Dubrovnik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°39′07″N 18°04′07″E / 42.65194°N 18.06861°E / 42.65194; 18.06861

Dubrovnik (Ragusa en italiano) é unha cidade costeira da Croacia localizada no extremo sur da Dalmacia, bañada polo Mar Adriático. É un dos balnearios mais importantes do país, tamén é importante como porto e famosas as súas murallas perfectamente conservadas a través do tempo e das guerras e é a capital do condado de Dubrovnik-Neretva. Cunha poboación de 43.770 habitantes (censo de 2001), a maior parte dos seus habitantes é de orixe croata (88,39 %). Pola súa beleza natural e polo que representa para a historia, Dubrovnik é coñecida como "a perla do Adriático".

A cidade é considerada patrimonio da humanidade pola UNESCO. O seu patrón é Brais de Sebaste.