Exército de Liberación de Kosovo
O Exército de Liberación de Kosovo, ELK ou UÇK (siglas en albanés de Ushtria Çlirimtare Kombëtare) foi unha organización terrorista albanokosovar (aínda que houbo países que non a consideraron como tal) que pretendía a independencia de Kosovo de Iugoslavia e, posteriormente, de Serbia na década de 1990.
As autoridades iugoslavas consideraban o ELK como un grupo terrorista. Así mesmo, o ELK se encontraba na lista de grupos terroristas da Base de coñecemento do terrorismo elaborada polo Memorial Institute for the Prevention of Terrorism (MIPT) e do Consorcio Nacional para o estudo do terrorismo e respostas ao terrorismo do Departamento de Seguridade Nacional dos Estados Unidos.
A principal figura histórica do UÇK foi Hashim Thaçi, hoxe dedicado á política no Partido Democrático de Kosovo (PDK), quen proclamou a independencia kosovar.[1] Tras os atentados do 11-S, comezaron a aparecer informacións que vinculaban ao UÇK co grupo terrorista xihadista Al Qaeda.[2]
Índice |
Historia [editar]
En febrero de 1996, o UÇK levou a cabo unha serie de ataques contra obxectivos como estacións de policía, oficinas gobernamentais serbias e civís serbios en Kosovo occidental.[3] As autoridades serbias denunciárono como unha organización terrorista e incrementaron o número de forzas de seguridade na rexión, o que tivo como efecto contraproducente o de aumentar a credibilidade do nacente UÇK entre a poboación albanokosovar.
A súa campaña contra as forzas de seguridade serbias precipitou unha importante ofensiva militar iugoslava que levou á Guerra de Kosovo de 1998-1999. A intervención militar das forzas de seguridade iugoslavas e as milicias serbias en Kosovo produciu un éxodo da poboación albanokosovar e unha crise de refuxiados que provocou a intervención militar da OTAN para deter o que foi amplamente identificado (polos países membros da OTAN, organizaciones pro dereitos humanos, a Unión Europea e os medios de comunicación occidentais) como unha campaña de limpeza étnica.[4] [5] O conflito chegou ao seu fin cun acuerdo negociado polo cal as Nacións Unidas tomaron o control provisional da administración e do proceso político de Kosovo.
Voluntarios estranxeiros [editar]
O UÇK incluiu nas súas filas a voluntarios estranxeiros procedentes de Suecia, Bélxica, o Reino Unido, Alemaña, os Estados Unidos [6] e Francia.[7] Tamén participaron de 30 a 40 voluntarios da Asociación Internacional de Voluntarios das Forzas Croatas no adestramento das tropas do UÇK.[8]
Apoio internacional [editar]
En 1996, o semanario británico The European publicou un artigo dun experto francés que afirmaba que
O ex conselleiro do parlamento alemán Matthias Küntzel intentou probar despois que a diplomacia secreta alemá fora un instrumento de axuda ao UÇK desde a súa creación.[10]
James Bissett, que fora embaixador de Canadá en Iugoslavia, Bulgaria e Albania e que abandonou o seu traballo diplomático para traballar nunha organización internacional en Moscova, axudando ao goberno ruso a establecer unha nova axencia de inmigración, escribiu que "xa en 1998, a CIA, axudada polos servizos especiais británicos, estaba armando e adestrando a membros do Exército de Liberación de Kosovo en Albania para fomentar unha rebelión armada en Kosovo [...] A esperanza era que, con Kosovo en chamas, a OTAN podería intervir".[11] Segundo Tim Judah, os representantes do UÇK xa reuniran coas axencias de intelixencia norteamericana, británica e suíza en 1996 e, posibelmente, "varios anos antes".[12] Así mesmo, The Sunday Times publicou que "axentes de intelixencia estadounidenses admitiron que axudaron a adestrar ao Exército de Liberación de Kosovo antes do bombardeo da OTAN a Iugoslavia".[13]
