Xanízaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reunión de comandantes xanízaros co Şeyhülislam do Imperio Otomán, de mediados do século XIX.

Os xanízaros (do turco Yeniçeri, "novo soldado") constituíron a elite do exército dos sultáns otománs. A forza, creada polo sultán Murad I por volta de 1365, formábana nenos cristiáns capturados en batalla, levados como escravos e convertidos ao Islam.

Formación[editar | editar a fonte]

Os rapaces eran educados na lei islámica e na lingua turca, ao tempo que eran instruídos nas artes militares. Os mozos medraban tendo o propio sultán como unha figura paterna, por quen estarían dispostos a defender até a morte mesmo contra seu propio pobo de orixe. A xustificativa para a adopción dun corpo de soldados conversos ao invés de turcos nativos era que os turcos debían lealdade ao seu pobo e ás súas familias, e poderíanse tornar rebeldes en caso dunha acción do sultán contra outros turcos. Os mozos cristiáns só debían lealdade ao sultán, e loitarían contra calquera inimigo por el.

A pesar de que o Imperio Otomán adoptara oficialmente o islamismo sunita, os xanízaros eran adeptos dunha orde dervixe chamada bektashi, en alusión ao seu creador, Hajji Bektash. Reunía elementos musulmáns e cristiáns, permitía o consumo de bebidas alcoólicas e a participación de mulleres sen veos. Cando en servizo, no entanto, eran rigorosamente disciplinados e tiñan prohibido casar. Os xanízaros aínda tiñan o hábito de levar consigo símbolos ou citacións cristiás para a batalla, con consentimento dos seus superiores.

Así, tornouse unha prática común nas campañas emprendidas polos otomanos na Europa capturar mozos nas cidades conquistadas e levalos para os centros de treinamento turcos. Cando non estaban en guerra, os sultáns esixían dos seus estados vasalos cristiáns nos Balcáns unha remesa de xoves para compor o corpo de xanízaros.

A medida que crecían en número, os xanízaros eran separados en divisións distintas entre si por un símbolo trivial, como unha flor ou un peixe. Cando en acampamento, cada división reuníase en torno dun caldeiro de cobre onde se preparaba o alimento, e curiosamente adoptaron unha forte simboloxía con base na comida. Chamaban aos seus coronéis "facedor de sopa chefe"; os oficiais-intendentes eran "cociñeiros chefes", e así por diante. Os caldeiros levábanse para as batallas, e se fosen perdidos, toda a unidade era dispensada e impedida de integrar a mesma compañía.

Os xanízaros permaneceron por moito tempo como a elite do exército turco, entrando em batalla en momentos decisivos ou apenas como último recurso para garantir a seguranza do sultán. Ao longo do século XIX perderon a súa forza, en parte porque o recrutamento de rapaces cristiáns tornábase cada vez máis difícil frente á oposición de potencias igualmente fortes militarmente, como o Reino Unido e Francia, e tamén debido á progresiva retracción territorial do Imperio Otomano na Europa. Desde entón, até o final do Imperio, en 1922, os poucos xanízaros permaneceron como a simbólica guarda persoal do sultán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]