Montes Šar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista dos montes Sǎr.

Os montes Šar en albanés Malet e Sharrit, Sharr); (en macedonio Шар Планина, Šar Planina é unha cadea de montañas situada na fronteira sur de Kosovo[1] e a parte noroeste da República de Macedonia.

Os montes Šar esténdense até o monte Korab (2764 m) no sueste (e noreste de Albania). Están situados en torno aos 42º de latitude Norte e os 44º 20' de lonxitude leste

Características[editar | editar a fonte]

Pico Titov Vrv.

A cadea montañosa ten ao redor de 80 km de longo, cuns de 10 a 20 km de largo. Ten varios picos de grande altura, entre eles:

A vexetación que o cobre inclúe cultivos por riba dos 1 000 m, bosques por riba dos 1 700 m e praderías que abarcan ao redor de 550 km2. Os montes Šar comnstitúen a máis grande área compacta con praderías do continente europeo.

A zona é coñecida como a de orixe do can Šarplaninac, (en macedonio Šarplaninec, en albanés Qeni i Sharrit), que foi criado nestas praderías.

O Parque Nacional de Šar/Sharr[editar | editar a fonte]

O Parque Nacional de Šar está no territorio de Kosovo e abarca 380 km2, das estribacións setentrionais dos Šar/Sharr. Gábase de ser o reduto do endémico piñeiro de Macedonia (Pinus peuce) e do piñeiro negro (Pinus uncinata), así como da rosa alpina. É o hábitat de linces, osos, gamos, lobos, corzos, xabaríns e outras especies. Foi declarado parque nacional en 1986.[2]

Un lugar chamado Gine voda é unha atracción especial, porque o piñeiro negro, o piñeiro de Macedonia, a picea e o sicómoro están representados todos nunha zona moi pequena.

O Parque Nacional de Šar, no que abundan pequenos ríos e regatos, esténdese polos municipios de Uroševac, Suharekë, Kaçanik e a cercana cidade de Prizren (en Kosovo) e os de Jegunovce, Tearce, Dzepciste, Tetovo e Gostivar (na República de Macedonia).

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kosovo ten un estatuto controvertido. Para o seu goberno é unha república idependente, mentres que para o de Serbia é unha provincia autónoma desta República.
  2. Ministerio do Medio Ambiente e Planificación Espacial (en albanés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Montes Šar