Esta actitude do goberno de Washington recibiu severas críticas, por prestar apoio a un grupo conectado ás redes internacionais do terrorismo islamista.[14]
Financiamento [editar]
Durante o conflito kosovar, The Washington Times informou do financiamento das actividades do UÇK a cargo da mafia albanesa, grazas ao tráfico de heroína e cocaína en Europa occidental. Incluso o Departamento de Estado dos Estados Unidos o incluíra na súa lista de organizacións terroristas.[15] Aínda que o seu líder Hashim Thaçi fundou o Partido Democrático de Kosovo, o UÇK seguiu utilizando a violencia e a intimidación de rivais políticos para manter o control da rexión. Isto fíxose co fin de protexer a empresas criminais que dependían da cooperación amistosa das autoridades locais.[16] Tamén a actividade das mafias enviadas a España, destinadas ao roubo en urbanizacións e residenciais de luxo,[17] contribuiu á financiación da guerra contra Serbia.[18]
Repercusións da Guerra de Kosovo [editar]
Despois da guerra, a OTAN e as autoridades serbias firman un acordo de paz que deixaba a Kosovo baixo o protectorado das Nacións Unidas. O UÇK acorda desarmarse, aínda que no firmou os tratados de paz.[19] A OTAN logrou convencer ao UÇK para que se desmilitarizara e participara no proceso de paz, coa promesa de formar o Corpo de Protección de Kosovo (CPK ou TMK en albanés), grupo que traballaría, xunto coas forzas da OTAN, na patrullaxe da provincia.[20] O legado do UÇK segue a ser moi forte no interior de Kosovo. Así, os seus antigos membros desempeñan un importante papel na política kosovar actual. Por exemplo, o seu antigo xefe político Hashim Thaçi é agora o líder do Partido Democrático de Kosovo e primeiro ministro de Kosovo desde xaneiro de 2008.
O antigo comandante militar do UÇK, Agim Çeku, convertiuse tamén en primeiro ministro de Kosovo despois da guerra. O seu nomeamento causou controversia en Serbia, pois Belgrado o vía como un criminal de guerra, aínda que nunca foi acusado polo Tribunal da Haia.[21]
Ramush Haradinaj, un antigo comandante do EÇK, exerceu brevemente como primeiro ministro de Kosovo antes de entregarse voluntariamente ao Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia (TPII) na Haia para enfrontar os cargos presentados contra el por crimes de guerra. Nove dos dez testemuñas que in declarar contra el morreron en diferentes circunstancias, e o outro retiou o seu testemuño tras sufrir un intento de asasinato.[22] [23]
Fatmir Limaj, un dos antigos comandantes do UÇK, tamén foi procesado na Haia e absolvido de todos os cargos en novembro de 2005. Actualmente, é Ministro de Transportes e Telecomunicacións de Kosovo.[Cómpre referencia]Hajredin Bala, un ex guarda de prisión do UÇK, foi sentenciado o 30 de novembro de 2005 a 13 anos de cárcere polo maltrato de tres prisioneiros de Llapushnik e debido ao seu papel persoal no "mantemento e imposición das condicións inhumanas" no campo, axudando na tortura dun dos prisioneiros e participando no asasinato de nove prisioneros do campo que marchaban ás montañas de Berisha entre o 25 e o 26 de xullo de 1998. Bala apelou a súa sentenza e na primavera de 2006 aínda estaba pendente a súa resolución.[Cómpre referencia]
Acusacións de abusos [editar]
Crimes de guerra [editar]
Existen informes de crimes de guerra cometidos polo UÇK tanto durante como despois da Guerra de Kosovo. Estes estarían dirixidos directamente contra serbios e outras minorías étnicas (principalmente xitanos) e contra os albaneses acusados de colaborar coas autoridades serbias.[24] Segundo o informe de 2001 elaborado por Human Rights Watch (HRW):
