Declaración de independencia de Kosovo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira da República de Kosovo. Cada estrela representa os distintos grupos étnicos que a compoñen
Mapa étnico de Kosovo:      Albaneses      Serbios      Turcos      Bosnios      Goranis      Xitanos      Outros
Localización da República de Kosovo no mapa europeo

A Declaración de independencia de Kosovo foi un acto unilateral do Parlamento kosovar acontecido o 17 de febreiro do ano 2008 que declaraba a escisión da entón provincia de Serbia, dando lugar á creación dun novo Estado independente baixo a supervisión dos Estados Unidos e a Unión Europea.

A diferenza da primeira declaración de independencia de Kosovo acontecida o 7 de setembro de 1990, soamente recoñecida polas autoridades albanesas, a derradeira declaración xa foi recoñecida por máis de 47 países a data do 7 de agosto do 2008, entre os que se atopan Costa Rica, Afganistán, os Estados Unidos, o Reino Unido, Francia, Alemaña, Turquía, Bélxica, Perú, Polonia, Suíza, Austria e Dinamarca, sen contar os demais países nos que o recoñecemento está pendente. Porén existen 18 países, incluíndo Arxentina, Bolivia, Chipre, Casaquistán, Quirguicistán, Romanía, Rusia, Serbia, España, Sri Lanka, Taxiquistán, Vietnam e Venezuela que rexeitaron esplicitamente o recoñecemento da república balcánica. Serbia declarou que vai retirar todos os seus embaixadores dos países que recoñeceron a independencia de Kosovo.

Estatus previo á independencia[editar | editar a fonte]

Kosovo foi unha provincia serbia ata a declaración de independencia, o 17 de febreiro do ano 2008. Dende 1999 ata a súa secesión foi administrada pola ONU de xeito interino, como resultado da derrota do exército serbio na Guerra de Kosovo. A misión KFOR da OTAN aprobouse co obxectivo de evitar as represalias e ataques entre a poboación de etnia serbia e albanesa. Malia que Kosovo formalmente seguía pertencendo a Serbia, en virtude do cumprimento da resolución 1244, na práctica o Goberno serbio non interviña na administración da súa provincia.

A resolución de devandita guerra trouxo como consecuencia o éxodo de 200.000 kosovares de orixe serbia cara ao resto de Serbia, mentres que se reafirmou a maioría étnica albanesa. No momento da secesión, o 90% da poboación pertencía a devandita etnia, mentres que a comunidade de orixe serbia representaba o 10%, localizada principalmente en enclaves no norte da rexión.

Negociacións previas[editar | editar a fonte]

Antes de chegar á solución da independencia unilateral, sucedéronse varios feitos e acontecementos ao redor do futuro status que debía ter Kosovo.

O plan Ahtisaari[editar | editar a fonte]

O ex-presidente de Finlandia, Martti Ahtisaari, levou a cabo un informe como enviado especial da ONU a Kosovo no cal propuña como solución ao status da antiga provincia serbia a adopción dunha independencia tutelada pola comunidade internacional, a oficialidade do serbio e do albanés, a laicidade do novo estado, a adopción de medidas para garantir a seguridade da minoría serbia de Kosovo, a adopción de símbolos nacionais de seu (bandeira, himno, etcétera), a presenza militar de forzas internacionais lideradas pola OTAN, exército, profesional, multiétnico e democrático composto de 2.500 membros activos e 800 reservistas, o dereito dos refuxiados e desprazados retorno a Kosovo e á restitución das súas propiedades, un sistema xudicial integrado e independente do serbio e a posibilidade de que Kosovo poida ingresar en organismos internacionais coma a ONU.[1] Este plan foi rexeitado polas autoridades serbias por consideraren que abría a porta a que Kosovo se independizase de Serbia.[2]

Eleccións de novembro de 2007[editar | editar a fonte]

O 17 de novembro de 2007 celebráronse eleccións lexislativas e municipais marcadas pola incerteza do futuro status da rexión. O antigo guerrilleiro do UÇK, Hashim Thaçi, gañou as eleccións cun 35% dos votos[3] e unha participación en torno ao 45%, inferior ao 53% dos derradeiros comicios ata a data, celebrados no ano 2003. Con anterioridade Thaçi anunciara que declararía a independencia da entón provincia serbia no caso de gañar as eleccións.

