Tribunal Penal Internacional para a ex-Iugoslavia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Tribunal Penal Internacional para a ex-Iugoslavia foi establecido en cumplimento da resolución 827 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas de 25 de maio de 1993.

O Consello de Seguridade considerou que dende 1991 viñan producindo en territorio da antiga Iugoslavia graves violacións dos dereitos humanos, así como unha ameaza real e seria para a paz e seguridade da zona balcánica en particular e europea en xeral.

Xurisdición e tipoloxía[editar | editar a fonte]

Ao Tribunal outorgóuselle xurisdición internacional para perseguir e procesar ás persoas naturais (non organizacións públicas ou privadas) culpables polos seguintes delitos:

  1. Graves violacións das Convencións de Xenebra de 1949.
  2. Violacións das Convencións Internacionais sobre a guerra e o costume internacional acuñada dende o fin da Segunda Guerra Mundial.
  3. Crimes contra a humanidade
  4. Xenocidio.

A eles uniuse, seguindo o criterio do propio Tribunal, os delitos sexuais, a tortura como instrumento ilegal da guerra e a non exculpación por orde superior da comisión de varios delitos.

Todas as funcións realízanse seguindo o criterio do dereito internacional recoñecido pola ONU e baixo o principio de garantías procesuais habituais das lexislacións máis prestixiosas do mundo.

Organización do Tribunal[editar | editar a fonte]

O Tribunal está formado por 16 xuíces nomeados pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que son renovados cada 4 anos, podendo ser reelixidos. Conta ao mesmo tempo cunha Cámara ou Sala de Apelacións, que comparte co Tribunal Penal Internacional para Ruanda.

Xunto ao Tribunal, actúa a OTP (Oficina de Fiscalía) cuxa misión é cumprir as funcións de acusación pública, recollida de información e proba e, en xeral, todos os labores de investigación.

Actuacións[editar | editar a fonte]

Ata 2004, o Tribunal recibira 3.500 testemuños e ten procesadas a data de marzo de 2005 a 124 persoas, entre elas Slobodan Milosevic, ex-presidente de Iugoslavia, quen foi entregado en 2001 pero faleceu nas dependencias do Tribunal pendente de xuízo o 11 de marzo de 2006.

O día xoves 8 de decembro de 2005 o xeneral croata Ante Gotovina foi detido por forzas policiais españolas en Canarias, cumprindo un requirimento da Corte na súa contra.

Naser Oric, antigo comandante das forzas musulmás de Srebrenica, foi condenado a dous anos de prisión por crimes de guerra contra os serbobosníacos desa zona oriental bosníaca entre 1992 e 1993. Porén, Oric foi posto en liberdade, xa que levaba máis de dous anos en prisión preventiva e viaxou a Saraxevo onde foi recibido por varios centenares de cidadáns con aclamacións e aplausos. A pesar dos seus crimes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]