O UÇK emprendeu ataques contra cidadáns serbios en Kosovo, represalias contra albaneses que "colaboraron" co goberno serbio e bombardearon estacións de policía e cafeterías coñecidas por seren frecuentadas por oficiais serbios, matando a civís inocentes no proceso. O goberno serbio informou que o UÇK asasinara e secuestrara a non menos de 3.276 civís de varias etnias, e tamén a algúns albaneses.[Cómpre referencia] O número exacto de vítimas do UÇK descoñécese. Segundo un informe do goberno serbio, desde o 1 de xaneiro de 1998 ao 10 de xuño de 1999, o UÇK asasinou a 988 persoas e ecuestrou 287; no período do 10 de xuño de 1999 ao 11 de novembro de 2001, cando a OTAN tomou o control de Kosovo, foron asasinados 847, e 1.154 secuestrados. Estas cifras comprenden tanto a civís como a membros das forzas de seguridade: dos asasinados no primeiro período, 335 foron civís, 351 soldados, 230 policías e 72 non foron identificados; por nacionalidade: 87 foron civís serbios, 230 albaneses e 18 doutras nacionalidades.[Cómpre referencia] Despois da retirada das forzas de seguridade serbias e iugoslavas de Kosovo en xuño de 1999, todas as mortes foron de civís, a maioría serbios. Segundo Human Rights Watch, "tantos como mil serbios e xitanos foron asasinados ou desapareceron desde o 12 de xuño de 1999".[26]
Tráfico de órganos [editar]
Carla Del Ponte, fiscal-xefe do Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia, denunciou no seu libro The Hunt: Me and the War Criminals que existiron casos de tráfico de órganos en 1999 despois do fin da Guerra de Kosovo. Estas acusacións foron negadas por autoridades kosovares e albanesas,[27] mentres que o TPII sostivo que "non se conseguiu ningunha evidencia confiabel que probe as acusacións.[28]
Estas acusacións vinculaban ao que se convertería en primeiro ministro de Kosovo, o antigo dirixente do UÇK Hashim Thaçi.
O asunto reabriuse en decembro de 2010, cando a Comisión Europea presentou un informe, elaborado por Dick Marty, no que se acusaba a Thaçi de ser o xefe dunha organización mafiosa que perpetrou asasinatos e traficou con droga e órganos de prisioneiros, reafirmando as denuncias de Del Ponte.[29]
Algúns membros do UÇK, como Adem Demaçi e Rexhep Qosjas están implicados nos crimes cometidos despois da guerra e contribuíran, na súa busca da creación dunha Gran Albania,[30] á desestabilización dos Estados veciños de Kosovo: República de Macedonia ou Montenegro.[31]
Vinculación con Al Qaeda [editar]
Despois dos atentados do 11-S a prensa internacional comezou a facerse eco da vinculación existente (debida a motivos relixiosos) entre o UÇK e o grupo terrorista xihadista Al Qaeda,[32] afirmando que Estados Unidos protexeu a terroristas de Al Qaeda en Kosovo.[33] Segundo estas informacións o comandante das forzas de élite do grupo terrorista kosovar era Muhammad al-Zawahiri, irmán do médico exipcio Ayman al-Zawahiri, o número dous de Osama bin Laden, chegando a afirmar que Estados Unidos protexeu a terroristas de Al Qaeda en Kosovo.[Cómpre referencia] Esta versión mantéñena outros estudosos do tema, que consideran a al-Zawahiri xefe operativo de Al-Qaeda nos Balcáns.[34]
Segundo un estudo do Observatoire de l'action humanitaire, Muhammad al-Zawahiri desenvolveu unha importante rede islamista de apoio ao UÇK, coa incorporación de activistas procedentes de países árabes.[35] Michel Chossudovsky publicou en 2005 que tanto a intelixencia alemá e a CIA como Al Qaeda colaboraron en actos terroristas perpetrados na ex Iugoslavia. Para Chossudovsky, a Alianza Atlántica apoio a unha organización terrorista que non loitaba poos dereitos dos albaneses, senón todo o contrario.[36]
Notas [editar]
- ↑ "Hashim Thaci, de guerrillero a primer ministro de Kosovo". 18 de novembro. http://www.elmundo.es/elmundo/2007/11/18/internacional/1195348476.html. Consultado o 18 de decembro.
