Principado de Serbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPrincipado de Serbia

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 44°48′39″N 20°27′45″L / 44.8108, 20.4625Coordenadas: 44°48′39″N 20°27′45″L / 44.8108, 20.4625
CapitalKragujevac Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.353.000 (1874) Editar o valor em Wikidata (36,07 hab./km²)
Lingua oficiallingua serbia Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie37.511 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1815 Editar o valor em Wikidata
Disolución1882 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porReino de Serbia Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía absoluta Editar o valor em Wikidata
MoedaDinar serbio Editar o valor em Wikidata

O Principado de Serbia (en serbio latino Kneževina Srbija, en serbio cirílico Кнежевина Србија) foi un estado que existiu nos Balcáns entre os anos 1815 e 1882.

Foi fundado despois da Segunda revolta serbia e existiu até 1882, cando foi proclamado o Reino de Serbia.

Revolución serbia[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Tras a derrota do Imperio Otomán na guerra de 1788-1791 contra o Sacro Imperio Romano Xermánico, en Serbia comezaron a pensar nas posibilidades de éxito dun levantamento contra os turcos. Moitos serbios estiveran ao servizo de Austria durante a guerra, adquirindo así unha certa experiencia militar.

En 1793 e 1796, o sultán Selim III concedeu máis dereitos aos paxaliks de Belgrado. En adiante os impostos serían cobrados por nobres locais chamados príncipes (knez); a liberdade de comercio e de relixión foran ademais garantidas. Os xanízaros tiveron que retirarse de Smederevo.[1]

O paxá Hadji Mustafá creou unha milicia de aristócratas serbios para combater contra os xanízaros. Esta milicia constituiría o embrión do exército de Serbia.[2]

Primeira revolta[editar | editar a fonte]

Os intentos serbios de emancipación da tutela de Turquía non comezaron, por tanto, até que a mesma descomposición interna do Imperio Otomán os facilitou. Nos inicios do século XIX, alentados pola propaganda rusa e pola nova política austríaca, iniciáronse os movementos insurreccionais dos serbios que, nesta época, viron como se agravaba a dura explotación do campesiñado polos timariotas turcos a consecuencia da grave crise provocada polas dificultades internas do Imperio.

A primeira insurrección serbia foi en 1804 pero, truncada nada máis nacer, provocou unha sanguenta represión otomá. Serbia era naquel momento teatro das loitas entre os rebeldes xanízaros, que se alzaran contra as reformas introducidas por Selim III, e as tropas imperiais. Os xanízaros da gornición de Belgrado asasinaron o baxá, cuxa política de tolerancia coa poboación cristiá desustaba aos musulmáns. Os rebeldes desataron a continuación unha vaga de terror contra a poboación eslava que forzou a moitos dos guerrilleiros de 1787 a botarse de novo ao monte coa colaboración dos hajduks, campesiños serbios fuxidos que sobrevivían agrupados en partidas de bandoleiros.

Serbia en 1809.
Serbia en 1813.
O Principado de Serbia e a Voivodina Serbia (do Imperio austríaco) en 1848.
O Principado de Servia en 1878.
O Principado de Serbia despois do Congreso de Berlín (1878).

Aínda que en principio os serbios loitaban a favor do Sultán contra os xanízaros sublevados, non tardaron en xurdir os ideais independentistas. Entre os seus xefes destacou Gjorgje Petrović, chamado Karadjordje (Xurxo o Negro), un tratante de porcos que en 1805 convocou en Orašac unha Asemblea de xefes de aldea e popes rurais que o investiu como xefe nacionalista. Karagjorgje contribuíu decisivamente á vitoria do Sultán contra os xanízaros; o caudillo serbio pediu entón a concesión da autonomía para o seu país baixo garantía do goberno austríaco, cousa que non aceptou o Sultán.[3]

Por outra parte, Karadjordje tivo que pactar cos terratenentes, contrarios ao establecemento dunha democracia campesiña, e entregar a un Senado a administración civil do estado embrionario, reservándose el a dirección do exército. Continuou pois a guerra, e a loita dos serbios adquiriu pronto caracteres de guerra de liberación, animada pola negativa de Selim III a concederlles a autonomía. Tras as vitorias de Ivanovatz, Deligrad e, especialmente, Mišar (1806), os patriotas serbios conseguiron ocupar Belgrado e outras fortalezas do norte. Karadjodje solicitou sen éxito a axuda de Austria, aínda que obtivo apoio de Rusia, que acababa de entrar nunha nova guerra con Turquía. Pero a diplomacia tsarista apoiábase no partido dos terratenentes, donos do rudimentario aparato administrativo e cada vez máis opostos ao sector popular que acaudillaba o líder independentista.

Tras os primeiros éxitos de Karagjorgie veu a vitoria turca de Čegra; pero a participación de Rusia no conflito permitiu aos serbios unha primeira liberación (1807). Aínda que pouco durou esta. Coa intervención rusa parecía que terminarían as hostilidades. En decembro de 1808, Karagjorgje, animado polos seus triunfos, fíxose proclamar príncipe (zupan) por unha Asemblea popular (Skuptstina). Iso provocou a ruptura cos conservadores e o desgusto do tsar.[4]

Finalmente, ante a ameaza dun ataque napoleónico, Rusia firmou a paz con Turquía en Bucarest (1812). Nicolao I abandonou a causa serbia a cambio dunha vaga promesa de autonomía. Serbia encontrouse baixo a influencia de dúas grandes potencias, Rusia e Turquía, que a utilizaron como elemento negociador nas súas propias relacións. E así, no Tratado de Bucarest, só se concedeu a Serbia unha autonomía moi relativa. Isto provocou unha nova insurrección de Karadjordje. Pouco despois, o exército otomán recuperaba o control do país sen que os rusos, ocupados en rexeitar aos franceses, auxiliaran aos divididos patriotas. Os turcos entraron en Belgrado (1813).