Movementos previos á declaración de independencia[editar | editar a fonte]

O primeiro ministro de Kosovo, Hashim Thaçi, afirmou o 16 de febreiro do ano 2008 que "mañá esa provincia proclamará a súa independencia de Serbia", respectando "a vontade dos cidadáns". Dende o sábado 16 de febreiro de 2008, Kosovo, co apoio da Unión Europea, moitos estados europeos, e o dos Estados Unidos de América, pero co frontal rexeitamento de Rusia. Segundo noticias da BBC, os estados pactaron, "Sr. Thaci dixeron o domingo sería outro día de tranquilo durante o que as institucións serían contratadas en realizar a vontade dos cidadáns de Kosovo"

Misión EULEX da Unión Europea[editar | editar a fonte]

A Unión Europea preparou a misión civil EULEX para axudar ás autoridades kosovares na estabilización da rexión, mediante a chegada de 2.000 policías, xuíces e funcionarios de aduana, ademais de dotacións de seguridade e defensa, co fin de que colaborasen na protección das minorías, especialmente a serbia. Tal desembarco da UE en Kosovo foi visto polos líderes serbios da rexión en disputa e as autoridades rusas como "unha ocupación ilegal". Finalmente, esta misión púxose en marcha o 16 de febreiro de 2008, un día antes da declaración de independencia.

Declaración de independencia de Kosovo[editar | editar a fonte]

     Kosovo      Estados que recoñecen oficialmente a independencia de Kosovo      Estados que anunciaron que recoñecerán oficialmente a independencia de Kosovo      Estados que expresaron preocupación pola unilateralidade do pronunciamento ou que expresaron desexos de maiores negociacións      Estados que non recoñecen oficialmente a independencia de Kosovo      Estados que pospuxeron a súa decisión ou expresaron a súa neutralidade respecto á independencia de Kosovo      Estados que non expresaron a súa ao respecto

Estados que recoñeceron oficialmente a independencia de Kosovo[editar | editar a fonte]

Membros da ONU[editar | editar a fonte]

Outros estados que recoñeceron a independencia[editar | editar a fonte]

Estados que anunciaron que non van recoñecer a independencia de Kosovo[editar | editar a fonte]