- ↑ "Group Profile: Kosovo Liberation Army (KLA)". http://web.archive.org/web/20070402053051/http://www.tkb.org/Group.jsp?groupID=3517. Consultado o 18 de decembro.
- ↑ "Unknown Albanian 'liberation army' claims attacks", Agence France-Presse, 17 de febreiro de 1996.
- ↑ "Under order: War Crimes in Kosovo - March-June 1999: An Overview". http://www.hrw.org/reports/2001/kosovo/undword-03.htm. Consultado o 18 de decembro.
- ↑ Jane Perlez (24 de marzo). "Conflict In The Balkans: The Overview; Nato Authorizes Bomb Strikes; Primakov, In Air, Skips U.S. Visit". http://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=990DE3D81F31F937A15750C0A96F958260&sec=&spon=&pagewanted=all. Consultado o 18 de decembro.
- ↑ Adriatik Kelmendi (11 de novembro). "Balkan Crisis Report: Kosovars Refute Islamic Terror Claims". http://www.iwpr.net/?p=bcr&s=f&o=248236&apc_state=henibcr5b891da66b3662d9a16bf0d86e537b3b. Consultado o 18 de decembro.
- ↑ Armand Shkullaku (20 de abril). "In the House of KLA Recruits". http://www.aimpress.ch/dyn/trae/archive/data/199904/90420-001-trae-tir.htm. Consultado o 18 de decembro.
- ↑ "The International Volunteer Movement". http://www.cfiva.org/cfiva/history/index.cfm. Consultado o 18 de decembro.
- ↑ Fallgot, Roger (1998). "How Germany Backed KLA". The European. páxs. 21-27.
- ↑ Kuntzel, Matthias (2002). Der Weg in den Krieg. Deutschland, die Nato und das Kosovo (O camiño á guerra: Alemaña, a OTAN e Kosovo).. pp. 59-64..
- ↑ James Bissett (31 de xullo). "We created a monster". http://www.deltax.net/bissett/a-monster.htm. Consultado o 18 de decembro.
- ↑ Judah, Tim (2002). Kosovo: War and Revenge. pp. 120.
- ↑ Tom Walker; Aidan Laverty (12 de marzo). "CIA aided Kosovo guerrilla army". http://www.balkanpeace.org/index.php?index=/content/balkans/kosovo_metohija/articles/kam01.incl. Consultado o 18 de decembro.
- ↑ Angoso García, Ricardo. Kosovo. Las semillas del odio. páx. 106.
- ↑ Diario El Mundo (España). ¿Quién es Hashim Thaçi? (en castelán) Consultada o 18 de decembro de 2011.
- ↑ Nadir. El narcotráfico financió el triunfo del UÇK. UCK una Organización Mafiosa (en castelán) Consultada o 18 de decembro de 2011.
- ↑ Manuel Marlasca. Interviú. Kosovo y sus "embajadores" en España (en castelán) Consultada o 18 de decembro de 2011.
- ↑ El Correo digital. Vizcaya.. "Sol, playa y mucha mafia". http://www.elcorreodigital.com/vizcaya/20091227/pvasco-espana/playa-mucha-mafia-20091227.html. Consultado o 18 de decembro.
- ↑ "Undertaking of demilitarisation and transformation by the UCK". 20 de xuño. http://www.nato.int/kosovo/docu/a990620a.htm. Consultado o 18 de decembro.
- ↑ "Terrorist Groups and Political Legitimacy". 16 de marzo. http://www.cfr.org/publication/10159/. Consultado o 18 de decembro.
- ↑ Laura Rozen (19 de febreiro). "A Nation is Born: The Long, Bitter Path to Kosovo's Independence". http://www.motherjones.com/mojo/2008/02/nation-born-long-bitter-path-kosovos-independence. Consultado o 18 de decembro.