Tras o fracaso do levantamento, a maioría dos seus mandos instigadores escaparan ao abrigo dos Habsburgo, e só uns poucos permaneceron en Serbia. Karadjordje Petrović escapou coa súa familia a Austria, mentres os seus partidarios refuxiábanse nas montañas. A pesar dos esforzos de Karadjordje para obter aliados entre os serbios de Austria, os serbios de Bosnia, os rusos ou de Napoleón Bonaparte, o Estado serbio rebelde, que entre os anos 1804 e 1813) foi un estado independente de facto, foi esmagado polos otománs.

Segunda revolta[editar | editar a fonte]

As brutais represións exercidas sobre a poboación prenderon a mecha dunha nova sublevación, que estalou en abril de 1815, pouco despois da reanexión do país a este Imperio. Este segundo levantamento trouxo consigo a semi-independencia de Serbia do Imperio Otomán.

Miloš Obrenović, un dos líderes da primeira revolta, rendeuse aos turcos otománs, e foi nomeado Obor-Knez (Knez Supremo, "dirixente").[5] Stanoje Glavas tamén se rendeu aos turcos e recibiu un título de novo, pero despois foi executado cando estes comezaron a desconfiar da súa lealdade. Hadzi Prodan Gligorijević tentou un novo levantamento en 1814, pero Obrenović non o apoiou, porque considerou que non era o momento oportuno. O levantamento de Gligorijević fracasou e este tivo que fuxir a Austria. Tras o fracaso desta revolta, os turcos responderon cunha maior persecución contra os serbios, con traballos forzados e máis impostos. En marzo de 1815, os dirixentes serbios, tras varias xuntanzas, decidiron iniciar unha nova revolta.

O Consello Nacional proclamou a revolta en Takovo o 23 de abril de 1815. O Knez Supremo Obrenović foi elixido como líder e proclamou o famoso:

Aquí estou, aquí estades. Guerra aos turcos!

Cando os otománs, ante a nova revolta, condenaron a todos os seus líderes a morte. Os serbios libraron as batallas de Ljubic, Čačak, Palež, Požarevac e Dublje e expulsaron os otománs do Paxalato de Belgrado.

Nacemento do Principado[editar | editar a fonte]

A mediados de 1815, comezaron as negociacións entre Obrenović e Maraşli Ali Paşa, o gobernador otomán. Obrenović conseguiu unha forma de autonomía parcial para os serbios e, en 1816, o Imperio asinou varios documentos para a normalización das relacións entre serbios e turcos. O resultado foi o recoñecemento do Principado de Serbia polo Imperio Otomán.[5] Aínda que o principado pagaba un imposto anual a Istambul e houbo unha gornición de soldados turcos en Belgrado até 1867, Serbia era, na maioría dos asuntos, un Estado independente.

Estabeleceuse o Principado de Serbia, que se rexía polo seu propio Parlamento, Constitución e a súa propia dinastía real. A independencia de iure conseguise na segunda metade do século XIX. O Principado de Serbia foi internacionalmente recoñecido o ano 1878.[6]

A revolución serbia non foi só unha rebelión nacional, senón tamén unha revolución social, despois da cal Serbia experimentou un gran progreso debido a que aceptou os valores da sociedade burguesa.

Gobernantes[editar | editar a fonte]

O Principado foi gobernado pola dinastía Obrenović, excepto no período do príncipe Aleksandar (Alexandre), da dinastía Karadjordjević. Os príncipes Miloš e Mihailo (Miguel) Obrenović reinaron dúas veces cada un.

En 1882, catro anos despois de ser recoñecido internacionalmente o principado, o príncipe Milan IV Obrenović converteuse en rei de Serbia co nome de Milan I.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alexis Troude, Géopolitique de la Serbie, éditions Ellipses, páx. 32. ISBN 2-7298-2749-8.
  2. S. J. Shaw, The Ottoman Empire and the Serb Uprising. Cap. "The First Serb Uprising 1804-1813". Ed. W. Vucinich, páx. 72.
  3. A history of Servia, and the Servian revolution
  4. S. J. Shaw, The Ottoman Empire and the Serb Uprising, Cap. "The First Serb Uprising (1804-1813)". Ed. W. Vucinich, páx. 77.
  5. 5,0 5,1 Lecture 5: The Serbian Revolution and the Serbian State.
  6. L. S. Stavrianos, The Balkans since 1453, London: Hurst and Co., 2000, páxs. 248-250.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Banac, Ivo (1998): The National Question in Yugoslavia: Origins, History, Politics. Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-9493-2
  • Bataković, Dušan T. (2005): Histoire du peuple serbe. L'Âge d'Homme.
  • Jelavich, Barbara & Jelavich, Charles (1997): The Establishment of the Balkan National States, 1804-1920. University of Washington Press. ISBN 0-295-95444-2

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]