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Bandeira, himno e representación en organismos internacionais" (en galego). La Voz de Galicia. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/02/02/5511592.shtml?idioma=galego. Consultado o 16 de marzo de 2012.
  2. "Serbia rexeita o plan da ONU para Kosovo por preveer a súa independencia" (en galego). La Voz de Galicia. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/02/02/5511591.shtml?idioma=galego. Consultado o 16 de marzo de 2012.
  3. "Kósovo celebra eleccións no medio da incerteza sobre o seu futuro" (en galego). La Voz de Galicia. http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2007/11/17/00031195292533780713919.htm?idioma=galego. Consultado o 16 de marzo de 2012.
  4. Afganistán recoñece a Kosovo (en inglés)
  5. http://www.soitu.es/soitu/2008/02/17/info/1203265562_552245.html Costa Rica pronúnciase a favor da independencia de Kosovo (en castelán)
  6. http://www.mfa.gov.al/english/lajm.asp?id=4954 Albania recoñece a Kosovo (en inglés)
  7. http://www.kosovothanksyou.com/
  8. http://www.rtva.ad/noticia.aspx?id=30829
  9. http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/02/18/00031203342406842554856.htm?idioma=galego EE.UU. e Francia recoñecen formalmente a Kosovo como «estado soberano e independente»
  10. http://www.mfa.gov.tr/MFA/HomePageTopPart/SM_Kosovo_18February2008.htm Turquía recoñece a Kosovo (en inglés)
  11. http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/02/18/00031203342406842554856.htm?idioma=galego EE.UU. e Francia recoñecen formalmente a Kosovo como «estado soberano e independente»
  12. http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/02/18/0003_6578240.htm?idioma=galego Kosovo pide ao mundo o rápido recoñecemento do novo Estado
  13. http://www.mofa.gov.tw/webapp/content.asp?cuItem=30318 O goberno de Taiwan recoñece a independencia de Kosovo
  14. http://www.deia.com/es/impresa/2008/02/19/bizkaia/mundua/444023.php As grandes potencias europeas, EE.UU., Xapón e Australia xa recoñecen a Kosovo
  15. http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/02/18/0003_6578240.htm?idioma=galego Kosovo pide ao mundo o rápido recoñecemento do novo Estado
  16. http://www.am.gov.lv/en/news/press-releases/2008/february/20-4/ Letonia recoñece a Kosovo (en inglés)
  17. http://www.vm.ee/eng/kat_138/9350.html Estonia recoñece á República de Kosovo
  18. http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/02/18/0003_6578240.htm?idioma=galego Kósovo pide ao mundo o rápido recoñecemento do novo Estado
  19. http://www.denmark.dk/en/servicemenu/News/InternationalNews/DenmarkRecognisesKosovo.htm Dinamarca recoñece Kosovo (en inglés)
  20. http://www.gouvernement.lu/salle_presse/actualite/2008/02-fevrier/20-asselborn-kosovo/index.html Luxemburgo recoñece formalmente a Kosovo (en francés)
  21. https://archive.is/20120913093154/www.rree.gob.pe/portal/boletinInf.nsf/mrealdia/C9B70437F80DBAF7052573F700710D15?Open Document Perú decide recoñecer a independencia de Kosovo (en inglés)
  22. http://www.focus-fen.net/?id=n134537 Bélxica recoñece a Kosovo (en inglés)
  23. http://sp.rian.ru/onlinenews/20080226/100057560.html Polonia recoñece a independencia de Kosovo
  24. http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=166&idNoticia=270508 Austria e Suíza recoñecen oficialmente a independencia de Kosovo
  25. http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=166&idNoticia=270508 Austria e Suíza recoñecen oficialmente a independencia de Kosovo
  26. http://foreignaffairs.gov.ie/home/index.aspx?id=42938 O departamento de asuntos exteriores de Irlanda anuncia o recoñecemento de Kosovo
  27. http://www.vieiros.com/nova/64803/irlanda-reconece-a-independencia-de-cosova Irlanda recoñece a independencia de Cosova
  28. http://www.sweden.gov.se/sb/d/10358/a/99714 Suecia recoñece a Kosovo (en inglés)
  29. http://web.archive.org/web/20080409213204/http://www.minbuza.nl/nl/actueel/nieuwsberichten,2008/03/Nederland-erkent-onafhankelijkheid-Kosovo.html (en inglés)
  30. http://www.mfa.is/speeches-and-articles/nr/4135 O goberno de Islandia recoñece formalmente a Kosovo (en inglés)
  31. http://www.sta.si/en/vest.php?s=a&id=1264437 Eslovenia recoñece a Kosovo (en inglés)
