 

Capital Dostinika (768–839)
Ras (839–971)
Skadar (1040)
Lingua serbio (serbio antigo)
Relixión Politeísmo eslavo (768–869)
Cristianismo oriental (Ortodoxia) (869-969)
Goberno Monarquía (Principado)
Presidente
 • ca. 768–814 Višeslav (o primeiro)
 • 831–850 Vlastimir (o máis importante)
 • 850–891 Mutimir (o primeiro cristián)
 • 927–960 Časlav (o último membro da dinastía)
 • 960–969 Tihomir (último Príncipe)
Período histórico Alta Idade Media
 • Unificación das tribos 768
 • Anexión ao Imperio bizantino 969

O Principado de Serbia (en serbio Cрпска Кнежевина, Srpska Kneževina) foi un estado medieval dos serbios, gobernado pola dinastía Vlastimirović, que existiu desde ca. 768 a 969 no sueste de Europa.[1] Foi establecido mediante a unificación de varios clans baixo o supremo goberno dun certo Višeslav, primeiro gobernante serbio de nome coñecido (ca. 768–814).

Serbia en 850.
Europa sudoriental en 950.

En 822 parece que os serbios gobernaban "a maior parte de Dalmacia" e que, ao mesmo tempo, os búlgaros tomaran as terras ao leste, preparándose para a conquista de Serbia. Vlastimir de Serbia derrotou ao exército búlgaro nunha guerra de tres anos (839-842), e os dous países viviron en paz durante algunhas décadas.

Tres fillos de Vlastimir gobernaron despois Serbia, aínda que non por moito tempo. Serbia convertérase en peza clave na loita polo poder entre os bizantinos e os búlgaros, o que deu lugar a guerras civís dinásticas en Sebia (aliada moitas veces ao Imperio bizantino) durante tres décadas.

Serbia foi anexionada polos búlgaros durante tres anos (924-927), ata o regreso do Príncipe Caslav, que uniu a varias provincias, converténdose no máis poderoso dos Vlastimirović.

Un acontecemento importante foi o establecemento do cristianismo como relixión do Estado no ano 869 e a fundación da primeira eparquía Serbia, a Eparquía de Ras. A última información sobre a dinastía Vlastimirović aparece en De Administrando Imperio (ca. 950-960).[2] [3] Serbia foi anexionada polos bizantinos en 969.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Valentin V. Sedov (1995): "Slavyane v rannem srednevekovie" in Archaeological Institute of Russian Academy of Sciences, Moscova (en ruso).
  2. De Administrando Imperio (Sobre a administración do Imperio) é o título común usado para referirse á obra erudita do emperador bizantino Constantino VII escrita contra 950. O seu título orixinal grego era Προς τον ίδιον υιόν Ρωμανόν (Pros ton idion ión Romanón, "Ao noso propio fillo Romano), e consiste nun manual de política interior e exterior para uso do seu fillo e sucesor, o emperador Romano II. Ofrece consellos sobre como gobernar un imperio multiétnico e sobre como loitar contra os inimigos externos. É un dos documentos históricos máis importantes que sobreviviron del período medio bizantino.
  3. Moravcsik, Gyula (1967): De Administrando Imperio. Washington: Library of Congress.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fine, John Van Antwerp (1991): The Early Medieval Balkans: A Critical Survey from the Sixth to the Late Twelfth Century. University of Michigan Press. ISBN 978-0-472-08149-3
  • Whittow, Mark (1996): The Making of Byzantium, 600–1025. MacMillan Press. ISBN 0-520-20496-4
  • Fine Jr., John V. A. (2006): When Ethnicity did not matter in the Balkans. A study of Identity in pre-Nationalist Croatia, Dalmatia and Slavonia in the Medieval and Early-Modern Periods. University of Michigan Press. ISBN 0-472-11414-X
  • Curta, Florin (2006): Southeastern Europe in the Middle Ages, 500–1250. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-81539-0

Outros artigos[editar | editar a fonte]