- ↑ Welt. German spy affair might have been revenge. WELT ONLINE (en inglés) Consultada o 18 de decembro de 2011.
- ↑ Diario Público España). Un euro para Ramush. Un euro para Ramush. (en castelán) Consultada o 18 de decembro de 2011.
- ↑ "Under Orders: War Crimes in Kosovo". http://www.hrw.org/legacy/reports/2001/kosovo/. Consultado o 18 de decembro.
- ↑ "UNDER ORDERS:War Crimes in Kosovo, executive summary". http://www.hrw.org/reports/2001/kosovo/undword.htm.
- ↑ "Under Orders: War Crimes in Kosovo". http://www.hrw.org/legacy/reports/2001/kosovo/. Consultado o 18 de decembro.
- ↑ Harry de Quetteville; Malcolm Moore (14 de abril). "Serb prisoners 'were stripped of their organs in Kosovo war'". http://www.telegraph.co.uk/news/main.jhtml?xml=/news/2008/04/11/wserb111.xml&CMP=ILC-mostviewedbox. Consultado o 18 de decembro.
- ↑ "ICTY Weekly Press Briefing". 16 de abril. http://www.un.org/icty/briefing/2008/pb080416.htm. Consultado o 18 de decembro.
- ↑ Diario El País (España) La UE investigará las acusaciones de tráfico de órganos del primer ministro de Kosovo Consultada o 18 de decembro de 2011.
- ↑ Christophe Chiclet (mayo 1999). "Aux origines de l’Armée de libération du Kosovo". pp. 6-7. http://www.monde-diplomatique.fr/1999/05/CHICLET/12026. Consultado o 18 de decembro.
- ↑ Jean-Arnault Dérens; Laurent Geslin (xullo 2006). "Rêves dangereux d’une « Grande Albanie »". pp. 5. http://www.monde-diplomatique.fr/2006/07/DERENS/13649. Consultado o 18 de decembro.
- ↑ Radio Mundial Mafia vinculada a Al Qaeda toma el poder en Kosovo. Consultada o 18 de decembro de 2011.
- ↑ Executive Intelligence Review U.S. Protects Al-Qaeda Terrorists in Kosovo. Consultada o 18 de decembro de 2011.
- ↑ Ramesh Chandra Thakur. The United Nations, peace and security: from collective security to the responsibility to protect. ISBN 0-521-85517-9, páx. 218.
- ↑ Observatoire de l'action humanitaire International Islamic Relief Organisation of Saudi Arabia. Consultada o 18 de decembro de 2011.
- ↑ Global Research German Intelligence and the CIA supported Al Qaeda sponsored terrorists in Yugoslavia. Consultada o 18 de decembro de 2011.
Referencias xerais [editar]
- "KLA Action Fuelled NATO Victory", Jane's Defence Weekly, 16 de xuño de 1999
- "The KLA: Braced to Defend and Control", Jane's Intelligence Review, 1 de abril de 1999
- "Kosovo's Ceasefire Crumbles As Serb Military Retaliates", Jane's Intelligence Review, 1 de febreiro de 1999
- "Another Balkan Bloodbath? Part Two", Jane's Intelligence Review, 1 de marzo de 1998
- "Albanians Attack Serb Targets", Jane's Defence Weekly, 4 de setembro de 1996
- "The Kosovo Liberation Army and the Future of Kosovo", James H. Anderson y James Phillips, 13 de maio de 1999, Heritage Foundation, Heritage Foundation (Washington, USA)
Ligazóns externas [editar]
- Kosovo's Army in Waiting Time Magazine.
- KLA-NATO NATO's role in Kpsovo Demilitarization and transformation agreement.
- International Institute for Strategic Studies: "The Kosovo Liberation Army" - vol. 4, nº 7 - agosto de 1998 [1]
- Kosova Press Axencia de noticias do ELK, agora cercana ao Partido Democrático de Kosovo.