  32. http://formin.finland.fi/Public/default.aspx?contentid=123797&nodeid=15145&contentlan=2&culture=en-US Finlandia recoñece á República de Kosovo (en ingles)
  33. http://www.mofa.go.jp/announce/announce/2008/3/0318.html O goberno do Xapón recoñece a Kosovo (en inglés)
  34. http://w01.international.gc.ca/minpub/Publication.aspx?isRedirect=True&publication_id=385954&language=E&docnumber=59 O Canadá únese ao recoñecemento internacional de Kosovo (en inglés)
  35. http://www.president-ksgov.net/?id=5,67,67,67,a,714 O principado de Mónaco recoñece a Kosovo en albanés
  36. http://www.elpais.com/articulo/internacional/Bulgaria/Hungria/Croacia/convertiran/primeros/vecinos/Serbia/reconozcan/Kosovo/elpepuint/20080319elpepuint_10/Tes (en castelán)
  37. http://www.vieiros.com/nova/65336/hungria-croacia-e-bulgaria-reconecen-a-independencia-de-kosove
  38. http://www.elpais.com/articulo/internacional/Bulgaria/Hungria/Croacia/convertiran/primeros/vecinos/Serbia/reconozcan/Kosovo/elpepuint/20080319elpepuint_10/Tes en castelán
  39. http://www.vieiros.com/nova/65336/hungria-croacia-e-bulgaria-reconecen-a-independencia-de-kosove en galego
  40. http://www.novinite.com/view_news.php?id=91485 Sofía recoñece oficialmente a soberanía de Pristina en inglés
  41. http://www.llv.li/amtsstellen/llv-pia-pressemitteilungen/pressemitteilungen-alt.htm?pmid=108807&lpid=3789&imainpos=15844 Liechtenstein recoñece a Kosovo en alemán
  42. http://www.mofat.go.kr/webmodule/htsboard/template/read/engboardread.jsp?typeID=12&boardid=302&seqno=306110&c=TITLE&t=&pagenum=1&tableName=TYPE_ENGLISH&pc=undefined&dc=&wc=&lu=&vu=&iu=&du= Corea do Sur recoñece a República de Kosovo (en inglés)
  43. http://www.regjeringen.no/en/dep/ud/press/News/2008/norway_kosovo.html?id=505130 Noruega recoñece a Kosovo como un estado independente (en inglés)
  44. http://www.newkosovareport.com/20080417889/Politics/Republic-of-the-Marshall-Islands-has-recognized-Kosovo.html A República das Illas Marshall recoñeceu a Kosovo en inglés
  45. http://www.kosovapress.com/ks/index.php?cid=2,2,43638 A República de Nauru recoñece á República de Kosovo (en inglés)
  46. http://www.newkosovareport.com/20080424902/Politics/Burkina-Faso-recognizes-Kosovo.html Burkina Faso recoñece a Kosovo (en inglés)
  47. Seimas recoñece a independencia da República de Kosovo en lituano
  48. San Marino recoñece a Kosovo en italiano
  49. A República Checa recoñeceu a independencia de Kosovo (en inglés)
  50. Serra Leoa recoñece a Kosovo (en inglés)
  51. O ministerio de relacións exteriores de Colombia declara que recoñece á república de Kosovo (en castelán)
  52. Belice recoñece oficialmente a independencia de Kosovo (en inglés)
  53. A República da China recoñece a independencia de Kosovo (en inglés)
  54. http://www.eluniversal.com.mx/notas/483701.html Arxentina rexeitará a independencia de Kosovo (en castelán)
  55. http://www.reuters.com/article/newsMaps/idUSL1856553120080218 Acerbaixán di non á independencia de Kosovo (en inglés)
  56. http://www.mfa.gov.by/en/press/news/ac692ee50d369a5d.html Bielorrusia non recoñece a Kosovo (en inglés)
  57. http://web.archive.org/web/20080228214748/mx.news.yahoo.com/s/ap/080221/latinoamerica/ams_gen_bolivia_kosovo O goberno boliviano non recoñece a Kosovo (en castelán)
  58. http://news.uk.msn.com/Article.aspx?cp-documentid=7567369 O goberno moldavo non recoñecera a Kosovo (en inglés)
  59. http://www.earthtimes.org/articles/show/186419,new-zealand-will-not-recognize-kosovo-premier-says.html O primeiro ministro neocelandés di que o seu país non recoñecerá a Kosovo (en inglés)
  60. http://www.galiciae.com/nova/7286.html Rusia pecha filas con Serbia fronte á independencia de Kósovo
  61. http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/02/14/00031202998605435285816.htm?idioma=galego O Goberno de Serbia anula de forma anticipada a independecia de Kósovo
  62. http://web.archive.org/web/20080502021701/http://afp.google.com/article/ALeqM5iaAZ8d1WP1xGbscKahijLdiDokqA O goberno de Sri Lanka di que a independencia de Kosovo é unha ameaza para a paz mundial (en inglés)
  63. http://www.eluniversal.com/2008/02/21/int_ava_venezuela-no-reconoc_21A1377241.shtml Venezuela non recoñece a independencia de Kosovo (en castelán)
  64. http://www.reuters.com/article/newsOne/idUSSP3143120080218 Vietnam rexeita a independencia unilateral de Kosovo (en inglés)